I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a...

19
I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico- químicas da auga e relaciónaas coas súas funcións biolóxicas. (10/X/B) 2. Respecto ao citoplasma celular, explique que é un medio hipotónico e un medio hipertónico. ¿Cando se produce plasmólise e cando turxencia? Indique tres propiedades físico-químicas da auga e relacióneas coas súas funcións biolóxicas. (11/X/A) 3. Indique as formas en que se poden atopar os sales minerais nos seres vivos. Poña un exemplo indicando a súa función. Explique brevemente o significado dos seguintes termos: osmose, turxencia e plasmólise celular. (16/X/A) 1. Sinala verdadeiro ou falso: Os enlaces de hidróxeno son de tipo covalente (12/X/A) Os enlaces de van der Waals son de tipo covalente (10/X/A) Unha célula plasmolízase se se atopa nun medio hipertónico (10/X/A) As substancias hidrosolubles son as que conteñen grupos lipófilos (10/X/B) O enlace iónico é un tipo de enlace covalente (10/X/B) O Fe, Cu e Mn son oligoelementos(12/X/B) Na plasmólise as células perden auga e polo tanto deshidrátanse.(13/X/B) Nun medio hipertónico unha célula plasmolízase. (14/S/A) A plasmólise prodúcese cando unha célula se atopa nun medio hipertónico (15/S/B) II. GLÍCIDOS 1. Identifique a molécula que está representada na Figura 2. Se dúas desas moléculas se unen entre si, que tipo de composto se formará como resultado desta unión e a qué grupo de principios inmediatos pertence? Represente e nomee o enlace formado entre as dúas moléculas. Cite dous polímeros formados por unidades da devandita molécula e indique a súa función nos seres vivos. (12/X/B) 2. A qué tipo de biomoléculas pertencen os polisacáridos?. Por que unidades estruturais están formados?. Explica e representa o tipo de enlace que se establece entre ditas unidades. Cita tres polisacáridos de interese biolóxico e comenta brevemente a súa función. (13/X/A) 3. A que tipo de biomoléculas pertencen os polisacáridos? Por que unidades estruturais están formados? Indique, explique e represente o tipo de enlace que se establece entre ditas unidades. Cite tres polisacáridos de interese biolóxico e comente brevemente a súa función. (17/X/A) 4. Sinala verdadeiro ou falso: A sacarosa obtense por hidrólise do amidón (12/X/A) A glicosa e a celobiosa son monosacáridos(12/X/A) A frutosa e a sacarosa son disacáridos (11/X/B) A celulosa forma parte da parede celular animal (10/X/A) A reacción de Fehling utilízase para a identificación de azucres oxidantes. (13/X/A) A maltosa é un disacárido que se utiliza para fabricar cervexa (13/X/B) O glicóxeno ten unha función de reserva (14/X/B)

Transcript of I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a...

Page 1: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

I. BIOELEMENTOS E AUGA1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-

químicas da auga e relaciónaas coas súas funcións biolóxicas. (10/X/B)2. Respecto ao citoplasma celular, explique que é un medio hipotónico e un medio

hipertónico. ¿Cando se produce plasmólise e cando turxencia? Indique tres propiedadesfísico-químicas da auga e relacióneas coas súas funcións biolóxicas. (11/X/A)

3. Indique as formas en que se poden atopar os sales minerais nos seres vivos. Poña un exemplo indicando a súa función. Explique brevemente o significado dos seguintes termos: osmose, turxencia e plasmólise celular. (16/X/A)

1. Sinala verdadeiro ou falso:

Os enlaces de hidróxeno son de tipo covalente (12/X/A)

Os enlaces de van der Waals son de tipo covalente (10/X/A)

Unha célula plasmolízase se se atopa nun medio hipertónico (10/X/A)

As substancias hidrosolubles son as que conteñen grupos lipófilos (10/X/B)

O enlace iónico é un tipo de enlace covalente (10/X/B)

O Fe, Cu e Mn son oligoelementos(12/X/B)

Na plasmólise as células perden auga e polo tanto deshidrátanse.(13/X/B)

Nun medio hipertónico unha célula plasmolízase. (14/S/A)

A plasmólise prodúcese cando unha célula se atopa nun medio hipertónico (15/S/B)

II. GLÍCIDOS1. Identifique a molécula que está representada na Figura 2. Se dúas desas

moléculas se unen entre si, que tipo de composto se formará comoresultado desta unión e a qué grupo de principios inmediatos pertence?Represente e nomee o enlace formado entre as dúas moléculas. Citedous polímeros formados por unidades da devandita molécula e indiquea súa función nos seres vivos. (12/X/B)

2. A qué tipo de biomoléculas pertencen os polisacáridos?. Por que unidades estruturais están formados?. Explica e representa o tipo de enlace que se establece entre ditas unidades. Cita tres polisacáridos de interese biolóxico e comenta brevemente a súa función. (13/X/A)

3. A que tipo de biomoléculas pertencen os polisacáridos? Por que unidades estruturais están formados? Indique, explique e represente o tipo de enlace que se establece entreditas unidades. Cite tres polisacáridos de interese biolóxico e comente brevemente a súa función. (17/X/A)

4. Sinala verdadeiro ou falso:

A sacarosa obtense por hidrólise do amidón (12/X/A)

A glicosa e a celobiosa son monosacáridos(12/X/A)

A frutosa e a sacarosa son disacáridos (11/X/B)

A celulosa forma parte da parede celular animal (10/X/A)

A reacción de Fehling utilízase para a identificación de azucres oxidantes. (13/X/A)

A maltosa é un disacárido que se utiliza para fabricar cervexa (13/X/B)

O glicóxeno ten unha función de reserva (14/X/B)

Page 2: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

III. LÍPIDOS1. Explique brevemente o significado destes termos e indique as diferenzas entre eles:

ácido graxo saturado-ácido graxo insaturado, fosfolípido-graxa. Como forman os fosfolípidos unha bicapa en presenza de auga? Explique, mediante exemplos, as funciónsdoslípidos.(12/X/A)

2. Explique qué é un triacilglicérido e comente dúas das súas funcións biolóxicas. Represente a estrutura dun lípido bipolar e explique cómo se comportaría nunha disolución acuosa.(11/S/A)

3. Indica a qué tipo de lípido pertencen as seguintes macromoléculas, sinalando en cada casoas súas unidades estruturais básicas: a) fosfolípidos; b) ceras; c) carotenoides; d) triglicéridos. Que tipo de lípidos non poden formar por si micelas nun medio polar? Razoa aresposta. Cales son as funcións biolóxicas destes lípidos non formadores de micelas? (10/S/A)

4. Que diferenza hai entre un lípido saponificable e outro non saponificable? Describa brevemente a función biolóxica dos triacilglicéridos e indique que compostos se obteñen da súa hidrólise. (14/S/B)

5. Describa brevemente os seguintes termos: ácido graxo saturado, molécula anfipática, colesterol, fosfolípido. (15/X/B)

6. Explique brevemente a que se refiren estes termos: ácido graxo, triacilgliérido e fosfolípido. Explique por que osfosfolípidos son moléculas anfipáticas. Cite unha función biolóxica dos carotenoides e outra dos esteroides. (16/X/B)

7. Estableza a diferenza entre un ácido graxo saturado e insaturado. Explique a reacción de saponificación. Describa a estrutura molecular dun fosfolípido, nomeando o tipo de enlace que se establece entre os seus compoñentes. Explique a propiedade que permite aos fosfolípidos formar bicapas en medios acuosos. (16/S/A)

8. Sinala verdadeiro ou falso:

Os esteroides son lípidos saponificables (12/X/B)

As moléculas anfipáticas teñen unha parte polar e outra apolar (11/X/A)

Os ácidos graxos saturados presentan un ou máis dobres enlaces na súa cadea(12/S/B)

As graxas son ésteres de ácidos graxos con glicerina (14/X/A)

As moléculas anfipáticas teñen unha parte polar e outra apolar (14/S/A)

As ceras son ésteres de ácidos graxos e monoalcohois (15/X/B)

O colesterol transpórtase no sangue en lipoproteínas. (16/X/A)

IV. PROTEÍNAS1. Explique brevemente a fórmula xeral dun aminoácido. Represente e explique a

formación dun enlace peptídico. Como se denomina o composto obtido? Indique as diferenzas entre a estrutura secundaria en α-hélice e en lámina pregada das proteínas. (12/S/A)

2. Identifique a biomolécula que aparece na Figura 2 e indique as súascaracterísticas químicas. De que tipo de principios inmediatos formaparte? Se se enlazan dúas destas moléculas, que clase de molécularesultaría? Como se formaría o enlace e que nome recibe? (11/S/B)

3. Enumere e explique brevemente os diferentes niveis estruturais que pode presentar unha proteína e indique o tipo de enlaces que estabilizan cada un destes niveis. En quéconsiste a desnaturalización dunha proteína? (14/X/A)

4. Sinala verdadeiro ou falso:

A hemoglobina é unha proteína globular con estrutura cuaternaria (12/X/A)

Page 3: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

A solubilidade dunha proteína globular permanece inalterada cando esta se desnaturaliza (12/X/B)

Unha proteína rómpese cando se quenta por enriba de 100º C (11/S/A)

A desnaturalización das proteínas ten lugar cando rompen os enlaces peptídicos (10/X/A)

As proteínas son polímeros formados pola combinación de solo 20 α-aminoácidos (10/S/A)

As proteínas fórmanse pola unión de nucleótidos mediante enlaces peptídicos(12/X/B)

Ao unirse dous aminoácidos, fórmase unha proteína (11/X/A)

Os oligopéptidos teñen un número menor de aminoácidos que os polipéptidos (11/X/B)

A queratina é unha proteína abundante en uñas e pelo (10/X/A)

Todas as proteínas teñen estrutura cuaternaria (10/X/B)

O enlace peptídico é un enlace covalente (13/S/B)

Os oligopéptidos teñen un número menor de aminoácidos que os polipéptidos. (14/S/A)

O coláxeno é unha proteína con función estrutural (15/S/A)

A estrutura primaria dunha proteína é a súa secuencia de nucleótidos (15/S/A)

A insulina é unha proteína con función hormonal. (16/X/A)

Os aminoácidos únense mediante enlaces peptídicos para formar proteínas.(16/X/B)

Un composto anfipático é o que actúa como ácido e como base. (16/X/B)

Un composto anfipático é o que actuará como ácido e como base (16/S/A)

V. ÁCIDOS NUCLEICOS1. Cal é a estrutura química dun nucleósido? E dun nucleótido? Que

tipos de nucleótidos coñece? Cite catro biomoléculas formadaspor nucleótidos e comente a súa función biolóxica. (12/S/B)

2. Identifica o tipo de macromolécula que aparecen na Figura 1.Indica cales son as súas unidades estruturais e describe o tipo deenlace que as mantén unidas. Explique a función destamacromolécula nos seres vivos. (10/S/B)

3. Identifique o tipo de molécula que aparece naFigura 1 .Sinalecales son as súas unidades estruturais e indique e describa otipode enlace que as mantén unidas.Explique afunción destamacromolécula nos seres vivos. (14/S/A)

4. Identifique o tipo de molécula que aparece na Figura 2. Sinalecáles son as súas unidades estruturais, indique e describa o tipo de enlace que as mantén unidas. En que compartimentos dunha célula eucariota se localiza a macromolécula representada na figura e que función desenvolve? (15/S/B)

3. Sinala verdadeiro ou falso: O ARN ribosómico utilízase como molde na síntese de proteínas (11/S/A)

Un nucleótido está formado por un azucre de 5 carbonos, un grupo fosfato e unha base hidroxenada (11/S/A)

Os ácidos nucleicos resultan da polimerización de monómeros complexos denominados nucleótidos (11/S/B)

A cromatina consiste en ARNm e proteínas (10/X/B)

En canto á súa estrutura, o ATP é un nucleósido (10/S/A)

A cromatina está formada por ADN e histonas. (13/X/B)

Page 4: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

A cromatina consiste en ARNm e proteínas. (13/S/A)

A adenina e a guanina son bases pirimidínicas (14/X/A)

A adenina e guanina son bases púricas. (14/S/B)

As bases púricas son a adenina e a citosina (15/X/A)

O ADN de procariotas contén intróns (15/X/A)

Os ácidos nucleicos e algunhas coenzimas están formados por nucleótidos (15/S/B)

As cadeas de ADN son paralelas e complementarias (15/S/B)

VI. ESTRUTURA CELULAR1. En relación á Figura 1, que representa o debuxo?. En qué tipo de célula se

atopa? Indique o nome e función das estruturas sinaladas do1 ao 6.(12/X/A)

2. Cite os orgánulos e estruturas que son exclusivas das célulaseucarióticas vexetais e comente as súas funcións máis importantes.(12/X/B)

3. Explique a estrutura da membrana plasmática segundo o modelo do mosaico de fluído. Estableza as diferenzas entre o transporte activo e o transporte pasivo a través das membranas e indique o tipo de moléculas que utilizan estes mecanismos para atravesalas. (11/X/A)

4. Realice un esquema dun cloroplasto observado ao microscopio electrónico, e sinale as súas compoñentes estruturais. Indique que procesos metabólicos teñen lugar no seu interior e en que parte do cloroplasto se realizan. (12/S/B)

5. Debuxe un cromosoma metafásico e indique as súas diferentes partes mediante frechas. ¿Que relación existe entre nucleosoma, cromatina e cromosoma? ¿É idéntico o material xenético dos cromosomas homólogos? ¿E o das cromátidas irmás? Razoa a túaresposta. (11/X/B)

6. Identifique o orgánulo que aparece representado na Figura 1. Realice undebuxo e sinale os seus compoñentes estruturais. Indique qué procesosmetabólicos teñen lugar no seu interior e en qué parte do mesmo serealizan. (11/S/A)

7. Debuxa unha mitocondria vista ao microscopio electrónico, e ponlle nome aos seus compoñentes estruturais. Indica qué procesos metabólicos teñen lugar no seu interior een qué parte da mitocondria se realizan. (10/X/B)

8. No interior celular pódense atopar os seguintes orgánulos: núcleo, ribosomas, aparato de Golgi, retículo endoplásmico liso, lisosomas, cloroplastos e mitocondrias. Indica a función principal de cada un dos orgánulos citados. Cales deles poderían estar presentes nas células procariotas? Cales deles conteñen ácidos nucleicos? (10/S/A)

9. Explica a estrutura da membrana plasmática, sinalando os seus compoñentes químicose indicando as propiedades que lle confiren á membrana cada un deles. Cómo se denomina o modelo que explica esta estrutura?. Coméntao brevemente. (13/X/B)

10.Identifica a estrutura representada na figura e indica a súa funciónbiolóxica. Realiza un debuxo e sinala 5 compoñentes na devanditaestrutura. Todas as células presentan esta estrutura?. Razoa a resposta.(13/X/B)

11.Identifica o orgánulo que aparece representado na figura. Realiza undebuxo e sinala 5 compoñentes estruturais. Indica qué procesosmetabólicos teñen lugar no seu interior e en qué parte del se realizan?.(13/S/A)

12.Identifica o tipo de célula representada na figura. Indica onome e función das estruturas numeradas do 1 ao 7. (13/S/B)

Page 5: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

13.Cite tres orgánulos delimitados por unha dobre membrana e tres por membrana simple,sinalando en cada caso a súa función correspondentes. (14/X/B)

14.Explique brevemente que é un ribosoma indicando a súa composición, estrutura e función. En que lugares se atopan os ribosomas? Que é un polisoma? (14/S/A)Identifique a estrutura representada na Figura 2 e indique a súa funciónbiolóxica. Todas as células presentan esta estrutura? Razoe a resposta(14/S/B)

15. No interior celular pódense atopar os seguintes orgánulos: núcleo, ribosomas, aparato de Golgi, retículo endoplásmico liso, lisosomas,cloroplastos e mitocondrias. Indique a función principal decada un dos orgánulos citados. ¿Cales deles secorresponderían cos orgánulos presentes na Figura 2?. (15/X/B)

16.Identifique o tipo de célula representada na Figura 1. Indique o nomee función das estruturas numeradas do 1 ao 7. (15/S/A)

17.Enumere e resuma os principios da teoría celular moderna. Indiquecatro diferenzas entre unha célula eucariótica e unha procariota.(15/S/B)

18.Indique as características do transporte activo e o transporte pasivo a través da membrana plasmática. En que se diferencian a difusión simple e a difusión facilitada? Ea endocitose e a fagocitose? (16/X/B)

19.Debuxe as estruturas dun cloroplasto e dunha mitocondria, sinalando 5 compoñentes en cada un deles. Describa brevemente cál é a función que desempeñan estes orgánulos no metabolismo celular. Poden atoparse ambos os dous orgánulos nunha mesma célula ou son incompatibles? Razoe a resposta. (16/S/A)

20.Sinale as diferenzas en estrutura, composición e función entre a membrana celular e a parede celular. (16/S/B)

21.En relación coa teoría cromosómica da herdanza, explique os seguintes conceptos: cromatina, cromátida, centrómero e cromosomas homólogos. (17/X/A)

22.Indicar as diferenzas entre cromatina e cromosomas. Explicar o cariotipo empregando os termos: haploide, diploide, cromosomas sexuais e homólogos. (17/S/B)

23.Sinala verdadeiro ou falso:

O transporte activo a través da membrana plasmática realízase a favor de gradiente (12/S/B)

Os ribosomas son orgánulos encargados de reparar o ADN(12/X/A)

Os fosfolípidos das membranas celulares atópanse formando micelas(12/X/A)

O nucléolo e a cromatina están no nucleoplasma(12/X/B)

Todas as células eucarióticas conteñen cloroplastos e mitocondrias(12/X/B)

Os peroxisomas almacenan encimas que interveñen na oxidación de substancias(12/X/B)

As células eucariotas vexetais carecen de mitocondrias (11/X/A)

As mitocondrias conteñen ADN e ARN (11/X/A)

Os cromosomas están formados por ARN e proteínas (11/X/A)

Os peroxisomas almacenan encimas que participan na oxidación de substancias (11/X/B)

A envoltura nuclear presenta poros (11/X/B)

Os cilios e os flaxelos diferéncianse basicamente na lonxitude (11/X/B)

A orixe das 2 unidades ribosomais é no nucléolo (11/S/A)

Os lisosomas son orgánulos onde se realiza a dixestión celular (11/S/A)

Os ribosomas son orgánulos sen membrana (11/S/B)

Page 6: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

Os microtúbulos son un tipo de estruturas do citoesqueleto (11/S/B)

As mitocondrias conteñen ADN e ARN (11/S/B)

O aparato de Golgi está formado por dictiosomas (10/X/B)

A teoría endosimbiótica refírese á orixe de cloroplastos e mitocondrias nas células eucariotas (10/X/B)

O retículo endoplasmático liso intervén na síntese de proteínas (10/S/A)

A heterocromatina son porcións de cromatina que se mantén desespiralizada, formandomasas densas no núcleo interfásico (10/S/B)

Por medio da endocitose penetran na célula partículas de pequeno tamaño (10/S/B)

As proteínas de secreción son sintetizadas nas vesículas do aparato de Golgi. (13/X/A)

A iluminación da mostra nun microscopio electrónico obtense grazas a un feixe de electróns. (13/X/A)

O retículo endoplasmático rugoso está implicado na obtención de enerxía. (13/X/A)

Os centríolos interveñen no proceso de mitose. (13/X/B)

O transporte pasivo acontece en contra de gradiente de concentración e require enerxía. (13/X/B)

A parede celular vexetal está formada por amidón e celulosa. (13/X/B)

Un dictiosoma é un grupo de sacos do complexo de Golgi. (13/S/A)

A parede celular vexetal contén amidón e celulosa (13/S/B)

O retículo endoplasmático rugoso intervén na síntese e secreción de proteínas (13/S/B)

O transporte activo a través da membrana plasmática realízase a favor de gradiente (13/S/B)

O nucléolo está formado por ADN, ARN e proteínas (14/X/A)

A composición da membrana plasmática é maioritariamente lipoproteica (14/X/B)

A envoltura nuclear presenta poros. (14/S/A)

Os cilios e os flaxelos diferéncianse na súa lonxitude. (14/S/B)

O cariotipo é o conxunto de cromosomas dun organismo (15/X/A)

Os ribosomas están formados por ARNr e proteínas (15/X/A)

A parede celular vexetal está formada por celulosa (15/X/B)

O transporte pasivo non require enerxía (15/X/B)

As mitocondrias conteñen ADN e ARN (15/S/A)

As cisternas do aparato de Golgi poden presentar ribosomas adheridos (15/S/B)

As cromátidas son cada unha das partes simétricas dun cromosoma metafásico. (16/X/A)

O centrómero é a rexión do cromosoma que mantén unidas as cromátidas irmás. (16/X/B)

No microscopio, o condensador amplifica a imaxe. (16/X/B)

A membrana plasmática é asimétrica (16/S/A)

A síntese de proteínas ten lugar no RE liso (16/S/B)

A orixe das dúas unidades ribosomais é o nucléolo (16/S/B)

O transporte activo é usado principalmente polos ións (16/S/B)

Un dictiosoma é un grupo de sacos do complexo de Golgi. (17/X/A)

Cilios e flaxelos presentan a mesma lonxitude. (17/X/A)

O cariotipo é o conxunto de alelos dun individuo. (17/X/A)

Os ribosomas son exclusivos das células animais (17/X/B)

Page 7: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

O transporte activo a través da membrana plasmática realízase a favor de gradiente (17/S/A)

A parede celular vexetal está formada por amidón e celulosa (17/S/A)

Todas as células eucariotas conteñen cloroplastos e mitocondrias (17/S/B)

O retículo endoplasmático rugoso e o aparato de Golgi participan na secreción de proteínas (17/S/B)

VII. CICLO CELULAR1. A meiose é un proceso que acontece na gametoxénese. En qué consiste a meiose e cál

é a súa finalidade?. Onde hai máis ADN,nun ovocito de 2º orde ou nun óvulo?. Nun espermatocito de 2º orde ou nun espermatozoide? Razoe as respostas. (12/X/A)

2. Explique a interfase e qué sucede en cada unha das fases en que se subdivide. ¿En quese diferenza a profase da mitose das profase I da meiose? Razoe a súa resposta. (11/X/B)

3. Con relación á teoría cromosómica da herdanza, explique o significado dos seguintes conceptos: xenes ligados, sobrecruzamento (entrecruzamento ou crossing-over), autosoma, cromátidas, centrómeros, cromosomas homólogos. (11/S/B)

4. Describe as fases da mitose. Indica en qué células ten lugar este tipo de reprodución celular e cal é o seu significado biolóxico. (13/S/B)

5. Explique o concepto de recombinación xenética. En que tipo de células se produce e en que etapa da división celular ten lugar? Cal e a súa importancia biolóxica? (15/X/B)

6. As células da Figura 2 están realizando un proceso celular. As imaxes non seguen a orde secuencial do proceso. De que proceso se trata? Estableza a orde das imaxes e indique o nome das distintas fases que identifique,explicándoas brevemente. Que significado biolóxicoten o proceso no seu conxunto? (16/S/B)

7. Sinala verdadeiro ou falso:

A duplicación do ADN ten lugar na interfase do ciclo celular(12/X/B)

A descondensación dos cromosomas prodúcese na telofase (10/X/A)

Durante a metafase da mitose prodúcese a separación das cromátidas (10/S/B)

Os oocitos de 1º orde son sempre células diploides (10/S/B)

Os oocitos de 1º orde son sempre células diploides (13/X/A)

Unha célula haploide pode sufrir meiose. (13/X/B)

Durante a anafase da mitose prodúcese a separación das cromátidas. (13/S/A)

A finalidade da meiose é formar células haploides a partir de células diploides para a

produción de gametos (13/S/B) Na meiose fórmanse 4 células fillas n a partir dunha célula nai 2n (14/X/A)

Os gametos participan na reprodución sexual (14/X/A)

Durante a anafase prodúcese a condensación da cromatina (14/X/B)

Na mitose prodúcese entrecruzamento e recombinación xenética (15/X/B)

Na meiose, a dotación cromosómica das células fillas é idéntica ás das células nai.

(16/X/A) Os gametos interveñen na reprodución asexual (16/S/B)

Durante a telofase ten lugar a descondensación dos cromosomas. (17/X/B)

A finalidade da meiose é formar células haploides (17/S/A)

A duplicación do ADN ten lugar na interfase do ciclo celular (17/S/B)

Page 8: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

VIII. XENÉTICA MENDELIANA1. O tamaño normal da planta de tomate débese a un xene N dominante sobre o anano. A

cor vermella do tomate depende dun factor R dominante sobre o amarelo. Crúzase unha planta de tomates vermellos e tamaño normal, con outra de tomates amarelos e de tamaño normal e obtéñense: 30 plantas normais de tomates amarelos, 30 plantas normais de tomates vermellos, 10 plantas ananas de tomates vermellos e 10 plantas de tomates amarelos pero ananas. Cales son os xenotipos das plantas que se cruzan? Eos da descendencia? Realice o cruzamento. (12/X/B)

2. Nun cruzamento entre unha cobaia negra e unha branca, todos os individuos da xeración F1 son negros. A xeración F2 está formada aproximadamente por 75% de cobaias negras e 25% de cobaias brancas. Fai un esquema do cruzamento indicando osxenotipos e fenotipos e as súas proporcións. Se se cruzan dúas cobaias brancas da F2, como serán fenotipicamente os seus descendentes? E se cruzas dúas cobaias negras da F2? (10/X/B)

3. O sistema AB0 dos grupos sanguíneos está controlado por tres alelos (A, B e 0) dun xene, sendo A e B codominantes e o 0 recesivo. Indica os xenotipos dos individuos dos grupos sanguíneos A, B, AB e O. Cales serán os grupos sanguíneos posibles dos descendentes dunha parella con xenotipos A0 e B0? Algún dos descendentes dunha parella cos grupos sanguíneos AB e 0 pode ser do grupo 0? Xustifica a resposta. (10/S/B)

4. As cores das flores dunha anxiosperma poden ser vermellas, rosas ou brancas. Sábese que este carácter está determinado por dous xenes codominantes: vermello (V) e branco (B). Realiza un esquema do cruzamento, indicando de qué cor serán as flores dos descendentes do cruce entre plantas de flores rosas e en qué proporcións se atoparán. (13/S/A)

5. Crúzase unha planta de chícharo dunha liña pura de sementes amarelas con outra, tamén dunha liña pura pero de sementes verdes, e todos os descendentes presentan sementes amarelas (F1). 1) Por qué na F1 non aparece un fenotipo intermedio dos pais?. 2) Indica os xenotipos parentais e os da F1. 3) No caso de que se cruzaran entre si individuos da F1, cómo serían xenotipicamente e fenotipicamente os descendentes (F2)? (14/X/B)

6. O sistema ABO dos grupos sanguíneos está controlado por tres alelos (A, B e O) dun xene, sendo A e B codominantes e O recesivo. Realice os seguintes cruzamentos e indique as proporciones fenotípicas que se espera na descendencia:

1) AAxAB, 2) AAxBO, 3) AAxAO, 4) AOxAO y 5) AOxAB (14/S/A)

7. Enuncie a 1ª lei de Mendel e desenvolva un exemplo da mesma, realizando o cruzamento e presentando os xenotipos efenotipos das liñas parentais e da F1. En que consiste o retrocruzamento ou cruzamento proba? (14/S/B)

8. A cor do pelo vermello é recesiva fronte á cor do pelo castaño e a cor dos ollos azuis é tamén recesiva respecto á cor dos ollos marróns. Un home de pelo castaño e ollos marróns e unha muller de pelo castaño e ollos azuis tiveron dous fillos: un de pelo castaño e ollos azuis e outro de pelo vermello e ollos marróns. Indica o xenotipo dos país e dos fillos. (15/X/A)

9. A ausencia de moas na especie humana débese a un xene dominante autosómico. Unha parella ambos sen moas, teñen unha filla con moas. Indica os xenotipos de todos os membros desta familia. Cal é a proporción de heterocigotos? Que probabilidade hai de que teñan outro descendente con moas? (16/X/A)

10.O daltonismo consiste na incapacidade de distinguir determinadas cores, especialmente o vermello e o verde, tratándose dun carácter recesivo ligado ao cromosoma X. Se unha muller non daltónica, cuxo padre era daltónico, ten fillos cun

Page 9: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

home non daltónico, indique: os xenotipos dos proxenitores e as proporcións xenotípicas e fenotípicas que cabe esperar na súa descendencia. (17/S/A)

11.Sinala verdadeiro ou falso:

O daltonismo é unha enfermidade hereditaria ligada ao cromosoma X(12/X/A)

A herdanza intermedia é sinónimo de codominancia (11/X/B)

O alelo dun xene é cada unha das alternativas que pode ter o devandito xene (10/S/B)

A hemofilia é unha enfermidade xenética ligada ao cromosoma Y. (13/X/A)

O locus é o lugar que ocupa un xene nun cromosoma. (14/S/B)

Na herdanza intermedia os dous alelos mostran os seus efectos fenotípicos.(17/X/A)

IX. ENZIMAS1. Cal é a natureza química das enzimas? Represente graficamente e explique a

relación entre a velocidade dunha reacción enzimática e a concentración de substrato. Que é o centro activo da enzima? Que é un inhibidor enzimático? (15/S/A)

2. Sinala verdadeiro ou falso:

Os encimas son proteínas que modifican a velocidade das reaccións nas que interveñen(12/X/B)

O substrato é a substancia transformada polo encima(12/S/B)

Os encimas aceleran as reaccións químicas reducindo a enerxía de activación (11/X/A)

O NADH2 e o FADH2 son coencimas oxidadas. (14/X/A)

Os enzimas aceleran as reaccións bioquímicas (15/X/A)

Un inhibidor diminúe ou anula a actividade enzimática (15/X/B)

O centro activo é o lugar do substrato onde se une o enzima. (16/X/B)O centro activo é o lugar do substrato onde se une o enzima.(16/X/B)

X. METABOLISMO1. Explique brevemente o concepto de fermentación e tipos desta. Que é un lévedo? Cite

dous procesos industriais nos que participe. (12/X/B)2. En relación ao catabolismo, responda as seguintes preguntas: Que entende por

glicólise? En que consiste a descarboxilaciónoxidativa do piruvato? Cal é a procedencia do acetil-CoA que ingresa no ciclo de Krebs? Que coencimas reducidos se forman no ciclo de Krebs? Cal é a finalidade da cadea respiratoria? (12/S/A)

3. Describe brevemente cómo se pode obter ácido láctico a partir de glicosa e qué rutas metabólicas implica?. Coñeces algún exemplo?. Qué microorganismos son capaces de levar a cabo este proceso e qué tipo de metabolismo exhiben? (13/X/B)

4. Indique a localización intracelular da glicólise. Con que molécula empeza e con cal remata? Que rutas metabólicas pode seguir o produto final da glicólise? Indique cales son os compostos iniciais e os produtos finais de cada unha destas rutas. (17/S/A)

5. Explique a diferenza entre respiración mitocondrial e fermentación. Identifique o proceso metabólico que corresponde á seguinte reacción global, e indique a súa localización a nivel celular. (17/S/B)Glicosa + 2 ADP + 2 Pi 2 etanol + 2 CO2 + 2 ATP

6. Sinala verdadeiro ou falso:

Na glicólise, dúas moléculas de ácido pirúvico dan lugar a unha de glicosa 6-P (12/X/B)

A β-oxidación dos ácidos graxos ten lugar nos cloroplastos(12/X/A)

Durante a glicólise obtense un composto de 3 átomos de carbono, o piruvato (11/S/A)

Page 10: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

Na glicólise, dúas moléculas de ácido pirúvico dan lugar a unha molécula de glicosa (11/S/B)

Na glicólise consómese O2 (10/X/B)

Durante a glicólise obtense un composto de 3 átomos de carbono, o piruvato (10/S/A)

A finalidade do ciclo de Krebs é formar transportadores electrónicos oxidados (10/S/A)

A fosforilación oxidativa é a síntese de ATP (10/S/B)

A glicólise só pode producirse en ambientes aeróbicos (10/S/B)

A fosforilación oxidativa é a síntese de NADPH2 (11/S/B)

As reaccións anabólicas son procesos de síntese. (13/X/A)

A gliconeoxénese é o proceso de degradación da glicosa. (13/X/A)

O ácido láctico obtense a partir da glicosa por fermentación. (13/X/B)

As reaccións anabólicas son reaccións de síntese. (13/S/A)

Nos procesos de oxidación gáñanse electróns e nos de redución pérdense (13/S/B)

O ciclo de Krebs ten lugar na matriz mitocondrial (14/X/B)

Na glicólise consómese osíxeno. (14/S/A)

Na glicólise, dúas moléculas de ácido pirúvico dan lugar a unha molécula de glicosa. (14/S/B)

A fosforilación é a síntese de NADPH2. (14/S/B)

A gliconeoxénese ten lugar nas células do músculo e do fígado (15/X/A)

A β-oxidación é o proceso de síntese de ácidos graxos (15/X/B)

A gliconeoxénese ten lugar nas células do músculo e do fígado (15/S/A)

As partículas F das cristas mitocondriais son complexos de ATP-sintetasas (15/S/B)

A fermentación láctica produce grandes cantidades de lactosa (15/S/B)

A β - oxidación é o proceso da síntese de ácidos graxos. (16/X/A)

A fermentación láctica prodúcese no músculo. (16/X/A)

Unha reacción anabólica é unha reacción de síntese (16/S/B)

O NADH e o ATP son produtos de reaccións de oxidorredución (16/S/B)

As reaccións anabólicas son reaccións de síntese.(17/X/A)

Nos procesos de oxidación gañanse electróns (17/S/A)

As reaccións anabólicas son reaccións de síntese (17/S/B)

XI. FOTOSÍNTESE1. Na fotosíntese: Indica o papel da auga, luz e CO2 . Explica o papel dos fotosistemas e

sinala a súa localización no orgánulo correspondente. Que produtos orixinados na fase luminosa son utilizados no ciclo de Calvin e con que fin? (10/X/A)

2. Que é un fotosistema? Cita os produtos finais da fase luminosa da fotosíntese e indica para qué se utilizarán posteriormente. En que parte da célula ten lugar a fase luminosa? Que é a fotólise da auga? (10/S/B)

3. Sinala de forma razoada as diferenzas entre os seguintes termos: autótrofo-heterótrofo,fase luminosa-fase escura, granas-lamelas, ATP-NADPH2. Ónde se atopan os pigmentos fotosintéticos e cál é a súa función? (14/X/A)

4. En relación ao esquema representado na Figura 1. De que proceso se trata? En que orgánulo se desenvolve? En que tipo de células? Considera que setrata dun proceso anabólico ou catabólico? Razoe a resposta. Indiqueo nome das dúas partes do proceso (A e B) indicando a localizaciónsubcelular onde se realiza e explicándoos brevemente. (15/X/A)

Page 11: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

5. Na fotosíntese: Indica o papel da auga, luz e CO2 .Explica o papel dos fotosistemas e sinala a súa localización no orgánulo correspondente. Que produtos orixinados na fase luminosa son utilizados no ciclo de Calvin e con que fin? (16/X/A)

1. Sinala verdadeiro ou falso:

O encima Rubisco cataliza a reacción de fixación do carbono inorgánico para formar un composto orgánico. (12/X/A)

A clorofila é o principal pigmento da fotosíntese (12/X/A)

O fotosistema I é o responsable da liberación de osíxeno na fotosíntese (12/X/A)

A fase escura da fotosíntese ten lugar na membrana tilacoidal(12/S/A)

A encima rubisco está no citosol (11/X/A)

O encima rubisco atópase en células eucariotas animais (11/X/B)

O ciclo de Calvin prodúcese no citosol da célula (11/S/B)

A rubisco é un enzima que pode actuar como carboxilasa ou como hidrolasa (10/S/A)

O ciclo de Calvin prodúcese no estroma do cloroplasto (10/S/B)

Na fotosíntese libérase O2 e prodúcese ADP. (14/X/A)

O ciclo de Calvin ten lugar no estroma do cloroplasto (14/X/A)

Na fotosíntese cáptase CO2 e libérase O2 (14/X/B)

O enzimarubisco encóntrase no citosol. (14/S/A)

O ciclo de Calvin ten lugar no citosol da célula. (14/S/B)

O estroma do cloroplasto contén as enzimas que interveñen no transporte electrónico (15/S/B)

A fase escura da fotosíntese realízase no estroma dos cloroplastos. (16/X/A)

A fase escura da fotosíntese ten lugar nas membranas tilacoidais. (16/X/B)

No estroma do cloroplasto prodúcese a síntese de sacarosa (16/S/A)

Na fotosíntese cáptase CO2 e libérase O2 (16/S/A)

Durante a fotorrespiración a rubisco capta O2 (16/S/B)

As algas son organismos eucariotas con nutrición autótrofa. (17/X/A)

O H2O actúa como axente redutor do P680 (17/X/A)

Na fotosíntese consómese glicosa e obtense O2 (17/X/B)

XII. XENÉTICA MOLECULAR1. Indique a que se refiren estes 5 termos: ARNt, codón, transcrición, tradución e lugar P.

(12/S/A)2. Acerca da Figura 1, indique, de qué proceso se trata e qué etapa do mesmo representa.

En que lugar da célula eucariótica se realizaeste proceso? Que son e que funcióndesempeñan os elementos sinalados cosnúmeros 1 ao 3? Indique o tipo de enlace quecaracteriza a molécula 4. Substitúa M e N poloseu correspondente extremo 3´ ou 5´.Substitúa as letras H, I, J, X e Z polas letras correctas e indique qué significan. (12/S/B)

3. ¿Como se replicaría unha molécula de ADN? ¿Onde ten lugar o devandito proceso? Indique os diferentes encimas implicados e a súa función no proceso da replicación. (11/X/A)

4. Explique brevemente en qué consisten os seguintes procesos e indique en qué lugar dacélula eucariótica teñen lugar: replicación, transcrición e tradución.(11/S/A)

Page 12: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

5. Explica brevemente o proceso de transcrición en eucariotas. En que consiste a maduración do ARN mensaxeiro? Dada a seguinte secuencia de ARN mensaxeiro maduro e utilizando a representación do código xenético adxunto na Figura 1, cal sería a cadea peptídica formada? Que acontecería se fosen eliminados os dous nucleótidos sinalados en negriña?5´-AUGUCCCAAGAUAGAAACGUAUCAAGUUAUAUUUGA-3’ (10/X/A)

6. En relación co proceso de replicación do ADN, indica de xeito breve, qué función desempeñan os seguintes enzimas: ADN polimerasa, helicasas, ligasas e topoisomerasas. Que son os fragmentos de Okazaki? (10/S/A)

7. A seguinte secuencia polinucleotídica corresponde a unha febra de ADN dun xene bacteriano:5´ATGCGAGGGGAAAATGCGTGTGTG3´Indica a secuencia das febras complementarias sinalando os extremos 5´e 3´. A partir da secuencia enunciada na pregunta, indica a secuencia de ARN que se xeraría sinalando os seus extremos 5´e 3´. Cómo se denomina este último proceso resultado do cal se obtén a molécula de ARN?. Explícao brevemente e indica os seus diferentes compoñentes. (13/X/A)

8. Explica dende o punto de vista molecular, o concepto de xene. Que son os intróns e exóns?. Qué quere dicir que o código xenético é dexenerado ou redundante?. Qué é un organismo transxénico?. (13/X/B)

9. Explique brevemente en qué consisten os seguintes procesos e indique en qué lugar dacélula se producen: replicación, transcrición e tradución. (14/X/A)

10.Indique que é unha mutación. Por que nalgúns casos a aparición dunha mutación puntual pode ser causa dunha enfermidade grave e outras veces non se expresa? Que diferenza hai entre mutación a nivel molecular e a nivel cromosómico?. Que papel ten amutación no proceso da evolución das especies? Razoe a resposta. (15/S/B)

11.Explique brevemente como se produce o fluxo de información xenética nun organismo. Diga en que consiste cada un dos procesos biolóxicos implicados neste fluxo, indicandoen qué parte da célula eucariótica se producen os devanditos procesos. (16/X/B)

12.Explique que se entende por código xenético. Que significan os termos codón e anticodón? Que son os codóns sen sentido ou de terminación? Describa as características do código xenético. (16/S/A)

13.Describa brevemente os seguintes conceptos: mutación, recombinación e segregación cromosómica. Explique a importancia destes procesos na evolución. (17/X/B)

14.Indique as diferenzas entre nucleósido e nucleótido. Describa o enlace que une dous nucleótidos. Indique que diferenzas existen entre os nucleótidos que forman o ADN e o ARN. Explique en que consiste a complementariedade de bases e dous feitos que xustifiquen a súa importancia biolóxica. (17/S/A)

15.Sinala verdadeiro ou falso:

Os encimas de restrición cortan a cadea de ADN por secuencias específicas de nucleósidos (12/X/A)

Os polirribosomas son varios ribosomas unidos a unha molécula de ARN mensaxeiro (12/X/B)

O ARN transferente leva a información codificada dende o núcleo a os ribosomas (12/X/B)

As mutacións xénicas afectan a un só xene (12/X/B)

O anticodón é un triplete de bases que forma parte do ARN transferente(12/X/A)

O promotor dun xene atópase localizado no extremo 3'(12/X/A)

O ADN de procariotas non posúe intróns (11/X/A)

O codón é un triplete de bases que se localiza no ARNm (11/X/B)

O código xenético é a relación de correspondencia entre as secuencias de nucleósidos e as secuencias de aminoácidos (11/X/B)

Page 13: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

O locus é o lugar que ocupa un xene no cromosoma (11/S/A)

Segundo o código xenético, cada aminoácido especifícase por un codón que consta de 3 nucleótidos (11/S/A)

Un transxene é a introdución de ADN estraño no xenoma (11/S/B)

O ADN de eucariotas non posúe intróns (11/S/B)

O anticodón é un triplete de bases que se localiza no ARNm (10/X/B)

As mutacións somáticas nunca se transmiten á descendencia, salvo nos vexetais (10/S/A)

A hibridación consiste na mestura de dúas moléculas diferentes de ARN (10/S/B)

A transcrición do ARN prodúcese no núcleo. (13/X/B)

As mutacións son negativas para o individuo, pero vantaxosas para a especie. (13/S/A)

As ARN polimerasas teñen unha dirección de síntese en sentido 5´ -> 3´ (14/X/B)

A maioría dos xenes que codifican proteínas en eucariotas non están fragmentados (14/X/B)

Un anticodón é un triplete de bases que se localiza no ARNm. (14/S/A)

O ADN de procariotas non posúe intróns. (14/S/A)

As topoisomerasas xiran a molécula de ADN evitando o superenrolamento. (14/S/B)

Os plásmidos utilízanse como vectores de clonación (15/X/A)

Unha mutación nunha célula somática non se transmite á descendencia (15/X/A)

Unha mutación nunha célula xerminal non se transmite á descendencia (15/X/B)

A síntese de ARNr ten lugar no citosol (15/X/B)

Algúns xenes teñen intróns, exóns e axóns (15/S/A)

O promotor dun xene atópase localizado no extremo 5' (15/S/A)

A técnica de PCR permite a amplificación do ADN (15/S/A)

Un transxénico posúe ADN estraño no seu xenoma (15/S/B)

O código xenético é un código de tripletes de aminoácidos (15/S/B)

A replicación do ADN é conservativa. (16/X/A)

A tradución do ARNm ten lugar no núcleo. (16/X/B)

Os tripletes de bases do ARNm chámanse codóns. (16/X/B)

A técnica de PCR permite a amplificación do ADN (16/S/A)

A síntese de ARNr ten lugar no citosol (16/S/A)

As topoisomerasas unen os fragmentos de ADN adxacentes (16/S/B)

As mutacións son negativas para o individuo, pero vantaxosas para a especie.(17/X/A)

As helicasas rompen os enlaces de hidróxeno entre as 2 cadeas de ADN. (17/X/B)

Os enzimas de restrición cortan a cadea do ADN por secuencias específicas de nucleósidos (17/X/B)

A replicación do ADN é semiconservativa. (17/X/B)

As mutacións son negativas tanto para o individuo coma para a especie (17/S/A)

A replicación do ADN é semiconservativa (17/S/A)

El anticodón é un triplete de bases que forma parte do ARN transferente (17/S/B)

A secuencia promotora dun xene localízase ó final do mesmo (17/S/B)

Page 14: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

XIII. MICROBIOLOXÍA1. Explique e represente mediante un debuxo o ciclo lítico dun bacteriófago. Sinale as

distintas etapas do ciclo e explique brevemente que acontece en cada unha delas. (12/S/B)

2. Indique a que se refiren estes cinco termos: bacteria Gram+, levadura, biotecnoloxía, fermentación, bacterias biodegradantes. (11/X/A)

3. En función da súa capacidade para tinguirse, como se clasifican as bacterias? A que se debe esa desigual capacidade? Describa as principais estruturas da célula bacteriana, axudándose dun debuxo. (11/S/B)

4. En relación coa SIDA, que virus a provoca e a que grupo pertence? Fai unha representación esquemática do ciclo vital deste virus. Como afecta ao sistema inmune?Como se transmite a enfermidade? (10/X/A)

5. Indica a qué se refiren estes termos: biotecnoloxía, enxeñaría xenética, plásmido, prión,fermentos. Que proceso metabólico se produce na elaboración da cervexa? (10/X/B)

6. Realiza un esquema para indicar a estrutura dun virus sinalando os seus compoñentes. Por que se consideran os virus parasitos intracelulares obrigados? Que é un retrovirus? Cita un exemplo. (10/S/B)

7. Representa mediante un debuxo o ciclo lisoxénico dun bacteriófago. Sinala as distintas etapas do ciclo e indica brevemente qué acontece en cada unha delas. (13/X/A)

8. Explique brevemente a qué se refiren estes cinco termos: bacteria Gram-, lévedo, retrovirus, plásmido, prión. (14/X/A)

9. Indique a que se refiren estes cinco termos: bacteria Gram +, enxeñería xenética, biotecnoloxía, plantas transxénicas, prión (14/S/A)

10. Que é un microorganismo? Cite un exemplo de relación beneficiosa e outro de relación prexudicial entre microorganismos e a especie humana. Que é a biotecnoloxía? Expoña un exemplo de aplicación biotecnolóxica. (15/X/B)

11.En relación coa SIDA nas células eucariotas, que tipo de virus a provoca e a que grupo pertence?. Faga unha representación esquemática do ciclo vital deste virus. Como afecta ao sistema inmune? Como se transmite a enfermidade? (15/S/B)

12.Identifique a qué grupo pertencen as imaxes que aparecen na Figura 2e indique dúas características importantes de cada grupo. Cite 2casos de enfermidades provocadas por cada grupo. Existe algunharelación entre un deles e a orixe de cloroplastos e mitocondrias?Razoe a resposta. (16/X/B/)

13.Identifique a que grupo pertence a imaxe que aparece na Figura 1. Realice un esquemapra indicar a súa estrutura sinalando os seus compoñentes e explíqueosbrevemente. Cite dous casos de enfermidades provocadas por este grupo.(16/S/A)

14.Explique en que consiste a fermentación. Cite dous tipos de fermentación de interese na produción de alimentos e indique o organismo responsable. (17/X/A)1/2

15.Cite 4 diferenzas funcionais o estruturais entre os virus e as bacterias. Explique qué é un antibiótico e qué tipo de microorganismo o produce. (17/X/B)

16.Describa un exemplo dun proceso industrial no que se utilicen lévedos e indique como se denomina o proceso metabólico e o balance global do proceso que ten lugar. (17/S/A)1/2

17.Expoña 4 características que permitan definir cada un dos seguintes tipos de microorganismos: algas, fungos, bacterias e protozoos. (17/S/B)1/2

18.Sinala verdadeiro ou falso:

As bacterias quimiosintéticas son organismos procariotas (12/X/A)

Os virus están formados por proteínas, ADN e ARN (12X/A)

As micorrizas son unha asociación simbiótica entre un fungo e a raíz dunha planta (12/X/A)

Page 15: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

A enfermidade da SIDA está causada por un retrovirus (12/X/B)

A encefalite bovina esponxiforme está producida por prións (12/X/B)

A cápsida é unha estrutura típica das células procariotas(12/S/A)

Os virus con ADN son sempre retrovirus (12/S/B)

Os virus son estruturas acelulares (11/X/B)

A parede das bacterias está formada por celulosa (11/S/A)

Os virus son organismos unicelulares eucarióticos (11/S/A)

En procariotas, o ARN atópase tanto no citoplasma coma no núcleo (11/S/B)

Os virus son células procariotas (10/X/A)

Os virus con ARN son sempre retrovirus (10/X/B)

Un bacteriófago é un virus que infecta bacterias (10/S/A)

Nas células procariotas os ácidos nucleicos atópanse no citoplasma (10/S/B)

A penicilina é un antibiótico producido por un fungo (11/X/A)

Os plásmidos son cromosomas bacterianos que se empregan en enxeñería xenética. (13/X/A)

A parede das bacterias está formada por celulosa (13/S/A)

Un retrovirus é un virus de ARN monocatenal que utiliza a transcriptasa inversa para sintetizar ADN (13/S/A)

Os virus están formados por proteínas, ARN e ADN (13/S/B)

As células procariotas non conteñen ribosomas (14/X/B)

A produción de iogur é un exemplo de fermentación láctica (14/X/B)

A penicilina é un antibiótico producido por un fungo. (14/S/B)

Os virus son organismos unicelulares eucariotas. (14/S/B)

Un fungo é un organismo eucariota fotosintético (15/X/A)

O nucleoide é a rexión onde se atopa o ADN nas bacterias (15/X/B)

O etanol da cervexa procede da glicosa da uva (15/S/A)

Os virus son estruturas acelulares (15/S/A)

Os plásmidos son porcións circulares de ADN que non forman parte do cromosoma bacteriano (15/S/A)

Os virus son parasitos intracelulares obrigados. (16/X/A)

O antibiótico penicilina é producido por unha bacteria. (16/X/A)

Os prións son microorganismos formados por proteínas e ARN. (16/X/B)

As células procariotas non conteñen ribosomas (16/S/A)

Un lévedo é un organismo pluricelular (16/S/B)

Un retrovirus é un virus de ARN monocatenal que utiliza a transcriptasa inversa pra sintetizar ADN. (17/X/A)

A cápsida é a cuberta dun virus. (17/X/A)

A cápsida é unha estrutura típica das células eucariotas.(17/X/B)

Os virus son células procariotas. (17/X/B)

Na fase de fixación o virus fíxase á superficie da célula a invadir (17/X/B)

Os virus son parasitos extracelulares obrigados (17/S/A)

Os prións son microorganismos (17/S/A)

Os virus están formados por proteínas, ARN e ADN (17/S/A)

As bacterias quimiosintéticas son organismos procariotas (17/S/A)

Durante o ciclo lítico prodúcese a lise celular (17/S/B)

Page 16: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

Os retrovirus conteñen ADN como material xenético (17/S/B)

Os protozoos son organismos unicelulares eucariotas (17/S/B)

XIV. INMUNOLOXÍA1. Cite tres características do sistema inmune. En qué consiste a inmunidade artificial?.

Cal é a diferenza entre inmunidade artificial activa e pasiva? (12/X/A)2. Explique qué son: linfocitos B, linfocitos T e macrófago e indique as súas funcións.

Estableza a diferenza entre inmunidade natural e artificial. (12/S/A)3. Indique a qué se refiren estes cinco termos: antíxeno, anticorpo ou inmunoglobulina,

inmunodeficiencia, linfocito e macrófagos. (11/X/B)4. Indique os principais órganos e tecidos linfoides no home, comentando brevemente a

súa función. Que é unha vacina? E un soro? Dende o punto de vista inmune, que diferenzas hai entre a vacinación e a administración de soro? (11/S/A)

5. Cita tres características do sistema inmune. Que é a inmunidade celular e a humoral? En que consiste a resposta inmune primaria e secundaria? Que é o sistema de complemento? (10/S/A)

6. Qué son os linfocitos? Enumera e explica os diferentes tipos de linfocitos que existen, indicando onde se producen, onde maduran e en qué tipo de resposta participan. Describe as características dunha reacción inflamatoria. (13/S/B)

7. Explique brevemente a qué se refiren estes cinco termos: vacina, soro, linfocitos B, inmunidade humoral, macrófagos (14/X/B)

8. Indique a que se refiren estes cinco termos: inmunidade celular, linfocito T, antíxeno, resposta inmune primaria, soro (14/S/B)

9. Que son os linfocitos? Enumere e explique os diferentes tipos de linfocitos que existen, indicando onde se producen, onde maduran e en qué tipo de resposta participan. Describa as características dunha reacción inflamatoria. (15/X/A)

10.Identifique a molécula que aparece na Figura 1.Cal é a súa naturezaquímica? Que tipo de células as producen? Cal é a súa función?. Indiqueas diferentes partes da devandita molécula. (16/X/A)

11.Que se coñece como resposta humoral e como resposta celular? Quecélulas do sistema inmunitario interveñen en cada unha delas? En que consisten as respostas primaria e secundaria? (16/S/B)

12.Explique o concepto de inmunidade activa e poña un exemplo de inmunidade artificial e natural. (17/X/A)1/2

13.Explique o concepto de antíxeno e anticorpo. Indique o tipo de células sanguíneas que se encargan da produción de anticorpos. (17/S/A)1/2

14.En relación á resposta inmunitaria, explique estes conceptos: macrófago, soro, vacina eantíxeno. (17/S/B)1/2

1. Sinala verdadeiro ou falso:

Os macrófagos son glóbulos brancos que sintetizan anticorpos ante a presenza dun antíxeno (12/X/A)

A vacina é unha forma de inmunidade artificial(12/X/B)

Os linfocitos T interveñen na inmunidade celular (11/X/A)

Os linfocitos T participan na inmunidade celular (10/X/A)

Os macrófagos son células devoradoras de fagos. (10/X/A)

As vacinas producen inmunidade artificial activa (10/X/A)

O interferón é unha proteína antiviral (10/X/B)

O interferón é unha proteína antivírica producida por células animais (10/S/A)

Os antíxenos únense aos anticorpos polas súas rexións hipervariables (10/S/A)

O virus VIH infecta aos glóbulos vermellos. (13/X/B)

Page 17: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

Os macrófagos son células devoradoras de fagos. (13/S/A)

O interferón é unha proteína antivírica producida por células animais (13/S/B)

Os anticorpos son glicoproteínas que son producidas polas células plasmáticas (13/S/B)

A inmunidade artificial activa consiste na administración de soros (14/X/A)

Os anticorpos son proteínas producidas por linfocitos B (14/X/A)

Os anticorpos son glicoproteínas producidos polos linfocitos B (14/X/B)

Os macrófagos son células que devoran fagos. (14/S/A)

As vacinas producen inmunidade artificial activa. (14/S/A)

As vacinas producen inmunidade artificial pasiva. (14/S/B)

A vacinación é un exemplo de inmunidade activa (15/X/A)

A soroterapia é un exemplo de inmunidade pasiva (15/X/B)

A SIDA é o nome que recibe o virus da inmunodeficiencia en humanos (15/S/B)

A parede das bacterias está formada por celulosa.(16/X/B)

Os linfocitos T interveñen na inmunidade celular (16/S/A)

A vacinación é un exemplo de inmunidade activa (16/S/A)

A inmunidade celular depende da activación dos linfocitos T (16/S/B)

Unha reacción alérxica é unha resposta adecuada do sistema inmunitario.(17/X/B)

O interferón é unha proteína antibacteriana (17/S/B)

XV. VARIOS1. En relación ás seguintes macromoléculas: dipéptido, ácido desoxirribonucleico e

disacárido. Indique en cada caso os compoñentes moleculares que os forman. Explique e represente o tipo de enlace que se establece entre os devandito compoñentes. (11/X/B)

2. Explique brevemente en que consisten as seguintes actividades e indique unha estrutura ou orgánuloeucarióticos onde poida producirse: glicólise, fosforilaciónoxidativa, ciclo de Calvin e ciclo de Krebs. (11/S/B)

3. Con relación á teoría cromosómica da herdanza, explique o significado dos seguintes conceptos: xenes ligados, sobrecruzamento (entrecruzamento ou crossing-over), autosoma, cromátidas, centrómeros, cromosomas homólogos. (11/S/B)

4. Representa a formula xeral dun aminoácido e indica qué tipo de enlace se forma entre dous aminoácidos. Que é un enzima? Cales son os principais factores que afectan á actividade enzimática? Razoa a resposta. Cita dúas propiedades dos enzimas polas quese poidan considerar como biocatalizadores. (10/X/A)

5. Relaciona as seguintes macromoléculas coa súa función biolóxica indicando en cada caso as súas unidades estruturais e onde se atopan en maior abundancia: Fosfolípidos, ácido desoxirribonucleico, glicóxeno e triglicéridos.

6. En relación coas seguintes macromoléculas: polipéptido, ácido ribonucleico e amidón. Sinale en cada caso os compoñentes moleculares que os forman. Indique, explique e represente o tipo de enlace que se establece entre os citados compoñentes. Tipos dos ácidos ribonucleicos e función dos mesmos. (15/X/A)

7. Indique a natureza química, a función e onde se atopan en maior abundancia as seguintes moléculas: frutosa, quitina, amidón, colesterol e ADN. (16/S/B)

8. Identifica os monómeros e distingue os enlaces químicos que permiten a síntese das macromoléculas: glícidos, lípidos, prótidos e ácidos nucleicos. (17/X/A)

9. Explique o significado de anabolismo e catabolismo. Describa brevemente os seguintes procesos e indique se son anabólicos ou catabólicos: glicólise, gliconeoxénese, ciclo de Calvin e ciclo de Krebs. (17/X/A)

Page 18: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

10.Relaciónanse a continuación 10 procesos metabólicos. Indique, para cada un deles, o orgánulo onde se realiza e, polo menos, un dos produtos que se obtén: 1.- fase luminosa da fotosíntese, 2.- β-oxidación; 3.- fermentación alcohólica; 4.- fosforilación oxidativa; 5.- glicólise; 6.- replicación; 7.- ciclo de Calvin; 8.- ciclo de Krebs; 9.- tradución; 10.- gliconeoxénese. (17/X/B)

11.Explique o significado dos seguintes termos: enlace O-glicosídico, enlace éster, enlace peptídico e enlace O-nucleosídico. Poña un exemplo de macromolécula que conteña dito enlace, identificando o tipo de monómero. (17/S/B)

En cada unha das seguintes preguntas agrupa os termos en grupos de por pola súa relación e constrúe unha rase con eles:

1) cromosoma, aminoácido, cloroplastos, síntese, gametos, xene, bacterias, ARN, sexual, teoría, locus, triplete, transcrición, reprodución,codón

2) coencima, linfocitos B, osíxeno, substancia, D-glicosa, NAD+, fotosíntese, isómeros, alerxia, proteínas, anticorpos, ATP, D-frutosa, hipersensible, nicotinamida

3) α-hélice, cromosoma X, cigoto, adenina, bacterias, proteínas, fecundación, hereditaria, púricas, cloroplastos, secundaria, hemofilia, teoría, guanina, gametos

4) replicación, cromátidas, linfocitos T, enerxía, membrana, anafase, glicocálix, medula, Na/K, mitose, plasmática, ADN, helicasas, timo, bomba

5) Isómeros, exclusivos, rubisco, prións, fórmula empírica, proteínas, normais, carboxilasa,inmunoglobulinas, compostos, células, patóxenas, defensa, osixenasa, centríolos.

6) Tampóns, lisosomas, ATP, animal, síntese, ribosomas, interferón, dictiosomas, fosforilaciónoxidativa, cloroplastos, Aparato de Golgi, sales minerais, proteína, pH, ADN

7) sexuais, ribosomas, bacterias, Okazaki, centro activo, colesterol, mitocondrias, ADN, fragmentos, substrato, virus, cadea retardada, encima, bacteriófago, hormonas

8) encima, fotosistemas, teoría, inmunoglobulinas, síntese, reacción, ATP, membranas, bacterias, defensa, tilacoidais, cloroplastos, proteínas, enerxía de activación, fosforilación oxidativa

9) cromosomas, proteínas, gradiente, enzima, NADPH, organismo, síntese, substrato, pasivo, fotosíntese, cariotipo, ribosomas,transporte, centro activo, ATP

10) Síntese, mitocondrias, NADPH, reprodución, membrana, anabólica, sexual, ciclo, plasmática, gametos, Krebs, oxidorredución, reacción, NADH, glicocálix

11) microscopio, protóns, fecundación, daltonismo, xenoma, locus, microtomo, diploides, gradiente, mostras, fotosíntese, cromosoma X, haploides, xenética, xene

12) ATP, substrato, ácido, recombinación, descendencia, fotorrespiración, somática, meiose, rubisco, KM, alcohol, entrecruzamento, mutación, velocidade, éster

13) Catión, mitótico, encima, uracilo, extracromosómicos, microtúbulos, ión, plásmidos, ribosa, substrato, ADN, centro, ARN, fuso, carga. (14/X/A)

14) Insulina, cuberta, vectores, función, ARN, plásmidos, cápsida, ADN, hialoplasma, clonación, citoesqueleto, polímeros, proteína, filamentos, virus. (14/X/B)

15) Láctico, meiose, obxectivo, redución, celulosa, microscopio, fermentación, transporte, músculo, enerxía, parede, pasivo, condensador, vexetal, cromosómica. (14/S/A)

16) Material, cariotipo, vectores, anión, reacción, retrovirus, anabólica, ARN, síntese, organismo, ión, clonación, cromosomas, carga, plásmidos. (14/S/B)

17) Insulina, glicólise, citocinese, mitocondria, penicilina, ácido pirúvico, ADN, proteína, glicosa, hormonal, ARN, antibiótico, citoplasma, células, fungo (15/X/A)

18) Fosfolípidos, transxénico, retículo endoplásmico rugoso, bacterias, xenoma, proteínas, colesterol, cromosomas, síntese, virus, anfipáticas, condensación, profase, bacteriófago, ADN (15/X/B)

19) xabóns, envoltura, oxidase, inmunodeficiencia, telómeros, catalase, material, telofase, sales, infeccións, ácidos graxos, rexións, cromosomas, organismo, peroxisoma. (15/S/A)

Page 19: I. BIOELEMENTOS E AUGA - edu.xunta.gal · I. BIOELEMENTOS E AUGA 1. Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e …

20) antibióticos, ácido graxo, interfase, centrómero, bacterias, brazos, proteína, mitose, xabón, fases, base, inmunoglobulina, cromosoma, antíxeno, enfermidades (15/S/B)

21) profase, microorganismo, alelos, enlaces, cromosomas, saturados, xene, ARN, ácidos graxos, envoltura, ADN, cadea, microscopio, transcrición, tamaño (16/X/A)

22) meiose, metafase, ácidos graxos, ARNm, quimiosíntese, xerminais, cromosomas, enlaces, núcleo, tradución, orgánica, haploides, insaturado, aminoácidos, inorgánicas. (16/X/B)

23) Carotenoides, mutación, anticorpos, enlaces, fotosistema, lípidos, descendencia, pigmentos, célula, linfocitos B, ADN, isoprenoides, humoral, helicasas, proteínas (16/S/A)

24) Parede, centro, cadea, polímero, fragmentos de Okazaki, molécula, substrato, ARN, anticorpo, celulosa, ribonucleótidos, linfocitos B, ADN, enzima, vexetal (16/S/B)

25) fungo, prións, codón, fotosíntese, célula, normais, penicilina, gradiente, virus, triplete, proteína, antibiótico, viva, aminoácido, protóns (17/X/A)

26) ciclo, biotecnoloxía, innata, molécula, transcrición, inmunidade, antíxeno, Krebs, síntese, mitocondria, técnicas, organismo, ARNm, individuo, seres vivos. (17/X/B)

27) división, ARN, lítico, cadea, interferón, lise, citoplasma, enzimas, retrovirus, célula, proteína, ADN, citocinese, xenético, antiviral. (17/S/A)

28) meiose, enfermidades, retrovirus, ser vivo, bacterias, redución, microtúbulos, microorganismo, antibióticos, fuso, cromosómica, ARN, microscopio, material, mitótico (17/S/B)