Plumas comprometidas

12
1 Plumas comprometidas

Transcript of Plumas comprometidas

Page 1: Plumas comprometidas

1

Plumas comprometidas

Page 2: Plumas comprometidas

2

REINALDO ARENAS(1943 - 1990)

Fillo dunha familia de campesiños, adheriuse ao principio á revolución castrista, pero a súa rebeldía contra todo dogmatismo non tardou en convertelo nun «perigo social». Arenas escapou de Cuba e instalouse en Nova York, onde, enfermo de sida, se suicidou en 1990.

Foi encarcerado e torturado, chegando a admitir o inconfesable e a renegar de si mesmo. En 1980 saíu do país cando Fidel Castro autorizou un éxodo masivo de disidentes e outras persoas consideradas indesexables polo réxime.

Sufriu persecución non soamente pola súa aberta homosexualidade, senón pola súa resolta oposición ao réxime.

En 2000 estreouse a versión cinematográfica de Antes que anoiteza, película sobre o seu libro autobiográfico que dirixiu Julian Schnabel e que protagonizou Javier Bardem.Do mesmo título é a ópera que lle dedica o compositor Jorge Martín, presentada no Lincoln Center de Nova York. Seres extravagantes é o documental biográfico que realiza Manuel Zayas, en 2004, filmado clandestinamente un ano antes en Cuba.

Antes que anochezca (Trailer)http://youtu.be/uFwj6LaklN8

Ópera de Jorge Martin: "Before Night Falls" - "Victoria!" (based on the life of Reinaldo Arenas) http://youtu.be/34FOsaayOgM

Manuel Zayas: Seres extravagantes http://youtu.be/orfsEOXh8gg

Page 3: Plumas comprometidas

3

MAX JACOBNado en Quimper, Bretaña, o 11 de xullo de 1876 e morto o 5 de marzo de 1944

Instalouse en París ao rematar os seus estudos secundarios e a partir de 1901, fixo unha estreita amizade con André Salmon, Guillaume Apollinaire e Pablo Picasso cos que compartiu a súa vida en Montmartre.

O 18 de febreiro de 1915 foi bautizado en Notre-Dame de Sion, con Picasso como padriño.En 1917, publicou un dos principais libros da vangarda poética da primeira metade do século XX: Le cornet à dés, libro que o consagrou como un mestre do poema en prosa.Cando os alemáns invadiron o corazón de Francia, a casa do poeta foi saqueada. Logo apresaron os seus irmáns e enviáronos a campos de concentración. Os seus únicos pecados eran ser xudeu, atesourar obxectos que ninguén entendía para que coleccionaba, e ser honesto.

O 24 de febreiro de 1944 foi arrestado pola Gestapo e conducido ao campo de concentración de Drancy, nas proximidades de París. A pesar dos esforzos dos seus numerosos amigos para que fose liberado, morreu alí dunha pneumonía o 5 de marzo de 1944

Tres poemas

http://www.literaturafrancesatraducciones.blogspot.com/.../max-jacob-tres-poemas.html

Page 4: Plumas comprometidas

4

VICTOR JARA(1932 - 1973)

Músico, cantautor e director de teatro chileno. Defendía a reforma agraria, a educación e a liberdade de expresión, así como a paz e as liberdades do pobo.

O 11 de setembro de 1973, o golpe de estado de Augusto Pinochet sorprendeuno na Universidade Técnica do Estado e detéñeno xunto ao resto de profesores e alumnos. Foron conducidos ao Estadio Chile (que agora se chama "estadio Victor Jara") onde permaneceu retido varios días e sufriu torturas durante horas seguidas ata que finalmente o 16 de setembro de 1973 foi fusilado. Alí escribiu o seu último poema: "Somos cinco mil"

http://www.margencero.com/musica/jara/censurainformativa.htm

Victor Jara - Ay, canto que mal me sales (Canta Isabel Parra uns versos do derradeiro poema escrito por Jara) http://youtu.be/h4pogC9IfzI

Page 5: Plumas comprometidas

5

JANUSZ KORCZAK (Pseudónimo de Henryk Goldszmit) foi un educador, médico e escritor xudeu nacido o 22 de xullo de 1878 en Varsovia.

O seu carácter altruísta púxose de manifesto na cantidade de orfanatos que atendeu dende 1904 e nos auxilios médicos que realizou en diversos conflitos bélicos, como a guerra entre Rusia e Xapón ou a Primeira Guerra Mundial.

Os alemáns trasladan os nenos do seu orfanato ao campo de concentración de Treblinka, onde non querendo abandonalos, faleceu con eles nas cámaras de gas no verán do ano 1942.

Na súa honra entrégase o premio Janusz Korczak de literatura, que obtiveron, entre outros, Mirjam Pressler, Michael Ende, Astrid Lindgren ou Carme Solé.

Korczak, Janusz: Biografía http://www.alohacriticon.com/viajeliterario/article2471.html

Guía de sus adaptaciones cinematográficas http://www.alohacriticon.com/viajeliterario/article2473.html

Último tren a Treblinka. Una biografía para Janusz Korczak (documental)

http://youtu.be/H-G6kfz-d7o

Le Petit Roi Macius - L'ile Au Trésor (debuxos animados)

http://youtu.be/pCssjZmIdLA

Page 6: Plumas comprometidas

6

HUBERT MATOSNado en 1918 e morto en 2014 na cidade de Miami, Florida, aos 95 anosA súa profesión de mestre rural expúxoo á pobreza e ás duras condicións nas que vivía o campesiñado, o que o levou a comprometerse politicamente dende moi pronto, e de modo máis activo tras o golpe do ditador Fulgencio Batista en 1952. Uniuse á guerrilla catro anos máis tarde e rapidamente converteuse nun dos seus líderes máis carismáticos.

Desempeñou importantes cargos ao lado de Fidel Castro ata que este se fixo co poder en xaneiro de 1959, e logo formou parte do goberno revolucionario. Non obstante, aos nove meses da triunfal entrada na Habana, profundas diverxencias ideolóxicas coa orientación totalitaria que adquiría a política de Castro precipitaron o seu xuízo e a súa condena.

www.http://www.internacional.elpais.com/internacional/2014/.../1393537110_250263.htmlhttp://www.comandantehubermatos.blogspot.com/

http://www.elnuevoherald.com/noticias/sur-de-la-florida/article2031256.html

Page 7: Plumas comprometidas

7

GUSTAV MEYRINK(1868 - 1932)

O seu nome figurou nas primeiras listas negras dos nazis. Na Alemaña nazi os libros de Meyrink foron prohibidos. Nun Estado totalitario non tiñan cabida as obras dun autor que advertía do perigo dos movementos colectivistas que sufocaban á personalidade humana individual.

http://www.pensamientoconsciente.com/?p=1685html

El Golem (1920) Película Sub. Español

http://youtu.be/1_jA7t5UpZU

Andrés Resino en "La noche de Walpurgis"

http://youtu.be/Iu90hGp7r9M

El Rostro Verde http://www.ddooss.org/libros/Gustav_Meyrink.pdf

Page 8: Plumas comprometidas

8

BORIS PASTERNAKA Revolución Rusa de 1917 significou o inicio da fama de Pasternak como poeta.

A publicación en Italia de Doutor Zhivago, obra persoal, chea de lirismo e reflexión sobre o papel da intelixencia na Revolución de Outubro, sen o consentimento do Goberno da Unión Soviética, levouno a ser perseguido polas autoridades ata o día da súa morte.

Pasternak gañou e aceptou o Premio Nobel en 1958, pero foi denunciado como traidor por varios grupos comunistas soviéticos, tras o cal anunciou publicamente a súa vontade de non partir ao exilio e rexeitou o premio. Morreu o 30 de maio de 1960 preto de Moscú. Só en 1989, o seu fillo Yevgueni (que se ocupou da difusión da súa obra) foi autorizado para recibir o Premio en nome do seu pai.

A novela Doctor Zhivago tivo que esperar ata 1988 para ser publicada na Unión Soviética.

http://youtu.be/YNJlI0d3ulM

Page 9: Plumas comprometidas

9

RAÚL RIVEROPoeta, xornalista e disidente cubano. Naceu en 1945 na localidade de Morón, provincia de Camagüey no centro de Cuba. Publicou varios libros de poesía e traballou en medios de comunicación cubanos.

O 2 de xuño de 1991, foi un dos asinantes da Carta dos Intelectuais, na que se solicitaba ao presidente Fidel Castro, a liberación dos presos de conciencia.En abril de 2003, Rivero foi condenado a 20 anos de prisión durante a chamada Primavera Negra, acusado de realizar actividades subversivas encamiñadas a afectar a independencia e integridade territorial de Cuba, escribir contra o goberno, terse entrevistado con James Cason, un diplomático estadounidense e ter organizado reunións subversivas no seu domicilio.

Rivero pasou no cárcere ano e medio, con grave quebranto da súa saúde. En novembro de 2004, debido ás presións internacionais, fundamentalmente españolas, foi excarcerado, oficialmente tras serlle aplicada a chamada licenza extrapenal por motivos de saúde. Pouco despois, Rivero trasladouse a España con toda a súa familia.

http://www.poemas-del-alma.com/raul-rivero.htm

Page 10: Plumas comprometidas

10

KEN SARO WIWA(1941- 1995) Escritor, produtor de televisión e activista nixeriano.

Inicialmente como voceiro, e despois como presidente, do Movemento para a Supervivencia do Pobo Ogoni (MOSOP), Saro-Wiwa liderou unha campaña non violenta contra a degradación ambiental da terra e das augas de Ogoni polas operacións das multinacionais da industria do petróleo, especialmente a Royal Dutch Shell empresa. É crítico co goberno nixeriano que incumpría as normativas ambientais coas empresas petroleiras estranxeiras que operaban na área.

No auxe da súa campaña non violenta, foi xulgado por un tribunal militar supostamente por ter planificado o asasinato horrible de xefes Ogoni nunha reunión pro-goberno. É aforcado en 1995 pola ditadura militar do xeneral Sani Abacha. A súa execución provocou indignación internacional e tivo como resultado a expulsión de Nixeria da Commonwealth of Nations.

Page 11: Plumas comprometidas

11

(1918-2008) Escritor e historiador ruso.

Crítico do totalitarismo soviético, axudou a crear conciencia global do gulag, o sistema de campos de traballos forzados da Unión Soviética no que el estivo preso dende 1945 ata 1956.

Galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1970, "pola forza ética coa que levou a cabo as tradicións indispensables da literatura rusa". Foi expulsado da Unión Soviética en 1974 regresando en 1994, tras a súa disolución.

En 1945 foi condenado a oito anos de prisión, sen proceso, por criticar a Stalin en cartas dirixidas a un amigo. “Detivéronme por culpa da miña inxenuidade. Eu sabía que nas cartas da fronte se prohibía falar dos segredos militares, pero cría que estaba permitido pensar”.

No ano 1969 foi expulsado da Unión de Escritores Soviéticos tras denunciar a censura.

Coa apertura de Gorbachov a finais dos anos 80, as súas obras puideron ser lidas na URS. Devolvéronlle oficialmente a cidadanía, o que lle permitiu dar por rematado o seu exilio e pisar terra rusa en 1994.

ALEKSANDR SOLZHENITSYN

Page 12: Plumas comprometidas

12

Plumas comprometidasé un traballo colaborativo

do Equipo de Biblioteca e do Club de Lectura “Pedra do Acordo”,

achega para a Celebración da Xornada Escolar da Paz 2015

Moitas grazasMoitas grazas

IES “San Paio” - TUI