PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _...

15
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected] PROPOSTA DE ACTIVIDADES “BAILE DE CORES” Obxectivos: iniciarse no método científico. Desenvolver a concentración e a atención. Regular a propia acción seguindo os pasos para realizar o experimento. Recoñecer as propiedades das cores: a mestura de cores. Iniciarse no conteo e na retroconta. Temporalización: 1 día. Materiais: prato fondo, leite, colorante alimentario (3 cores), fairy (ou similar) e un bastoncillo. Desenvolvemento: o Preparamos o material que imos precisar. o Nun prato fondo botamos un pouco de leite e deixamos repousar. Para axudarlle a repousar contamos ata 10, primeiro cara adiante e despois cara atrás. Eres capaz ti só? Ou axudámosche un pouquiño? Moi ben!! Contando tan ben seguro que o leite xa está preparado! E ti? Estás lista/o? o Como vexo que estás moi concentrado/a xa podes engadir no centro unhas gotiñas de colorante alimentario de 3 cores. Os que ti elixas! Cales son os teus favoritos? Que difícil elección eh! Ten coidado que manchan moito... o Están xa as tres cores? Imos contar... Xenial!! o Agora imos coller un bastoncillo e mollalo en fairy (ou similar). Despois temos que tocar co bastoncillo nas cores... Que pensas que pasará? Deixamos que deixen voar a imaxinación, seguro que teñen ideas moi divertidas! o Que pasou? As cores están quietas? Ou teñen ganas de bailar? E se non lle tocamos por un ratiño? A ver, volvemos contar ata 10, cara adiante e cara atrás! Que pasou? TALLER

Transcript of PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _...

Page 1: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _ de forma divertida. Ímonos convertir en modelos fotogrÁficos. a actividade vai

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

“BAILE DE CORES”

Obxectivos: iniciarse no método científico. Desenvolver a concentración e a atención.

Regular a propia acción seguindo os pasos para realizar o experimento. Recoñecer as

propiedades das cores: a mestura de cores. Iniciarse no conteo e na retroconta.

Temporalización: 1 día.

Materiais: prato fondo, leite, colorante alimentario (3 cores), fairy (ou similar) e un

bastoncillo.

Desenvolvemento:

o Preparamos o material que imos precisar.

o Nun prato fondo botamos un pouco de leite e deixamos repousar. Para

axudarlle a repousar contamos ata 10, primeiro cara adiante e despois cara

atrás. Eres capaz ti só? Ou axudámosche un pouquiño? Moi ben!! Contando

tan ben seguro que o leite xa está preparado! E ti? Estás lista/o?

o Como vexo que estás moi concentrado/a xa podes engadir no centro unhas

gotiñas de colorante alimentario de 3 cores. Os que ti elixas! Cales son os teus

favoritos? Que difícil elección eh! Ten coidado que manchan moito...

o Están xa as tres cores? Imos contar... Xenial!!

o Agora imos coller un bastoncillo e mollalo en fairy (ou similar). Despois temos

que tocar co bastoncillo nas cores... Que pensas que pasará? Deixamos que

deixen voar a imaxinación, seguro que teñen ideas moi divertidas!

o Que pasou? As cores están quietas? Ou teñen ganas de bailar? E se non lle

tocamos por un ratiño? A ver, volvemos contar ata 10, cara adiante e cara

atrás! Que pasou?

TALLER

Page 2: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _ de forma divertida. Ímonos convertir en modelos fotogrÁficos. a actividade vai

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

o Volvémoslle tocar co bastoncillo? Que pasa agora? Pois si que están revoltosas

estas cores...

o De que escapan as cores? Que tiñas no bastoncillo? Por que escaparán? Para

que usamos o fairy na casa?

o Ao mellor o fairy quere limpar as cores pero son moi rápidas e escápanlle...

o Que che parece se agora debuxas o que experimentaches? Ao rematar recorda

poñer o nome para saber que o fixeches ti!! Ao mellor precisas axuda para

escribilo... só tes que pedila!

Page 3: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _ de forma divertida. Ímonos convertir en modelos fotogrÁficos. a actividade vai

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

“RATIÑO DE QUEIXO”

INGREDIENTES:

- GALLETA SALGADA, TIPO

CRACKER OU TORTIÑA DE

ARROZ.

- QUEIXIÑOS.

- ANACOS DE SALCHICHA COCIDA.

- ACEITUNAS NEGRAS.

- CENORIA OU PORRO.

ELABORACIÓN:

1. COLLEMOS UNHA GALLETA SALGADA OU TORTIÑA DE ARROZ E

POÑÉMOSLLE ENCIMA UN QUEIXIÑO.

2. CORTAMOS ANACOS DE SALCHICHA COCIDA PARA FACER AS ORELLAS E

COLOCÁMOSLLAS.

3. POÑÉMOSLLE O NARIZ E OS OLLOS CON ANACOS DE ACEITUNA NEGRA.

4. FACEMOS O RABO DO RATO CUNHA TIRA DE CENORIA OU DE PORRO. PODE

SERVIR CALQUERA OUTRO INGREDENTE QUE HAXA POLA CASA.

5. COMEMOS O DELICIOSO RATIÑO DE QUEIXO!

COCIÑA

Page 4: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _ de forma divertida. Ímonos convertir en modelos fotogrÁficos. a actividade vai

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

EXPERIMENTO: FACER TINTA INVISIBLE Se queres escribir unha mensaxe oculta ou debuxar un mapa dun tesouro, necesitas tinta invisible!!

Para saber como conseguila, segue estas indicacións:

MATERIAIS:

• Táboa de cortar

• Papel branco

• Cunca pequena

• Coitelo

• Limón

• Bastonciño de algodón

• Manopla

• Un forno

PROCEDEMENTO:

CIENCIA

Page 5: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _ de forma divertida. Ímonos convertir en modelos fotogrÁficos. a actividade vai

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

Page 6: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _ de forma divertida. Ímonos convertir en modelos fotogrÁficos. a actividade vai

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

ARTE ARTE

ESTA SEMANA IMOS SEGUIR TRABALLANDO “ARTE” DE FORMA DIVERTIDA. ÍMONOS CONVERTIR EN

MODELOS FOTOGRÁFICOS.

A ACTIVIDADE VAI CONSISTIR EN INTENTAR RECREAR ALGÚN CADRO FAMOSO DOS QUE VOS PROPOÑO A

CONTINUACIÓN.

PODEMOS UTILIZAR O NOSO PROPIO CORPO, OBXECTOS QUE TEÑAMOS NA CASA, MATERIAIS QUE

FAGAMOS NÓS. PODEN TAMÉN APARECER OS NOSOS IRMÁNS, MASCOTAS…

DESPÓIS SACADES UNHA FOTO E MANDÁDESMA, PORQUE CON TODAS ELAS IMOS ELABORAR UN VÍDEO

PARA QUE VOS VEXADES.

VEÑAAA, IMOS POÑERNOS MANS Á OBRA!!!

LA GIOCONDA DE DA VINCI EL GRITO DE MUNCH LA LECHERA DE VERMEER LA PRIMAVERA DE ARCIMBOLDO

LA JOVEN DE LA PERLA DE VERMEER

MUCHACHA EN LA VENTANA

DE DALÍ EL GRECO DE VELÁZQUEZ RETRATO DE FRIDA KHALO

LA DAMA DEL ARMIÑO SOMBRERO DE PAPEL

AMARILLO DE RUDOLF

HAUSEN

NIÑOS COMIENDO UVAS Y

MELÓN DE MURILLO EL SUEÑO DE PICASSO

Page 7: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _ de forma divertida. Ímonos convertir en modelos fotogrÁficos. a actividade vai

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

ARTE

LA MOLENDERA DE RIVERA MUJERES DE TAHITÍ DE GAUGUÍN

MUJERES EN LA VENTANA

DE MURILLO

BACO ENFERMO DE CARAVAGGIO

Page 8: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _ de forma divertida. Ímonos convertir en modelos fotogrÁficos. a actividade vai

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

COMO PREPARARNOS ANTES DE CADA SESIÓN

1. Necesitamos roupa cómoda que nos permita movernos correctamente (chándal, mallas,

pantalón curto, camiseta, …).

2. Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten

que ser cómodo e espazoso.

3. Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos.

4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre coa supervisión dun

adulto.

5. Colocamos unha esterilla ou alfombra, senón temos non pasa nada, facémolo sen ela.

6. Temos que utilizar calcetíns ou calzado que eviten escorregar no chan.

7. Antes de comezar o exercicio, temos que quentar as articulacións para non lesionarnos,

polo que movemos lentamente e de forma circular os nocellos, xeonllos, cóbados, bonecas,

brazos, cadeira e pescozo durante uns minutos.

O EXERCICIO DA SEMANA

8. Antes de realizar o exercicio, hai que adiviñalo: “A cobra”.

Repto

silenciosamente

e aparezo

de repente.

Quen son?.

9. Podemos ver como se fai neste vídeo tan ilustrativo:

https://www.youtube.com/watch?v=LcsFcwgaMmA

10. Procedemos a facer a postura da “Cobra”. Esta postura consiste en imitar a unha cobra

levantando a cabeza e vainos servir para darnos máis mobilidade na columna vertebral e

fortalecer a parte baixa das costas, ademais de axudarnos a relaxar as cervicais. Para facer

a postura temos que deitarnos boca abaixo ben estirados, colocamos as mans ao lado dos

ombros, prememos coas mans no chan e collemos aire coa boa. Levantamos a cabeza e

o peito e botamos o aire pola boca e entre os dentes, facendo o ruído da cobra.

Aguantamos 10 segundos e volvemos á postura inicial deitados boca abaixo.

11. Repetiremos esta postura cantas veces queiramos aguantando 10 segundos e

descansando en intervalos de 30 segundos mentres escoitamos a música relaxante.

Podemos alternar a postura desta semana coas aprendidas nas anteriores semanas “A

Montaña” e “O can”.

IOGA

Page 9: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _ de forma divertida. Ímonos convertir en modelos fotogrÁficos. a actividade vai

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

“VUELO POR EUROPA”

ADAPTACIÓN DO CONTO

BOS DÍAS NENOS E NENAS

PERMITÍDEME PRESENTARME. EU SON UNHA CEGOÑA

VIAXEIRA QUE NACEU EN VIMIANZO. AO MEU AVÓ

ENCANTÁBALLE VIAXAR, COÑECER MUNDO!

DÍA DE EUROPA

09 DE MAIO DE 2020

CONMEMORACIÓN

UN DÍA, O MEU AVÓ DÍXOME: “CEGOÑA, EU XA VOU VELLIÑO PARA

SEGUIR VIAXANDO POLO MUNDO. QUE CHE PARECE A IDEA DE SER

TI QUEN CONTINÚES ESA VIAXE?

A CEGOÑA DETÍVOSE A PENSAR, E DESPOIS DE MOITAS VOLTAS

DÍXOLLE AO AVÓ: AVÓ, VOU A EMPRENDER UN VOO POR EUROPA, E

A DESCUBRIR UN MONTÓN DE COUSAS QUE AO MEU REGRESO CHE

CONTARÉI! AO QUE O AVÓ RESPONDEU: BOA SORTE!

DITO E FEITO, A CEGOÑA PREPAROU A SÚA EQUIPAXE, ENCHEUSE

DE VALOR, E EMPREDEU UNHA LONGA VIAXE QUE A LEVARÍA A

DESCUBRIR UN MONTÓN DE PAÍSES.

Page 10: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _ de forma divertida. Ímonos convertir en modelos fotogrÁficos. a actividade vai

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

A CEGOÑA EMPREDEU A SÚA VIAXE,

VIAXOU SEN DESCANSO

OBSERVANDO CADA PAÍS, CADA

CIDADE, FALANDO COAS SÚAS

XENTES, DEGUSTANDO A SÚA

COMIDA, BAILANDO COAS SÚAS

CANCIÓNS... PASOUNO FENOMENAL!

DESPOIS DUN ANO, A CEGOÑA

REGRESOU A VIMIANZO PARA

CONTARLLE AO SEU AVÓ TODO O QUE

DESCUBRIRA, E DÍXOLLE O SEGUINTE:

AVÓ, O PRIMEIRO PAÍS QUE VISITEI FOI FRANCIA, E

ALÍ FIXEN GRANDES AMIGOS: O GATO CON BOTAS,

ASTÉRIX E OBÉLIX. PERO TAMÉN PROBEI OS

MELLORES QUEIXOS, E ATA CHEGUEI A ENTRAR NUN

MUSEO: O LOUVRE.

CANDO REMATEI A MIÑA VISITA A FRANCIA, DIRIXÍNME A

ITALIA, E ALÍ COMÍN UNS ESPAGUETIS E UNHA PIZZA QUE

ESTABA RIQUÍSIMA. PERO NON SÓ COMÍN, TAMÉN TIVEN

TEMPO PARA XOGAR CON PINOCHO, UNHA MARIONETA QUE

CONSTRUIU O CARPINTEIRO GEPPETO.

CONTINUEI COA MIÑA VIAXE E CHEGUEI A MALTA, E SABES

AVÓ? É O PAÍS MÁIS PEQUENO DA UNIÓN EUROPEA.

Page 11: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _ de forma divertida. Ímonos convertir en modelos fotogrÁficos. a actividade vai

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

E DESPOIS DE VER AS MONTAÑAS DE BULGARIA E O RÍO

DANUBIO DE ROMANÍA, CHEGUEI A UNHA ZONA ONDE

NON HABÍA MONTAÑAS NIN RÍOS, ERA UNHA ZONA CHA,

ESTABA EN HUNGRÍA, E NESTE LUGAR, HABÍA MOITOS

CABALOS DESFRUTANDO DA NATUREZA.

TRAS PASAR UNS DÍAS EN HUNGRÍA CUNHA FAMILIA QUE

ME ACOLLEU, INDIQUEILLES QUE TIÑA QUE CONTINUAR COA MIÑA VIAXE, E ASÍ

O FIXEN. EMPRENDÍN DE NOVO O VOO E

CHEGUEI A AUSTRIA, UN LUGAR ONDE ME

ENSINARON A ESQUIAR. ESQUIANDO SEN

PARAR, E COA VELOCIDADE DUN RAIO, CHEGUEI

A POLONIA, ONDE ESTÁ O ÚNICO DESERTO DE

EUROPA, QUE SE CHAMA BLEDOW.

CANDO DESCUBRÍN GRECIA, ATOPEIME UN HEROE,

ULISES, QUE TIÑA UN CABALO XIGANTE DE MADEIRA AO

QUE ME DEIXOU SUBIR. ENCANTÓUME AVÓ!

SEGUÍN VOANDO E CHEGUEI A UNHA ZONA ONDE HABÍA

MOITAS MONTAÑAS. UN VECIÑO DE POR ALÍ, DÍXOME

QUE ESTABA EN BULGARIA.

SEGUÍN VOANDO, E

DE TANTO ESFORZO,

ENTROUME A SEDE. VIN UN RÍO MOI GRANDE

E BAIXEI BEBER UN POUCO, ESTABA EN

ROMANÍA ME DIXO UNHA AMABLE SEÑORA, E

ESE RÍO, ERA O DANUBIO.

Page 12: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _ de forma divertida. Ímonos convertir en modelos fotogrÁficos. a actividade vai

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

PERO UNHA DAS MELLORES COUSAS ESTABA

AÍNDA POR DESCUBRIR, PORQUE AO CHEGAR A

DINAMARCA COÑECÍN A HANS CHRISTIAN

ANDERSEN, O AUTOR DE MOITOS DOS NOSOS

CONTOS AVÓ: O PARRULIÑO FEO, A SEREÍÑA,

A RAÍÑA DAS

NEVES...

ALEMAÑA, É O PAÍS DE EUROPA ONDE HAI MÁIS

PERSOAS VIVINDO AVÓ, E AQUÍ TAMÉN COÑECÍN AOS

IRMÁNS GRIMM, QUE ESCRIBIRON DOUS CONTOS

QUE A MIN ME GUSTAN MOITO: CARAPUCHIÑA

VERMELLA E HANSEL E GRETEL.

REINO UNIDO É O PAÍS QUE INVENTOU O

FÚTBOL, PORTUGAL É COÑECIDO POLOS SEUS

VIÑOS, E XA DE VOLTA PAREI EN ESPAÑA, ONDE

VISITEI A PORTA

DO SOL E O MUSEO DO PRADO, COMÍN TORTILLA E

PAELLA, E XA COA

BARRIGA CHEA DINME

UN BAÑO NO RÍO MIÑO

ANTES DE

VOLVER A

ATERRIZAR

EN VIMIANZO.

Page 13: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _ de forma divertida. Ímonos convertir en modelos fotogrÁficos. a actividade vai

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

ACTIVIDADES

1. CREA A TUA PROPIA BANDEIRA DA UNIÓN EUROPEA. PARA ISO, COLOREA DE

AZUL O CADRADO QUE SE RECOLLE ABAIXO, E DE SEGUIDO COLOREA AS

ESTRELAS DE AMARELO.

AVÓ, A UNIÓN EUROPEA É UNHA GRAN

FAMILIA QUE SE QUERE MOITO, E POR ISO

TODOS OS PAÍSES TEÑEN UNHA BANDEIRA E

UNHA MOEDA QUE OS REPRESENTA.

AÍNDA ME QUEDAN

MOITOS PAÍSES POR

VISITAR EN EUROPA AVÓ, PERO CREO QUE OS VOU A

DEIXAR PARA OUTRO MOMENTO, VOU A DESCANSAR UN

ANAQUIÑO, E A SEGUIR SOÑANDO CON TODOS ESES

LUGARES MARABILLOSOS QUE DESCUBRÍN.

Page 14: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _ de forma divertida. Ímonos convertir en modelos fotogrÁficos. a actividade vai

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

2. CADA PAÍS, COMO SE RECOLLE NO CONTO, TEN UNS ELEMENTOS QUE O

DEFINEN. UNE CADA FOTOGRAFÍA CO PAÍS QUE CORRESPONDA:

GRECIA

ROMANÍA

REINO UNIDO

ESPAÑA

AUSTRIA

POLONIA

FRANCIA

Page 15: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · la dama del armiÑo arte arte esta semana imos seguir traballando ^zd _ de forma divertida. Ímonos convertir en modelos fotogrÁficos. a actividade vai

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

3. CAL DAS COMIDAS QUE APARECEN NO CONTO CHE GUSTA MÁIS? DEBÚXAA

E ESCRIBE O SEU NOME

A COMIDA QUE MÁIS ME GUSTA É: