A Chegada Do Fascismo

5
A CHEGADA DO FASCISMO A CHEGADA DO FASCISMO

Transcript of A Chegada Do Fascismo

A CHEGADA DO FASCISMOA CHEGADA DO FASCISMO

1. SUBLEVACIÓN MILITAR DO1. SUBLEVACIÓN MILITAR DO18/07/1936 NO VAL DA LOURIÑA 18/07/1936 NO VAL DA LOURIÑA

• O triunfo da Fronte Popular en febreiro do 36

acelerou os planes de parte do exército e dos sectores golpistas (unha parte da CEDA, os seguidores de Calvo Sotelo e os falanxistas).

• No Porriño, a CNT e o comunismo tiñan incrementado a súa relevancia social e podían ser consideradas forzas extremistas non só polas dereitas, senón incluso por parte dalgún membro da Fronte Popular.

• No ámbito porriñés debemos destacar que entre o triunfo da Fronte Popular e o golpe de Estado non houbo conflictos políticos e sociais destacados.

• Chegado o 18 de xullo,ante a noticia do alzamento, os traballadores porriñeses declararon a folga xeral. O Porriño leal á República cumpriu coas medidas de resistencia transmitidas polo goberno constitucional. A casa do Concello estaba defendida por sindicalistas e republicanos.

• Conseguir armas era unha necesidade prioritaria para as organizacións obreiras. Un dos obxectivos importante das requisas era desarmar aos elementos simpatizantes coa sublevación. Algúns membros das sociedades agrarias e uns poucos militantes de esquerdas percorreron as parroquias requisando armas, gasolina e explosivos. Outro labor da resistencia foi levantar barricadas que impedisen a chegada das tropas rebeldes.

• Por outra parte, os gardas civís estarían informados xa do inminente alzamento na capital da provincia.

2. OS REPUBLICANOS DEFENDEN 2. OS REPUBLICANOS DEFENDEN VIGO (LAVADORES)VIGO (LAVADORES)

• O día 20 de xullo convocouse unha folga xeral con especial incidencia nas canteiras de Atios. Ese mesmo día saía as rúas o comandante militar de Vigo cunha compañía de Infantería para comunicar a declaración do estado de guerra. Tras colocar dous bandos na rúas Urzáiz e Colón, na Porta do Sol procédese a lectura do bando que provocará a protesta dos militantes de esquerda. No tumulto, as tropas disparan sobre a multitude quedando varias ducias de corpos.

• Un grupo de porriñeses chegaba para axudar no sostemento das barricadas de Lavadores, formando parte de continxentes procedentes de diversas vilas do sur da provincia. Estableceuse un cuartel xeneral no Porriño. Das canteiras tróuxose T.N.T.

• Nas vilas funcionaban Comités de Defensa da República. A resistencia era débil e presaxiaba un día negro para o martes 21 no que caerían as primeiras vítimas porriñesas e a propia vila do Porriño sería conquistada polos militares alzados.

• Os pequenos grupos armados vanse retirando ata a parroquia de Carral. Alí intentan derrubar sen éxito unha ponte para impedir o avance das tropas militares pola estrada que conducía a Ourense. Un continxente de paisanos decide volver ás súas vilas ignorando que xa as columnas militares de Pontevedra transitaban polas estradas da comarca. O continxente deuse á fuga ó ver chegar as tropas ó Seixo, no alto de Puxeiros (Mos), para liberar ós sitiados gardas civís de tal posto.

• O cinto vermello ou Rusia Chica (O Calvario, Teis, Lavadores, Cabral...) aguantaron ata o 26, reforzados por milicianos do Porriño, Ponteareas e, en xeral, das terras circundantes. Xoves socialistas e comunistas partían coa intención de chegar ó Porriño e desde alí dirixirse a un dos puntos de enfrontamento coas tropas rebeldes.

• O día 21 de xullo cae O Porriño. Os grupos que foran a Vigo en defensa da República volvían derrotados, con mortos e feridos, xunto ós seus.

3.ENFRONTAMENTOS DO 3.ENFRONTAMENTOS DO CERQUIDO CERQUIDO

• A batalla do Cerquido pertence en realidade aos acontecementos relacionados coa defensa da cidade de Tui aínda que existan varias razóns para incluíla nesta narración de feitos sobre o Porriño en 1936.

• Tui foi unha das poucas prazas nas que a maior parte dos militares permaneceron fieis á República. Contaba cun fortísimo colectivo obreiro da CNT ao que se sumaron efectivos agrarios do Baixo Miño. A organización da defensa de Tui debeu ser intensa entre os días 22 e 24 construíndose defensas de cemento á entrada da cidade e unha fileira de trincheiras na Volta da Moura sobre a estrada.

• O día 24, forzas de Ourense e a Artillería de Pontevedra únense no Porrriño na súa marcha cara Tui. O primeiro ataque dos nacionais tería lugar ao día seguinte, o 25.

• A fin da defensa do Cerquido aconteceu o día 26 de xullo, deixando ceibe o camiño para asaltar o último bastión tudense, o cuartel dos carabineiros, que foi tomado a canonazos pola noite. Para conseguir dobregar a defensa da cidade houbo que mandar un reforzo de 600 soldados.

• O domingo, día 26, voltaron os rebeldes. Moitos daqueles defensores civis fuxidos aos montes son perseguidos, e a maioría asasinados. A República e a Fronte Popular deixaban de existir na Louriña e na Galiza. Os emigrantes galegos, faltos de fontes de información, publicaban as notas da prensa fascista de Portugal.

3.ENFRONTAMENTO DO 3.ENFRONTAMENTO DO CERQUIDO IICERQUIDO II

• Entre o 21 e o 31 de xullo temos contabilizados 5 porriñeses mortos e 3, quizais 4, feridos. En Galiza non houbo unha guerra civil. Ás poucas horas de proclamarse os bandos dos sublevados, case todo o noso país estaba nas súas mans, e arredor do día 27 quedaban sufocados os 4 ou 5 focos da resistencia.

• Nese período non hubo ningunha vítima relacionada coa confrontación ideoloxica, os encarcelamentos de esquerdistas foron debidos ao simple contido de textos difundidos en panfletos ou na publicación republicana Tribuna, tampoco as actividades da dereita católica pasaban de pequenos escándalos ou de toca-las campás para amolar aos integrantes da Casa del Pueblo. Isto xustificou a represión sistemática dos elementos da Fronte Popular por parte do fascismo franquista, pero é evidente que tratábase de levar a cabo un plan friamente calculado e planificado.