Río Senegal

25
RÍO SENEGAL

Transcript of Río Senegal

Page 1: Río Senegal

RÍO SENEGAL

Page 2: Río Senegal

LONXITUDE: 1290 km, 1790 km ata as cabeceiras do Bafing.SUPERFICIE DA CUNCA: 337 000 km2 PAÍSES: Malí, Mauritania, Senegal, Guinea.

Page 3: Río Senegal

CLIMA Tropical no curso alto e semiárido no resto.

Page 4: Río Senegal

CAUDAL: 640 m3/s (medio).Pode variar desde os 3 m3/s en período de seca ata os 5000 m3/s en grandes enchentes.

RÉXIME: Pluvial, moi irregular. Depende totalmente das precipitacións do monzón. Ten augas altas de xullo a novembro, e baixas de marzo a xuño.

Page 5: Río Senegal
Page 6: Río Senegal

BakoieBafing

NACEMENTO: Meseta Fouta Djalon. Fórmase coa confluencia dos río Bafing e Bakoie.

Baoulé

BAFOULABÉ

Page 7: Río Senegal

KAYES

Kolombine

Karakoro

Page 8: Río Senegal

Falemé

BAKEL

Gorgol KAEDI

Page 9: Río Senegal

Ferlo

Lago Guiers

SAINT LOUIS

Page 10: Río Senegal

Desembocadura: Océano Atlántico

Page 11: Río Senegal

XEOLOXÍAO curso alto salva fortes desniveis e encáixase en profundos canóns con saltos e fervenzas. O curso baixo discorre mainamente e forma numerosos meandros.

Page 12: Río Senegal

-Cataratas Gouina, de 500 m de ancho e 16 m de altura.

Page 13: Río Senegal

Meandros no curso medioDo río Senegal.

Page 14: Río Senegal

Na desembocadura forma unha longa barra de area de 15 km de lonxitude chamada Lingua de Barbaria e un gran lago litoral (Lago Djoudi).

Page 15: Río Senegal

FLORAPlantas esteparias, baobab, acacias, tamarindos... No río carrizos, xuncos, espadanas...

Page 16: Río Senegal

Carrizos

Xuncos

Espadanas

Page 17: Río Senegal

AVES: destaca o gran número e diversidade (350 especies) de aves da desembocadura: flamingo, pelícano, garzota, ganso de esporón, garzas, águia pescadora, parrulos, corvos mariños, picapeixes… É a principal área de invernada para a folosa acuática (Acrocephalus paludicola).

FAUNA

FlamingoPelícano

Corvos mariños

Page 18: Río Senegal

Búfalos

Mono patas

Hipopótamos

MAMÍFEROS: búfalos, hipopótamos, mono patas (Erythrocebus patas), facóquero, gacela dorca, gato bravo, burro salvaxe…

Page 19: Río Senegal

Varano

Pitón

Crocodilo

RÉPTILES: varano, pitón, crocodilo…

Page 20: Río Senegal

Parque nacionais: Aves de Djoudj (tamén humidal Ramsar e Patrimonio da Humanidade), e Lingua de Barbería en Senegal, Diawling, en Mauritania.

ESPAZOS PROTEXIDOS

Page 21: Río Senegal

APROVEITAMENTOSubministro de auga para a agricultura e doméstico, enerxía hidroeléctrica, navegación, pesca, lecer...É navegable nun tramo de 175 km, desde a desembocadura ata Podor e, en tempos de augas altas, ata Kaies (975 km)

Page 22: Río Senegal

Presa Manantali (Río Bafing )

O Senegal ten dúas grandes presas a Manantali (Malí) no río Bafing e a Maka-Diama na fonteira entre Mauritania e Senegal, que controla o acceso da auga salgada río arriba, que chegaba ata 150 km e producía a salinización das terras de cultivo.

Page 23: Río Senegal

O Senegal era coñecido polos pobos mediterráneos desde a Antigüidade. Plinio o Vello chamouno Bambotus (hipopótamo). Foi visitado polo cartaxinés Hannón o Navegante arredor do ano 450 a.C. e mantíñase comercio coa zona ata a destrución de Cartago.Durante toda a antigüidade e na idade media críase que o río estaba conectado co Nilo, ou co Níxer e correu a información de que se extraía gran cantidade de ouro das súas areas o que levou a que se tentasen moitas exploracións por mar.Despois de moitos intentos, en 1445 o capitán portugués Dinis Dias , foi o primeiro europeo coñecido desde a antigüidade que chegou á desembocadura do río Senegal.

DATOS HISTÓRICOS

Curso do «Río de Ouro» (Senegal-Níxer) na carta portulana de 1413 de Mecía de Viladestes.

Page 24: Río Senegal

PROBLEMASGrandes secas, contaminación, alteración de ecosistemas polos encoros...

Page 25: Río Senegal

ENRIQUE COSTA AMILAdela Leiro, Isaac Pontanilla