REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · Mirella Freni, Mariella Devia, Teresa Berganza, Monserrat...

12
AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2018 → 2019 XOVES 31 XANEIRO 2019 20.30 h Auditorio de Galicia Manuel Hernández-Silva Director Berna Perles Soprano CONCERTOS DE ABONO Sala Mozart 19.45 h CONvers@ndo con MANUEL HERNÁNDEZ-SILVA Director

Transcript of REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · Mirella Freni, Mariella Devia, Teresa Berganza, Monserrat...

Page 1: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · Mirella Freni, Mariella Devia, Teresa Berganza, Monserrat Caballé, ... O perfil cultural e sociopolítico de Beethoven era claramente limitado

AUDITORIO DE GALICIA

REALFILHARMONÍADE GALICIA2018 → 2019

XOVES 31 XANEIRO 201920.30 hAuditorio de Galicia

Manuel Hernández-Silva DirectorBerna Perles Soprano

CONCERTOSDE ABONO

Sala Mozart 19.45 hCONvers@ndo conMANUEL HERNÁNDEZ-SILVA Director

Page 2: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · Mirella Freni, Mariella Devia, Teresa Berganza, Monserrat Caballé, ... O perfil cultural e sociopolítico de Beethoven era claramente limitado

2

PROGRAMA

IWOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)Abertura de A frauta máxica, KV. 620 (7´)

Aria “Misera, dove son!” K. 369 (7´) (Mísera de min, onde estou!), Berna Perles, soprano

LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827)Abertura de As criaturas de Prometeo (5´)

Aria “Ah perfido!”, op. 65 (13´)Berna Perles, soprano

IIROBERT SCHUMANN (1810-1856) Sinfonía núm. 3 en Mi bemol maior “Renana”, op. 97 (32´)

Lebhaft Scherzo: Sehr mässig Nicht schnell FeierlichLebhaft

Duración aproximada do concerto: 1 hora e 20 minutos

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc.

Page 3: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · Mirella Freni, Mariella Devia, Teresa Berganza, Monserrat Caballé, ... O perfil cultural e sociopolítico de Beethoven era claramente limitado

3

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Director artístico titularPaul Daniel

Principal director invitadoJonathan Webb

Director asociadoMaximino Zumalave

A Real Filharmonía de Galicia créase no ano 1996 en Santiago de Compostela, e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia, na cidade de Santiago de Compostela. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Paul Daniel é, dende 2013, o seu director titular e artístico; Maximino Zumalave o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Coa orquestra colaboran os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas de todo o mundo.A RFG está comprometida en achegar a música clásica a todo o territorio galego, aos públicos máis novos e destaca, ademais, o seu compromiso co patrimonio musical galego. Xestionada polo Consorcio de Santiago, a RFG é financiada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

VIOLÍNS I James Dahlgren (concertino)Adriana Winkler (axuda de concertino)Anca Smeu **Ilya FisherMichal RyczelClaudio GuridiIldikó Oltai Anna AlexandrovaYulia PetrushevskayaVictoria Jurov

VIOLÍNS IIGrigori Nedobora *Nikolay Velikov **Enrique RocaElina ViksneHelena SengelowGyula VadasziIrina GruiaSamira AjkicKiyoko Ohashi

VIOLASTilmann Kircher *Natalia Madison **Timur SadykovIonela CiobotaruAnne SchlossmacherTeresa Cardoso (R)

VIOLONCELLOSPlamen Velev *Barbara Switalska **Thomas PielCarlos GarcíaMillán AbeledoAilsa Lewin

CONTRABAIXOSCarlos Méndez *Alfonso Morán **Oriol Xicart

FRAUTASLaurent Blaiteau *Luis Soto **

ÓBOESChristina Dominik *Avelino Ferreira (R)

CLARINETESBeatriz López *Vicente López **

FAGOTESJuan Carlos Otero *Antonio Gómez (R)

TROMPASJordi Ortega *Alfredo Varela *Xavier Ramón **Germán Latorre ***

TROMPETASJavier Simó *Ramón Llátser **

TROMBÓNSRubén Prades (R)Iago Ríos (R)Marcos Dorado (R)

TIMBALJosé Vicente Faus *

Page 4: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · Mirella Freni, Mariella Devia, Teresa Berganza, Monserrat Caballé, ... O perfil cultural e sociopolítico de Beethoven era claramente limitado

4

MANUEL HERNÁNDEZ-SILVADirector

Director Musical e Artístico da Orquesta Filarmónica de Málaga

Director Musical e Artístico da Orquesta Sinfónica de Navarra

Graduouse no Conservatorio Superior de Viena con matrícula de honra na cátedra dos profesores Reinchard Schwarz e Georg Mark. No ano da súa diplomatura gañou o concurso de dirección Forum Jünger Künstler convocado pola Orquestra de Cámara de Viena, dirixindo a esta formación na Konzerthaus da capital austríaca.

Ten dirixido en grandes festivais internacionais e é un convidado habitual de orquestras españolas e estranxeiras. Foi director titular da Orquesta de Córdoba e principal director convidado da Orquesta Simón Bolívar de Caracas -coa que traballou intensamente durante máis de cinco anos-, ademais de director musical da Orquesta Joven de Andalucía. Na actualidade é director titular e artístico das orquestras Filarmónica de Málaga e Sinfónica de Navarra.

O mestre Hernández-Silva desenvolve unha intensa actividade docente, impartindo cursos internacionais de dirección e interpretación, así como numerosas conferencias. Todo isto tenlle valido o recoñecemento dos músicos cos que ten traballado, o do público e o da crítica especializada.

Ten actuado como director convidado coas orquestras Sinfónica de Viena, da Radio de Praga, Sinfónica de Israel, Filharmónica de Seúl, Filharmónica de Bohemia do Norte, Sinfónica de Karlsbad (Alemaña), Filharmónica de Olomouc (República Checa), Rheinische Philharmonie (Alemaña), Sinfónica de Biel (Suíza), Sinfónica de Puerto Rico, Nacional de Chile, Sinfónica de Venezuela, Filarmónica de Bogotá, Sinfónica Nacional de México, Municipal de Caracas, Sinfónica Simón Bolívar (Venezuela), Sinfónica de Wuppertal (Alemaña) e Filharmónica Janáček (República Checa).

En España ten dirixido á Real Filharmonía de Galicia, Oviedo Filarmonía, Orquesta Sinfónica de la Región de Murcia, Orquestra Simfònica del Vallès, Sinfónica de Bilbao, Sinfónica de RTVE, Orquesta Ciudad de Granada, Sinfónica de Tenerife, Sinfónica de Castilla y León, Sinfónica del Principado de Asturias, Sinfónica de la Comunidad de Madrid, Sinfónica de Navarra, Filarmónica de Gran Canaria, Orquestra Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya (OBC) e Orquesta Nacional de España.

Page 5: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · Mirella Freni, Mariella Devia, Teresa Berganza, Monserrat Caballé, ... O perfil cultural e sociopolítico de Beethoven era claramente limitado

5

BERNA PERLESSoprano

La mejor de la noche fue Berna Perles, una Micaela delicada, lírica y emotiva, de una línea de canto impoluta y gran sensibilidad expresiva (Andrés Moreno, Diario de Sevilla)

La mejor voz de la noche fue la Micaela de la malagueña Berna Perles: delicada, emotiva, expresiva, con una proyección limpísima (José Luis López, ABC de Sevilla)

Nace en Málaga, onde obtén o Título Superior de Canto no Conservatorio Superior de Música de Málaga con Matrícula de Honra e Premio Extraordinario Fin de Carreira. Cursa un posgrao no Conservatorio Santa Cecilia de Roma e completa a súa formación no Opera Studio “Santa Cecilia”, da Accademia Nazionale di Santa Cecilia. Con posterioridade amplía os seus estudos en Viena coa mezzosoprano Glenys Linos, discípula de Elvira Hidalgo. Ten recibido clases maxistrais de Renata Scotto, Mirella Freni, Mariella Devia, Teresa Berganza, Monserrat Caballé, Isabel Rey e Carlos Álvarez.

Ten sido premiada en numerosos concursos de canto. Recibiu o Primeiro Premio nos certames Muestra de Jóvenes Intérpretes de Málaga, Juventudes Musicales de España, Nuevas Voces Ciudad de Sevilla, Concurso Internacional Mozart de Granada e no Concurso Internacional de Canto de Logroño. Foi finalista no Concurso Internacional de Canto de Toulouse, Concorso Lirico Internazionale Umberto Giordano, Concurso Internacional de Canto Manuel Ausensi, Concurso Internacional de Canto Villa de Colmenar Viejo e no Concorso Lirico Internazionale di Portofino. En 2016 recibe o recoñecemento ao “Mellor Labor Musical do Ano” na súa cidade natal.

A súa traxectoria profesional tena levado a actuar, tanto en producións de ópera e zarzuela como en recitais líricos, en teatros nacionais e internacionais e ten cantado baixo a batuta de John Axelrod, Andrea Marcon, Giarcarlo Andretta, Dominique Rouis, Martin Mázik, Lorenzo Mariani, Edmon Colomer, Santiago Serrate, Pablo González, Mario Menicagli ou Manuel Hernández-Silva; e baixo a dirección escénica de Lindsay Kemp, Emilio Sagi, William Orlandi e Riccardo Canessa.

Ten interpretado, entre outros, os roles de Primeira Dama e Pamina (A frauta máxica), Condesa e Marcelina (As vodas de Fígaro), Bastiana (Bastián e Bastiana), Dona Ana e Dona Elvira (Don Giovanni), Fiordiligi (Così fan tutte), Gilda (Rigoletto), Ana Bolena (Ana Bolena), Adina (O elixir de amor), Musetta e Mimí

Page 6: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · Mirella Freni, Mariella Devia, Teresa Berganza, Monserrat Caballé, ... O perfil cultural e sociopolítico de Beethoven era claramente limitado

6

(A bohemia), Liù (Turandot), Xulieta (Romeo e Xulieta), Micaela (Carmen), Constanza (A illa deshabitada) e Sandrina (Un avvertimento ai gelosi).

En zarzuela tamén ten interpretado os roles de Ascensión (La del manojo de rosas), Carolina (Luisa Fernanda), Katiuska (Katiuska) e Marola (La tabernera del puerto). No campo do sinfónico e oratorio, interpretou, entre outros, El Mesías (Haendel), Stabat Mater (Pergolesi), Réquiem (Fauré), Réquiem (Mozart), Réquiem (Verdi), Elías (Mendelssohn), Novena Sinfonía (Beethoven), Misa da Coroación (Mozart), Miserere (Ocón) e Carmina Burana (Orff).

Participou na gravación dun CD de dúos xunto ao barítono Carlos Álvarez, baixo o selo DNRecords.

Entre os seus compromisos recentes están: Fiordiligi (Così fan tutte, Teatro Cervantes de Málaga), diversos recitais coa ROSS e a OCG (Teatro Maestranza e Auditorio Manuel de Falla), debut no Teatro de la Zarzuela en La casa de Bernarda Alba de Miquel Ortega, debut no Teatro Campoamor (Oviedo) en O ocaso dos deuses de Wagner e debut no Teatre del Liceu (Barcelona) en Aida de Verdi.

Page 7: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · Mirella Freni, Mariella Devia, Teresa Berganza, Monserrat Caballé, ... O perfil cultural e sociopolítico de Beethoven era claramente limitado

7

Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)

En 1770 Mozart recibe do seu amigo Emanuel Schikaneder, director dun pequeno teatro en Viena, o libreto de A frauta máxica e acepta traballar con el. Así xorde este singspiel -xénero que alterna recitativos falados e arias pouco complexas e destinado a teatros máis populares- en dous actos que marca un fito indiscutible nese estilo musical, ademais de na carreira teatral do compositor salzburgués. Esta obra mestra logra conciliar elementos moi dispares: comicidade e poesía, fábulas e realidade, filosofía e relixión. A trama, ambientada en Exipto, combina conto de fadas, farsa popular, comedia crítica e alusións discretamente enmascaradas á masonería como o simbolismo do número tres. Nesta ópera diversa conviven formando un todo lóxico e cohexionado o lied de ton popular, as pegadas da comedia bufa, o recordo da ópera seria, a solemnidade da traxedia lírica e mesmo a rigorosidade do repertorio eclesiástico. A Abertura KV. 620 constrúese sobre dous temas principais: un solemne Adagio, tres acordes ascendentes nos metais (sempre coa referencia simbólica do número: tres damas, tres nenos, tres portas, tres probas...) preceden unha melodía de carácter indeciso que será rota pola incursión nas cordas dun Allegro fugaz, sobresaínte demostración de pericia contrapuntística. Un tema secundario, mostrado polo óboe e eco na frauta, intercálase co Allegro. Mozart traballa a alternancia dos dous camiños, os contrastes de dinámica, a riqueza dos timbres orquestrais e entrégase a xogos contrapuntísticos cultos e espontáneos.

Mozart compuxo a páxina de Misera, dove son! sobre os versos do drama Ezio de Metastasio en 1781 en Múnic, antes de trasladarse a Viena. A característica musical da composición vén dada pola frescura e a sinxeleza da invención melódica como expresión dun sentimento tenro e amoroso, en liña co neoclasicismo da poesía metastásica. Escena e aria K. 369 están formadas por un Andante sostenuto (recitativo e aria) e por un Allegro con viva puntuación rítmica.

Page 8: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · Mirella Freni, Mariella Devia, Teresa Berganza, Monserrat Caballé, ... O perfil cultural e sociopolítico de Beethoven era claramente limitado

8

Ludwig van Beethoven (1770-1827)

O perfil cultural e sociopolítico de Beethoven era claramente limitado e, consciente diso, sentía que o seu único medio de expresión era a música. Así, en moitas ocasións, compuxo cegado pola mitoloxía romántica dos heroes que, por outro lado, el contribuiría a crear. A este aspecto súmase que nesa época moitos dos compositores máis significativos dedicábanse á música teatral, que lles proporcionaba beneficios económicos e recoñecemento profesional. Nesta liña, Beethoven compuxo aberturas como Coriolano ou Egmont, nas que mito e heroe son marca de identidade, pero tamén unha única ópera, Fidelio op. 72b e As criaturas de Prometeo op. 43 (1801), ballet alegórico de trazos novos cuxa contradanza -personificación da liberdade representado polo heroe grego- fornecerá o final da Sinfonía Heroica. A parte musical deste ballet é pouco coñecida, o libreto perdeuse, pero a súa abertura interprétase habitualmente do mesmo xeito que as citadas. Foi escrita entre as súas dúas primeiras sinfonías, coas que comparte elementos expresivos comúns, no patrón Lento-Vivo e unha poderosa orquestración coincide con outras das súas aberturas. Comeza dramática e grave para continuar cun tema acougado e solemne que axiña se volve vivaz e brillante. O desenvolvemento está tecido con precisas participacións solistas e unha sonoridade orquestral ampla que medra ata o final.

Xa no comezo da súa carreira compositiva, Beethoven mostraba un estilo fondamente persoal e apuntaba rasgos da transformación que a música experimentaría ao despuntar o século XIX, ao inicio do Romanticismo. Cinco anos despois da morte de Mozart, Beethoven estreaba en Leipzig unha obra que demostraba ese cambio e que estableceu as bases da música vocal dramática do compositor maduro e do seu Fidelio. Esta peza é a aria para soprano e orquestra Ah Pérfido!, op. 65, composta entre 1795 e 1796 en Viena e que foi sinalada, dado o seu carácter dramático, como precursora da nova ópera romántica. Escrita sobre un texto de Metastasio do mesmo título, está protagonizada por unha muller que, traicionada polo seu amante, desexa vinganza pese a sentirse abatida e humillada. Posiblemente Ah Pérfido! foi composta para a soprano Josepha Duschek, que xa interpretara con éxito a aria mozartiana Bella mia fiamma K. 528, que Beethoven coñecía e puido tomar como base para a composición da nova obra. Esta breve peza require un elevado virtuosismo vocal e, debido

Page 9: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · Mirella Freni, Mariella Devia, Teresa Berganza, Monserrat Caballé, ... O perfil cultural e sociopolítico de Beethoven era claramente limitado

9

á grande dificultade técnica, debe ser interpretada por unha soprano dramática ou mezzosoprano con extensión aguda, de grandes capacidades para a interpretación dramática. A orquestra mantén o carácter dramático da partitura.

Robert Schumann (1810-1856)

Os compositores do século XIX sabían que escribindo unha sinfonía mantiñan unha tradición iniciada nas obras de Beethoven, pero tamén coñecían a necesidade da actualización deste xénero. Na década dos trinta, Schumann alertou contra o cambio da estrutura clásica nunha fórmula baleira e insípida e avogou por outorgar ao xénero un elemento serio, imprimindo un carácter nacional e un contido expresivo que permitira unificar todos os movementos baixo un único concepto. Así, encontrouse na transformación metafórica da sinfonía nunha especie de narración, aplicando a idea de continuidade entre movementos e establecendo lazos temáticos entre eles. Tras deixar Dresde cara a 1850, Schumann aceptou o cargo de director musical da orquestra municipal en Düsseldorf, onde escribíu a Sinfonía núm. 3, coñecida como Renana, pois o compositor plasma imaxes e cores a través da referencia a melodías populares e valses orixinarios da rexión situada nos límites do río Rin, na fronteira alemá. Esta Terceira Sinfonía, en cinco movementos, é unha das máis representativas do pensamento de Schumann, dotándoa dunha expresión romántica, fresca e espontánea e rica en matices. En forma de sonata, o movemento inicial podería suxerir o fluír do Rin, un vigor rítmico que amosa a compenetración optimista entre a dimensión natural e a actividade humana. O bucólico e popular Scherzo con carácter de ländler e unha canción sen palabras evocan a serenidade da vida en medio da natureza, mentres que o coral do cuarto movemento leva á solemne cerimonia na Catedral de Colonia, que parece posible que inspirase a creación da peza. O quinto e último movemento retoma a forza rítmica do primeiro e varía o tema principal do Feierlich para transformalo nunha celebración triunfal do espírito alemán.

Page 10: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · Mirella Freni, Mariella Devia, Teresa Berganza, Monserrat Caballé, ... O perfil cultural e sociopolítico de Beethoven era claramente limitado

10

Misera, dove son!

Misera, dove son!L'aure del Tebroson queste ch'io respiro?Per le strade m'aggiroDi Tebe e d'Argo,o dalle greche spondedi tragedie feconde,le domestiche furievennero a questi lididella prole di Cadmo e degli Atridi?Là, d'un monarca ingiustol'ingrata crudeltà m'empie d'orrore,d'un padre traditoreQua la colpa m'agghiacciae lo sposo innocente ho sempre in faccia.Oh immagini funeste!Oh memorie! Oh martire!Ed io parlo, infelice, ed io respiro?

Ah! non son'io che parlo,è il barbaro doloreche mi divide il core,che delirar mi fa.

Non cura il Ciel tirannol'affanno, in cui mi vedo.Un fulmine gli chiedoe un fulmine non ha.

Mísera de min, onde estou!

Mísera de min, onde estou!O aire do Tebroé este que eu respiro?Polas rúas me atopode Tebas e de Argos,ou das gregas beirasde traxedias fecundas,as domésticas furiaschegaron a estas praiasda prole de Cadmo e dos Atridas?Alí dun monarca inxustoa ingrata crueldade éncheme de horror,dun pai traidoraquí a culpa xéame e ao esposo inocente teño sempre diante.Oh, imaxes funestas!Oh, lembrazas! Oh, martirio!E aínda falo, infeliz, e respiro?

Ah! non son eu quen fala, é a bábara dorque divide o meu corazón,que delirar me fai.

Non lle importa ao Ceo tiranoo apuro no que me vexo.Un raio lle pidoe un raio non ten.

Page 11: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · Mirella Freni, Mariella Devia, Teresa Berganza, Monserrat Caballé, ... O perfil cultural e sociopolítico de Beethoven era claramente limitado

11

Ah, perfido!

Ah perfido!, spergiuro,Barbaro traditor, tu parti?E son questi gl'ultimi tuoi congedi?Ove s'intese tirannia più crudel?Va, scellerato! va, pur fuggi da me,L'ira de' numi non fuggirai.Se v'è giustizia in ciel, se v'è pietà,Congiureranno a gara tutti a punirti!Ombra seguace, presente, ovunque vai,Vedrò le mie vendette,Io già le godo immaginando.I fulmini ti veggo già balenar d'intorno.Ah no! Fermate, vindici Dei!Risparmiate quel cor, ferite il mio!S'ei non è più qual era, son io qual fui,Per lui vivea, voglio morir per lui!

Per pietà, non dirmi addio!Di te priva che farò?Tu lo sai, bell'idol mio!Io d'affanno morirò.

Ah crudel! Tu vuoi ch'io mora! Tu non hai pietà di me?Perchè rendi a chi t'adoraDite voi se in tanto affannoNon son degna di pietà?Così barbara mercè?

Ah, pérfido!

Ah pérfido!, perxuro,bárbaro traidor, marchas?E é esta a túa derradeira despedida?Onde se ten escoitado tiranía máis cruel?Vaite, malvado! Vaite, foxe pois de min.Da ira dos deuses non escaparás.Se hai xustiza no ceo, se existe a piedade,conxuraremos todos xuntos para castigarte!Sombra perseguidora, presente onde vaias,verei a miña vinganza,xa desfruto imaxinándoa.Xa vexo os raios lostregar arredor teu.Ah non! Detéñanse, deuses vingadores!Perdoen o seu corazón, firan o meu!Se el non é o que era, eu son a que fun.Para el vivía, por el quero morrer! Por piedade, non me digas adeus!Que faría sen ti?Ti sábelo, belo ídolo meu!De pena morrerei. Ah cruel! Queres que eu morra!Non tes piedade de min?Por que pagas á que te adora,con tan bárbara graza?Dime se por tanto sufrimento non son digna de piedade.

Page 12: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · Mirella Freni, Mariella Devia, Teresa Berganza, Monserrat Caballé, ... O perfil cultural e sociopolítico de Beethoven era claramente limitado

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETEST 981 571 026 | T 981 573 979 (Auditorio)T 981 542 349 (Teatro Principal)

OFICINAST 981 552 290 | T 981 574 152

www.rfgalicia.orgwww.compostelacultura.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCultura

@rfgalicia@CCultura

PRÓXIMOSCONCERTOSXoves 7 de febreiro20,30 hFunny FaceCICLO DE PIANO ÁNGEL BRAGEREAL FILHARMONÍA DE GALICIAPaul Daniel, directorKun-Woo Paik, piano

G. Gershwin, Funny Face. AberturaM. Ravel, Concerto para piano en Sol maiorW. Walton, Sinfonía núm. 1 en si bemol menor

19:45 h Conversando con … Paul Daniel

Venres 8 de febreiro18,30 hDescubre unha orquestra para ti… a túa!Paul Daniel, director

G. Gershwin, Funny Face. AberturaW. Walton, Sinfonía núm. 1 en si bemol menor