A Conquista Do Espazo
-
Upload
endlcpiprogreso -
Category
Documents
-
view
590 -
download
5
Transcript of A Conquista Do Espazo
![Page 1: A Conquista Do Espazo](https://reader031.fdocuments.net/reader031/viewer/2022012402/5464c37faf79596e2d8b5c1a/html5/thumbnails/1.jpg)
A conquista do espacio
![Page 2: A Conquista Do Espazo](https://reader031.fdocuments.net/reader031/viewer/2022012402/5464c37faf79596e2d8b5c1a/html5/thumbnails/2.jpg)
Dende o principio da vida os seres humanos sentiron curiosidade polo ceo, o Sol,a Lúa, as estrelas...
Desta curiosidade nace a necesidade de viaxar polo espazo, de pisar a lúa e os planetas veciños e a ambición de conquistar o espazo.
Nesta presentación mostrámosvos dúas das máis famosas viaxes ao espazo....
![Page 3: A Conquista Do Espazo](https://reader031.fdocuments.net/reader031/viewer/2022012402/5464c37faf79596e2d8b5c1a/html5/thumbnails/3.jpg)
Seguramente algunha vez terás oído falar da historia da cadela Laika, o
primeiro ser vivo en viaxar ao espazo. Unha fazaña que foi precursora dos
posteriores voos tripulados por astronautas. Nestes días cúmprense 50
anos daquel día, asi que é un bo momento para recordar a historia da
cadeliña Laika.
![Page 4: A Conquista Do Espazo](https://reader031.fdocuments.net/reader031/viewer/2022012402/5464c37faf79596e2d8b5c1a/html5/thumbnails/4.jpg)
Un mes despois do lanzamento da primeira nave espacial (Sputnik), o máximo dirixente soviético, Nikita Jruschev, expresou o seu desexo de conmemorar o 40 aniversario da
Revolución de Outubro coa posta en órbita do primeiro foguete tripulado.
Aí aparece Laika, unha pequena cadela recrutada nas rúas de Moscú e que foi adestrada durante varios anos para viaxar ao descoñecido Laika fora seleccionada entre centenares de canes porque cumpría cos requisitos físicos, -menos de 6 quilos de peso e 35 centímetros de altura-, pero tamén pola súa resistencia.
Os científicos rusos pensaban que un can vagabundo afeito a loitar diariamente pola supervivencia soportaría mellor os adestramentos que un can de raza. Laika superou con
nota os mesmos exames e probas que logo se aplicarían aos humanos.
![Page 5: A Conquista Do Espazo](https://reader031.fdocuments.net/reader031/viewer/2022012402/5464c37faf79596e2d8b5c1a/html5/thumbnails/5.jpg)
O 3 de novembro de 1957 a axencia de noticias soviética emitiu un despacho no que comunicaba ao mundo que fora lanzada "unha segunda nave espacial" (o Sputnik-2), que transportaba "un colector hermético cun animal no seu interior".
Laika viaxou no interior dunha cabina provista dun arnés especial para combater os efectos da ingravidez, bebeu auga a través duns dispensadores e inxeriu alimentos en forma de xelatina
A cadela, cuxos signos vitais foron relativamente normais durante o ascenso e a entrada en órbita, e mesmo ladrou varias veces durante o seu periplo, unicamente sobreviviu durante 5
ou 7 horas, pero iso non se soubo ata 2002
![Page 6: A Conquista Do Espazo](https://reader031.fdocuments.net/reader031/viewer/2022012402/5464c37faf79596e2d8b5c1a/html5/thumbnails/6.jpg)
En todo caso, a cadela rusa converteuse nunha heroína para o mundo enteiro e o seu nome foi utilizado en innumerables ocasións para campañas publicitarias, novelas, cancións e mesmo unha rexión do planeta
Marte foi bautizada Laika.
![Page 7: A Conquista Do Espazo](https://reader031.fdocuments.net/reader031/viewer/2022012402/5464c37faf79596e2d8b5c1a/html5/thumbnails/7.jpg)
a viaxe á lúa
![Page 8: A Conquista Do Espazo](https://reader031.fdocuments.net/reader031/viewer/2022012402/5464c37faf79596e2d8b5c1a/html5/thumbnails/8.jpg)
A viaxe a Lúa foi sen dúbida
a máis extraordinaria
das viaxes realizadas polo
ser humano
![Page 9: A Conquista Do Espazo](https://reader031.fdocuments.net/reader031/viewer/2022012402/5464c37faf79596e2d8b5c1a/html5/thumbnails/9.jpg)
O 20 de Xullo de 1969 (fai 40 anos) unha nave espacial
dos Estados Unidos, chamada Apolo II chegou a superficie da Lúa despois de
4 días de viaxe.
![Page 10: A Conquista Do Espazo](https://reader031.fdocuments.net/reader031/viewer/2022012402/5464c37faf79596e2d8b5c1a/html5/thumbnails/10.jpg)
Nela viaxaban 3 astronautas
Neil Armstrong
Michael Collins
Edwin Aldrin
![Page 11: A Conquista Do Espazo](https://reader031.fdocuments.net/reader031/viewer/2022012402/5464c37faf79596e2d8b5c1a/html5/thumbnails/11.jpg)
O primeiro home que pisou a Lúa foi Armstrong, quen pronunciou unha frase que pasaría a historia.
“ Este é un pequeno paso para un home, e un gran salto para a humanidade”