Presentacion bici copia
-
Upload
rosa-maria-cajade-rodriguez -
Category
Education
-
view
704 -
download
4
Transcript of Presentacion bici copia
A bicicletaUnha historia sobre rodas
A historia da bicicleta, tal e
como a coñecemos
hoxe, comenza a partir dun
debuxo.
Século xv
Leonardo da Vinci
Ésta é unha réplica actual fabricada a partir do debuxo feito por da Vinci. Xa incorporaba un sistema de dirección e engranaxes con pedais.
A longa espera
Dende ese boceto, ata o seguinte modelo que sí se fabricou, houbo que esperar unhos 300 anos.
Século XVIIIAno1791
Mede de Sivrac inventou o “celerífero” en París. Estaba feito de madeira. Impulsábase cos pes no chan e non tiña sistema de dirección. Máis que un transporte era un xoguete.
Século XIXAno 1817
Uns 30 anos despóis aparece en Alemania, grazas a Karl von Drais, a “draisina”. Un tipo de bicicleta máis avanzada, con
freno na roda traseira e sistema de dirección…
…pero a draisina aínda non tiña pedais e empurrábase cos pes!
EscociaAno 1830
En distintos países parece que facían avances cara unha mesma idea… e non tiñan “guasap” para contalo!
Os velocípedos
Éste modelo de Thomas McCall, xa contaba con pedais, baseado no sistema de palancas e tirantes das rodas das locomotoras.
FranciaAno 1860
Henry Michaux coloca pedais directamente na roda dianteira. Iso facía que o velocípedo fose máis veloz, pero tamén máis inestable e difícil de xirar.
Chamábanlle “sacude
osos”…non sería moi cómoda!!!!
Só dez anos despóis, James Starley en 1870 fabrica un tipo de velocípedo que usa unha gran roda dianteira para poder ter máis velocidade…
…pero resultaba complexo manter o equilibrio…e subirse a ela!
InglaterraAno 1885
Por fin!!…unha bicicleta, con forma similar ás actuais, con pedais, engranaxes, frenos…chamábanlle “máquina segura”.
O curioso é canto tempo pasou dende aquel boceto de Leonardo da Vinci ata este modelo…uns 400 anos!
Ano 1888
Nese ano, John Dunlop inventou as rodas con cámara de aire…acabáronse as rodas macizas. Eso axudou a que o
rodar fose máis cómodo.
Tamén apareceron os pinchazos…
A Época Moderna
Saltamos no tempo ata mediados do século XX. Aparecen as bicicletas de estrada moi similares ás que coñecemos agora.
E pouco despóis as primeiras bicicletas de montaña
Partes básicas
Curiosidades
As bicicletas foron consideradas como xoguetes ata que empezaron a ter comodidade e seguridade, momento no que pasaron a ser medios de transporte ou elementos para practicar deporte.
Curiosidades
No ano 1896 incorporouse o ciclismo aos Xogos Olímpicos, despóis de que aparecese a “máquina segura” e as rodas con cámara de aire.
Curiosidades
A primeira Volta ciclista a España celebrouse en 1935…e as bicicletas eran feitas de ferro.
Curiosidades
Despóis de case 500 anos, con poucos avances, de repente empezáronse a innovar nos materiais de construcción, nos compoñentes, nas formas das bicis e tamén nas modalidades deportivas.
Materiais
• Aceiro: tubos finos e con certa flexibilidade
• Aluminio: tubos grosos pero lixeiros. Rixidez
• Carbono: lixeireza e flexibilidade. Deseños atrevidos
Modalidades
ESTRADA MONTAÑA
BMX PISTA
Beneficios
• Saúde: millor estado físico e mental
• Transporte: lixeireza, eficacia e velocidade
• Diversión
Beneficios
• Espazo: por cada praza de aparcamento de coche caben dez bicicletas
• Sostenibilidade: economía e ecoloxía
Conclusión
A práctica do ciclismo, en calquera modalidade, deportiva ou recreativa, é beneficiosa tanto para a persoa que o practica, como para o entorno no que se desenvolve.
Ah!…poñede sempre o casco