A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

44

Transcript of A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Page 1: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
Page 2: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Tanto a auga da na pedra que acaba por amolecela.

Non hai pedra por dura que sexa que non amoleza.

Page 3: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Galicia é un territorio moi antigo onde as rochas están moi presentes. A acción erosiva da chuvia ao longo dos tempos puxo ao descuberto unha gran cantidade de formacións rochosas que antes se atopaban debaixo da superficie e creou nelas unha gran variedade de formas que, nalgúns lugares, representan auténticos monumentos naturais.

Monte Pindo

Page 4: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

A peneda é dura e a auga é miúda,máis caíndo, caíndo, fai cavadura.

A pedra é dura e a pingueira miúda,

máis caíndo a cotío fai cavadura.

Page 5: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

As correntes de auga excavan profundos canóns ou cavorcos e forman pozas e pilancóns nas rochas do leito dos ríos.

Page 6: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Un cavorco ou barranqueira é val estreito e fondo escavado pola auga das doiras (regos temporais de augas revoltas)

Page 7: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

En ningún lugar se fai tan atractiva a auga como en combinación coa pedra. A pedra fai cantar a auga, a auga dalle forma á pedra, e xuntas danse voz e vida. Un murmurio que sempre nos atrae.

Page 8: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

A auga da chuvia, pouco a pouco forma na pedra pías, cacholas, penas furadas…

Page 9: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Fendas e fisuras producidas pola auga nun penedo granítico.

Page 10: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Desde tempos moi antigos a xente puxo ás pedras traballadas pola auga nomes propios ou asociados a crenzas, mitos e lendas.

O Xigante do Pindo

Page 11: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

NOMES DAS ROCHAS TRABALLADAS OU DESCUBERTAS POLA AUGA:Pena, penedo : pedra grande

Page 12: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

NOMES DAS ROCHAS TRABALLADAS OU DESCUBERTAS POLA AUGA:Laxe : pedra grande aplanada

Page 13: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

NOMES DAS ROCHAS TRABALLADAS OU DESCUBERTAS POLA AUGA:Con : rocha que sobresae do terreo ou da auga.

Page 14: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Serra da LastraA erosión deixa ao descrubesto cristas formadas polas rochas máis resistentes (cuarcitas)

NOMES DAS ROCHAS TRABALLADAS OU DESCUBERTAS POLA AUGA:Lastra : rocha plana que sobresae verticalmente do terreo

Page 15: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

NOMES DAS ROCHAS TRABALLADAS OU DESCUBERTAS POLA AUGA:Pelouro , seixo ou coio : pedra redondeada pola auga. As grandes chámanse callaos e as pequeniñas xogas .Coído ou boleira : agrupación de coios na beira da auga.

Page 16: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

“O Avión”, nos Penedos de Traba e Pasarela

Page 17: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

“O Bico”, nos Penedos de Traba e Pasarela

Page 18: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

“A Cachucha”, nos Penedos de Traba e Pasarela

Page 19: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Penedos de Traba e Pasarela

Page 20: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

“Pedra do Brazal”, en Dumbría

Page 21: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Penedo do Paxaro en San Xillao.

Page 22: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Pedra traballada pola auga en Campinas (Paderne)

Page 23: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Monstruo no Monte Louro (Muros)

Page 24: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Cabeza de Can no Castrove (Meis)

Page 25: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Pedra Cabaleira na Lanzada (O Grove)

Page 26: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Pedra dos Tres Pés no Forgoselo

Page 27: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Namorados

Caudillo

Oso

Rochas na costa de Camariñas

Page 28: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Covas na serra da Lastra

Page 29: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Cova de Santalla (Samos)

Page 30: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
Page 31: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Desde tempos remotos as pedras con formas curiosas, en dificil equilibrio ou con ocos, e aquelas nas que se formaban pías e cacholas que retiñan auga, deron lugar a gran cantidade de lendas e ritos relacionados co amor, a fecundidade ou a curación de diversas enfermidades físicas ou psíquicas.

Page 32: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Hai penas para curar o tangaraño, as dores dos ósos, os males da cabeza... Outros penedos teñen poderes maléficos e neles nacen os malos ventos ou viven seres malignos.

Page 33: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

PEDRAS ABALADOIRAS, PEDRAS DO EQUILIBRIO, PEDRAS CABALEIRAS, PEDRAS CABALGANTESTéñense empregado para probar a fidelidade das mulleres, a virxinidade das mozas, a culpabilidade dos reos… Segundo abalen ou non responden ás preguntas que se lles fagan.

Page 34: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

BERCES/CAMASSon pedras que combaten a infertilidade tendo relacións nelas. Noutras déitanse as mulleres a tomar o luar para ter bos partos-Camas do Santo: nelas suponse que estivo deitado algún santo: Santiago en Padrón, Santo Amede en Tállara, San Lourenzo no monte Aloia,…

Berce da Virxe (A Lanzada)

Page 35: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

CORGOS, PÍASA auga das pías cura enfermidades das persoas e animais.-A auga da Pioca de Santa Mariña de Augas Santas cura aos doentes dos ouvidos.-Nalgúns lugares relaciónase a forma do manancial coa doenza que cura a auga. En Paderne de Allariz hai un manancial cunha rocha en forma de orella. Crese que a auga cura enfermidades dos ouvidos.

Page 36: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

PENADAUGA, Nas proximidades da igrexa de Santa Sabela de Escuadro. Un santuario de tradición moi antiga. A xente acode a curar distintos males (especialmente as espullas) coa auga que se acumula no alto da pedra, nunha gran pía natural, e vai esbarando polo seu interior.

Page 37: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

PENEDOS DAS RODAS Nas proximidades de Rábade (Lugo), contan que unha ten ouro e a outra xofre. Non se poden romper porque non se sabe cal é a do ouro e xofre extenderíase queimando todo.

Page 38: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

PEDRAS FURADASPedra do Arangaño, en Perrelos (Sarreaus). Segundo a tradición os nenos entarangañados facíanse pasar polo burato da pedra para que curasen e despois deixábase alí a roupa.

Page 39: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

COVA DA SERPENa Pena Furada, na serra da Cova da Serpe. Segundo a lenda nesta cova vivía unha gran serpe que comía ao gando e ás persoas. Outra versión di que a serpe baixaba polas noites á aldea e mamaba leite das vacas.

Page 40: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

PENA DA MOURAConta a lenda que a pena era transportada na cabeza por unha moura e ao pousala no chan comezou a medrar. A base sobre a que descansa sería a rodela que levaba a moura na cabeza.Outra lenda di que agocha un tesouro.

Page 41: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

PORTALÉN (PORTA DO ALÉN)É unha entrada ao Máis Alá. A persoa que quere falar cos defuntos ten que atravesar a porta de norte para sur, e entón pode entrar en contacto co mundo do Alén. Despois ten que gardar silenzo, se non a súa voz vólvese ronca ou pode sufrir males peores. Tamén hai que deixar un prato con comida para os defuntos.

Page 42: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

PRINCESAS PETRIFICADASNo coto do castelo (Vilamartín de Valdeorras) hai tres princesas encantadas que foron convertidas en pedras polos mouros cando fuxían con elas perseguidos por Roldán e os seus cabaleiros.

Page 43: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

PRINCESAS PETRIFICADASEn Puxares (Quiroga) había tres costureiras moi bonitas. Roldán namorouse delas. Para darlle largas dixéronlle:

“Temos de ir contigo ás FranciasCando veña o río XaresPor diante da nosa casa”

Foi tal a ansia de Roldán que cambiou o curso do río Xares. O veciños cantaban:

Costureiras de PuxaresVinde lavar as perniñasÁs augas do río Xares.

As costureiras fuxiron e pedíronlle axuda ao demo que as convertiu en pedras.

Page 44: A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaMaio 2013