ANA Mª. BALLESTEROS ÁLVAREZ Olesa de Monserrat,en ...DE BEADE Texto: Any Ballesteros Álvarez...
Transcript of ANA Mª. BALLESTEROS ÁLVAREZ Olesa de Monserrat,en ...DE BEADE Texto: Any Ballesteros Álvarez...
ANA Mª. BALLESTEROS ÁLVAREZ
Barcelona, 1971.
Licenciada en Belas Artes, especiali-
dade de escultura, é profesora de
secundária no Coléxio Escolápias de
Olesa de Monserrat, en Barcelona.
Realizou os cursos de doutoramento
centrando os seus traballos de inves-
tigación no estudo dos cruceiros.
Ten colaborado coa empresa Ceo
Aberto S.L. e co Concello de Sant
Andreu de la Barca creando ilustra-
cións para publicacións de diversa
índole (trípticos, catálogos, logoti-
pos...).
37~~
Arquitectura popular
ANÁLISE DO CALVARIODE BEADE
Texto: Any Ballesteros ÁlvarezIlustracións: Any Ballesteros Álvarez
“¡Ai se as pedras falasen!” dici-mos ás veces; e sen embargonunca deixaron de facelo. A súamuda linguaxe, a súa linguaxesecreta, a súa pétrea voz é per-cibida cando se desperta aalma durminte do home.
Moitos enclaves máxicos, rotas,bosques e pedras sagradasguardan esta máxica terra. Sonmoitos os monumentos reparti-dos polas súas catro provinciase que agachan na súa pétreasinboloxía coñecimentos secre-tos e claves dun saber esqueci-do difíceis de interpretar para amente do home moderno. Desde
sempre foi esta terra berce desaberes gnósticos e personaxesinsólitos, coñecedores das res-postas a moitos misterios davida e da morte.
Galiza herdou a sabiduría e oscoñecimentos secretos da tradi-ción antiga que os mestres can-teiros souberon plasmar nassúas obras, facendo dela un“Libro de Pedra” que encerraunha mensaxe trascendental.
A relixiosidade dos povos enxeral, e de Galiza en particularestá directamente relacionadacoa idea que se ten da morte e
“…Pero a pedra quedou, soá do mundorexa proa da nave,misterio dos principiosno que dormen as formascomo dorme a escura melodía na música calada do silencio”
…“Dende que hai homes na terra,
dende a acha dos temposas arias falan.”
Celso Emilio Ferreiro(“Longa noite de Pedra”)
o culto que se presta aos difun-tos. Galiza é un povo moi reli-xioso, carácter que lle ven daraza celta, capaz de dar vida aseres imaxinados.
Os nosos antepasados valéronsedas pedras para representar asúa arte, a súa relixión, as súascreencias ou a súa sabiduría. Amáis de empregadas con finsartísticos onde plasmar, pasadoo tempo, en pleno período romá-nico e gótico, o home seguíuempregando as pedras con finsculturais para transmitir simboli-camente o seu saber ao povo.Tamén a través dos cruceiros. En
38~
cada un dos seus escalóns, qui-zais xurdiron os ensoños máispoéticos da Idade Media.
A expansión dos cruceiros enGaliza, a partires do S. XVII,tivo como motor principal adevoción que este povo sentíapolos seus mortos queridos, easí como a xente pudente cons-truía mosteios, conventos, cape-las e igrexas para salvación dassúas almas, a xente modestalevantaba cruceiros. Esta é arazón pola que a súa expansiónse debeu á xente do campo,que os sitúa en cruces de cami-ños, seguindo a mitoloxía dospovos célticos que convirte asencrucilladas en enclaves sagra-dos pois “o camiño é unha nece-sidade de todos os tempos; maistamén é un perigo, e por elentra a morte e vaise a vida”.
Dos canteiros, mestres da pedra,artífeces destes cruceiros que hainas aldeas galegas, dinos o poe-ta Celso Emili Ferreiro:
“… Sodes a frol dos homes hon-rados,a tona dos que labouran por unxornale teñen as maus encallecidasnobremente.Caste de poetas,pequenos dioses constructoresEles son os que con os quintos ios alcamotes, Cantan, crean, constrúen, domana pedra…”.
E creada polo xenio populargalego e realizada polos can-
teiros foi a nova beleza barrocadestos monumentos, amantesdos ritmos libre e das fermosasproporcións.
Os cruceiros son ideas do povoplasmadas en pedra, pensa-mentos saturados de emocióncolectiva. Os mestres canteirosposúen a sabiduría dos séculos,que van en busca do divinopoder da creación. As artespopulares son fillas do xenioanónimo, e progresan lenta-mente por selección e cultivodas formas preferidas, como osfroitos da terra. Cada cruceirosae dunha soa mao, todos seasemellan e se diferencian, soniguais e distintos pero no con-xunto destos sinxelos monumen-tos reside un caudal extraordi-nario de arte.
Os cruceiros están fabricadosen roca granítica da millor cali-dade. A dureza do granito ponfreo á fantasía dos canteiros,por mestres que sexan, e de aía simpleza das súas creacións,porque a pedra impón a súanobreza aos ar tistas que alabran e obrígalles a frear osimpulsos que os invaden. Poriso, as súas interpretacións donatural son sempre merecedorasde pasar ás escolas de arte.
Os canteiros empregan as ima-xes da iconografía católica, oque lles reprime a súa potenciacreadora, por iso podemosobservar que nos Cristos, porexemplo, non esculpen o cuñoda súa personalidade, anque
esta moitas veces aparece nosdetalles que inventan. Pero can-do inician algún tema do seuagrado, improvisando libremen-te, interprétano sen prevencións.Entón a súa arte pode chegar aestadios superiores de harmo-nía. Calquera percibe como asimaxes máis características doscruceiros galegos, aquelas queforon concebidas con relativaliberdade, son xustamente asque máis se diferencian entre si,como saidas da mentalidadedun canteiro e non dunha esco-la rutinaria de canteiro.
No que se refire ao aspectomonumental dos cruceiros gale-gos, este non se debe a ningúncanon estabelecido, senón aoinstindo dos seus escultores, aoseu sentido da harmonía cons-tructiva.
Ainda quedan algúns canteiros-artistas e moitas “pedras” parainventar obras que perpetúen oprestixio do gremio, pero men-tres Galiza non recobre o senti-do da súa cultura e o triste con-cepto de utilidade material nondeixe de ser o único e decisivoregulador de vida, os canteirosiranse extinguindo pouco a pou-co até desaparecer como depo-sitarios da arte que tanta gloriaderon á recóndita Galiza.
Os cruceiros son símbolos con-tradictorios de amor e temor. Eé que os cruceiros galegos son“árbores de pedra”. Veñen demoi fondo e as raíces debaixoda terra que crea cousas belas.
39~
Ubicación: Ao lado dunhacapela situada nun cruce decamiños frente a igrexa parro-quial de Beade.
Orientación: Noreste.
Descripción: Catro escalónsde grandes dimenxións formanunha escalinata que nos condu-ce a este conxunto escultórico.Fórmano un cruceiro central querepresenta a crucifixión e a dorda Virxen María e dous laterais
coa imaxen escultórica do bone o mal ladrón.
Dada a complexidade do con-xunto, realízase a continuaciónunha análise detallada dos dife-rentes elementos deste relevanteCalvario.
Cruceiro central:
Catro escalóns condúcennos acinco gradas de cantería eunha base cúbica. O fuste,hexagonal, sostén un capitelque en cada un dos seus catrolados presenta o rostro e asalas dun anxo; a unión dasalas forman as esquinas docapitel.
A cruz, latina cuadrangular, sos-tén na parte frontal a imaxen deCristo crucificado. Sobre este,pódese recoñecer unha deterio-rada inscripción coa palabra“INRI”. A cabeza de Cristo, con unhacoroa de espiñas, está inclinada
Calvario de Beade.
Detalle do capitel.
E como peculiar manifestaciónartística do povo galego pode-mos vincular o aiquí explicadocoa análise máis detallada dosingular “Calvario de Beade”.
40~
cara a direita, e cae xunto coascostas cara diante.
O corpo aparece proporciona-do, e resalta o tratamento daanatomía do tronco (costelas eestomago moi marcados).
A crucifixión está representadaao xeito renacentista (tres cravose pé direito sobre o esquerdo).
No reverso da cruz, atopámo-nos coa representación da Vir-xen Dolorosa (ou das Angus-
tias). Apóiase sobre a cabezadun anxo e as súas maos estánen actitud orante. Un mantocúbrea de pés a cabeza, e o seurostro expresa sufrimento.
Ao igual que o Cristo, a súacabeza está inclinada cara adireita e adiante. Unha diferen-cia a destacar entre Mai e Filloé que mentres a Virxen foi escul-pida a partir da mesma pedraque a cruz, o Cristo foi engadi-do ao conxunto.
Detalle da Virxen Dolorosa
Detalle da unión das esculturas ácruz.
41~
O conxunto, incluindo as gra-das supera os 6 m.
As cruces que acompañan á deCristo son de menor tamaño epresentan o brazo horizontalinclinado.
Cruceiro do bon ladrón (direita):
Sobre unha base cúbica eléva-se un fuste circular que é coro-ado por un capitel ornamentadocon volutas, follas de acanto, eunha flor central en cada un dosseus lados.
A cruz ten os brazos cilíndricos,imitando o tronco dunha árbore.O “Bon Ladrón”, presenta osbrazos de tamaño despropor-cionado co resto do corpo, eatados á cruz mediante cordas.A cabeza, inclinada cara aesquerda, mira a Cristo conexpresión de súplica. O tóraxestá lixeiramente xirado, asícomo as pernas flexionadascara a esquerda. O tamaño des-te ladrón é maior que o do Cris-to e que o do “Mal ladrón”.
A súa altura é de 5,20m.
Detalle do mal ladrón.
Detalle do bon ladrón.
Cruceiro dol mal ladrón (esquerda):
Tanto a base como o fuste e ocapitel son de iguais caracterís-ticas que o anterior.
A cruz, inclinada cara a direita,sostén ao ladrón atado a estapolos pulsos e coa cabeza lade-ada cara a mesma dirección.
O rostro mostra unha expresiónindiferente, e a súa mirada estáperdida. O tronco e as pernasestán xirados cara a direita.
42~
O corpo aparece atado á cruzpolas maos, pernas e pés. Estosúltimos non se apoian sobre ofuste.
A figura carece de perna direi-ta, probabelmente debido a des-perfectos sufridos ao longo dotempo.
A súa altura é de 3,95m.
Material: Granito.
Cruceiro de Beade
Ubicación: Situado ao ladodireito do Calvario de Beade,cuberto por un tellado e conparedes que parecen ser restosdunha ermida ou igrexa.
Orientación: Noreste.
Descripción: Dúas gradas rec-tangulares dan paso a un fustecilíndrico que presenta un capi-tel decorado con follas e unanxo en cada unha das súascaras. Nas esquinas obsérvansevolutas.
Sobre o capitel, chama a aten-ción a ausencia de cruz, que ésustituida por releves con formasvegetais nos que se asenta a Vir-xen Dolorosa con Cristo nosseus brazos.
O tamaño de Cristo (Fillo) émenor que o que lle correspon-dería, característica habitual
43~
nos cruceiros galegos que tra-tan o tema da Virxen Dolorosa.Os brazos de Cristo son extre-madamente longos e nas súasmaos aprécianse as feridas dacrucifixión.
A súa altura é de 4m.
Material: Granito.
Observacións: Recentementerestaurado. Aprécianse restosde policromía no manto, no cor-po de Cristo, e nas follas docapitel.
Incluimos este cruceiro nesteapartado, despois de chegar áconclusión de que é comple-mentario ao Via Crucis, dadoque representa o descenso deCristo da Cruz. O final do sufri-mento do Via Crucis.
Neste poema, Cabanillas expli-ca como naceron os cruceirosen Finis-Terrae:
Cando a pedra durmida e aco-chadaDa terra-nai no agarimoso seoDesperta do seu sono milenarioE quer ser oración e pensamen-to,Frorece nun varal, estende osbrazos,E póndose de pé faise cruceiro.
BIBLIOGRAFIA:
Ferreiro Emilio, Celso . “Longa noite
de Pedra”
Ed. Xerais. Vigo 1992.
Lorenzo Sacco, Santiago. “Galicia
mágica: La herencia olvidada”
Ed. Martínez Roca. Barcelona 1991
Castelao, Alfonso. “As cruces de
pedra na Galiza”
Ed. Akal, S.A. 1990