O barroco compostelán

7
O barroco compostelán

description

O barroco compostelán. INTRODUCCIÓN. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of O barroco compostelán

O barroco compostelán

INTRODUCCIÓNDurante o século XVII e comezos do XVIII a cidade de Santiago de Compostela coñeceu unha época de grande esplendor artístico. A catedral románica foi embelecida cunha especie de “forro” no novo estilo barroco, o estilo que hoxe é apreciable en case todo o seu exterior. A impresionante fachada do Obradoiro figura entre as mellores obras barrocas do mundo. E as obras da catedral foron estímulo para a realización doutros importantes edificios e que na cidade traballasen os máis destacados arquitectos galegos do momento.Queres coñecer mellor os tesouros arquitectónicos barrocos da cidade de Santiago de Compostela?

TAREFASTrátase de realizar un traballo individual con dúas opcións: A. Redactar un comentario sobre os elementos arquitectónicos dos principais edificios barrocos santiagueses –catedral, casa do Deán, igrexas de Santa Clara, de San Domingos…- acompañado de imaxes ilustrativas.B. Imaxinar que es un/unha guía de turismo que acompaña a un grupo de turistas pola cidade. Neste caso, sobre un plano de Santiago, marcar o itinerario a seguir e os edificios a visitar, xuntando o texto do que sería a túa explicación sobre o que se está a visitar.

PROCESOCalquera que fose a opción elixida, o traballo debe dar resposta a cuestións como:

-Que elementos caracterizan e singularizan ao estilo barroco compostelán?-Con que materiais están construídos os edificios? Facilitan ou dificultan a decoración?-Cales son os edificios máis significativos?-Que arquitectos destacaron?-Como son os retablos das igrexas? Con que materiais están realizados?

RECURSOS

Actualmente, en Internet escasea a información sobre temas relacionados con Galicia, pero para este traballo tes unha boa fonte de información en papel na Gran Enciclopedia Galega . Ademais, podes consultar páxinas web como:http://www.empresas.mundo-r.com/historiadelartepazromero/web/Historia%20del%20arte.htm/11.artebarroco/11.2.arquitecturabarrocaenespanasegundaetapa.htm#compostelanohttp://www.slideshare.net/arelar/barroco-compostelanohttp://www.edu.xunta.es/centros/iessanpaio/system/files/TEMAXVIBARROCOARQUITECTURA.pdfhttp://piazzarotonda.blogspot.com.es/2010/03/barroco-gallego.html

CONCLUSIÓNS• Cando teñades rematado o traballo coñeceredes mellor un dos estilos máis representativos de Galicia, ademais de valorar o patrimonio artístico dunha cidade que mereceu a distinción de ser Patrimonio da Humanidade.

 

• Ademais, perfeccionastes o emprego da internet como ferramenta útil para obter información e mellorastes a vosa capacidade de síntese, de expresión escrita e de iniciativa e autonomía persoal. Se o traballo o merece, poderá colgarse no blog para compartilo cos vosos compañeiros.

AVALIACIÓN

Na avaliación terase en conta:-O contido do traballo (de 0 a 4 puntos)-A redacción e a expresión escrita (de 0 a 4 puntos)-A presentación e os aspectos formais (de 0 a 1 punto)-A busca e as referencias da información (de 0 a 1 punto)

Este traballo, como é voluntario, permitirá mellorar a nota do tema 7 e debe ser entregado, como prazo máximo, o día anterior á data do exame.