Cando arturo escapou da casa 2

Post on 15-Jan-2017

354 views 3 download

Transcript of Cando arturo escapou da casa 2

O avó de Arturo

non viaxara gran cousa. Sen

embargo era alguén

a quen lle sobraba a

imaxinación.

Por cousa das historias

do seu avó, Arturo, espertou,

aquela mañá, querendo medrar

de presa e facerse do tamaño

dun golfiño.

Quería saír a ver mundo, por riba

e por baixo das augas.

O pai de Arturo,

que era práctico e túzaro,

díxolle:

- Non te il usiones. Nunca medirás máis dun palmo.

A nai de Arturo,

que na última primavera

tivera cento sete crías e

estaba segura de coñecer a

cada unha polo seu nome, díxolle:

-Mira, fillo, sempre serás pequeno, pero de cores brillantes e cunha cola moi “pavera”.

Arturo, cando se enfadaba,

ía agacharse nun bosque

de corais.

No bosque de corais,

vivía un amigo de Arturo

que era pequeno, feo, pobre

e orfo. Chamábase Diego.

Diego díxolle a Arturo

que para ir lonxe

non facía falta ser máis grande,

senón máis parvo.

- Porque aquí, se che doe a cola, túa nai coidarate, se tes fame, darache de comer, e se non dás durmido, cantarache unha canción de berce.

Ao saír do bosque,

preto do arrecife,

Arturo atopou

a un indiano,

que de novo emigrara

aos grandes bancos austrais.

Visitara lugares afastados,

onde viu moitas cousas e,

logo de facer fortuna,

volveu para quitarse

a tristura.

-Verás, Arturiño, comer comía, pero botaba en falta todo isto.

Pouco despois, Arturo estaba

de parola co Vagabundo.

que non era quen de parar quieto. Arturo

contoulle que quería irse da casa.

Ao vagabundo pareceulle ben e

doulle un consello:

-Antes de poñerte en camiño, prepara a túa mochila, meu fillo. Pon dentro algunhas cousas útiles e un pouco de medo que che faga ser prudente.

E non esquezas o vello refrán que di:

“O peixe grande come o pequeno. Ademais non saques nunca a cabeza fora da auga. Se o fas, poida que remates nunha lat a ou nun acuario.”

-¿Que é un acuario?

Preguntou Arturo.

Arturo quería que alguén

o animase.

-Vaite correndo! ¡Date pré sa! ¿A que agardas? ¡O mundo é fantástico!

Preto da rocha onde ás veces

se mira a Lúa, bateu

un deses

tan pequenos que collen tres

na cunca dun berberecho.

Arturo dixo para si:

-Sen dúbida son un peixe grande.

Pouco despois, un minuto despois,

se cadra menos dun minuto,

tivo que saír correndo

porque viu a un tipo enorme,

coa boca aberta,

dúas ringleiras de dentes

e cara de ter fame.

Arturo, mentres se daba présa

por saír de alí, pensou:

-Agora debería estar na casa, preto da miña nai.

Arturo, buscando onde agocharse,

meteuse na cova

do seu amigo o Ermitán,

que era vello e, por iso, sabio.

-¿Son un peixe grande ou un peixe cativo?

-Iso depende.

-dixo o Ermitán.

O certo é que todos parecían

empeñados en lialo.

-¡Xa está ben!-protestou Arturo.

Sen pensalo, virou á dereita.

Viuse metido no medio

dunha multitude, entre milleiros

de individuos de todas as cores,

todos con presa, movéndose

dun lado para outro,

sen teren parada.

Arturo quixo saber

que era aquilo. Preguntou

e afastárono dun empuxón.

Arturo, canso, decidiu deixalo

para outro día.

Arturo volveu para a casa,

e atopou aos seus cento seis

irmáns xogando a ver quen

corría máis. Púxose a xogar

con eles e pasouno bárbaro.

Aquela noite, o avó durmiu

aos seus cento sete netos

contándolles que unha vez,

cando era novo, guapo

e solteiro,

traballou nun circo.

Arturo soñou que era

dunha soa cor, pero brillante;

que tiña un nariz de goma,

e que nun carrusel de coral

e algas tornasol,

daba voltas e máis voltas.

Arturo espertou decidido a ser

pallaso.

Contoullo ao seu pai, e

o seu pai, que era práctico

e túzaro, díxolle:

-Está ben, pero antes fai a túa cama.