Espazo natural Brañas do Xallas
Transcript of Espazo natural Brañas do Xallas
![Page 1: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/1.jpg)
Brañas do Xallas
![Page 2: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/2.jpg)
Superficie: 333,6 haTipo de protección: LIC
Ocupa as brañas que se atopan na beira do encoro da Fervenza, no río Xallas, entre Orbellido e Brandomil: Brañas Brancas, Brañas de Brandomil e Brañas Grandes.É unha zona de terreos húmidos, que se anegan temporalmente nas beiras do Xallas e dos seus afluentes Vao da Aveeira e rego de Ponte Carreiro.
![Page 3: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/3.jpg)
Superficie: 333,6 ha
![Page 4: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/4.jpg)
CONCELLOS: Santa Comba e Zas.TIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).
![Page 5: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/5.jpg)
RÍO XALLASNace no Monte Castelo, drena as terras de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría e, despois de 64,5 km de percorrido, desemboca na enseada de Ézaro nun salto de 40 m de altura. É un río maino, cun discorrer sinuoso pola escasa pendente que ten na maior parte do seu curso, agás no tramo final no que se encaixa e salva fortes desniveis.
O Xallas na área protexida, no encoro da Fervenza.
![Page 6: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/6.jpg)
Ponte medieval sobre o Xallas en Brandomil, nas proximidades do espazo protexido.
![Page 7: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/7.jpg)
Encoro da Fervenza. É un dos máis extensos Galiza (1250 ha). Construído en 1966.
![Page 8: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/8.jpg)
Encoro da Fervenza no verán
![Page 9: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/9.jpg)
Encoro da Fervenza no verán
![Page 10: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/10.jpg)
Unha das pozas que se forma ao baixar as augas do encoro
![Page 11: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/11.jpg)
![Page 12: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/12.jpg)
Un dos regos das Brañas
![Page 13: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/13.jpg)
Rego de Porto Carreiro, un dos afluentes do Xallas que se xunta a el nas Brañas.
![Page 14: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/14.jpg)
Braña Grande
![Page 15: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/15.jpg)
As brañas no verán
![Page 16: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/16.jpg)
![Page 17: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/17.jpg)
Brañas de Brandomil na primavera
![Page 18: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/18.jpg)
Brañas de Brandomil no verán
![Page 19: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/19.jpg)
FLORANas marxes atópanse amieiras, salgueiros, freixos, sabugueiros e, máis lonxe da auga carballos. Nas brañas viven plantas adaptadas ao asolagamento temporal: xuncos, gramíneas, espadainas, rorelas, esfagnos, orquídeas, liño bravo, queirugas, xesta das brañas, toxos... algunhas en perigo de extinción como a leiteiriña das brañas (Euphorbia uliginosa), un endemismo galego-portugués de rara presenza en Galiza.
![Page 20: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/20.jpg)
Vexetación de ribeira
![Page 21: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/21.jpg)
Salgueiros, toxos e breixos
![Page 22: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/22.jpg)
Froitos de salgueiro (Salix caprea). O salgueiro é unha das árbores máis comúns dos lugares húmidos. Florecen en pés separadas a comezos da primavera e as súas sementes están dotadas de peliños para seren dispersadas polo vento.
![Page 23: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/23.jpg)
Salgueiro enano (Salix repens)
![Page 24: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/24.jpg)
Salgueiro enano
![Page 25: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/25.jpg)
Toxos e breixos
![Page 26: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/26.jpg)
Frundio (Myrica gale)
![Page 27: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/27.jpg)
Herba porqueira (Eupatorium cannabinum)
![Page 28: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/28.jpg)
Menta de lobo (Lycopus europaeus)
![Page 29: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/29.jpg)
Xunco (Juncus bulbosus)
![Page 30: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/30.jpg)
Froitos de Angelica pachycarpa
![Page 31: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/31.jpg)
FAUNAO máis representativo da fauna deste espazo son as aves, sobre todo paxaros (pimpín, escribentas, carrizos, pegas...), miñatos, lavancos... os anfibios (pintafontes, sapos, ras) e os insectos (libeliñas, cabalos do demo, bolboretas...).
Garza real (Ardea cinerea)
![Page 32: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/32.jpg)
Exemplar xuvenil de lavanco real (Anas platyrrhynchos), unha das aves máis abundantes dos encoros do Xallas.
![Page 33: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/33.jpg)
Lavandeira verdeal (Motacilla cinerea)
![Page 34: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/34.jpg)
Bolboreta (Cabera pusaria)
![Page 35: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/35.jpg)
Bolboreta (Chilo phragmitellus)
![Page 36: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/36.jpg)
Os insectos que máis chaman a atención nas brañas, pola súa vistosidade, son as libeliñas e gaiteiros).
Calopterix splendens
![Page 37: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/37.jpg)
Os cangrexos de río americanos (Procambarus clarkii ) son unha especie invasora moi abundante en todo o encoro de Xallas.
![Page 38: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/38.jpg)
Galerías dos cangrexos nas beiras das canles de auga
![Page 39: Espazo natural Brañas do Xallas](https://reader035.fdocuments.net/reader035/viewer/2022062218/58a5963f1a28abaf3e8b4fc9/html5/thumbnails/39.jpg)
MONTAXE E FOTOGRAFÍAS: Adela Leiro, Mon Daporta (xuño 2012)