BIBLIOTECA UNIVERSITARIA - usc.es · BIBLIOTECA UNIVERSITARIA ANEXO 3.1.1: RECURSOS DE INFORMACIÓN...

6
1 BIBLIOTECA UNIVERSITARIA ANEXO 3.1.1: RECURSOS DE INFORMACIÓN RECOMENDADOS NA ÁREA DE ECONOMÍA E EMPRESA Obras de referencia ou consulta: Ardán Galicia. Vigo : Consorcio de la Zona Franca Durlauf, S.N. & Blume, L.E. (2008). The new Palgrave dictionary of economics. Basingstoke : Palgrave Macmillan Galicia. Economía (2009). A Coruña : Hércules de Ediciones Roux, D. (2006). Los premios Nobel de economía : 1969-2005. Madrid : Akal. Palomo Zurdo, R. J. (Coord.) (2010). Enciclopedia de Economía, Finanzas y Negocios. Las Rozas (Madrid) : CISS. Perdices de Blas, L. (Coord.) (2009). Diccionario de Historia del pensamiento económico : economistas, escuelas y corrientes de pensamiento económico. Madrid : Ecobook. Santesmases Mestre, M. (1996). Términos de marketing : diccionario - base de datos. Madrid : Pirámide. Algunhas Revistas especializadas: o Nacionais: Cuadernos económicos de ICE. Madrid : Ministerio de Comercio y Turismo, 1973- . ISSN 0210-2633 Eco: revista de economía atlántica. [Santiago de Compostela]: Economía Atlántica, 1991- . ISSN 1130-8478 Economía Industrial. Madrid : Ministerio de Industria y Energía, Servicio de Publicaciones, 1966-. ISSN 0422-2784 Harvard-Deusto Business Review. Bilbao : Ediciones Deusto, 1980-. ISSN 0210-900X Papeles de Economía Española. Madrid : Confederación Española de Cajas de Ahorros, 1980-. ISSN 0210-9107 Revista Alimarket. Madrid : Publicaciones Alimarket, [1991]-. ISSN 1134-8151

Transcript of BIBLIOTECA UNIVERSITARIA - usc.es · BIBLIOTECA UNIVERSITARIA ANEXO 3.1.1: RECURSOS DE INFORMACIÓN...

1

BIBLIOTECA UNIVERSITARIA

ANEXO 3.1.1: RECURSOS DE INFORMACIÓN RECOMENDADOS NA ÁREA DE

ECONOMÍA E EMPRESA

Obras de referencia ou consulta:

Ardán Galicia. Vigo : Consorcio de la Zona Franca

Durlauf, S.N. & Blume, L.E. (2008). The new Palgrave dictionary of economics. Basingstoke : Palgrave Macmillan

Galicia. Economía (2009). A Coruña : Hércules de Ediciones

Roux, D. (2006). Los premios Nobel de economía : 1969-2005. Madrid : Akal.

Palomo Zurdo, R. J. (Coord.) (2010). Enciclopedia de Economía, Finanzas y Negocios. Las Rozas (Madrid) : CISS.

Perdices de Blas, L. (Coord.) (2009). Diccionario de Historia del pensamiento económico : economistas, escuelas y corrientes de pensamiento económico. Madrid : Ecobook.

Santesmases Mestre, M. (1996). Términos de marketing : diccionario - base de datos. Madrid : Pirámide.

Algunhas Revistas especializadas:

o Nacionais:

Cuadernos económicos de ICE. Madrid : Ministerio de Comercio y Turismo, 1973- . ISSN 0210-2633

Eco: revista de economía atlántica. [Santiago de Compostela]: Economía Atlántica, 1991- . ISSN 1130-8478

Economía Industrial. Madrid : Ministerio de Industria y Energía, Servicio de Publicaciones, 1966-. ISSN 0422-2784

Harvard-Deusto Business Review. Bilbao : Ediciones Deusto, 1980-. ISSN 0210-900X

Papeles de Economía Española. Madrid : Confederación Española de Cajas de Ahorros, 1980-. ISSN 0210-9107

Revista Alimarket. Madrid : Publicaciones Alimarket, [1991]-. ISSN 1134-8151

MÓDULO 3: BUSCA E AVALIACIÓN DA INFORMACIÓN

2

Revista Galega de Economía. Santiago de Compostela : Universidade, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, 1990-. ISSN 1132-2799

o Internacionais:

The Economist. London : Economist newspaper, 1843-. ISSN 0013-0613

Harvard business review. Boston : Graduate school of Business Administration, Harvard University, 1922-. ISSN 0017-8012

Problèmes économiques. Paris : La Documentation Française, 1948- . ISSN 0032-9304.

o Prensa económica:

Cinco Días. Madrid : DIESA, 1978-. ISSN 1699-3594

Expansión. Madrid : Area, 1986-. ISSN 1698-7136

Gaceta de los negocios. Madrid : SPESA, 1992-. ISSN 1134-3931

Bases de datos:

Business Source Premier (BSP): ofrece información das áreas de empresas,

economía, xestión, finanzas, contabilidade, negocios internacionais...

Deseñada especificamente para bibliotecas e escolas de Empresariais, esta base de

datos contén documentos extraídos de revistas, periódicos e informes, que en boa

parte están a texto completo.

Entre as revistas que inclúe atópanse as máis prestixiosas do mundo como

Harvard Business Review, Academy of Management Journal, Journal of Marketing

Research (JMR), etc. Algunhas delas, -máis de 200-, ofrecen o texto completo en

formato PDF, desde o ano 1965, ou desde o inicio da publicación.

O acceso á BSP é por subscrición polo que para poder consultala cómpre

empregar un ordenador da Biblioteca ou ben acceder co noso propio dispositivo a

través do SIR (podes consultar como facelo aquí).

Como sabemos, as buscas de información baséanse no uso de “descritores” ou

palabras chave preestablecidos polo propio recurso de información. Isto implica que o

usuario debe coñecer de antemán que descritor/es debe empregar á hora de facer

unha determinada busca. No caso de elixir o descritor adecuado (o mesmo elixido pola

base de datos cando llo asignou ao documento), o usuario obterá un resultado

pertinente. Neste sentido, a BSP ofrece axuda mediante unha listaxe de “descritores

suxeridos”, sempre que ao lanzar a busca teñamos escollida esta opción:

ANEXO 3.1.1: RECURSOS DE INFORMACIÓN QUE NON TE PODES PERDER

3

Unha vez obtidos os resultados, no caso de ser demasiados ou pouco

pertinentes, a BSP permite restrinxilos empregando filtros (columna da esquerda),

activando ou desactivando as opcións que nos interesen.

Cómpre destacar tamén a opción que ofrece a BSP para buscar por “Compañía

ou Entidade”, xa que permite coñecer a literatura existente sobre esa compañía, e

mesmo podemos obter o análise DAFO da entidade combinando a busca co descritor

“SWOT” (DAFO polas súas siglas en inglés) no campo “texto completo”.

MÓDULO 3: BUSCA E AVALIACIÓN DA INFORMACIÓN

4

SABI (Sistema de Análise de Balances Financeiros) : é unha base de datos con

información financeira de máis de 2.000.000 de empresas españolas e 500.000

empresas portuguesas.

Permite a creación e descarga de informes, realización de estatísticas e

comparativas de empresas ou grupos de empresas, ilustracións de balances, gráficas,

etc.

Trátase, polo tanto, dunha ferramenta imprescindible na análise financeira e

márketing estratéxico, que se caracteriza pola súa extensa cobertura, a

estandarización dos estados financeiros, a facilidade no manexo do software e pola

flexibilidade para a obtención e explotación da información.

Os datos actualízanse periodicamente e obtéñense de fontes oficiais como o

Rexistro Mercantil ou o BORME.

Para cada compañía pódense visualizar diversos gráficos que ilustran a evolución

da magnitude escollida en función do tempo. Por exemplo, ver como variaron nos

últimos 8 anos os ingresos de explotación en forma de gráfico de barras.

Ademais, cada empresa forma parte dun grupo por defecto segundo a súa

actividade e o sistema permite ilustrar gráficos comparativos de cada empresa

respecto ao seu grupo de referencia.

ANEXO 3.1.1: RECURSOS DE INFORMACIÓN QUE NON TE PODES PERDER

5

O sistema de busca permite empregar diversos conceptos, combinando á vez,

diferentes criterios. Os resultados pódense imprimir, gardar nun ficheiro, exportar en

diferentes formatos ou enviar por correo electrónico.

O acceso, ao igual que no caso da BSP, é por subscrición. Podes acceder a través

da web da Biblioteca, na sección de Recursos electrónicos, Bases de datos (están por

orde alfabética). Debes ter en conta que a BUSC só ten contratado o acceso á

información relativa ás empresas españolas (ás portuguesas non).

Westlaw: Trátase da base de datos máis completa que existe actualmente en

España no ámbito do dereito, incluíndo, entre outras cousas:

Información detallada das actividades e situación económico-financieira

de tódalas sociedades españolas. Subvencións, puxas e concursos.

Acceso a tódalas cotizacións bursátis do mercado continuo, novo

mercado e IBEX 35.

Lexislación do Estado dende 1930

Lexislación das Comunidades Autónomas dende o seu inicio

Algúns recursos destacados en acceso aberto

BASE (Bielefeld Academic Search Engine) http://www.base-search.net/

BASE é un dos buscadores máis potentes do mundo para o acceso aberto a

recursos web académicos. Recolle, normaliza , e indiza os datos en acceso aberto de

máis de 60 millóns de documentos, de máis de 3.000 fontes. Pode acceder os textos

completos de preto de 70% dos documentos indexados. O contido é continuamente

mellorado pola integración doutras fontes.

Aínda que é multidisciplinar, permite restrinxir as buscas á área da Economía de

xeito sinxelo, escollendo o número que lle corresponde na Clasificación Decimal

Universal1 (o número 33):

1 A CDU é a clasificación utilizada na meirande parte dos catálogos bibliográficos e bibliografías de España. Intenta

organizar todos os campos do coñecemento en dez clases principais, que á súa vez son dividas noutras dez, e estas novamente, en dez seccións. Polo tanto, hai 10 clases principais, 100 divisións e 1000 seccións.

MÓDULO 3: BUSCA E AVALIACIÓN DA INFORMACIÓN

6

Eumed (Enciclopedia y Biblioteca Virtual de las Ciencias Sociales, Económicas y

Jurídicas)

Neste sitio web pódese atopar gratis e accesible libremente, o texto completo

de dicionarios, libros, revistas, teses doutorais, cursos, vídeos e presentacións

multimedia sobre Economía, Dereito e outras Ciencias Sociais.

Esta web está elaborada por un equipo de investigación especializado no

estudo das consecuencias económicas e sociais de Internet. Promove o uso social e

educativo da rede e organizan congresos científicos internacionais a través da mesma.

Eurostat (Statistical Office of the European Communities)

É a oficina estatística da Comisión Europea, que produce datos sobre a Unión

Europea e promove a harmonización dos métodos estatísticos dos estados membros.

Dos dos seus papeis particularmente importantes son a produción de datos

macroeconómicos que apoian as decisións do Banco Central Europeo na súa política

monetaria para o euro, e os seus datos rexionais e clasificación (NUTS), que orientan as

políticas estruturais da Unión Europea.

En España, a principal fonte de datos estatísticos en acceso aberto é o Instituto

Nacional de Estatística (INE), cuxo equivalente en Galicia é o IGE.

RePEc (Research Papers in Economics)

É un esforzo de colaboración de centos de voluntarios, procedentes de 82

países, para mellorar a divulgación da investigación en Economía e ciencias afíns. O

corazón do proxecto é unha base de datos bibliográfica descentralizada, formada por

documentos de traballo, artigos de revistas, libros, capítulos de libros e compoñentes

de software.