Soufriere Hills, Illa de Monserrat
Transcript of Soufriere Hills, Illa de Monserrat
Soufrière HillsMontserrat
Adrián Alonso Vilar 1° Bach. A
O volcán Soufrière Hills atópase na Illa de Montserrat.
Montserrat ten 915 m de altura, a altura do volcán, e unha superficie de 102 km2.
Forma parte dos volcáns activos do arco volcánico das Antillas Menores.
Permaneceu 350 anos inactivo.
Entrou en erupción en 1995 e a capital quedou derruída no ano 1997.
Historia de Montserrat
Cristóbal Colón reclamou a illa en 1493, e deulle o nome de Montserrat. Pero en 1632 caeu baixo o control dos ingleses, e poboouse por irlandeses.
En 1989 o furacán Hugo, de categoría 4, golpeou a illa danando máis do 90% das súas estruturas. A raíz disto, o turismo caeu notablemente.
En 1995, cando a illa xa case estaba recuperada do furacán Hugo, o volcán Soufrière Hills, que permanecera en estado latente durante séculos, comezou con unha erupción que acabou por soterrar a capital da illa, Plymouth. Provocou a caída da economía de Montserrat. E permaneceu nun período regular de erupcións
Soufrière Hills
Soufrière Hills é un estratovolcán.
Forma parte dun arco de illas das Antillas.
Está situado nunha zona de subdución entre as placas do Atlántico e do Caribe.
Ten un cráter de 1km de ancho.
• Este volcán formouse pola presión que tivo lugar entre ambas placas, que ocasionou a subducióndunha delas. Esta subdución deu lugar a magmas que afloraron na superfice en forma de erupcións volcánicas. Como esta zona está situada fondo mariño, estes afloramentos de magma provocan a formación de illas volcánicas, formando un arco de illas paralelo á fosa formada pola subdución.
Debido a que este volcán se atopa nunha zona de subdución, hai unha frecuente actividade sísmica, polo magma xerado pola subdución das placas.
Formación
Erupción de 1995
Antes de 1995, sufríronse unha serie de terremotos na illa de Monrserrat.
En xullo de 1995, a illa é evacuada pola seguridade dos cidadáns, xa que o volcán emitía cinza e barro sobre Plymouth. Nese mesmo mes o Soufrière Hill manifestou unha explosión freática nese mesmo mes.
A partir deste ano comezou a formarse un novo domo de lava.
Erupción de 1997
No ano 1997, o volcán Soufrière Hills entrou de novo en erupción, soltou unha nube piroclástica que acabou coa vida de 19 persoas. Os materiais piroclásticos e a lava producidos por esta erupción soterraron as zonas colindantesó volcán, incluída a capital, Plymouth.
Montserrat tras as erupcións
Zonas afectadas polas erupcións
Numerosas zonas do sur da illa resultaron danadas polos materiais piroclásticos e a lava.Na actualidade, a única zona habitada é a parte norte.
Anos posteriores á erupción
Debido ás erupcións de 1995 e 1997, un gran número de persoas abandonaron a illa, e pasou de ter 13000 habitantes a ter, na actualidade, 6000.
As erupcións continuaron durante o resto da década dos 90.
No ano 2003, unha erupción provocou danos nos cultivos de Montserrat, e tamén nos sistemas de distribución de auga do país.
En 2010, rexistrouse unha enorme nube de cinza volcánica que superou o quilómetro de altura, provocando algúns retrasos aéreos.
A ultima erupción sucedeu no ano 2012.
Actualmente, hay unha capital provisional, e estase a construír unha cidade, Little Bay, que nun futuro pasará a ser a capital.
Little Bay
Proxecto de construción de Little Bay
Bibliografía
https://www.uclm.es/profesorado/egcardenas/montserrat.htm
http://www.elmundo.es/elmundo/2004/03/04/sociedad/1078370868.html
http://almadeherrero.blogspot.com.es/2011/04/erupcion-volcanica-de-la-isla-de.html
http://country-facts.com/es/country/north-america/237-montserrat/2534-montserrat-history.html
https://es.wikipedia.com
https://www.google.es/imghp?hl=es&tab=wi&ei=5VxjVvjeDoO2aeH_h9gH&ved=0EKouCBMoAQ