Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO

7
2ºESO.Tema 9. Características e funcións dos seres vivos. Nutrición Nome e Apelidos: 1. Caracaterísticas dos seres vivos. Existen unha serie de características polas cales podemos diferenciar un ser vivo dun ser inerte ou inanimado como as rochas. 1.1.Todos os seres vivos están formados por biomoléculas AS biomoléculas son unha unidade de composición. Son os lípidos (aceites e graxas), hidratos de carbono (como os azucres), proteínas que están formadas por aminoácidos e ácidos nucleicos (como o ADN que almacenan a información xenética) e as vitaminas. 1.2.Todos están formados por células. Todos os seres vivos están formados por unidades comúns que chamamos células. Estas realizan todas as funcións vitais. Grazas aos diferentes descubrimentos achegados por diferentes científicos a partir de que Robert Hooke observou as primeiras estruturas celulares (observando unha cortiza de sobreira) chegouse á coñecida “Teoría celular”. Esta di que: Todo ser vivo está formado por unha ou máis células. A célula é o máis pequeno que ten vida propia: é a unidade anatómica e fisiolóxica do ser vivo. Toda célula procede doutra célula preexistente. O material hereditario pasa da célula nai ás fillas. 1.3. Todos os seres vivos poden realizar as 3 funcións vitais:. As funcións vitais son a nutrición, reprodución e relación. 2. A célula: a unidade de organización. A célula estúdase grazas aos microscopios, xa que polo xeral son moi cativas. O microscopio electrónico que é moito máis potente co óptico axúdanos dende mediados do século XX a ver moito mellor as diferentes células e as súas estruturas.

description

2º esoCiencias da NaturezaFuncións seres vivos: nutriciónApuntamentos do profesor Xacobo de Toro

Transcript of Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO

Page 1: Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO

2ºESO.Tema 9. Características e funcións dos seres vivos. Nutrición

Nome e Apelidos: Nº

1. Caracaterísticas dos seres vivos. Existen unha serie de características polas cales podemos diferenciar un ser vivo dun ser inerte ou inanimado como as rochas.

1.1.Todos os seres vivos están formados por biomoléculasAS biomoléculas son unha unidade de composición. Son os lípidos (aceites e graxas), hidratos de carbono (como os azucres), proteínas que están formadas por aminoácidos e ácidos nucleicos (como o ADN que almacenan a información xenética) e as vitaminas.

1.2.Todos están formados por células. Todos os seres vivos están formados por unidades comúns que chamamos células. Estas realizan todas as funcións vitais. Grazas aos diferentes descubrimentos achegados por diferentes científicos a partir de que Robert Hooke observou as primeiras estruturas celulares (observando unha cortiza de sobreira) chegouse á coñecida “Teoría celular”. Esta di que:

Todo ser vivo está formado por unha ou máis células. A célula é o máis pequeno que ten vida propia: é a unidade anatómica e fisiolóxica do ser vivo. Toda célula procede doutra célula preexistente. O material hereditario pasa da célula nai ás fillas.

1.3. Todos os seres vivos poden realizar as 3 funcións vitais:.As funcións vitais son a nutrición, reprodución e relación.

2. A célula: a unidade de organización.A célula estúdase grazas aos microscopios, xa que polo xeral son moi cativas. O microscopio electrónico que é moito máis potente co óptico axúdanos dende mediados do século XX a ver moito mellor as diferentes células e as súas estruturas.

2.1.Seres unicelulares e pluricelulares.Os seres vivos en función do nº de células que teñen podémolos dividir en dous grandes grupos: ser unicelulares (unha única célula) ou pluricelulares (dous ou máis células). Por exemplo, as bacterias son unicelulares, mentres que un rato, unha alga, unha planta, ti mesmo ou unha ave son pluricelulares.

2.2. Tipos de células: eucariotas e procariotas.A célula procariota é o tipo celular máis sinxelo. Neste tipo de organización celular o ADN (material xenético) atópase disperso polo citoplasma da célula celular sen estar rodeado de membrana. Só ten orgánulos de tipo ribosoma. É a estrutura típica das bacterias, pertencentes ao reino moneras: son unicelulares, autótrofos e heterótrofos.

As bacterias poden ter formas diferentes: bacilos (con forma de cápsula medicinal), cocos (de forma esférica), vibrións (coma bastóns curvados) e espirilos (con forma espiral).

Page 2: Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO

2ºESO.Tema 9. Características e funcións dos seres vivos. Nutrición

Na célula eucariota o ADN está rodeado por unha membrana (membrana nuclear) e constitúe o núcleo. O citoplasma é moi variado e rico en orgánulos celulares diferentes. Esta organización posúena os reinos protoctista, fungi, vexetal e animal.

As células eucariotas podémolas vididir en dous grandes grupos: as células vexetais e as animais. A célula vexetal presenta unha forma máis regular ou prismática mentres que a célula animal presenta formas moi variadas e irregulares (ler detidamente o seguinte parágrafo). Os orgánulos tamén son diferentes pois as vexetais presentan cloroplastos onde se realiza a fotosíntese, parede vexetal ríxida e un gran vacúolo que ocupa un gran volume citoplasmático. A célula animal non presenta os orgánulos anteriores e si presenta centríolos que a célula vexetal non ten.

As células dun mesmo organismo non teñen porque ser iguais, xa que as células nos organismos complexos se especializan. No home temos células sanguíneas como os glóbulos vermello (transportan osíxeno) ou glóbulos brancos (sistema inmunitario defensivo); neuronas que transmiten o impulso nervioso...etc

As células dun mesmo organismo tampouco son iguais entre elas, debido a que se especializan modificando así a súa forma para desempeñar diferentes traballos.

As células especializadas dos seres pluricelulares están organizadas en tecidos. Todos os tecidos teñen células especializadas en realizar unha función determinada. As distintas variedades de tecidos asócianse para realizar funcións aínda máis especializadas e complexas: os órganos. Á súa vez, os órganos, que facilitan unha mesma función, forman un aparello ou sistema.

3. A nutriciónPara a realización de todas as actividades da vida é imprescindible a achega de enerxía. Coa función de nutrición o organismo vivo obtén a materia e a enerxía que necesita para desenvolver as súas funcións vitais e renova e conservas as estruturas do seu organismo.

Os alimentos son as substancias que inxiren os seres vivos. Están formados por moléculas e substancias máis sinxelas orgánicas e inorgánicas (auga, sales, azucres, proteínas, lípidos ou graxas...) e que poden ser utilizadas polas células, os nutrientes.

A función de nutrición inclúe varios procesos: a captación de nutrientes, a súa transformación, a súa distribución a todas as células e a eliminación de substancias residuais que se producen como resultado do uso que se fai dos nutrientes nas células. Isto é común a animais e vexetais. Para iso, o corpo do ser vivo ten órganos e aparatos especializados na realización destas tarefas: aparato dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor.

Existen dúas formas xerais de obtención de substancias nutritivas: a nutrición autótrofa e a heterótrofa.

3.1. A nutrición autótrofa. Os organismos autótrofos aliméntanse de substancias inorgánicas do medio como auga e sales que absorben polas raíces e o CO2 que incorporan polas follas. No caso das algas e das bacterias autótrofas as substancias inóraganicas tómanas directamente do medio cada unha das células. Nos cloroplastos hai un pigmento, a clorofila que que capta a enerxía da luz solar. Cos nutrientes, transfórmanos en alimentos, en materia orgánica propia. É o caso das algas e plantas a través da fotosíntese nos cloroplastos e como

Page 3: Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO

2ºESO.Tema 9. Características e funcións dos seres vivos. Nutrición

resultado, despréndese osíxeno. Hai outros seres vivos autótrofos como algunhas bacterias quimiosintéticas que non realizan fotosíntese, pero non os estudaremos.

Unha vez que o vexetal adquiriu a materia orgánica realizando nos cloroplastos das follas (no caso das plantas) a fotosíntese, debe usar esa materia orgánica para vivir. Os vexetais tamén necesitan enerxía para crecer, dar flores, repor as follas murchas... Esa enerxía tómana do uso que fan dos azucres e demais compostos fabricados na fotosíntese. Esa materia orgánica entra nas mitocondrias das células e nelas, coa presenza de osíxeno, realízase a respiración celular. Isto consistente en tomar materia orgánica e transformala en enerxía, dióxido de carbono e auga.

Lembra: É un proceso idéntico ao que realizan os animais, salvo que eles toman a materia orgánica doutros seres vivos: non a fabrican.

Curiosidade: As plantas producen máis osíxeno na fotosíntese do que consomen na respiración celular, polo que o balance é positivo cara ó osíxeno. A cantidade de CO2 emitido na respiración é moito menor que o captado pola planta na fotosíntese.

Os organismos fotosintéticos son os produtores de materia orgánica nos ecosistemas, os demais seres vivos, dependen directa ou indirectamente desa materia orgánica e reciben o nome de consumidores. Así nos ecosistemas, a materia orgánica xerada na fotosíntese pasa duns seres vivos a outro, no que se chaman as cadeas tróficas.

3.2. A nutrición heterótrofaOs organismos heterótrofos son incapaces de fabricar a súa propia materia orgánica a partir da inorgánica e por iso deben alimentarse de outros seres vivos que xa a posúen incorporando como nutrientes biomoléculas que precisa o seu organismo.

Serán herbívoros os que comen plantas ou algas, carnívoros os que se alimentan da carne doutros animais, omnívoros aqueles que comen tanto plantas como animais e saprofitos os que se alimentan de materia orgánica en descomposición (cadáveres de animis, restos de plantas..etc).

Poden obter o alimento cazando (depredadores), comendo seres mortos (necrófagos), comendo vexetais (fitófagos), filtrando anacos de seres vivos moi pequenos (detritívoros), descompoñendo seres vivos (saprófagos), ou tomando os zumes dos seres vivos sen matalos (parásitos).

3.2.1.A incorporación do alimento.Os seres unicelulares téñeno fácil pois toman directamente do exterior, do medio, as substancias que necesitan ou outros organismo. Isto é o que fan as amebas mediante a fagocitose.

Nos seres pluricelulares, a cousa complícase. Non poden tomar as substancias do exterior directamente, moitas delas non terían acceso ao medio externo. Por isto, as células especialízanse en tecidos, estes asócianse en órganos e estes, á súa vez, en aparatos ou sistemas que realizan funcións específicas dentro do organismo xeral.

Os aparatos que interveñen na función de nutrición dos animais son:

Aparato dixestivo: que prepara os alimentos e os transforma en nutrientes útiles para as células.

Page 4: Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO

2ºESO.Tema 9. Características e funcións dos seres vivos. Nutrición

Aparato respiratorio: toma o osíxeno necesario para a vida celular e expulsa o dióxido de carbono que leva o sangue tras realizar a célula a respiración celular

Aparato excretor: elimina do organismo todas as substancias tóxicas que produce a célula no seu funcionamento.

Aparato circulatorio: distribúe nutrientes e osíxeno por todas as células do corpo e recolle os residuos e o dióxido de carbono e lévao aos órganos excretores.

O aparato dixestivo é o encargado da transformación dos alimentos nas súas moléculas, nos seus compoñentes químicos (nutrientes). Realiza estas transformacións no proceso de dixestión. A maior parte dos animais teñen un aparato dixestivo formado por:

Un tubo dixestivo: aberto polos dous extremos, boca para entrada de alimentos e ano para saída de excrementos.

Glándulas acompañantes: salivares, fígado e páncreas (en vertebrados) e hepatopáncreas (en invertebrados).

Na nutrición humana algúns produtos non son dixeribles polo aparato dixestivo (a fibra), non obstante, forman a dieta básica de moitos animais herbívoros coma a vaca. Neste caso, o estómago está adaptado en compartimentos que axudan á dixestión desa fibra (celulosa). Teñen catro cámaras: bandullo, retícula, libro e calleiro. Os animais comen a herba, mastígana e pásana case sen dixerir ao bandullo. Logo, nun lugar tranquilo rumian o alimento, é dicir, devolven o produto da dixestión á boca de novo e alí mastigan a herba fermentada no bandullo. Logo xa pasa pola retícula, o libro e o calleiro que terminan a dixestión.

3.2.2.Aparato Respiratorio:A función do aparato respiratorio é conseguir o osíxeno necesario para a respiración celular e expulsar o dióxido de carbono que se produce na célula tras o metabolismo. Existen animais que poden intercambiar gases a través da pel (animais acuáticos ou de ambientes moi húmidos), teñen respiración cutánea (esponxas, medusas, vermes terrestres...). Outros animais acuáticos respiran a través de expansións laminares que chamamos branquias (moluscos, crustáceos e peixes). Os animais terrestres, para non deshidratarse, cobren a súa pel con escamas, pelos, plumas..., e por iso non poden intercambiar gases pola pel, precisan dun sistema de tráqueas (insectos) ou pulmóns (vertebrados terrestres).

3.2.3. Aparato Excretor:Cando os nutrientes e o osíxeno chegan ás células, estas utilízano no seu metabolismo, na respiración celular. Con iso, obteñen a enerxía necesaria para vivir pero, a cambio, producen unha serie de substancias tóxicas que deben ser eliminadas. Estas substancias son dióxido de carbono e substancias nitroxenadas. O dióxido de carbono se libera polos pulmóns, pero os produtos nitroxenados débense eliminar por un aparato específico: o aparato excretor.

Os animais máis sinxelos (celentéreos e esponxas) non teñen aparato excretor, verten os seus restos directamente á auga, pero o resto dos animais si que o posúen:

Existen nefridios (un par de tubos en cada anel do animal, vermes)

Glándula verde (pequena glándula cerca das antenas en crustáceos)

Tubos de Malpighi (tubos que verten o seu contido no interior do tubo dixestivo, en insectos)

Page 5: Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO

2ºESO.Tema 9. Características e funcións dos seres vivos. Nutrición

Riles formados por numerosos tubos microscópicos ou nefróns, como é o caso dos animais vertebrados.

Nos nefróns dos riles fíltrase o sangue, as substancias que son aproveitables, coma a auga, os ións, etc... reabsórbense e son devoltas ao sangue, e os residuos nitroxenados e o exceso de auga excrétanse en forma de urina:

Nos peixes, a urina sae directamente ao exterior.

En anfibios, réptiles e aves a urina sae dos riles por uns finos condutos, uréteres, que desembocan xunto co intestino e os condutos do aparato reprodutor, na cloaca.

Nos mamíferos, os uréteres terminan na vexiga da urina, de onde sae un conduto único, a uretra, que comunica co exterior independentemente nas femias e xunto co reprodutor nos machos.

3.2.4. Aparato circulatorio:A función do aparato circulatorio é proporcionarlles a todas as células as substancias nutritivas e o osíxeno necesario para a respiración celular, así como transportar as sustancias residuais que se producen tras o metabolismo celular aos lugares de excreción

Os animais inferiores non teñen verdadeiro sistema circulatorio (esponxas ou celentéreos). O resto dos animais posúe: sangue, corazón e vasos sanguíneos. A circulación pode ser:

Aberta, onde o sangue non circula pechado en vasos sanguíneos senón que baña as células directamente (moluscos e artrópodos)

Pechada, onde o sangue sempre vai encerrado en vasos sanguíneos (anélidos e vertebrados).

Nos vertebrados, os vasos sanguíneos poden ser: arterias (sacan o sangue do corazón cara ao resto do corpo), veas (meten o sangue no corazón) e capilares (comunican veas con arterias). O corazón presenta dous tipos de cavidades: aurículas (cavidade que recolle o sangue das veas) e ventrículos (cavidades que impulsan o sangue fóra do corazón).