Pierre Étaix

8
Pierre Étaix N: 23 de novembro de 1928, Roanne (Francia) M: 14 de outubro de 2016, Paris (Francia)

Transcript of Pierre Étaix

Page 1: Pierre Étaix

Pierre Étaix

N: 23 de novembro de 1928, Roanne (Francia)M: 14 de outubro de 2016, Paris (Francia)

Page 2: Pierre Étaix

Naceu en Roanne (Loira) no seo dunha familia burguesa. Formouse como deseñador gráfico e estableceuse en París, onde exerceu como ilustrador ao tempo que participaba en espectáculos de cabaret e variedades.

En 1954 coñece a Jacques Tati e colabora con el inventando gags na preparación do Mon Oncle, na que traballou logo como axudante de dirección. O mítico cartel do filme é tamén da súa autoría.

Page 3: Pierre Étaix

De Jacques Tati aprende a creación dunha comicidade especificamente cinematográfica, baseada na precisa coreografía dos movementos de cámara, o uso do son (e a súa ausencia) e os efectos de montaxe.

Coa súa primeira curtametraxe, Rupture, inicia a colaboración co guionista Jean-Claude Carrière. Obtén o Oscar de Hollywood á mellor curtametraxe de ficción en 1963 co seu segundo filme, Heureux anniversaire.

Page 4: Pierre Étaix

A súa filmografía complétase con cinco longametraxes máis: Le soupirant (1962), Yoyo (1965), Tant qu'on a la santé (1966), Le Grand Amour (1969) e Pays de cocagne (1971).

El pretendiente acada certa difusión en España; Yoyo, porén, móvese cuns anos de retraso no circuíto de arte e ensaio.

Page 5: Pierre Étaix

ABC, 19 de maio de 1963, páxina 68

Page 6: Pierre Étaix

ABC, 10 de xuño de 1969, páxina 81

ABC, 5 de maio de 1970, páxina 83

Page 7: Pierre Étaix

E aí remata todo... case.

Dedícase ao circo coa súa esposa, Annie Fratellini. Escribe varios proxectos cinematográficos que non saen adiante e participa no filme “oculto” de Jerry Lewis, The Day the Clown Cried (1972). Tamén aparece como actor en I Clowns (Fellini, 1971), Max mon amour (Oshima, 1985) ou Le Havre (Kaurismäki, 2011).

Nos 80 dirixe para TV a adaptación dunha peza de teatro, L'âge de Monsieur est avancé, e un encargo conmemorativo do bicentenario da Revolución Francesa, J'écris dans l'espace.

Page 8: Pierre Étaix

Durante moitos anos os seus filmes apenas foron vistos, por culpa de disputas arredor da propiedade dos dereitos. O conflito resolveuse logo dun longo litixio en 2009, cando o Tribunal de Grande Instance de París lle deu a razón a Pierre Étaix.

Iniciouse entón un proceso de restauración das copias que posibilitou unha nova vida para os filmes, hoxe dispoñíbeis en boas edicións. Pierre Étaix goza agora dun xusto recoñecemento polos cinéfilos máis novos, os que non tiveron ocasión de descubrir a súa estimulante obra no tempo en que foi feita.