Usos da auga na nosa cultura

Post on 25-Jun-2015

554 views 17 download

Transcript of Usos da auga na nosa cultura

A auga é un dos elementos da natureza, sen ela a vida sería imposible. En Galicia hai moita auga, e o home sempre tentou aproveitala.

A auga sacábase cun caldeiro atado a unha corda. (Roldana)A auga para os animais botábase nunha pía. As pías estaban feitas de pedra.

A xente ía tamén buscar auga ás fontes para beber e para usar na casa, e traíase nuns caldeiros chamados Senllas.

As senllas estaban feitas de madeira con láminas metálicas.

Nos ríos facíanse presas para aproveitar a auga de dúas maneiras:

-Para regadíos -Para muíños

Outro dos usos habituais da auga en Galicia é para facer funcionar os muíños.

Un muíño sirve para moer algo, o mais habitual son os cereais para obter fariña e facer o pan.

A xeografía galega favorece a existencia dos muíños debido á rede fluvial que hai, permitindo a utilización da forza da auga na transformación de materias primas.

Os muiños funcionan coa forza da auga. As pricipais partes do muiño son:1.Moega.2.Capa3.Pé4.Vara5.Pexadoiro6.Rodicio7.Pau do aliviadoiro8.Pau da porca9.Canle

A auga procedente da canle, bate contra o rodicio, que se pon en movemento. Este movemento transmítese a través do eixe á peza de moer.

O gran, colocado na moega, vai caendo no ollo da capa. A capa xira e esmiúza o gran contra o pé.

rodicio

brandeiro

A auga tamén se aproveitaba para regar os chamados “herbales”.

Os “herbales” son leiras nas que se facían regos, ou canles, principais dende a fonte ata as testas dos “herbales”.

Cada herbal tiña uns sitios no rego para poder coller auga da canle, que se chaman tornas ou torneiras.

Despois facíanse uns regos coa sacha para repartir auga por todo o herbal, chamadas freitas. Así conseguíase un reparto uniforme da auga polo herbal.

Nalgúns sitios turnaban a auga. Por exemplo : a un tocáballe as 10 da mañán e a outro as 10 da noite.

Noutros sitios o primeiro que chegaba poñía a auga para que regase a súa leira ou a finca, ata que chegase o seguinte e así continuamente.

Noutras ocasións esperaban a que chovera.

Antigamente non había auga encañada nas casas. Entonces para lavar a roupa, había que ir aos lavadoiros que estaban ao lado dos ríos, dos regatos ou das fontes que había en cada aldea.

 Había dous tipos de

lavadoiros : 

Comunitarios: e dicir

para utilizar toda a xente

do pobo.

Particulares: os que tiñan

lavadoiros na súa leira.

Tamén os ferreiros aproveitaban a forza da auga para mover as súas moas de afiar é os mazos, uns grandes martelos cos que podían traballar o ferro.

Son máquinas de madeira que funcionaban coa enerxía hidráulica. Estaban situados cerca dos ríos.

Os batáns serven para abatanar as teas, e dicir, golpealas.

Cando se quería que os panos ou mantas tiveran maior resistencia ou grosor, ao saír do tear levábanse aos batáns.

 

Funcionaban da seguinte maneira, a auga pasaba por una canle de madeira cara una roda que tiña una serie de palas ou culleres, coa forza da mesma producíase o movemento.

A máquina estaba suxeita por catro pés cravados na terra, e un bastidor do que colgaban dous mazos moi pesados de madeira, que ao caeren golpeaban os panos situados na cuba

Eran unha especie de pías ou lavadoiros feitos de pedra,onde a pelica ou peles de animais (vacas, cabalos, ovellas), se poñían a remollo en auga pura, é dicir, auga de río,para quitarlles o pelo que teñen

e despois poder curtilas.

A auga almacenábase nun canal no que había unha comporta que regulaba o volume da entrada, e no outro lado do canal unha reixa que filtraba a auga e dáballe paso cara unhas turbinas.

A forza da auga facía xirar as turbinas .

A turbina de menor tamaño xeraba corrente eléctrica, mentres a segunda, de maior tamaño,poñía en funcionamento por medio dunhas poleas os discos da serra de corte para a madeira.

O funcionamento básico destas fábrica da luz era o seguinte: a auga almacenábase nun depósito para que entrase con gran presión na turbina. Circulaba polo seu interior facendo xirar unhas pás conectadas a un alternador.

Así xerábase corrente eléctrica que ia parar a un transformador e que saía ao exterior polos cables do tendido eléctrico.

As fábricas da luz eran de titularidade privada e os poboados tiñan que pagar unha cota en función da cantidade de lámpadas.

Na época dos anos trinta e corenta, algunhas casas só tiñan unha ou dúas lámpadas para alumear e, malia todo, era un privilexio, pois a maioría das parroquias non dispoñían de luz eléctrica.

Traballo realizado polo alumnado de 6º C no curso2011/2012.

Mª Dolores AlmadaAilén Gisel EncinasCarlos Gómez TouriñánÉrica Iglesias AmadoNuria Martínez BrenllaSantiago Oreiro LandeiraMartín Pazos PastorizaPablo Pazos PazosRoberto Pena TaiboLeticia Pensado OteroManuel Pérez RomeroNerea Rodriguez ParedesPaula Sande CarrilEsteban Santos FerrolAdrián Suárez RecareyAna Sueiro MouraDaniel Trigo VieitoAndrea Vázquez FernándezAlberto Vázquez Tomé

Información e imaxes obtidas a través de enquisas a familiares e veciños así como en Internet.