Todos os cambios son difíciles

18
TODOS OS CAMBIOS SON DIFÍCILES

description

Diario de lectura de Ana Muíño

Transcript of Todos os cambios son difíciles

Page 1: Todos os cambios son difíciles

TODOS OS CAMBIOS SON DIFÍCILES

Diario de Lectura

Page 2: Todos os cambios son difíciles

1ª parte6 de maio de 2012

“Non a aturo! Nesa visita, marchou sen fatóns. Eu encargueime persoalmente de quitalos todos da árbore” Aínda que Elia, estea na idade do pavo, e estea pasando por uns momentos difíciles, logo que o pai botara moza, e ela non olvida a súa defunta nai, non me parece moi boa a súa actitude, eu non digo que lle teña que caer xenial Berta, pero o que si que digo é que a min paréceme que podería poñer un pouco da súa parte para que lle caera mellor, ou se non polo menos non facerlle mal.

7 de maio de 2012

“Estou no sanatorio Nosa señora da Asunción dende hai varios días. Operáronme de apendicite, e agora teño que pringar ata que me saquen os puntos” Non me gusta que unha nena desa idade, teña que pasar xa por unha operación de apendicite, pero a vida moitas veces tamén

Page 3: Todos os cambios son difíciles

é así. Espero que non a teñan que volver a operar, porque lle persista a dor.

8 de maio de 2012

“Eh? Era… era un amigo de Roberto que preguntaba por el.” Non entendo porque Elia lle dá esa contestación a seu pai, seguro que é unha mentira pero, por que lle mente? Preguntarían por seu pai? E quen preguntaría? A ver se ó seguir lendo me entero. O libro estame parecendo moi interesante, pero cambia todo o tempo a persoa do narrador, e iso desconcertame un pouco, logo que no primeiro e segúndo capítulo o narrador era en 1ª persoa e agora, no terceiro, é en 3ª persoa.

9 de maio de 2012

Page 4: Todos os cambios son difíciles

“Non claro que non era ningún amigo de meu irmán máis vello. Era esa bruxa que trata de conquistar a meu pai.” Agora xa entendo porque Elia, contestou con esas palabras, e a verdade paréceme que fixo ben, xa sei que no que digo estou sendo un pouco mala pero Berta xa me está parecendo un pouco pesada.

10 de maio de 2012

“A miña nai era xenial. Fixábase en pequeñas cousas nas que ninguén máis reparaba.” O autor sabe transmitir dunha forma espectacular o amor dunha nai cara a súa filla pero tamén da filla á nai. Porque a min paréceme que todas as nais son xeniais dende o punto de vista dos seus fillos e todos os filllos tamén son xenias no das súas nais, ou así debería ser sempre, pero por desgraza nalgúns casos moi puntuais non o é.

Page 5: Todos os cambios son difíciles

11 de maio de 2012

“Mamá saiu disparada contra diante e o bebé comezou a chorar” Unha forma moi tonta de morrer, pero real, só por non poñer o cinturón, pero a verdade é que moitas veces pensamos: “por un día só”, “eso a min non creo que me pase”, “eso só pasa na televisión”, pero ata que o vivimos de cerca, ás veces non nos concienciamos de que as normas están aí por algo.

12 de maio de 2012

“Non era o meu pai de sempre, non era a avoa de sempre, non era a casa de sempre” Paréceme unha situación moi dura, a morte dun familiar tan cercano, con tan pouca idade para aceptalo. Non me gustaría, baixo ningún concepto estar na situación de Elia, pobriña…

Page 6: Todos os cambios son difíciles

13 de maio de 2012

“Eu dígolle que estou desexando que lle empecen as clases dunha vez para non lle ver o pelo, aínda que o certo é que o vou votar de menos” Isto é o que lle di Elia ao seu irmán, pero en que familia un irmán a outro nunca lle dixo isto aínda que de verdade pensara outra cousa? Porque nas que eu coñezo algunha vez pasou. Espero que esa confianza que Elia perdeu co irmán, se recupere no transcurso do libro.

14 de maio de 2012

“O que máis boto de menos son aquelas tortillas de pan, que argallaba miña nai para postre” Nótase moito que

Page 7: Todos os cambios son difíciles

Elia quería con locura a súa nai e que a bota moito en falta e iso, non me gusta. Espero que Elia o supere e que acepte as novas comidas, costumes… e que Paca ,a avoa, intente cociñar como a súa nai, pero a verdade é que nai só hai unha.

15 de maio de 2012

“Dende que estou no sanatorio, meu pai pasa máis horas ca nunca comigo” Gústame que lle saque algo positivo ó sanatorio, porque se é como ela di, de positivo non ten nada. Ó acabar de ler isto, non teño ningunhas ganas de ter que ingresar nun hospital, porque como ela conta é moi aburrido. Espero que pronto lle dean a alta, porque se non…

Page 8: Todos os cambios son difíciles

2ª parte16 de maio de 2012

“Ata mataban centos de nenos nas súas escolas” Estas palabras suxírenme unha pregunta: se facían iso cos nenos, que farían cos adultos?. Textos como este son os que che fan recordar o que tes, a sorte que tes de que no teu país haxa democracia, xente que te quere. Cousas que cando as tes non as notas pero cando non as tes notas a súa falta.

Page 9: Todos os cambios son difíciles

17 de maio de 2012

“Cando mamá estaba enfadada papá leváballe unha rosa branca” Que fermosa era esta parella, canto amor se respiraba. Estou segura que a primeira vez que a nai de Elia se enfadou e o pai lle levou a rosa branca, pensando naquel día, a nai de Elia botou un sorriso de orella a orella.

18 de maio de 2012

“ Que queres? Facerlle a pelota a esta nena mexerica” Estas palabras pronunciadas por Paulo, o fillo de Berta, fanme comprender ese odio que Elia ten cara Berta, esas ganas de que seu pai e Berta nunca estean xuntos. Pero o que non entendo é: para que quere Berta casar co pai de Elia, se total non o ama?

Page 10: Todos os cambios son difíciles

19 de maio de 2012

“Aquel home, sen pedirme máis explicacións soltoume cinco euros” Na vida xa non queda xente así, xente que che axude desinteresadamente.

Gustaríame que Berta desaparecerá dunha vez das vidas desa familia, porque está a ocasionar moitos problemas.

20 de maio de 2012

“Xian, nin que eu o dixese, encheulle as paredes de espirais, riscos, raias enormes…” Non me parece ben que Elia lle dera a aprobación a Xian para facer todo iso, creo que xa é pasarse. Creo que esa aprobación por parte de Elia vai ter consecuencias negativas para ela.

Page 11: Todos os cambios son difíciles

3ª parte21 de maio de 2012

“E o bebé ? Onde está o bebé ?” Estas palabras fixéronme rir, Pobre Xian, non lle explicaran porque Elia estaba no sanatorio, e entón pensou o que pensou. Gustoume que aparecera esta anécdota no libro porque é moi graciosa, agradable á lectura.

22 de maio de 2012

Page 12: Todos os cambios son difíciles

“Ti e máis eu si, pero papá ben sabes que o tempos sentido chorar pola noite” Esta frase faime reflexionar sobre o que dixen anteriormente de Berta, porque se fai feliz ó seu pai, por que non poden estar xuntos? Eu creo que Elia tería que intentar non meterse tanto con ela, pero bueno, ás veces iso é difícil.

23 de maio de 2012

“ Por que non tentas falarlle e explicarlo?” Aínda que a simple vista pareza unha boa idea, non creo que Elia de o brazo a torcer, e acepte esa parella. Non hai nada imposible, pero o de que Elia acepte a Berta, non sei se o coseguirán nunca.

24 de maio de 2012

“Mirei para todos os lados e a foto despareceu” E agora pregúntome eu, por que desapareceu esa foto? Sería Berta? Sería o pai que añora a súa nai? de todas formas

Page 13: Todos os cambios son difíciles

eu creo que Berta poderíalle pedir a seu pai ter ela esa foto se tanto lle gustaba. Espero que ó final do libro esa foto volva ó seu sitio.

4ª parte25 de maio

“Nunca! Nunca pretendín nin pretenderei ocupar o sitio da túa nai” Estoas palabras que procuncia Berta fanme pensar en que fun un pouco cruel anteriormente poñéndolle malos calificativos, e non só eu Elia tamén. Creo que Berta non é tan mala, ó mellor está finxindo pero non o creo. Espero que Elia a vaia aceptando, porque paréceme que é unha boa persoa.

Page 14: Todos os cambios son difíciles

26 de maio de 2012

“Que temos que afacernos a estar sen mamá, aínda que nos quede o seu recordo para sempre” Eu creo que con estas palabras e coas que lle dixo antes Berta, Elia vai acabar aceptando a Berta como unha nova membra da súa familia. Bueno ou eso espero.

27 de maio de 2012

OPINIÓN PERSOAL

Este libro gustoume moito, pero non me pareceu o libro máis apropiado para o diario de lectura , porque non che dá tanto xogo para facer as entradas , ou iso creo. Gustaríame poder ler que Elia se fai moi amiga de Berta, e que esa familia volve a ser feliz, porque merécese o

Page 15: Todos os cambios son difíciles

millor, logo que son moi boas persoas, pero ler todo iso xa non é posible porque este libro rematou.

Ana Muíño Raña 1º ESO B.