Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e...

36
1 Aula de natureza do XUNTA DE GALICIA Camiñar para coñecer, coñecer para conservar VERAL Itinerario ambiental pola ruta das Chousas

Transcript of Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e...

Page 1: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

1

Aula de natureza do

XUNTA DE GALICIACamiñar para coñecer, coñecer para conservar

VERALItinerario ambientalpola ruta das Chousas

Page 2: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

2

Esta pequena guía pretende achega-los visitantes destaaula de natureza a todos aqueles aspectos naturais, cultu-rais e patrimoniais que fan deste contorno un espacio paraaprender a conserva-lo noso patrimonio.

Os itinerarios organízanse arredor de paradas relativas aaspectos do medio natural, etnográfico e cultural que, polasúa peculiaridade, valor ou singularidade, merecen ser des-tacados.

As paradas que se realizan ó longo do percorrido encón-transe convenientemente sinalizadas cos seus respectivospostes indicadores, así como os desvíos e direccións que sedeben seguir durante o noso percorrido.

¿Como usar esta guía?

Para evitar crear impactos innecesarios, debes ter en contaalgunhas das seguintes recomendacións:

- Evita camiñar fóra dos camiños. Estes están debidamen-te sinalizados. Se os abandonas, estás creando un impactoinnecesario.

- Deixa o vehículo no aparcadoiro e goza do contornocamiñando polo itinerario que che propoñemos.

¿Como comportarnos naturalmente durante onoso camiñar?

Page 3: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

3

- Deposita nos contedores o lixo que produzas durante atúa visita. Sería importante que fixeras unha recollidaselectiva e a depositaras nos contedores axeitados.

- A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas asfontes e cursos de auga. Nós mesmos ou outros seres vivospoderiamos precisala máis adiante.

- Ten coidado co lume. Un incendio causa graves prexuí-zos na natureza e mesmo podemos poñernos en perigo.

- Respecta as plantas e animais, xa que todos cumpren unimportante papel na natureza.

- Lembra que os animais domésticos ceibes poden asustara outras persoas ou molesta-los animais que teñen nestelugar un refuxio de tranquili-dade.

- Aproveita estes momentospara gozar do contacto coanatureza. Esquece as présas,utiliza tódolos sentidos, prestaatención ás pequenas cousas even visitar este espacio en dis-tintas épocas do ano.

Aula de natureza do Veral

Page 4: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

PERFIL TOPOGRÁFICO

440 m

420 m

400 m

Aula deNatureza

480 m

460 m

3.200 m

Muíño daRoxa

Abelairas Canteira Aula deNatureza

LugoVERAL

Page 5: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

480

460

440440

460

460

460

480

500

440460

46048

0440

CARBALLIDO

AULA DENATUREZADE VERAL

A Lugo

ABELAIRAS

RíoMera

480500

A Friol

A Bóveda

Canteira

Page 6: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

6

A “ruta das chousas”, que sae da Aula de Natureza deVeral, discorre inicialmente polas marxes do río Mera, doque se vai desviar para achegarnos ata o lugar de Abelairasa través de camiños entre campos, chousas, fragas e pra-dos... Desde Abelairas o camiño condúcenos ás beiras dorío Mera, para rematar de novo nas instalacións da aula denatureza.

Este itinerario por vellos camiños e carreiros amósanosdistintos elementos do noso medio natural, pero taménoutros moi interesantes do medio humanizado, medios queno caso de Galicia se encontran intimamente relacionados.O muíño, as pontes, os pasais, os valados, os camiños ecarreiros, as carballeiras, o forno... son elementos da nosacultura popular que se encontran perfectamente integradosna paisaxe pola que discorre a ruta das chousas.

VERALAula de natureza do

Itinerario ambientalpola ruta das Chousas

A Aula de Natureza doVeral e o itinerario dasChousas sitúase á beira dorío Mera, no Concello deLugo, a uns 8 quilómetrosda cidade amurallada.

Page 7: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

7

O río polo que estamos a camiñar é o Mera, un dos afluen-tes do río Miño. As súas cabeceiras encóntranse a máis de700 m de altitude, entre os altos de Pena Crespa (707 m) eos Croios Brancos (732 m). Despois dun curto percorridoduns 18 km, desemboca no río Miño, nas proximidades deLugo, a uns 360 m de altura.

parada 11O río Mera escavou o seu curso aproveitandozonas máis febles

Distancia: 3 km.Dificultade: baixa, pero non é accesible nin practicablepara público con mobilidade reducida. Inicio e fin: aparcadoiro da Aula de Natureza do Veral.Duración: 1 hora e media, camiñando tranquilamente egozando da paisaxe e das paradas.

Inicio: Comezámo-lo itinerario a carón da Aula de Natureza, quese sitúa sobre unha pequena illa do río Mera. Ó lado daaula existe un centro ictiolóxico da Consellería de MedioAmbiente, centro que serve para facilita-la reproduccióndalgunhas especies de peixes dos nosos ríos, que se utili-zarán posteriormente para repoboalos.

Page 8: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

Aproveitando as fallas e fracturas do terreo, o río discorreencaixando o seu leito nesas zonas máis débiles sobre unhazona de aplanamento máis alta. Á altura da aula de natureza, o leito do río ensanchousemáis, aproveitando a confluencia de dúas fallas que con-verten esta parte nunha área especialmente feble. A aulasitúase nunha pequena illa que o río Mera deixou no seuleito. Arredor da aula existen especies de árbores exóticas, comoo carballo americano, o pinabete ou o ciprés.

8

O bosque de ribeira protexe o río

parada 22O bosque de ribeiracobre o leito do ríoMentres camiñamos acarón do río podemos con-templa-lo bosque que obordea. É o bosque deribeira ou bosque en gale-ría, pois como se se tratasedunha fermosa galería,cobre e axuda a conserva-lo leito do río.

Page 9: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

9

Unha das árbores máis característica deste tramo do río vaise-lo bidueiro, unha árbore que podemos diferenciar per-fectamente en calquera época do ano pola súa característi-ca casca de cor branca con vetas de finas liñas escuras.No outono, cando os bidueiros comezan a perde-la folla ese tinguen dun ton violáceo, aparecen baixo o seu troncovarios cogomelos, pero o máis común é, sen dubida, o“reventabois”, ese fermoso cogomelo de sombreiro verme-llo cuberto de finas escamas brancas. O reventabois é uncogomelo tóxico que nos pode causar moi graves trastor-nos nerviosos e dixestivosse o comemos. O nomepopular vénlle dos efectosque lles causa ás vacascando o comen, poispóñense moi nerviosas,como se estiveran en celo.

O bidueiro é unha árboreque forma bosques enlugares altos e fríos. Estesbosques, os bidueirais, sonos que establecen o límitedo crecemento da vexeta-ción arbórea en Galicia.

Reventabois

Page 10: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

Nas zonas baixas, o bidueironon forma bosques, e apa-rece de xeito illado aso-ciado a outras formacións,

especialmente ós bos-ques de ribeira.Entre algúns dosusos tradicionais

da súa madeiraestán os famosos pra-

tos do polbo das feiras,os zocos e madroñas ou

varias pezas de utensilios agrícolas como oarado romano ou os xugos...

Acompañando os bidueiros, aparecen outras árbores, comoos ameneiros, os salgueiros e as abeleiras.

A abeleira é unha árbore que acompañou ó home desde aantigüidade pola importancia alimenticia do seu froito, aabelá, rica en elementos nutritivos. O aceite da abelá, ade-mais de se empregar en alimentación, utilízase como lubri-cante industrial, para alumeado ou para a elaboración deperfumes e xabóns.

10

Bidueiro

Page 11: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

1 1

parada 33O muíño da Roxa: un aproveitamento tradicional da forza da auga

Encontrámonos agora ante o muíño da Roxa, un muíñoque tamén foi vivenda e aínda conserva algunhas cons-truccións asociadas.O muíño desvía a auga do río Mera a través dun azude noseu curso. Desde o azude a auga chega á canle e desde obalde chega ó rodicio. Omovemento do rodicio faixira-la “moa” do muíñosobre o “pé”. Desde amoega o gran caía a travésdo “ollo” entre as dúaspedras e moíase. Ó moeloseparábase a casca -o sal-vado ou farelo- da fariña eambos caían no “tremiña-do” ou nun “caixón”.Podémonos fixar nosmateriais que se emprega-ron na súa construcción enas estructuras asociadas

O muíño da Roxa

Page 12: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

As chousas son unha forma de aproveitamento dos recur-sos forestais nesta zona da provincia de Lugo. Como pode-mos comprobar, son masas de árbores pechadas por vala-dos que as delimitan.

Nas chou-sas apro-veitábase amadeira ea leña dasá r b o r e s ,pero taménas follas eo mato

As chousas e outros aproveitamentos do contorno

12

do muíño, a canle e o balde, verdadeiras mostras dunespléndido traballo de cantería. Nesta zona, e por causa dos materiais que conforman estaárea, as construccións son de granito, fronte a outras loca-lidades próximas, nas que se utilizan os xistos. Os telladosdas vivendas son de lousa.

Chousa

parada 44

Page 13: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

13O carballo e o cerquiño: tan parecidos pero tan distintos

Neste tramo do noso percorrido, o carballo é aárbore máis común. Pero tamén aparecen confrecuencia exemplares de �cerquiño�. Para dis-tinguir uns doutros, podémonos fixar en variosdetalles: As follas do cerquiño están poboadas dunha pelu-xe de cor branca, case aveludada nos exemplaresnovos, mentres que as follas do carballo non ateñen. Outra diferencia é que as follas do cerqui-ño posúen uns lóbulos moito máis profundos cásdo carballo.

para face-la cama do gando, que posteriormente produciráun bo esterco co que se abonarán as terras agrícolas.Neste tramo do noso percorrido podémonos fixar nalgúnsdos carballos máis grandes e ver que están esmoucados,mostra do seu aproveitamento para leña: podábanse os car-ballos para obter unha maior producción a partir dos novosabrochos.A medida que nos achegamos ó lugar de Abeleiras, aschousas de bosques son substituídas progresivamente porprados, que son fundamentais para o mantemento da caba-na gandeira.

Page 14: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

14

No outono podémo-nos fixar nos seusfroitos, as landras.No caso do carballocolgan dun longopedúnculo, mentresque no cerquiño esteé máis pequeno.Tamén nesta época,podemos contemplarcomo ó carballo lle

caen as follas, mentres que as do cerquiño perma-necen secas na árbore durante máis tempo; nal-gúns casos ata que os novos abrochos as fan caer.

O carballo e o cer-quiño son unhaimportante fonte dealimento e refuxiopara unha gran can-tidade de seresvivos: fungos, liques,escaravellos, bolbo-retas, paxaros,mamíferos...

Carballo

Cerquiño

Page 15: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

15

Se nos fixamos, podemos ver unhas pequenasbólas que colgan das pólas dos carballos: son osbugallos. Unha pequena avespa deposita os seus ovos sobreas pólas do carballo. Este, para se defender, creaesa estraña estructura onde o vai pechar. Dentrodo bugallo, a larva da avespa encontra o alimen-to preciso para se desenvolver e refuxio segurodos seus inimigos.

A finais do verán eprincipios do outono,o bugallo vólvesemarrón e leñoso, e aavespa abandónao.Como testemuña dasúa existencia, que-da no bugallo opequeno furado queabren no seu camiñocara ó exterior. Anti-gamente eran utili-zados para xogar nolugar das actuaisbólas de vidro.

Bugallos

Page 16: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

16

S e g u i m o sandando poloscamiños bor-deados dosimpresionantesvalados, quenos levarán ataun curiosopasal, que nos

permite sortear unha zonaencharcada e un regato. Ospasais son unha das máissinxelas pero eficientessolucións populares parasortea-las augas. Están for-mados por varias pedraschantadas fortemente noleito do río. O nome popu-lar de pasais ou pasos débe-se a que a distancia dunhapedra a outra é normalmen-te “dun paso”.

Valados

Pasal

Page 17: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

A fraga, un bosque cheo de vida

1 7

Camiñamos agora a carón dun bosque de carballos de con-siderable tamaño, tanto no seu toro como no seu porte.Igual ca antes, podemos ver mostras de que estes foronaproveitados para obter leña. Nesta zona de Galicia o bosque de carballos caracterízasepola presencia dun pequeno arbusto de 15 a 40 cm, a aran-deira, que florece entre maio e xuño. Durante o inverno sópermanecen uns longos e estreitos talos. Os froitos, osarandos, son comestibles e moi apreciados para a elabora-ción de confeituras e licores de augardente.

Aparecen outras árbores ademais do carballo ou o cerqui-ño, como o bidueiro, a abeleira, o acivro ou o castiñeiro.Outras plantasdestes bosquesson a xesta, asuces, a anémonabranca ou a saxí-fraga.

parada 55

Arandeira

Page 18: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

18

Os animais que viven na carballeira

No bosque encontran alimento e refu-xio unha gran cantidade de animais. A riqueza e diversidade de insectos é

enorme. A vacaloura é un dosmáis rechamantes e curiosos, e o

máis grande dos escaravellos do bos-que. Os machos teñen unhaspotentes mandíbulas que

empregan para pelexar entre eles oupara suxeita-la femia durante o

apareamento. As súas larvas, queviven no interior de troncos deárbores mortas, tardan tres anosen alcanza-la madureza.

Polos troncos gabean douspequenos paxaros na pro-cura de insectos que vivenna árbore, como avelaíñas,escaravellos ou chinches...Un deles, o piquelo azul,faino coa cabeza cara aabaixo, e outro, o gabeadorcomún, faino cara a arriba facen-do espirais arredor do tronco

Vacaloura

Piquelo azul

Page 19: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

19

apoiándose sobre a cola. Outra ave forestal que podemosescoitar mentres �peta� nostroncos buscando insectos é o�peto real�. O seu tamborileoóese especialmente a partir daprimavera.No momento en que nos achegue-mos ó bosque, un estridente sondelatará a nosa presencia. É o gaio.Como un acusicas avisa a todo o bosque de queaquí estamos. O gaio aliméntase de insectos efroitos do bosque, especialmente landras de car-ballo. Ten un curioso costume: agáchaas baixoterra para alimentarse no inverno, pero como asúa memoria non é infalible,sempre esquece algunhas,das que nacerán novoscarballos; deste xeitoaxuda a propaga-lobosque.O leirón careto éoutro dos habitantesdos bosques de carba-llos. Pasa desde o mes de

Gabeador común

Gaio

Page 20: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

20

outubro ata case o mes de marzohibernando nun niño que cons-trúe aproveitando o oco dunha

árbore. Aliméntase tanto de ani-mais como de vexetais, e come vermes,

arañas, caracois, sementes de árbores, amoras...A algaria é undos principaispredadores doleirón. Vive ta-mén nos bosques emasas de árbores cercade ríos. Parece ser quechegou á península Ibéricadesde África traída polospobos árabes, pois tíñanadomesticada para que perseguise os ratosnas casas. O forte cheiro que desprendemotivou o abandono dese uso.

A superficie do bosque autóctono en Galicia reduciuse ó longo do tempo

Neste itinerario vemos unha pequena mostrada vexetación potencial de Galicia e daestructura de uso do territorio.

Leirón

Algaria

Page 21: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

21

Hoxe en día o bosque autóctono ocupa case un30% da superficie arborada de Galicia, o querepresenta algo máis do 10 % do noso territorio. Galicia debeu estar cuberta por unha vexetaciónformada principalmente (as 2/3 partes) por bos-ques de carballos acompañados doutras especiescomo a sobreira. Noutros lugares o carballo esta-ría substituído polo cerquiño, a propia sobreira ea aciñeira, ou a cabra. Sen embargo, ó longo da historia o home foi modi-ficando a paisaxe. O manexo do lume permitiuque desaparecera unha importante superficie debosque para crear terras de cultivo ou para o pas-toreo. A necesidade de leña e madeira foi outrouso que fixo diminuí-la superficie de bosques. Houbo, ademais, algúns séculos nos que os bos-ques galegos sufriron importantes cortas: para aconstrucción naval, para tonelerías, para as ferre-rías, para face-las travesas das vías do tren...As carballeiras do contorno do itinerario foronsubstituíndose por praderías para o pastoreoextensivo do gando, ou para cultivos agrícolas,nunha pequena proporción. Noutros casos, repo-bóanse con especies de crecemento rápido, comoos piñeiros.

Page 22: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

22

Os castiñeiros, un recurso cun valor en alza

parada 66Xa case chegando a Abelairas, existe un pequeno camiño áman esquerda que durante as épocas de menores chuviasnos pode achegar á aldea. A uns metros do comezo deste carreiro, podemos ver unpequeno grupo de castiñeiros novos. Os castiñeiros foron moi importantes na economía rural.Ata a introducción da pataca no século XVII, a castaña foiunha importante fonte de alimento para a poboación gale-ga.Nesta zona pola que discorre o noso itinerario, os soutos decastiñeiros non son moi abundantes na actualidade, aíndaque si é unha forma de aproveitamento forestal moi comúnno resto da provincia de Lugo. A finais da primavera, o castiñeiro florece e énchese debarbas amarelas, as candeas. No outono tínguese de dou-rado, e das súas pólas colgan os ourizos, dentro dos que seencontran as castañas, entre unha e tres. Ás castañas decedo chámaselles “migueliñas”, e ás máis serodias, “san-martiñas”.Aínda que antigamente a castaña se empregaba para pratosde gastronomía popular: caldo de castañas, castañas condente de porco, castañas con leite..., hoxe en día o seu uso

Page 23: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

23

restrínxese máis á cociña e repostería selecta e comerciali-zase en fresco, en marmelada, en puré ou como marrónglacé. Galicia e a zona occidental de León son as áreas de maiorproducción de castaña en España.As varas do castiñeiro aínda se empregan para a elabora-ción de cestos e tonelería. Actualmente, existe certa controversia entre os científicossobre se o castiñeiro é unha árbore autóctona ou non esobre quén contribuíu ó seu cultivo e expansión.As últimas investigaciónsparecen deixar claro que éunha árbore autóctona enGalicia, e que foron osmonxes procedentes dou-tras terras, e non os roma-nos -como se cría-, os quefomentaron o seu cultivo eexpansión en Galicia.

Castañas

Page 24: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

24

Chegamos a Abelairas, unha pequena aldea que conservaunha boa representación de construccións populares.Desde as propias casas, as entradas e os valados, ata osalpendres e hórreos, están construídos en pedra, construc-cións talladas por excelentes canteiros. Os materiais empregados son fundamentalmente o granitoe a lousa, o mesmo ca no muíño da Roxa. Se nos fixamos, vemos que na aldea a maior parte da casadistribúese dentro dos muros que a limitan. O acceso ó seuinterior realizase a través dunha gran porta. Dentro está acasa, o alpendre, a eira e o hórreo...

Un poucomáis afastadoda aldea sitúa-se o forno. Ungran fornoonde cadaquince díascocerían o panos habitantesda aldea.

Abelairas conserva interesantes valores etnográficos

parada 77

Forno en Abelairas

Page 25: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

25

As leiras da aldea están pechadasnalgúns casos con valados acom-pañados de árbores, como o buxo,formando sebes.O buxo é unha pequena árbore “sem-pre verde” de lento crecemento e moilonxeva. A madeira de buxo, de coralaranxada e moi dura, é moi aprecia-da para a talla e o traballo no torno. Demadeira de buxo facíanse vasos, fende-dores de vimbias, pezas da gaita (espe-cialmente o punteiro e o ronco), ou un estimado xoguetepopular: a buxaina.

As sebes son pequenas reservas biolóxicas

As sebes son pequenas illas que lle proporcionanalimento erefuxio aunha impor-tante canti-dade ediversidadede seresvivos, cons-tituíndo ver-d a d e i r a s Sebes

Buxo

Page 26: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

26

Desde aquí temos unhafermosa vista que nospermite descubri-losdistintos usos e aprovei-tamentos do contorno,as hortas e campos de

A paisaxe desdeAbelairas

parada 88

reservas xenéticas e de biodiversida-de. Moitos dos seres vivos que habitannas sebes poden actuar como contro-ladores das poboacións doutras espe-cies que, se aumentaran en númeroexcesivamente, poderían derivar enpragas sobre os cultivos. Un exemploson as aves insectívoras, como os

ferreiriños, que encontran aquí unespléndido refuxio. Ademais, cumpren outras funcións,

pois serven de amortecedor de fenómenosmeteorolóxicos, como o forte vento, ou mesmocomo pantalla visual ou acústica.

Usos e aproveitamentos do contorno

Ferreiriñoreal

Page 27: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

27

labor, os prados, as chousas de carballos, o piñeiral..., quenesa mesma orde se van afastando das casas. E, ó fondo, oleito do Mera.Vemos tamén con maior claridade, se cabe, cómo o bloquedo Veral, achairado, é escavado fondamente polo río, apro-veitando as liñas de debilidade creadas polas fallas, na pro-cura inexorable do río Miño.

Os cerquiños e os piñeiros de Monterrei

parada 99Vemos dúas masas forestais diferentes a medida que segui-mos a camiñar. Un grupo de arbustos de baixo porte flan-quéanos polo lado dereito. Trátase dunha masa de cerqui-ños, tamén coñecidos polo nome de rebolos. Este nomepopular procede da súa facilidade para rebrotar de cepa oude raíz. Cando as condicións ambientais lle son desfavora-bles ou ben debido ás cortas excesivas ou ó lume, o cer-quiño aparece en forma arbustiva como neste caso, ouincluso pode formar unha matogueira.

A continuación encontrámonos cun bosque de repoboaciónde piñeiros de Monterrei que se estende tamén polo terreodo Veral.

Page 28: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

O piñeiro de Monterrei é orixinario da costa do mesmonome do estado de California, en Estados Unidos. Foiintroducido en Galicia a mediados do século XIX, aíndaque a súa extensión é moito menor cá do piñeiro bravo, apesar de que crece máis rápido ca el.

Descendemos polo camiño que vai seguindo o valado doCentro de Recuperación de Fauna Salvaxe do Veral e daGranxa Cinexética. Ó chegarmos ó cruce, tomamos áesquerda e continuamos ata unha pequena ponte de pedraque nos permite cruza-lo río Mera.Agora achegarémonos ata unha vella canteira.

28

Cerquiños e piñeiros nocamiño

Page 29: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

29

Esta canteira de granito encóntrase abandonada e aíndapodemos ver mostras dos efectos dos barrenos sobre assúas paredes. Agora está en pleno proceso de rexeneración natural epodemos atopar, especialmente na primavera, unha boarepresentación de animais acuáticos no seo da pequenacharca que se formou ó seu pé. A súa vexetación está formada por plantas acuáticas deaugas paradas. Xuncos, preciosos lirios amarelos, as espa-danas... limitan os seus bordos. Entre as árbores, os sal-gueiros son os máis abundantes, e tamén se incorporaalgún bidueiro e algún ameneiro.

A canteira abandonada rexenérase naturalmente

parada 1010

Canteira

Page 30: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

30

¿Sabías que da cortiza do sal-gueiro se extraía a salicina, subs-tancia precursora para a obten-ción do coñecido “ácido acetil-

salicílico”?Sobre a lámina de auga desprá-zanse incansablemente oszapateiros á procura dalgúninsecto que caia sobre a augaou que intente saír á superficie

desde o fondo da charca.Xa desde lonxe sentímo-lo canto

das ras, que a partir do mes de marzo e case ata o mes dexuño enchen de música a charca. A ra verde é un dos habi-tantes máis comúns de charcas como esta. Despois dosrigorosos meses do inverno que pasan hibernando, a partirdo mes de marzo os machos cantan desde a auga en pro-

cura da femia. Posteriormente,a femia poñerá entre

8.000 e 10.000 ovos,que chegaráná súa eclosiónen menosdunha semana.

Ra verde

Zapateiro

Page 31: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

31

O paso de cágado a ra aínda tarda entre dous e catro meses. A ra verde aliméntase, sobre todo, de invertebrados comoinsectos, arañas, moluscos e vermes, pero tamén podecomer pequenos vertebrados como peixes ou inclusooutras ras. Tamén é posible que na vexetación da beira encontremosunha pequena ra de colorido rechamante gabeando polosmatos da beira da charca. Trátase da estroza, unha ra quenon gusta moito da auga.

Estroza

Page 32: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

32

Outros usos que existen no terreo do Veral teñen que vercoa conservación e recuperación do noso contorno. Son oCentro de Recuperación de Fauna Salvaxe e o CentroIctiolóxico. Ámbolos centros dependen da Consellería deMedio Ambiente da Xunta de Galicia. O Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe acolle aque-les animais silvestres que encontremos feridos ou abando-nados. Despois de curados e recuperados son devoltos ómedio natural. No noso percorrido pasamos moi pretodunha gaiola de voo, onde as aves recuperan forzas nas ás.O Centro Ictiolóxico ten como función facilita-la repro-ducción dalgunhas das especies de peixes (fundamental-

Outras formas de conserva-lo medio

parada 1111

CentroIctiolóxico doVeral

Page 33: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

33

mente troitas) para, con posterioridade, repoboar aquelesríos galegos que o precisen. A conservación do contorno natural e do noso patrimoniocultural e etnográfico depende en boa medida de que todos ocoñezamos e de que ese coñecemento nos axude a valoralos.

Esperamos que este itinerario fose do seu agrado e quegozase desta visita pola Ruta das Chousas.

Outras visitas no contorno

Nas proximidades do Veral encóntrase unha dasconstruccións máis fermosas e enigmáticas deGalicia, o edificio de Santa Olaia de Bóveda.A orixe deste edificio, situado a carón da igrexaparroquial, remóntase a finais do século IV, aíndaque sobre unhas estructuras de s. II.Conserva uns espectaculares frescos e elementosescu l tó r i -cos, daépoca dasúa orixe,únicos enGalicia.

Santa Olaia de Bóveda

Page 34: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

34

Abelaira - Corylus avellanaAciñeira - Quercus ilexAcivro - Ilex aquifoliumAlgaria - Genetta genettaAmeneiro - Alnus glutinosaAnémona branca - Anemone trifoliaArandeira - Vaccinium myrtillusBidueiro - Betula celtibericaBuxo - Buxus sempervirensCarba - Quercus petraeaCarballo - Quercus roburCarballo americano - Quercus rubraCastiñeiro - Castanea sativaCerquiño - Quercus pyrenaicaCiprés - Cupressus sp. Estroza - Hyla arboreaFerreiriño - Parus sp.Gabeador común - Certhia brachydactylaGaio - Garrulus glandariusLeirón careto - Eliomys quercinusPeto real - Dendrocopus majorPinabete - Abies albaPiñeiro de Monterrei - Pinus insignisPiquelo azul - Sitta europaea

Especies citadas neste itinerario

Page 35: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

35

Ra verde - Rana pereziReventabois - Amanita muscariaSalgueiro - Salix atrocinereaSaxifraga - Saxifraga spathularisSobreira - Quercus suberUz - Erica arboreaVacaloura - Lucanus cervusXesta - Cytisus scoparius

Page 36: Aula de natureza do VERAL · - A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. N ós mesmos ou outros seres vivos ... son elementos da nosa cultura

36 Edita: Xunta de GaliciaConsellería de Medio AmbienteCentro de Información e Tecnoloxía Ambiental

Idea orixinal, realización e textos:

cem, s.coop.galega. ©

Fotografías: XK3 foto © e cem, s.coop.galega. ©

Ilustracións: Rafa Salvadores©, Suso Cubeiro© e A. Campos©

Deseño gráfico, infografía e maquetación:Mazaira grafismo, s.l.

Impresión: Edym, s.l.

Depósito legal: C-223/2001