SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos...

23
SECRETARÍA XERAL DO PLENO Acta número : 9 Pleno do Concello Data da sesión : 18.06.2015 Carácter : Extraordinaria Convocatoria : Primeira Lugar : Teatro Principal. Hora : 12:08 Asistentes: Presidente/a: D. Miguel Anxo Fernández Lores Dª Anabel Gulías Torreiro D. Demetrio Gómez Xunqueira Dª María Carmen da Silva Méndez D. Xosé Luis Bará Torres D. Cesareo Mosquera Lorenzo D. María dos Anxos Riveiro Portela D. Raimundo González Carballo Dª Maria do Carme Fouces Díaz D. Vicente García Legísima Dª María do Pilar Comesaña Hermida D. Luis Alberto Oubiña Piay D. Jacobo Moreira Ferro Dª María Aurora Cañizares Malagón D. Rafael Domínguez Artime Dª María José Rodríguez Teso D. Cesar Alberto Abal González D Manuel Tomás Abeigón Costa D. José Luis Martín González D. Agustín Fernández González Dª Paloma Castro Rey D. Iván Puentes Rivera D. Luis Rei Núñez Dª María del Carmen Moreira Martínez Dª María José Rey Martínez Secretario Xeral do Pleno: José Luís Mato Rodríguez Interventora: Blanca Vega Lorenzo Constatada a existencia de quórum bastante para a súa constitución, o Sr. Alcalde- Presidente, declara constituída e aberta a sesión. ORDE DO DÍA: 1.- DETERMINACIÓN DA PERIODICIDADE DAS SESIÓNS DO PLENO. Seguidamente, o Sr. Alcalde-Presidente manifesta: Hai seis puntos na orde do día que, en todo caso, entendemos que o normal é discutilos todos xuntos independentemente de que se voten individualmente. 1

Transcript of SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos...

Page 1: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

SECRETARÍA XERAL DO PLENO

Acta número: 9 Pleno do Concello

Data da sesión: 18.06.2015 Carácter: Extraordinaria Convocatoria: Primeira

Lugar: Teatro Principal. Hora: 12:08

Asistentes:

Presidente/a: D. Miguel Anxo Fernández Lores

Dª Anabel Gulías TorreiroD. Demetrio Gómez XunqueiraDª María Carmen da Silva MéndezD. Xosé Luis Bará TorresD. Cesareo Mosquera LorenzoD. María dos Anxos Riveiro PortelaD. Raimundo González CarballoDª Maria do Carme Fouces DíazD. Vicente García LegísimaDª María do Pilar Comesaña HermidaD. Luis Alberto Oubiña PiayD. Jacobo Moreira FerroDª María Aurora Cañizares MalagónD. Rafael Domínguez ArtimeDª María José Rodríguez TesoD. Cesar Alberto Abal GonzálezD Manuel Tomás Abeigón CostaD. José Luis Martín GonzálezD. Agustín Fernández GonzálezDª Paloma Castro ReyD. Iván Puentes RiveraD. Luis Rei NúñezDª María del Carmen Moreira MartínezDª María José Rey Martínez

Secretario Xeral do Pleno: José Luís Mato Rodríguez

Interventora: Blanca Vega Lorenzo

Constatada a existencia de quórum bastante para a súa constitución, o Sr. Alcalde-Presidente, declara constituída e aberta a sesión.

ORDE DO DÍA:1.- DETERMINACIÓN DA PERIODICIDADE DAS SESIÓNS DO PLENO.

Seguidamente, o Sr. Alcalde-Presidente manifesta: Hai seis puntos na orde do día que, en todo caso, entendemos que o normal é discutilos todos xuntos independentemente de que se voten individualmente.

1

Page 2: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

Polo tanto, iniciamos a sesión con punto primeiro pero para discutir todos, se estades de acordo con facer o debate dos seis conxuntamente. Logo xa o sétimo, oitavo e o noveno xa son outra cuestión. Algunha obxección para que se debata todo conxuntamente independentemente de que logo se vote separado.Algunha intervención?.

A continuación, en representación do grupo municipal Marea Pontevedra, fai uso da palabra don Luis Rei Núñez, para dicir: Si, eu creo que é preferible se se vai votar por separado cada tema ir falando de cada tema.

O Sr. Alcalde-Presidente pregunta: Alguén ten opinión ao respecto?.

Intervén don Agustín Fernández González, en representación do grupo municipal do PSdeG-PSOE, sinalando: Nós, independentemente do que se decida, vamos a facer unha intervención. Ou sexa, a nós dános igual que se fale punto por punto ou non, no primeiro punto faremos unha intervención y punto, que englobe todas.

O Sr. Alcalde-Presidente: O Partido Popular?, vós tamén?.Pois entón ten a palabra en primeiro lugar o Goberno para expoñer a proposta.

A continuación, en representación do grupo municipal do BNG, intervén don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo: Grazas, Sr. Alcalde. Bos días a todos e a todas.Supoño que poderá sorprender que sexa quen fala, que sexa eu o que leva este asunto. A razón é moi sinxela, teño a experiencia de estar con estes asuntos, tanto aquí como sobre todo na Deputación en cantidade de ocasións e, polo tanto, saber como se fan estas cousas e que experiencias hai.Dito isto, nós sempre defendemos, tanto cando estábamos na oposición como agora que estamos no goberno, unha serie de criterios que tivemos moi claros e que intentamos levalos ás últimas consecuencias. Eses criterios, así simplificado, é que ninguén saia beneficiado polo exercicio do seu cargo nin tampouco prexudicado e, polo tanto, o traballo que poida facer aquí e o tempo que lle poda dedicar pois que non lle prexudique pero tampouco lle beneficie. E o segundo criterio é que tanto o goberno como a oposición teñen que ter medios reais para exercer as súas funcións, repito, defendémolo cando estábamos na oposición e aplicámolo no goberno.Cando estivemos na oposición nunca tivemos nin concelleiros en exclusiva, nin asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999 o primeiro que fixemos foi darlle aos grupos que non estaban no goberno, que estaban na oposición, a posibilidade de ter eses medios. Polo tanto, esa foi a nosa traxectoria, foron os criterios que defendemos sempre dende hai moitos anos e que seguemos a defender agora. E facémolo porque entendemos que ao goberno obviamente hai que darlle os medios para que goberne e á oposición hai que darlle os medios para que exerza o seu labor, tan digno e importante como o do goberno no sistema representativo e de democracia representativa que temos.A proposta, digamos que eses principios foron operativizados hai anos, cando

Page 3: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

SECRETARÍA XERAL DO PLENO

menos xa de una maneira moi clara no ano 2007 e, por diversos motivos nunca chegou a combinar a súa posta en práctica de xeito completo e continuo, nunca, por unha serie de incidencias que houbo nun mandato como en outro. E esa proposta, repito, aquí o que vai reflectido é que os concelleiros de goberno que o precisen, ninguén se pode pois o fai, poidan ter a dedicación que necesiten e os dos outros grupos pois un de cada catro concelleiros, cos axustes que en cada ocasión se necesiten.Hai unha realidade que é que a representación pública cada vez necesita máis tempo. Hai unha cantidade de organismos, de consellos escolares, de demandas veciñais de todo tipo e no goberno calquera outros organismos e veciños que queren que se lles reciba e demais que comen unha cantidade de tempo cada vez maior, non sei se con maior eficacia ou non, iso si que sería unha cuestión a discutir pero o que si é certo é que esa demanda e esa realidade existe e, en moitos casos, resulta incompatible coa xornada laboral.Ben, ese é o punto de partida da proposta e que é coñecida, pública e notoria, defendida publicamente e incluso aplicada parcialmente neste concello no seu momento. Fixemos consultas a todos os grupos, para tentar encaixar unha proposta que fora ecuánime e ponderada e integrar todas as posibilidades e, por exemplo, poño un par de exemplos, o PP propuxo en campaña facer un goberno con cinco exclusivas, se se conta que nós somos un grupo, somo doce, e polo reparto que se fai teríamos dereito a tres exclusivas o que é especificamente do goberno son cinco, podía non ser exactamente así pero tívose en conta como criterio e resulta que saíu exactamente esa conta. Ou, a Marea propuxo reducir o 30% o custe do goberno e volvo ao mesmo, quero dicir se o que é o goberno fora non do que corresponde como grupo exactamente baixa un 32% o que é o goberno fóra da asignación e das exclusivas que podan corresponder por grupo, creo que o PSOE propuxo que ía reducir exclusivas, redúcense, pásase de trece a once e demais, por curioso a ter en conta todos os aspectos, houbo casos en que non eran contraditorios, é como as asignacións por grupo, houbo que pediu que era mellor aumentar o fixo ou aumentalas, procurou facerse dentro dos límites de ponderación é a partida que máis sube, como todos sabemos, foi aumentar aos grupos, pasa de 13 mil euros ao mes a 20 mil, unha subida respectable, houbo esa demanda, tívose en conta á parte do feito de que hai máis grupos.Ben, eu o que podo dicir é que nunca, nin neste Concello nin na Deputación, vin unha proposta tan xenerosa coa Corporación ou coa oposición como se queira entender, as exclusivas asignadas ao goberno baixan de 12 a 8, digo xa contando as do grupo tamén, vamos meter todo para non mesturar e as da oposición soben de 1 a 3. Hai unha rebaixa global de 2 pero o goberno sacrifica, porque pode, porque estamos en disposición de facelo, 4 e a oposición pasa de 1 a 3. O gasto da Corporación, o gasto total da Corporación, dos que estamos aquí máis ou menos mantense igual, baixa un peliño segundo como se fagan as contas digamos dos custes, da carga da seguridade social e demais, e baixa a pesares do forte aumento do grupo e demais pero o que se manteña, máis ou menos, baixa un peliño pero bueno non quere dicir que teña a mesma estrutura que antes, se vamos ao 2014 o que resulta do acordo que se propón é exactamente, o que é o goberno, baixa un 27%, o gasto do goberno, e o da oposición sube nun 282%, exactamente un 282%. Podemos facer as contas como se queira pero máis ou menos dan así, pode haber variación se se poñen os custes de seguridade social ou non, os de algún persoal, ou se se quere en termos absolutos o goberno baixa arredor de 20 mil euros ao

3

Page 4: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

mes de gasto e o da oposición sobe eses 20 mil euros ao mes de gasto.Obviamente, polo que escoitamos e lemos, é posible que haxa grupos que non vexan colmadas todas as súas aspiración, non foi a nosa intención pero incluso as aspiracións, en principio, eran contraditorias ás veces entre os grupos o que resulta bastante difícil de encaixar, lamentámolo, a nosa intención era que todo puidera ser recollendo todo pero cremos que non foi posible, pero de todas maneiras o que non se poderá negar é que a proposta é moi ecuánime e moi xenerosa coa oposición e, polo tanto, pedimos o apoio para sacala adiante e que poidamos ter un marco de funcionamento de recursos e de posibilidades de actuar que nos faciliten a todos, tanto ao goberno como á oposición poder facer o seu traballo en boas condicións en beneficio de todos os veciños e veciñas de Pontevedra.Nada máis por agora, moitas gracias.

O Sr. Alcalde-Presidente: Moitas grazas, Sr. Mosquera.Ten a palabra dona María José Rey Martínez, portavoz do grupo municipal Mixto-C's.

A Sra. Rey Martínez: Gracias, buenos días.Considero que para poder ejercer una buena labor de oposición el reparto de los re­cursos disponibles es claramente insuficiente y perjudica a los partidos que conta­mos con una menor representación, independientemente de como se haya hecho hasta ahora.Nos parece imprescindible disponer, en primer lugar, de un despacho digno que cumpla con las condiciones mínimas de accesibilidad y, en segundo lugar, también se nos impide que podamos contar con una persona de apoyo.Por otro lado, aunque considero legítima la propuesta realizada hoy para el grupo de gobierno, para si mismo, entiendo que impide, en cierta manera, que también se haga una oposición legítima aunque evidentemente la haremos. Ecuánime, ecuáni­me, no me parece.Gracias.

O Sr. Alcalde-Presidente: Moitas grazas, Sra. Rey.Ten a palabra don Luis Rei Núñez.

O Sr. Rei Núñez: Bo día.Creo que hai seis puntos da orde do día que se someten a votación e vou ir deténdome en cada un deles.O primeiro fala da determinación da periodicidade das sesións do pleno. Moi brevemente creo que en aras a facilitar a maior asistencia posible dos veciños que queiran asistir a estas sesións, Marea propón que no canto dos luns se celebren os sábados á mesma hora que se fixou na Xunta de Portavoces das once da mañá.Sobre a creación e composición de comisións delegadas, non temos nada que obxectar á composición nin a periodicidade, outra cousa é as competencias. Propoñemos crear unha comisión específica de xustiza social en base aos seguintes antecedentes: o paro rexistrado na oficina do INEM de Pontevedra, de

Page 5: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

SECRETARÍA XERAL DO PLENO

pontevedreses que demandan emprego, é de 8 mil persoas; a taxa de paro, segundo a enquisa de poboación activa do Instituto Galego de Estatística está preto do 30%, sendo a segunda cidade con maior taxa de paro de Galicia despois de Ferrol, o indicador AROPE sitúa en máis do 20% os pontevedreses en risco de exclusión, é dicir, iso dános que 17 mil persoas de unha poboación de 83 mil están en risco de excusión. Vemos que o comedor de San Francisco está na obriga de facer dúas quendas diarias, hai directores de centros escolares que teñen que pedir agora no verán que sigan funcionando os comedores para darlles a algúns nenos o seu único xantar nutritivo do día.Cando veño ao Concello dende onde teño que aparcar o coche en sete minutos, polo metrominuto, atopo a diario a oito persoas pedindo na rúa. Mentres isto sucede, segundo datos do Ministerio de Facenda Pontevedra destina a gasto social unicamente 48 euros por habitante, é a cidade de toda España con Teruel, que encabeza esa lamentable estatística e creo que estamos asistindo a unha situación de emerxencia que pide unha atención especial para escoitar e máis para axudar aos pontevedreses que máis están padecendo as consecuencias da crise.Sr. Fernández Lores, evite fotos como a do concelleira do ramo repartindo os viente e pico mil euros dun premio internacional entre unhas cantas asociacións, por certo bótase en falta unha foto da transparencia publicando os gastos da viaxe para a recollida de ese premio, do audiovisual e das insercións publicitarias en prensa e revistas, porque soa a que o colar foi bastante máis caro que o can. Demostren que non teñen unha sensibilidade social de baixa intensidade e cren unha comisión de xustiza social. Dentro de catro anos, se cadra, non será xa precisa esa comisión específica pero agora si e cremos que é de xustiza por iso o propoñemos.Sobre os nomeamentos de representantes da Corporación en órganos colexiados non teño nada que dicir e anuncio o noso apoio á proposta.Sobre a determinación da dotación económica para os grupos municipais tampouco teño nada que dicir e anuncio a nosa abstención.Sobre a fixación de indemnizacións por asistencia a sesións dos órganos municipais tampouco teño nada que dicir e anuncio a nosa abstención a esa proposta.Si teño que dicir sobre a proposta de determinación de cargos en réxime de dedicación exclusiva e das súas retribucións. Sobre o número, en primeiro lugar, propoñemos 6 dedicacións exclusivas para o Bloque, unha de cada dous concelleiros que obtivo nestas eleccións, faríase coincidir co número das comisións delegadas que son 5 engadíndolle o Alcalde, coas tres que propón o Bloque para a oposición non sae nin sequera unha para cada 4 concelleiros, é dicir, o goberno tería máis do dobre que a oposición e súmalle a iso asesores e directores xerais.Tampouco non estamos de acordo con que a xunta de goberno se reserve o dereito de estender a todos os concelleiros do Bloque, que son 12, a posibilidade de darlles dedicación exclusiva.Sobre as retribucións quero dicir que se ve o moito que valoran vostedes a calidade do seu traballo porque manteñen os case 64 mil euros de retribución para o Alcalde, os case 58 mil euros para a Tenencia de Alcaldía e os case 44 mil euros para os concelleiros. Direilles que puiden onte estar cos alcaldes de Santiago e de Ferrol e alí van fixar para o Alcalde un soldo de 40 mil euros brutos e para os concelleiros con dedicación exclusiva un soldo de 35 mil euros brutos. Pontevedra non é menos que ningunha outra cidade pero pensamos que tampouco parece que sexa máis nin

5

Page 6: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

que a Coruña, nin que Ferrol, ou por poñer por caso non é máis tampouco que Barcelona ou que Madrid onde as alcaldesas como vostedes saben van baixar os soldos e os van ter menores que aquí. Súmense vostedes ás cidades rebeldes empezando por iso. Xa sei que van pretestar que dentro do Concello, dentro o organigrama do Concello hai algúns funcionarios que terían un soldo superior ao do Alcalde, recoméndolles que non pensen niso, que pensen en recuperar a condición de persoas do común, non queremos baixar as retribucións porque lles teñamos zuna, non lles temos zuna, pedímosllo polo seu ben para que non pareza que o Bloque pontevedrés ten como consigna “a carta na mesa queda presa”.Están vostedes no seu dereito de non facernos caso a nós pero se é así imos tomar a molestia, e xa o anuncio, de facilitar que os veciños e veciñas de Pontevedra lles digan que recapaciten, vostedes non son menos que a xente do común pero tampouco o son máis. Anuncio que votamos en contra de esa proposta.

O Sr. Aclcalde-Presidente: Moitas gracias, Sr. Rei.A continuación concede a palabra ao Sr. Fernández González.

O Sr. Fernández González: Gracias, Sr. Alcalde. Bos días.A miña capacidade de sorpresa é bastante limitada, entón non me sorprende que hoxe o voceiro do BNG sexa o Sr. Mosquera, igual ao Sr. González Carballo que foi o que participou nas conversacións deulle un ataque de vergonza e non é capaz de defender o que defendía alí, é comprensible.O que tamén resulta curioso é que o voceiro do BNG só fala das dedicacións exclusivas, dedicouse aquí a facer un recorrido con ese linguaxe que utiliza tan envolvente, por chamarllo de algún xeito, para falar das dedicacións exclusivas como senón houbera máis asuntos que tratar, parece que aquí só vimos a falar do noso e non é así, Sr. Mosquera. Vostede igual fala do voso pero non fale só do que lles interesa a vostedes, non?.Eu entendo que este é un pleno complicado porque a sensación que se traslada aos veciños e ás veciñas é que vimos a falar aquí das nosas cousas pero tamén sei que é un pleno inevitable e que hai que facelo porque hai cousas que hai que ordenar e que hai que aclarar e aínda que pareza que non é así tamén o que se discute hoxe aquí afecta aos veciños e veciñas no sentido de que segundo o que se aprobe se está nun escenario de maior ou menor transparencia e de maior ou menor participación, e de maior ou menor capacidade de xestión. E son consciente de que é un pleno complicado cando se goberna, non é fácil facer propostas sensatas, entendibles polos cidadáns, que contenten a todos, porque para iso fai falta moita capacidade negociadora e moita comprensión e certas doses de xenerosidade por parte de todos e de todas. Eu recoñezo que é a primeira vez que participaba neste tipo de toma de decisións na xunta de portavoces ou acordos ou como se lle queira chamar a isto. Os que non eran novos na toma de decisión eran os representantes do BNG, veñen facendo isto dende o século pasado e teño que recoñecer para a miña sorpresa que amosaron unha rixidez de cintura incomprensible para os que teñen tanto recorrido político e incluso humano, porque nenos xa non son aínda que a vece poidan parecelo.Sr. Fernández Lores, creo sinceramente que vostede non asumiu con moita humildade o xeito de ser por primeira vez a forza máis votada. Ata o de agora para

Page 7: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

SECRETARÍA XERAL DO PLENO

ser Alcalde necesitou indefectiblemente de outros, nesta ocasión non e penso que aínda anda masticando esa dose de soberbia que supoño que será algo natural de verse por fin como a forza máis votada, costoulle 16 anos de goberno, non foi capaz de chegar á maioría absoluta pero non está mal, recoñezo que non está mal, sacar 12 non está nada mal, pero eu lle recomendo e llo digo con cariño, porque lle teño cariño, que axilice a dixestión de resultados canto antes porque os problemas de Pontevedra son tan importantes que a súa solución pasa pola búsqueda de consensos e de empatías e non polo afondamento de discrepancias e das antipatías.Eu comparto e felicito que convocara este pleno canto antes, porque está claro que senón hai vontade de acordo para que vamos a prolongar as cousas, entón evidentemente vostedes non tiñan vontade de acordo e, polo tanto, non hai por que prolongar isto ou polo menos esa foi a impresión que saquei eu na reunión de voceiros, a lo menos creo que co partido socialista non houbo vontade de acordo, aínda que ao mellor teño que rectificar e explicarme mellor porque non é certo de todo. Vostede aplicou unha vontade de acordo selectiva e parece que houbo moita máis vontade de acordo co Partido Popular e é totalmente lexítimo, totalmente lexítimo que vostedes elixan os compañeiros de viaxe cos que se sintan máis cómodos ou os que teñan máis afinidade, polo tanto dende ese punto de vista é totalmente entendible e non hai nada que reprochar. Agora parafraseando aquela famosa película de Billy Wilder estamos ante o comezo dunha gran amistade, xa veremos ao largo do mandato como vostede se pelexan no intranscendente e votan xuntos no relevante.Si lles quero reprochar, porque non me gustou, que se apresuran a facer pública a súa proposta inicial de negociación, todos os grupos da oposición entendemos, nas nosas comparecencias, que deberíamos actuar con discreción, cando se negocia é importante, se se quere negociar claro, actuar con certa discreción e nos atopamos con que vostedes non perderon nin un minuto en dállas a coñecer e a min, teño que recoñecer, que ese estilo no me gusta pero tamén é unha cuestión si ben criticable tamén interpretable.En todo caso como reflexión política eu creo que sería bo haber iniciado este mandato con un maior e mellor nivel de entendemento, os cidadáns esperan de nós que non nos enzarcemos en batallinas persoais e penso ademais que cando un é alcalde dende o século pasado xa ten o suficiente recorrido para amosar máis capacidade, máis capacidade en xeral e máis capacidade tamén de entendemento porque se só é capaz de chegar a acordos coa dereita pouco vai a avanza Pontevedra; Pontevedra necesita un Alcalde que sexa capaz de entenderse con todo o mundo, capaz de chegar a acordos e capaz de consensuar, se este pleno é a mostra do que vai a ser o seu mandato a min preocúpame e, en todo caso, eu espero sinceramente que ese acordo co PP siga profundizándose porque daría estabilidade ao seu goberno e iso é importante tamén, estabilidade da que carece por mandato popular e a estabilidade sempre é boa, ter sete máis que voten con vostedes ou se absteñan nos temas importantes non está nada mal aínda que sexa unha mala noticia para a esquerda.Con respecto á proposta, hai aspectos cos que podemos estar de acordo pero hai outros dos que discrepamos. Teño que dicir unha cousa que hai outro tema que me preocupa e que me molesta profundamente e que a nós non se nos entregou o informe de Intervención, a nós non se nos entregou o informe de Intervención, se

7

Page 8: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

nos comunicou que había un informe de Intervención media hora antes de o Pleno, polo tanto creo que con semellante equipo que ten vostede agora, con semellante equipo que ten, é bastante incomprensible e inaceptable que o informe de Intervención só estea listo media hora antes do pleno ou se lle comunique aos demais concelleiros e concelleiras media hora antes do pleno, polo tanto espero que ese asunto se corrixa e espero que entenda vostede que naqueles asuntos onde hai cuantificacións económicas e que nós podíamos haber votado a favor non o vamos a facer porque evidentemente sen coñecer o informe de Intervención nós non podemos comprometer o noso voto.En realidade a proposta é a que pactaron vostedes co Partido Popular con pequenas modificacións, nós non imos entorpecer a acción de goberno, non esta no noso ADN, pero nos non sentimos que esa proposta recollera practicamente nada do que nós plantexamos, polo tanto evidentemente hai cousas que nós votaremos a favor que nos parecen razoables porque tamén vostedes fixeron plantexamentos razoables, pero hai outras que non podemos votar porque nos parece que non é razoable e que si que é altamente criticable.Y esta proposta, xunto con outras cuestións que non veñen a pleno pero das que si se falaron na Xunta de Portavoces, si que encerra declaración de intención, ou varias declaracións de intencións. Primeiro, encerra un certo desprezo pola súa parte polo traballo da oposición e tamén certo medo, por iso procurase recortar todo o posible os medios materiais e humanos dos que pode dispoñer a oposición, supoño que vostede darase conta de que iso transmite unha certa debilidade pola súa parte, é dicir, a proposta que se fixo alí que non ven a pleno porque non é cuestión de pleno de recortar ata o límite de desaparecer os recursos humanos dos grupos da oposición parece absolutamente inaceptable máxime por quen, como ben dixo o Sr. Mosquera, estivo na oposición e sabe o traballo que costa ser oposición, parece que ao final, Sr. Mosquera, vostedes se queren parecer ao PP, a aquel PP, entón parece que é eso, entón recortan vostedes ata a desaparición pero non se preocupen que o traballo da oposición, polo menos por parte do grupo socialista, seguirá a facerse igual; igual de rigoroso, igual de sensato; e igual de coherente. Encerra tamén unha certa obsesión, obsesión polo partido socialista, está máis preocupado de artellar unha oposición a nós que de artellar un proxecto de goberno, porque a día de hoxe, aínda a día de hoxe non oímos ningunha palabra de vostede sobre as súas propostas, porque coincidirá que no seu discurso da súa toma de posición tivo un certo aire pois mire de non sei moi ben que facer, acabou falando da Televisión de Galicia e do malos que eran na Televisión de Galicia, no cal coincido con vostede, pero non sabemos cal é a súa proposta de goberno agora que é vostede Alcalde.Encerra un recoñecemento explícito, tamén, de que non ten equipo para gobernar, non ten equipo para gobernar, liberar a todos os concelleiros, Sr. Mosquera, a todos os concelleiros non a oito, a todos os concelleiros, iso é o que di a proposta, vostedes din que van agora a liberarse oito pero que poden liberar a todos os concelleiros, e a min me parece ben, non teño nada que dicir a iso pero nomear ao mesmo tempo cinco directores xerais é tanto como dicir, Sr. Lores, que os seus compañeiros e compañeiras non están preparados para dar conta do recado e necesitan a alguén que lle faga o traballo, vostede vai a presidir un goberno de liberados no que o traballo político vaino facer un grupo de cinco directores xerais, un Intendente da Policía e un encargado de Protocolo, a nós iso nos sona moi mal e enténdame que tal e como lle dixen na Xunta de Portavoces os socialista cremos

Page 9: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

SECRETARÍA XERAL DO PLENO

que o goberno debe dispoñer da posibilidade de ter a enteira disposición os seus membros, porque gobernar non é fácil pero é moi difícil de explicar neste mandato o contrario do que se dixo e se xustificou no mandato anterior, é moi difícil explicar iso, cando un ten que explicar por que o que dixo no mandato anterior non vale para este está nun lío, agora ben vostede coñece mellor que a min aos seus compañeiros e compañeiras, eu si foxe compañeiro seu do grupo estaría molesto por esa desconfianza que parece que ten vostede nos seus compañeiros en que non son capaces de facer o traballo que se lles encomenda.Sona mal que o goberno incremente o número de persoas vinculadas a súa xestión, doce concelleiros que se poden liberar máis cinco directores xerais e, ao mesmo tempo, se lle estea racaneando medios á oposición, excepto ao PP. Deixar sen medios materiais e humanos aos grupos da oposición ao tempo que se mantén o persoal eventual para o goberno en catro, ademais de non respectar a proporcionalidade, a proporcionalidade que fixeron os cidadáns cos seus votos é lamentable, máis vindo de vostede, insisto, que, como xa lle dixen, saben o que é facer oposición sen medio algún, e tamén sabe a importancia de facer oposición e de ter unha oposición leal.Para rematar, está vostede no seu dereito de utilizar os votos como considere conveniente, de pactar con quen considere conveniente, de facer o que considere conveniente, vostede é o Alcalde e, polo tanto, ten ese dereito porque así os cidadáns quixeron que o tivera pero o que si lle esixo é que se deixe de leiras e que se poña a traballar que leva bastante tempo sen facer nada. O empreso; SOGAMA; o banco de libros; ENCE; o saneamento no rural; o saneamento da ría; a defensa da sanidade pública; ten moito que facer e agora xa non ten desculpa, ten vostede o maior equipo de xente que nunca tivo ningún alcalde, agora intenten sacarlle partido se poden, nós non imos a entorpecer senón que vimos a aportar, e xa nos damos conta de que van a necesitar bastante axuda.Por último, quería propor que se corrixa un erro ou un descoido, non sei por que non aparece fixada a periodicidade da Comisión de Reclamacións e Suxestións, aparecen todas menos a periodicidade de esa e é unha comisión que dada a aposta que facemos todos, e espero que sexa unha aposta sinceira pola transparencia, é unha comisión que pode ser un elemento moi importante. Polo tanto, nós propoñemos que se inclúa na proposta que fai o grupo de goberno, que fai a Alcaldía, que a Comisión de Reclamacións e Suxestións se celebre o último xoves de cada mes ás 13 horas.Moitas gracias.

O Sr. Alcalde-Presidente: Moitas gracias, Sr. Fernández.Ten a palabra o portavoz do grupo municipal do PP, don Jacobo Moreira Ferro.

O Sr. Moreira Ferro: Gracias Sr. Presidente, moi vos días a todos.Ben, os pontevedreses falaron o pasado 24 de maio e o que dixeron foi que querían que gobernara o Bloque Nacionalista Galego e que o Partido Popular pasara a oposición e esa foi a nosa actitude, foi facilitar que goberne a lista máis votada porque así o dixeron os veciños de Pontevedra e nós temos un pacto, claro que temos un pacto, pero o noso pacto é cos veciños de Pontevedra e por iso estamos atendendo o que os veciños de Pontevedra dixeron o pasado 24 de maio.

9

Page 10: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

Hai puntos nos que estamos de acordo na orde do día do presente pleno que eu vou a anunciar en cando á periodicidade das sesións do pleno ademais, sería importante Sr. Presidente, como xa comentamos na Xunta de Portavoces que estudara a posibilidade e a necesidade de que os plenos de Pontevedra, xa que moitos veciños non poden acudir a presencialos directamente se poidan retransmitir vía Internet e que incluso quede almacenado no servidor do Concello para que calquera cidadán de Pontevedra poda consultar as sesións do Pleno e, polo tanto, aceptamos a periodicidade dos plenos e imos votar a favor do punto número uno.En canto a creación e composición das comisións delegadas tamén imos votar a favor. Tamén en canto ao punto número 3 o de nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados da súa competencia e isto a pesar de que perdamos representatividade e proporcionalidade en beneficio precisamente dos grupos minoritarios pero creo que é bo que todos los grupos estean representados nas comisións; e nos puntos 4, 5 e 6 ímonos a abster, por que?, porque do mesmo xeito que dixemos que non íamos poñer trabas a que saíse elixido Alcalde o da lista máis votada, tampouco imos poñer trabas á organización do Concello de Pontevedra e do seu pleno. Nós tiñamos a nosa proposta de gobernar que todo o mundo a coñece pero non nos toca gobernar, nos toca estar na oposición e polo tanto seguindo eses parámetros non imos poñer trabas a que o Concello se organice como queira o goberno porque é o goberno o que debe tomar a iniciativa e así foi.Estamos polo tanto acatando o mandato dos cidadáns. Hoxe, Sr. Alcalde, quedan xa resoltas as cuestións organizativas do Concello, as cuestións do Pleno e, a partir de hoxe, debe comezar a gobernar e a gobernar para todos como lle dixen na sesión da súa investidura como Alcalde de Pontevedra e falar xa dos temas relevantes, os temas que para nós son os relevantes, que son falar dun novo plan xeral, falar da faia de oportunidades laborais e económicas que hai en Pontevedra hoxe en día, falar de mobilidade, falar de transporte público que non temos en Pontevedra, falar de incrementar o gasto social, falar de saneamento e moitas más cousas que son as asignaturas pendentes. A partir de aí, Sr. Alcalde, Sr. Presidente, queridos concelleiros e concelleiras, a partir de aí xa resoltas as cuestións formais e procedimentais comeza a labor de oposición, xa non poden ter ningunha queixa de que lles poñamos obstáculos á labor do goberno pero constituído o goberno temos que empezar vostedes a traballar e nós temos que empezar a fiscalizar. Estamos xa desexando a convocatoria do próximo pleno ordinario para, a partir de aí, xa traer os temas que son relevantes para os veciños de Pontevedra, aí imos a estar xa presentando propostas, presentando iniciativas por que, dende logo, foi o que nos mandaron os veciños de Pontevedra o pasado 24 de maio.Nada máis e moitas gracias.

O Sr. Alcalde-Presidente: Moitas gracias, Sr. Moreira.Sr. Mosquera Lorenzo, ten a palabra.

O Sr. Mosquera Lorenzo: Creo que máis ou menos se fixaron os termos por parte de cada grupo, moi brevemente algunhas consideracións. Vamos a ver sobre os plenos os sábados, creo que na Xunta de Portavoces non se falou pero ese non sería o problema, hóuboos no 99 e a demanda do movemento veciñal naquel

Page 11: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

SECRETARÍA XERAL DO PLENO

momento, negociado con eles, y a experiencia foi que a parte de vir aos funcionarios fóra da xornada laboral e a parte de que o sábado a mañá sempre hai algúns compromisos doutro tipo por parte dos concelleiros, a parte de todo iso que se podía superar, a realidade é que a experiencia foi que houbo menos xente que despois cando se puxeron pola semana, e no seguinte mandato foi o propio movemento veciñal o que dixo deixémolo e punto. Esa é a experiencia non tíñamos ningún problema porque xa o puxemos, xa o fixemos, e realmente houbo menos xentes e incluso plenos masivos houbo bastantes menos, houbera un creo, pero houbo bastante máis asistencia no resto. Non temos ningún problema en facer ese esforzo pero non funciona, a parte a maioría dos grupos parece que non están de acordo.Aquí dixemos unha serie de cousas que eu creo que necesitan algunha explicación, voume remitir só a tres, unha, na conta do que baixa o do goberno e sube a oposición vai incluído todo, asistencias, grupos e exclusivas, vai todo e, repito, o goberno baixa o 27% o que lle custa a este Concello, aos pontevedreses, e a oposición sube un 282%, primeira cuestión. Segunda, hai contradicións e claras intervencións, volvéronse a manifestar aquí, uns están de acordo coas exclusivas, outros non están, uns que se baixan outros que suban, é bastante complicado, o cal reprodúcese o que se dixo antes que dificilmente se podía aspirar a iso. Agora, por que se poñen doce?, mire, iso é unha reserva, por dous motivos, podíamos poñer perfectamente como máximo nove que a nós nos ían a chegar, por dous motivo, un, pode haber un cambio de alguén que é alguén que o necesite ou ao revés alguén que non necesite estar en exclusiva, se pode subir ou baixar, deixar un marxe, e sobre todo nós non desbotamos a posibilidade de que se poida chegar en algún momento a un goberno de coalición, con quen sexa. Entón, nese momento hai que traer a pleno tamén aumentar as exclusivas, parece que quen puidera ser ese socio é para pedir máis exclusivas, xa están aquí e, polo tanto, ningún problema. Igual coa Tenencia de Alcaldía, nós esa figura non a tiñamos, cando gobernamos en solitario mantémola por se esa hipótese se verifica, non chegar aquí o primeiro que chegue, ese é tenente alcalde hai que levar a pleno subirlle a exclusiva, mantémolo por iso nada máis. Entón creo que non vai supoñer ningún gasto simplemente esta en previsión de e para evitar iso, fíxese que simple é e non pensen en cousas complicadas, que non enganamos ou non ao mantela es outra cousas pero dende logo non hai nada raro nin nada, non hai nada de iso.E despois unha última cousa que ronda sempre, a parte de intervencións que pouco tiñan que ver con isto, é dicir as comisións facelas especiais e facer comisións moi específicas a experiencia é que despois teñen moi pouquiño contido e que hai moitos problemas para reunirnos, as comisións teñen as súas funcións, son comisións de pleno, para os asuntos que veñen a pleno, o cal se non veñen a pleno non se reúnen, de feito a de queixas e suxestións pasamos o outro día a vergoña de aprobar a acta da primeira constitución, creo que non houbo ningunha reunión, está imposta por lei a súa creación, entón poñer unha periodicidade senón hai esas queixas e suxestións non ten ningún sentido, entón crear comisións moi específicas de xustiza social, de queixas, esta imposta por lei normalmente non funciona ben, é mellor que estea en outra cando haxa asuntos se incorporan e pode tratalos con moita máis axilidade que se é unha específica, esa é a experiencia que hai, non estamos inventando nada.Xa para rematar, hai como certo trasfondo en algunhas intervencións de darlle a volta, ou sexa, de dicir que os cidadáns se equivocaron. Vamos a ver, que eu sepa

11

Page 12: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

Miguel Anxo Fernández Lores ou calquera de nós non gañamos a ninguén, levamos aquí os anos que levamos, por certo, sacrificando outros aspectos da nosa vida ou o que sexa, pero non é cuestión agora de sacarse medallas, e os cidadáns sabíano e votaron, agora dicir que levan moito tempo, debe seguir porque leva moito tempo, oiga se acaba de ser o partido, se acabou o 24, se acabou onte; entón é, os cidadáns enganáronse porque non deberon votar porque levan moito tempo, non enganamos a ninguén; e, segundo, o criterio noso, os cidadáns sabían que o Alcalde de Pontevedra era médico, sabíano e nunca dixo que ía a cobrar menos ou máis aquí, o mesmo, que non perdera, por certo, perde algo pero nunca dixo tal cousa, nunca dixo tal cousa e votárono, entón agora pola vía de vostede póñase 40 mil e vaise para casa, vaise coa bata, como que parece que non, non sei se un médico é de sentido común ou non, iso xa non logro alcanzar se é ou non é pero o que está claro é que os cidadáns votaron sabendo perfectamente o que votaban, nunca enganamos a ninguén, nunca dixemos que íamos a vir aquí a estar por 15 mil euros, 5 mil ou gratis, nin nos íamos beneficiar nin ninguén vai saír prexudicado, se quere dígollo, eu na Deputación todo o que cobro non vexo ni un euro, e seguro que palmo cartos co que levo ao final do mes, agora non sei canto teño que palmar exactamente para que quede alguén contento, non si o que teño que palmar, 50 mil, 20 mil, 5 mil, canto teño que palmar?, non o sei. E aquí neste grupo, dende sempre, se alguén sae beneficiado deixa a parte e se alguén sae prexudicado compénsase, sempre, foi o criterio, creo que é razoable, aquí nin ven a enriquecerse e ninguén ven a empobrecerse, entón creo que o criterio está explicado e iso é darlle voltas e os cidadáns de Pontevedra votaron sabendo perfectamente, sabendo perfectamente o que facían, votaron así.Pola miña parte creo que máis ou menos as posturas están claras e, salvo que alguén queira intervir, pediría rematar con isto, pasar a votación e, o que se dixo aquí varias veces, ocupar o tempo en resolver problemas dentro do que poida o Concello de problemas de veciños e veciñas e nada máis.Moitas gracias.

O Sr. Alcalde-Presidente: Moitas gracias, Sr. Mosquera.Algunha Intervención, Sra. Rey Martínez.

A Sra. Rey Martínez: Ciudadanos no va a iniciar una política de reproches, no es nuestro estilo, el y tu más vamos a dejarlo para los demás grupos. Nosotros aposta­mos por la agilidad, por ser concretos y concisos sin necesidad de mítines ideológi­cos interminables, creemos que no es el escenario adecuado para venderse sino para proponer, dialogar y, en todo caso, decidir.Dije en mi discurso de investidura que veníamos a sumar, no a romper, y lo manten­go, independientemente de que estemos a favor o no de las propuestas no hay ne­cesidad de utilizarlas para atacarnos unos a otros, eso no es facilitar la gobernabili­dad y esa es nuestra apuesta firme.

O Sr. Acalde-Presidente: Moitas grazas.Ten a palabra o Sr. Rei Núñez.

O Sr. Rei Núñez: Si, brevemente.

Page 13: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

SECRETARÍA XERAL DO PLENO

Xa se ve a sensibilidade social que teñen negando a posibilidade de crear una comisión de políticas sociais, parece que non ven esa necesidade e non a van crear. Nós si a vemos e consideramos oportuno propoñer aquí a súa creación.Vou recordar, tamén, que a partir de hoxe hai que traballar por un plan estratéxico pola economía e o emprego que é o problema máis grave que ten Pontevedra agora. Vou tamén a anunciar que pediremos unha auditoría das contas interna, unha auditoría das contas do Concello. Que insistiremos na desprivatización das concesións de servizos básicos que están neste momento privatizados, o da auga e o do lixo rematan no 2017. Que insistiremos, e coincidimos nisto con outros grupos, na necesidade de crear unha rede de transporte público en Pontevedra e, tamén, en establecer orzamentos participativos xa a partir dos próximos orzamentos para o ano 2015.De todas maneiras, este pleno era para fixar os criterios sobre a estrutura política do Concello pola que vai funcionar nos próximos catro anos. Esa estrutura política implica un custo que nós queremos reducir no 30%. Está claro que non estamos de acordo, que o Bloque non quere reducir o custo económico da estrutura política do Concello e impoñerá o seu criterio coa abstención do Partido Popular que nisto asinte a proposta do Bloque Nacionalista Galego.Cremos que as asignacións aos grupos dificultan a calidade democrática do Concello pero niso non emendamos nada, si emendamos nas dedicacións exclusivas porque pensamos que son máis das que debera asumir un Concello como o de Pontevedra e que, ademais, insistimos en que teñen uns importes, unhas retribucións, excesivas para un concello como Pontevedra que pensamos que pode compararse a concellos como o de A Coruña ou como o de Ferrol, e non é ningún disparate facer esa comparación.Estamos tamén en contra do número de asesores que prevén para se mesmos vostedes e, tamén, das direccións xerais que pretenden crear porque é evidente que se hai concelleiros con dedicación exclusiva que desenvolven o seu traballo na área que teñen encomendada non deberían necesitar da apoiatura de directores xerais que se supón que teñen nomes e apelidos na súa proposta.Finalmente tamén quereríamos falar, non está na orde do día, dos gastos de representación do Concello que pensamos que contribúen a aumentar e engordar a partida que dedica o Concello de Pontevedra á súa estrutura política, son gastos discrecionais e, en total, todo iso suma un millón e medio de euros no último presuposto executado e pensamos que iso debe reducirse. É un tempo de austeridade para todo o mundo, de sacrificios para partes importantes da poboación e para moitos pontevedreses e pensamos que o Concello e o goberno do Concello debería dar exemplo asumindo tamén sacrificios. Neste momento, se cadra en outro momento se podería falar de outras cousas pero neste momento é importante predicar co exemplo.Ao respecto da entrega media hora antes da celebración de este pleno do informe de Intervención pensamos que isto demostra a pouca vontade de transparencia e de facilitar o traballo da oposición e pedimos que esta eiva se repare nos sucesivos plenos. Non é de recibo que teñamos a documentación dos temas que se van debater aquí media hora antes de sentarnos neste lugar.

O Sr. Alcalde-Presidente: Moitas gracias.

13

Page 14: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

Sr. Fernández González ten a palabra.

O Sr. Fernández González: Máis brevemente todavía.Sr. Mosquera, vostede está un pouco obsesionado cos cartos e aquí hai moitas máis cousas que discutir e moitos máis problemas que discutir que os cartos. Eu sei que vostede non ten a cabeciña aquí, a ten en outro lado, entón claro ter que defender unha cousa que non sabe de que vai porque non estivo nas reunións pois non é fácil. Aquí tamén se fala de respecto, fálase de acordo, fálase de dignidade, que son cousas que non se poden cuantificar economicamente, iso non se pode cuantificar economicamente pero tamén se fala aquí de iso, e aquí non está, nestas propostas que veñen da Alcaldía non están esas cousas e a última falta de respecto e chegar ao pleno sen o informe de Intervención os grupos da oposición, con toda a maquinaria burocrática que hai no Concello cando xa onte a proposta xa estaba feita, onte pola mañá o grupo socialista xa recibiu a última proposta do BNG, polo tanto houbo tempo máis que de sobra para facer o informe de Intervención con tempo suficiente para poder sequera lelo, iso é falta de respecto, que tamén se fala aquí diso, Sr. Mosquera, tamén se fala de falta de respecto.Con respecto aos cartos, a isto que tanto lle gusta a vostede falar hoxe aquí, de cartos. Mire, este non é un problema de dedicacións exclusivas, polo menos para o Partido Socialista, non é un problema de dedicacións exclusivas, insistimos, que o goberno teña as que teña que ter, as que teña que ter, o problema é que ademais das que ten que ter o goberno se anota cinco directores xerais máis e o mesmo persoal eventual que viña tendo. Ese é o problema, o problema é a desconfianza que xenera que o propio goberno con confíe en si mesmo, vostedes non confían en si mesmos, iso xa é incrible, é dicir, resulta que agora concelleiros teñan que estar apoiados, vamos a dicilo así para ser suaves, por directores xerais porque parece ser que non dan conta do recado, é preocupante, Sr. Mosquera e Sr. Fernández Lores, é moi preocupante e ese é o problema, o problema non son as dedicacións exclusivas, non son os cartos, o problema esa desconfianza que vostedes xeneran.Por certo, outra cousa, se vostedes están pensando en un goberno de coalición supoño que estarán pensando tamén en reducir o seu número de dedicacións exclusivas porque o PP vailles a pedir máis, o PP vailles a pedir máis seguro, seguro, iso si terían unha estabilidade como nunca pero seguro que lle vai a pedir máis e fan ben en reservar as doce non vaia a ser que as necesiten.Vaime a permitir agora unha pequena ironía, dime que non vexamos nada raro, home, Sr. Mosquera, estando vostede polo medio como pode pensar que vamos a ver algo raro estando vostede polo medio, seguro que non hai nada raro, como se nos ocorrería pensar a nós esa cousa.Mire, queixas e suxestións, debe ser que non se queixa nadie no Concello de Pontevedra, debe ser que non se recibe ningún escrito queixándose no Concello de Pontevedra, algúns se reciben pola experiencia que teño eu, algúns se reciben, eu non tiña que convocar esa comisión Sr. Da Silva, permítame que fale eu e logo despois colle vostede o micrófono se ten algo que dicir, pero no meu turno permítame que sexa eu o que fale, por unha cuestión de respecto, nada máis que iso. Creo que vale a pena facer un esforzo porque iso de que nos botemos a falar de transparencia, de participación, nas campañas electorais, vale a pena facer un esforzo porque iso se faga realidade, entón ao mellor sería bo que todos coñecéramos ou todos coñeceran as queixas que hai e as suxestións que tamén as

Page 15: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

SECRETARÍA XERAL DO PLENO

hai. Polo tanto, sería bo que activáramos esa comisión que, desgraciadamente e hei de entonar a miña parte de culpa non se activou no mandato pasado pero é recoñecer erros e corrixilos a ser posible.Fala vostede de que si entendemos que os cidadáns se equivocaron co tema do resultado, no, no, os cidadáns non se equivocaron, os cidadáns votaron e votaron o que tiñan que votar, parece que quen se equivoca é quen interpreta os resultados, nós non, nós interpretamos os resultados clariños, clariños, hai outros que parece que interpretan mal os resultados e, ao mellor, teñen que empezar a interpretalos no senso que lle dixeron os cidadáns.Polo tanto, mire, alá vós, que quere que lle diga?, alá vós. Nós vamos a facer o que temos que facer que é unha oposición seria, construtiva, coherente, vamos a facer as aportacións que vostedes estou seguro de que non son capaces de facer, e estaremos para axudalos a gobernar dende a oposición e sacar adiante os temas importantes para Pontevedra porque vostedes solos non van a ser capaces de sacalos.Moitas gracias.

O Sr. Alcalde-Presidente: Moitas gracias, Sr. Fernández.Unha pequena aclaración porque eu creo que cómpre facela. Os portavoces acordamos convocar pleno para este xoves sendo conscientes de que a documentación completa non ía a estar dende o día da convocatoria e o acordamos así. Onte pola mañá se lle pasou a intervención todas as decisións posteriores á negociación para a formalización deste pleno e hoxe, media hora antes, acabou de facer o informe intervención. Iso entraba dentro das posibilidades deste tema que se discutiu e se falo na Xunta de Portavoces, polo tanto non sei a que ven isto porque era algo previsto totalmente.Simplemente para aclarar porque, claro, se din cousas que logo non é o que está pasando na realidade. Polo tanto, pleno convocado, a documentación estaría na medida en que estivera, estivo cando estivo e, en todo caso, o informe final de Intervención, que non sei por onde o teño, di expresamente, non sei o que di pero é igual “polo anteriormente exposto, infórmase o expediente de conformidade se ben deberán terse en conta as observacións formuladas” iso está claro e polo tanto teranse en conta as observacións formuladas pero non impide en absoluto ningunha cuestión. En media hora dá tempo a ler esas cousas.En todo caso, deixar moi claro que iso foi un acordo de todos e sacar a relucir agora iso sen explicalo non ten moito sentido, polo tanto nada máis.Sr. Moreira?, non ten intervención ningunha. Sr. Mosquera Lorenzo, ten a palabra.

O Sr. Mosquera Lorenzo.Xa para rematar, a ver, repito, o goberno pasa de un gasto no 2014 a este acordo que baixa un 27%, non chega ao 30, que lle vas a facer, e a oposición sube un 282%, eu lamento pero vistas as intervencións teño que dicir que obviamente quedou claro que o acordo e imposible e que a oposición ou certos grupos da oposición pedirían para eles moitísimo máis restando ao goberno. Ou sexa, o principio de o goberno os medios para gobernar e a oposición os medios para exercer, non, é o goberno sen medios para gobernar e a oposición engordada, e iso

15

Page 16: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

evidentemente non pode ser.Creo que o debate está suficientemente avanzado como para proceder a votar que o que lle pido ao Sr. Alcalde e nada máis.

O Sr. Alcalde-Presidente: Moitas gracias, Sr. Mosquera.Pasamos á votación, votamos punto por punto.

Pregunga o Sr. Rei Núñez: Non se somete a votación a posibilidade de que se celebre os sábados o pleno?.

O Sr. Alcalde-Presidente: Non, sométese a votación esta posibilidade.

Contesta o Sr. Rei Núñez: En contra diso.

Sometida votación a proposta da Alcaldía de data 17.06.2015, o Pleno do Concello, por maioría, co voto favorable de 23 concelleiros (12 do grupo municipal do BNG; 7 do grupo municipal do PP; 3 do grupo municipal PSdeG-PSOE; e 1 do grupo Mixto-Ciudadanos), e o voto en contra de 2 concelleiros (2 do grupo municipal Marea Pontevedra), préstalle a súa aprobación e, en consecuencia, acorda:Primeiro.- O Pleno da Corporación celebrará sesións ordinarias o penúltimo luns de cada mes, ás 11 horas. Esta data variará, e poderá alterarse, de coincidir tal día en festivo ou tratarse dos meses de agosto ou decembro, de acordo co establecido no art. 57 do Regulamento Orgánico do Pleno e das súas Comisións. Segundo.- Non obstante, facúltase á Xunta de Portavoces para que, puntualmente, poda alterar a data dalgunha sesión ordinaria, sempre que se celebre no mesmo mes. Terceiro.- Establecer como sede para a realización de tódalas sesións plenarias o Salón de Butacas do Teatro Principal deste Concello, por persistir as circunstancias que motivaron a súa habilitación para este fin pola anterior Corporación.

2.- CREACIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS DELEGADAS. PERIODICIDADE.O debate deste asunto realizouse conxuntamente co dos seis primeiros puntos da orde do día antes de proceder á votación de cada un deles.

Sometida votación a proposta da Alcaldía de data 17.06.2015, o Pleno do Concello, por maioría, co voto favorable de 23 concelleiros (12 do grupo municipal do BNG; 7 do grupo municipal do PP; 3 do grupo municipal PSdeG-PSOE; e 1 do grupo Mixto-Ciudadanos), e o voto en contra de 2 concelleiros (2 do grupo municipal Marea Pontevedra), préstalle a súa aprobación e, en consecuencia, acorda:Primeiro.- Establécense as seguintes Comisións Permanentes Ordinarias, coa denominación e competencias que de seguido se relacionan, e sen prexuízo daquelas outras atribucións de carácter resolutorio que lle delegue, no seu caso, o Pleno da Corporación de conformidade co establecido no artigo 123.4 da Lei 7/1985, e demais que lle correspondan segundo a Lei.

Page 17: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

SECRETARÍA XERAL DO PLENO

Así mesmo, relaciónanse as Comisións especiais que resultan obrigadas segundo a Lei.Comisións: 1.- Comisión de Réxime Interior, Participación, persoal e Xurídica. Terá as seguintes competencias: Réxime Interior, Persoal, Matadoiro, Mercados, Venda ambulante, Defensa Xurídica e participación.2.- Comisión de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Medio Ambiente: Terá as seguintes competencias: Ordenación do Territorio, Planeamento, Xestión e disciplina Urbanística e Medio Ambiental, Licenzas, Patrimonio Histórico.3.- Comisión Benestar social, cultura e dinamización sociocultural.Terá as competencias correspondentes ás materias enunciadas, así como ensino, deporte, xuventude, igualdade e normalización lingüística.4.- Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos.Terá as competencias correspondentes ás materias enunciadas. 5.- Comisión de Economía e Facenda, e especial de Contas. Terá as competencias correspondentes ás materias enunciadas, así como contratación, promoción económica e turismo. Constituirase como Comisión de Contas e exercerá as competencias propias desta cando sexa necesario. 6.- Comisión Especial de Suxestións e reclamacións. Terá as competencias sinaladas polos arts. 157 e ss. do Regulamento Orgánico do Pleno e das súas Comisións. Segundo.- Estarán formadas por 9 membros, incluído o seu Presidente efectivo e coa seguinte representación proporcional de cada grupo político municipal: 4 membros do grupo municipal do BNG, 2 membros do grupo municipal do PP, 1 membro do grupo municipal do PSdG-PSOE; 1 membro do grupo municipal da Marea de Pontevedra; e 1 membro do grupo municipal mixto (Ciudadanos).Terceiro.- A adscrición concreta a cada Comisión dos membros da Corporación, que deban formar parte das Comisións creadas, realizarase mediante escrito do portavoz de cada grupo municipal do que se dará conta ó Pleno, podéndose e aconsellándose designar 1 suplente por cada titular. O nomeamento dos membros atendendo as propostas de cada grupo municipal realizarase polo Alcalde-Presidente do Pleno, dentro do prazo de 5 días, dando conta ao Pleno do Concello na primeira sesión que se celebre.Cuarto.- O Alcalde, previa elección efectuada no seno da Comisión dun Presidente e un Vicepresidente para casos de urxencia, enfermidade, incompatibilidade ou outro motivo, poderá delegar a Presidencia efectiva nos membros das comisións elixidos, procedendo o nomeamento dos Presidentes e Vicepresidentes.Quinto.- As Comisións Permanentes celebrarán sesións ordinarias segundo se precisa:- As comisións 2 e 4 celebrarán as súas sesións ordinarias os martes alternos ás 11 horas.- As comisións 1 e 5 celebrarán as súas sesións ordinarias os mércores anteriores ao pleno ordinario, ás 13 e 12 horas respectivamente. - A comisión 3 celebrará as súas sesións ordinarias os xoves alternos ás 11 horas.”

17

Page 18: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

Non obstante, mantendo a periodicidade sinalada, na súa sesión constitutiva a propia comisión poderá variar os días e horas en concreto. Sexto.- Realizada a adscrición dos membros da Corporación ás Comisións creadas, procederase á constitución das Comisións baixo a presidencia do Alcalde, como presidente nato, en sesión convocada para os efectos e na que terá lugar a elección do seu presidente efectivo.

3.- NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS DA SÚA COMPETENCIA.O debate deste asunto realizouse conxuntamente co dos seis primeiros puntos da orde do día antes de proceder á votación de cada un deles.

Sometida votación a proposta da Alcaldía de data 15.06.2015, o Pleno do Concello, por unanimidade (25), préstalle a súa aprobación e, en consecuencia, acorda:Primeiro.- Asígnanse aos grupos municipais do Concello as seguintes representacións nos Organismos que se determinan:

COMISIÓN DE DESLINDE TERMO MUNICIPAL MARÍN

Art. 42 Lei 5/1997 Administración Local Galicia.

Alcalde ou concelleiro en quen delegue; e 1 concelleiro por cada grupo que se sinala: PP; PSdG-PSOE e Marea Pontevedra.

COMISIÓN DE DESLINDE TERMO MUNICIPAL POIO

Ídem. Ídem.

CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER

Segundo o seu Regulamento (art. II).

Presidente o Alcalde ou ou membro da Corporación Municipal en quen delegue.Un representante de cada grupo político municipal.

CONSELLO ECONÓMICO SOCIAL

Segundo o seu Regulamento (art. 4)

Presidente o Alcalde ou ou membro da Corporación Municipal en quen delegue.Un representante de cada grupo político municipal.

IMD (Xunta Rectora). Segundo os seus estatutos (art. 6)

Presidente o Alcalde ou Concelleiro en quen delegue. Vogais: 3 a proposta do grupo do BNG; 2 a proposta do PP; 1 a proposta do PSdG-PSOE; 1 a proposta do grupo Marea de Pontev; e 1 a proposta do grupo mixto. Cando menos 4 dos vogais

Page 19: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

SECRETARÍA XERAL DO PLENO

haberán ser concelleiros.

PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS (Consello de Goberno)

Arts. 7 y 13 Estatutos.

Presidente o Alcalde. Concelleiro/a delegado de Cultura (vicepresidente).1 concelleiro designado polo PP, 1 polo PSdG-PSOE e outro pola Marea de Pontevedra.

Segundo.- A designación en concreto das persoas que han de ocupar estes cargos efectuarase por escrito asinado polo portavoz de cada grupo e dirixido á Alcaldía, sendo nomeadas, en execución deste acordo, por decreto da Alcaldía.

4.- DETERMINACIÓN DA DOTACIÓN ECONÓMICA PARA O FUNCIONAMENTO DOS GRUPOS MUNICIPAIS.O debate deste asunto realizouse conxuntamente co dos seis primeiros puntos da orde do día antes de proceder á votación de cada un deles.

Sometida votación a proposta da Alcaldía de data 17.06.2015, o Pleno do Concello, por maioría, co voto favorable de 13 concelleiros (12 do grupo municipal do BNG e 1 do grupo Mixto-Ciudadanos), o voto en contra de 3 concelleiros (3 do grupo municipal PSdeG-PSOE), e a abstención de 9 concelleiros (7 do grupo municipal do PP e 2 do grupo municipal Marea Pontevedra), préstalle a súa aprobación e, en consecuencia, acorda:Primeiro.- Asignar aos grupos políticos municipais a seguinte dotación económica mensual, para o seu adecuado funcionamento, con cargo ó presuposto municipal:

- Cantidade fixa mensual: 2.750 euros para cada un dos grupo políticos municipais.

- Cantidade variable mensual en función do número de concelleiros que integran o grupo político municipal: 250 euros por cada membro do grupo.

Segundo.- As devanditas cantidades non poderán destinarse ao pago de remuneracións do persoal de calquera tipo ao servizo da Corporación, nin á adquisición de bens que poidan constituír activos fixos de carácter patrimonial.

Terceiro.- As dotacións económicas asignadas aboaranse na conta designada por cada grupo político municipal, grupo que deberá comunicar un código de identificación fiscal propio e levar unha contabilidade específica da dotación, que terá a disposición do Pleno da Corporación no caso de que lla requira para a súa fiscalización.

Cuarto.- Adoptaranse as medidas procedentes para a suplementación dos créditos orzamentarias se as dotacións existentes resultaren insuficientes e anualmente consignarase cantidade suficiente para facer fronte as obrigas económicas derivadas do cumprimento deste acordo.

Quinto.- O presente acordo, no marco do art. 8 da Lei 19/2013, de Transparencia e Bo Goberno, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, así como no taboleiro de anuncios do Concello e na web municipal por quince días hábiles, co fin de dar a máxima transparencia.

19

Page 20: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

5.- FIXACIÓN DE INDEMNIZACIÓNS POR ASISTENCIA A SESIÓNS DOS ÓRGANOS MUNICIPAIS COLEXIADOS.O debate deste asunto realizouse conxuntamente co dos seis primeiros puntos da orde do día antes de proceder á votación de cada un deles.

Sometida votación a proposta da Alcaldía de data 17.06.2015, o Pleno do Concello, por maioría, co voto favorable de 12 concelleiros (12 do grupo municipal do BNG) e a abstención de 13 concelleiros (7 do grupo municipal do PP; 3 do grupo municipal PSdeG-PSOE; 2 do grupo municipal Marea Pontevedra; e 1 do grupo Mixto-Ciudadanos), préstalle a súa aprobación e, en consecuencia, acorda:Primeiro.- Os membros da Corporación, que non desempeñen o seu cargo en réxime de dedicación exclusiva ou parcial, percibirán as seguintes indemnizacións por asistencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados do Concello de Pontevedra, nas seguintes contías:

a) Por cada asistencia a sesións, ordinarias ou extraordinarias, celebradas polo Pleno da Corporación a cantidade de douscentos setenta e cinco euros (275 €).

b) Por cada asistencia polos seus membros a sesións, ordinarias ou extraordinarias, celebradas pola Xunta de Goberno Local a cantidade de cento vinte e cinco euros (125 €).

c) Por cada asistencia a sesións de Comisións Informativas, permanentes ou especiais, ó Presidente a cantidade de cento vinte e cinco euros (125 €) e ós vogais cento cinco euros (105 €).

Segundo.- Establécense as seguintes indemnizacións por asistencia efectiva ás sesións dos organismos autónomos do Concello de Pontevedra, nas seguintes contías:

a) Por cada asistencia a sesións, ordinarias ou extraordinarias, celebradas polo Consello de Goberno do “Pazo de Congreso e Exposicións” a cantidade de setenta e cinco euros (75 €)

b) Por cada asistencia a sesións, ordinarias ou extraordinarias, celebradas pola Xunta Rectora do Instituto Municipal de Deportes a cantidade de setenta e cinco euros (75 €)

Terceiro.- Adoptaranse as medidas procedentes para a suplementación dos créditos orzamentarios se as dotacións existentes resultaran insuficientes e anualmente consignarase cantidade suficiente para facer fronte as obrigas económicas derivadas do cumprimento deste acordo.

Cuarto.- En cumprimento do establecido nos arts. 75.5 da Lei 7/1985 e 8 da Lei 19/2013, de Transparencia e Bo Goberno, o presente acordo publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello por quince días hábiles. E, para a máxima transparencia, procederase igualmente á súa publicación na web municipal por igual prazo.

6.- PROPOSTA DE DETERMINACIÓN DE CARGOS EN RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA, DO SEU RÉXIME DE DEDICACIÓN EFECTIVA E DAS

Page 21: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

SECRETARÍA XERAL DO PLENO

SÚAS RETRIBUCIÓNS.O debate deste asunto realizouse conxuntamente co dos seis primeiros puntos da orde do día antes de proceder á votación de cada un deles.

Sometida votación a proposta da Alcaldía de data 17.06.2015, o Pleno do Concello, por maioría, co voto favorable de 12 concelleiros (12 do grupo municipal do BNG), o voto en contra de 6 concelleiros ( 3 do grupo municipal PSdeG-PSOE; 2 do grupo municipal Marea Pontevedra; e 1 do grupo Mixto-Ciudadanos) e a abstención de 7 concelleiros (7 do grupo municipal do PP), préstalle a súa aprobación e, en consecuencia, acorda:Primeiro.- Establécense en réxime de dedicación exclusiva os seguintes cargos municipais:

- Os membros do Goberno poderán desempeñar todos as súas funcións en réxime de dedicación exclusiva.- Os restantes Grupos Políticos poderán ter en réxime de dedicación exclusiva a 1 dos seus membros por cada 4 membros do Grupo Político ou resto de 3.- A suma dos dous apartados anteriores non poderá superar, en ningún caso, o máximo legal, nestes intres fixado en 15.As dedicacións exclusivas poderán dividirse en dedicacións parciais (cando menos do 50%, segundo prevé o Regulamento Orgánico do Pleno), de así estimarse motivadamente, e sempre cos límites sinalados.

Segundo.- As contías das retribucións a percibir polo desempeño dos cargos en réxime de dedicación exclusiva, ou parcial, serán as mesmas que as fixadas nas bases da execución do orzamento e demais acordos en vigor ata o día 13 de Xuño de 2015.

Terceiro.- As cantidades sinaladas polo desempeño do cargo en réxime de dedicación exclusiva completaranse coas correspondentes á antigüidade do concelleiro en cuestión, respecto ao posto de traballo que ocupaba como empregado ou funcionario, sempre en cando a entidade de orixe non se fixera cargo de tales. Isto sempre co límite establecido segundo o art. 75 bis.4 da Lei 7/1985.

Cuarto.- Os membros da Corporación que exerzan o seu cargo en réxime de dedicación exclusiva terán unha dedicación mínima ao Concello equivalente á establecida con carácter xeral para o persoal ao servizo da Administración pública e, en concreto, para o Concello de Pontevedra. Non obstante, por razóns evidentes do exercicio do seus cargos, o cómputo desta dedicación non se suxeitará ao horario fixado para os traballadores municipais.

De acordo co art. 14.6 do Regulamento Orgánico do Pleno, a dedicación parcial por parte dos cargos que así se definan non será inferior a 20 horas á semana, correspondéndolle as retribucións proporcionais respecto das correspondentes aos cargos en réxime de dedicación exclusiva.

Quinto.- O nomeamento dos concelleiros que desempeñen os cargos en réxime de dedicación exclusiva ou parcial será realizado polo Alcalde. En todo caso, os designados deberán aceptar o exercicio do cargo en réxime de dedicación exclusiva ou dedicación parcial, no prazo de tres días hábiles, entendéndose aceptado o cargo se transcorrera o mencionado prazo sen comunicación expresa

21

Page 22: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

de renuncia.

O nomeamento dos concelleiros dos grupos municipais na oposición efectuarase a proposta dos seus portavoces.

Sexto.- Os membros da Corporación que exerzan os seus cargos en réxime de dedicación exclusiva e parcial serán dados de alta no réxime xeral da Seguridade Social ou réxime equivalente, asumindo a Corporación o pago dos custos empresariais que corresponda.

Sétimo.- A percepción de retribucións polo exercicio de cargos municipais en réxime de dedicación exclusiva será incompatible con outras retribucións a cargo dos presupostos doutras administracións públicas, organismos ou entes públicos dependentes deles, así como incompatibles co exercicio doutras actividades nos termos precisados pola Lei 53/1984 e normativa aplicable.

Octavo.- As retribucións asignadas, polos conceptos de dedicación exclusiva, serán percibidas a partir da data da efectiva prestación destes cargos, considerando a tales efectos que estiveran nomeados, aceptados os nomeamentos e desenvolvéndose sen incompatibilidade de ningún tipo. Cumpridas estas condicións, este acordo terá efectos retroactivos a tal data.

Noveno.- As retribucións establecidas incrementaranse anualmente, de selo caso, na mesma porcentaxe que a aplicable aos empregados públicos municipais.

Décimo.- Os membros da Corporación que exerzan o cargo con dedicación exclusiva terán dereito aos mesmos permisos, licenzas e vacacións que o persoal funcionario do Concello de Pontevedra.

Décimo primeiro.- Adoptaranse as medidas procedentes suplementando os créditos necesarios para atender ao pago das retribucións establecidas.

Décimo segundo.- En cumprimento do establecido no art. 75.5 da Lei 7/1985, o presente acordo, así como os cargos nomeados, publicaranse, no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello por quince días hábiles. De conformidade co art. 8 da Lei 19/2013, de Transparencia e Bo Goberno, a publicación completarase coas cantidades correspondentes. E, para a máxima transparencia, procederase igualmente á súa publicación na web municipal por igual prazo.

7.- DACIÓN DE CONTA DA CONSTITUCIÓN DE GRUPOS POLÍTICOS, INTEGRANTES E VOCEIROS.Por indicación da Alcaldía-Presidencia pola Secretaría dáse conta da constitución dos grupos políticos e dos voceiros titulares e adxuntos designados, do que toma coñecemento o Pleno do Concello.

8.- DACIÓN DE CONTA DA CONSTITUCIÓN DA XUNTA DE PORTAVOCES.O Pleno do Concello toma coñecemento da constitución da Xunta de Portavoces que tivo lugar o día 15.06.2015.

9.- COÑECEMENTO DE RESOLUCIÓNS DO ALCALDE EN MATERIA DE NOMEAMENTOS DE TENENTES DE ALCALDE, MEMBROS DA XUNTA DE

Page 23: SECRETARÍA XERAL DO PLENO€¦ · asignación por grupo, nin persoal de apoio, nin cando tíñamos un, nin cando tíñamos catro, nin con sete. Cando chegamos ao goberno en 1999

SECRETARÍA XERAL DO PLENO

GOBERNO LOCAL, ASÍ COMO DAS DELEGACIÓNS EFECTUADAS POLA ALCALDÍA E POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL.O Pleno do Concello toma coñecemento dos seguintes decretos do Alcalde y acordos da Xunta de Goberno Local:Decretos do Alcalde de 13.06.2015:- Fixación de áreas de goberno, concelleiros responsables das distintas áreas e delegacións especiais. - Nomeamento de Instrutor de procedementos sancionadores en materia de urbanismo, medio ambiente e seguridade cidadá. - Delimitación e delegación de atribucións para a tramitación e resolución de procedementos sancionadores por infracción de normas de circulación e tráfico.- Nomeamento de Tenentes de Alcalde. - Nomeamento de membros e concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local.Acordos da Xunta de Goberno Local de 13.06.2015:- Delegación nos concelleiros e directores xerais.- Nomeamento de instrutor de procedementos sancionadores en materia de urbanismo, medio ambiente e seguridade cidadá, competencia da Xunta de Goberno Local.- Delegación negociación en órgano específico en procedementos negociados sen publicidade.

O Sr. Alcalde-Presidente deu por finalizada a sesión, sendo ás 13:11 horas, de todo o que eu, Secretario Xeral do Pleno, dou fe.

Visto e praceO Alcalde, O Secretario Xeral do Pleno,

Miguel Anxo Fernández Lores. José Luis Mato Rodríguez.

23