Mulleres Boiro Xullo 2012

36
Número 5 Xullo

description

Galegas nos xogos olímpicos. Entrevista con Beatriz Deus Frases célebres de muller Grazas e adeus!

Transcript of Mulleres Boiro Xullo 2012

Page 1: Mulleres Boiro Xullo 2012

Número 5 Xullo

Page 2: Mulleres Boiro Xullo 2012

Como non podía ser doutro

xeito, o quinto e derradeiro número

de MULLERES BOIRO quere

renderlles unha particular

homenaxe a elas, as intrépidas

redactoras que fixeron posible que

esta publicación vira a luz mes a

mes, durante case medio ano. A

fotografía de portada foi tomada

por Patricia Millán, compañeira co-

responsable da maquetación da

revista, durante o emotivo acto de

clausura celebrado o 11 de agosto

no Centro Social de Boiro. Xunto

coas participantes do obradoiro e

os invitados ao evento, posaron

algúns membros do equipo de

goberno: o alcalde, Juan José

Dieste, a Concelleira de Servizos

Sociais, Muller e Terceira Idade,

Beatriz Deus, e a Concelleira de

Ensinanza, Sanidade e Consumo,

María José Lorenzo.

As despedidas permítennos botar a

vista atrás e facer balance. Nós,

non podemos máis que agradecer

a colaboración das nosas invitadas,

Sara Cadarso, Beatriz Deus, Cristina

León e Olga Núñez, quen non

dubidaron en asistir a este

obradoiro e compartir connosco as

súas interesantes traxectorias

profesionais. Tamén Martina

González Veiga, Alberto García e

Paula Iglesias Ordóñez

colaboraron con este proxecto vía

Internet, respondendo os nosos –ás

veces demasiado extensos–

cuestionarios.

Pretendemos que este proxecto

fora un voceiro das mulleres

boirenses, unha tribuna desde a

que as alumnas, non profesionais

do xornalismo, escribiran sobre os

temas que as motivaban, os

asuntos que lles preocupaban no

día a día. Xunto con estes artigos

máis intimistas quixemos facer un

pouco de investigación, mesmo

en temas con gran trasfondo

histórico, así coma opinar sobre o

mundo que nos rodea.

Durante este obradoiro as

compañeiras de MULLERES BOIRO

aprendemos, sobre todo, a

traballar coma un equipo.

Botaremos en falta non compartir

xa máis tardes intercambiando

ideas, propoñendo temas e

rompéndonos os miolos sobre cal

era a maneira máis axeitada de

enfocar un determinado tema.

Con todo, marchamos coa

sensación de ter feito as cousas

todo o mellor que puidemos, con

novas amizades forxadas e coa

esperanza dunha segunda parte.

To be continued? ◘

Page 3: Mulleres Boiro Xullo 2012
Page 4: Mulleres Boiro Xullo 2012

Mónica Núñez / Boiro

Hai unhas semanas, na

redacción de Mulleres Boiro

sorprendeunos unha curiosa

noticia. Unha adolescente

coreana duns 20 anos, Dal-

mi Bae, permaneceu

maquillada durante, nin máis

nin menos, oitocentos días.

Durante dous anos e dous

meses aproximadamente,

esta moza retocaba e volvía

retocar cada parte do seu

rostro, sen darlle descanso

nin por un só instante.

Obsesionouse con ser

perfecta, e pola mesma

razón non quitou o

maquillaxe ata que a súa nai,

preocupada pola situación,

decidiu levala onde un grupo

de expertos a convenceu

para que retirara os

cosméticos da súa faciana.

Xa coa pel limpa, os

dermatólogos fixéronlle unha

serie de exames, que

determinaron que o seu

rostro tiña xa un dano

irreparable. A cara desta

rapaza de vinte anos mostra

en realidade o paso do

tempo dunha muller de

corenta anos. Agora, Dal-mi

Bae debe agocha-las súas

engurras e imperfeccións con

máis maquillaxe. Con todo,

ela mesma confesa que non

vai volver abusar dos

cosméticos nunca máis.

Na miña opinión, o

estereotipo de beleza

asiática fai que as mulleres

se maquillen como se

pareceran bonecas de

porcelana. Non se decatan

de que ese tipo de

maquillaxe fainas parecer

mulleres sen vida,

completamente frías, coma

se non tivesen alma.

Particularmente, non sei

quen pode admirar ese tipo

de beleza. Moita xente opina

que o motivo principal é

parecerse ás mulleres

occidentais. Con todo, nós

non chegamos a pintarnos

dese xeito, polo que penso

que simplemente as asiáticas

queren levar unha nova

tendencia, e que haberá

xente á que lle guste e outra

á que non.

Cada cultura do planeta é

totalmente diferente, única,

pero esa non é unha razón

para considerar que unha

cultura sexa inferior ás

demais. Inclúo neste

apartado o estereotipo de

beleza, xa que é un rasgo

definitorio da nosa

identidade, que non se debe

substituír por arquetipos

impostos desde fóra. Temos

que estar orgullosos da nosa

cultura, sexa cal sexa.

Perxuizos para a saúde

Os poros da pel son un

mecanismo fundamental

para o bo funcionamento do

noso organismo. Absorben

vitaminas A e D, que

proporciona o sol, e o

osíxeno necesario para que

a pel respire. Tamén

funcionan como un aparato

excretor de toxinas –que non

é outra cousa que a suor-.

Non importa que o cosmético

estea composto por produtos

químicos ou naturais: ao

tapa-los poros con

maquillaxe estamos

obstruíndoos e impedindo o

funcionamento normal da

Despois da sorprendente reportaxe sobre as viúvas negras do anterior número, Mónica Núñez

tráenos unha reflexión sobre o abuso da maquillaxe e os estereotipos de beleza propios de cada

cultura. Mentres en Europa alabamos a enigmática beleza asiática, as cidadás daquel continente

ansían parecerse ao canon occidental. Pero utilizar demasiados cosméticos pode provocar un

dano irreparable na pel. Un prezo moi alto por intentar parecernos a algo que non somos.

Dal-mi Bae tivo a súa faciana maquillada durante 800 días. As

consecuencias deste abuso son agora irreversibles. Con só

vinte anos, a súa pel aparenta dunha muller de corenta.

Page 5: Mulleres Boiro Xullo 2012

pel. O abuso deste tipo de

produtos pode desencadear

un deterioro da pel,

manchas, avellentamento

prematuro, acné, deratose,

dermatitis e incluso mal olor

na cara ou o temible cancro

de pel.

Algúns comentarios

publicados en Internet por

xente á que tamén

sorprendeu esta noticia son

innecesarios. Sen ir máis

lonxe, un usuario insultábaa

nun foro e dubidaba se

durante eses dous anos a

rapaza se bañou nalgunha

ocasión. Outros saíron na

súa defensa, comentando

que Dal-mi Bae podería ter

un problema de autoestima.

En calquera caso, a verdade

é que aínda estando no

século no que estamos,

podemos chegar a sentirnos

moi inseguras da nosa

imaxe. Tanto é así, que

chegamos a obsesionarnos

co que pensa a xente de nós.

O que debemos recordar é

que non temos que gustarlles

aos demais, senón que

debemos estar felices coa

imaxe que vemos no espello.

Que muller nunca se sentiu

gorda, acomplexada pola súa

barriga ou o seu peito? É tal

a nosa obsesión que

vivimos cara os demais, en

vez de vivir para nós

mesmas.◘

María Fernández / Boiro

Coñecidos son xa os debates

sobre a presión que hai

sobre as modelos, por

manterse delgadas, por

ofrecer unha imaxe fresca,

sexi, e por manterse novas.

Pero cando esa presión

recae en nenas de entre

cinco e oito anos, son moitos

os que poñen o grito no ceo.

As fotografías da polémica

campaña de Armani Junior

primeiro, e as instantáneas

de criticada reportaxe da

revista Vogue Paris despois

son, ao meu xuízo,

totalmente inmorais.

En primeiro lugar, non se

pode consentir que unhas

nenas se vistan para resultar

„atractivas‟. As poses

seductoras, os zapatos de

tacón e o exceso de

maquillaxe non deberían

estar permitidos en nenas da

súa idade.

Ademais, nalgunhas das

fotografías obsérvase unha

clara preferencia polas nenas

extremadamente delgadas.

Tendo en conta que os

problemas de anorexia son

cada vez máis frecuentes en

nenas cada vez máis

pequenas, as empresas de

moda e os medios de

comunicación deben facerse

responsables dos canons

que publicitan, e promocionar

unha beleza saudable tamén

nas máis pequenas. Resulta

terrible pensar que xa en

idades tan temperás se poida

sufrir un trastorno alimenticio,

pero a presión por estar máis

delgadas, non por saúde,

senón por estética, estase

estendendo á infancia.

Considero unha hipocrisía

ver iniciativas de

alimentación saudable, coma

El Estirón de Antena 3

Televisión –un programa

para concienciar aos máis

pequenos da necesidade de

comer equilibradamente–,

pero que aínda así se sigan

promocionando estas

polémicas campañas.

Por outra banda, non é

necesario recorrer a nenas

de tan curta idade para

promocionar unha marca.

Parece mentira que

deseñadores de renome,

como Armani, teña que

recorrer a este tipo de

polémicas para dar a

coñecer a súa liña de roupa

infantil. Se algo lle sobra son

modelos que queiran vestir

as súas creacións, polo que

non vexo necesario „utilizar‟ a

nenas tan pequeniñas.

Porque estas nenas

modelos, aínda que ao

principio o vexan coma un

xogo, arríscanse a perder a

súa infancia nas pasarelas.

Deberían estar estudando,

xogando con outros nenos

da súa idade e tendo, en

definitiva, unha infancia

normal.

Poñer límites

As nenas imitan desde

sempre o comportamento

das súas irmás maiores.

Casualmente, unha das

miñas sobriñas é modelo, e a

súa irmá máis pequena

quere imitala probándose os

seus vestidos e os seus

tacóns, ou xogando a

maquillarse –é dicir, dunha

maneira totalmente

inocente–. Pero para min, o

límite está precisamente aí.

Como nai, creo que non se

lle debería consentir a

ningunha nena pequena que

exerza de modelo. Os pais,

como máximos responsables

Page 6: Mulleres Boiro Xullo 2012

da educación e do benestar

dos nenos, nunca deben

antepoñer as súas ambicións

á infancia dos fillos. Porén,

non me opoño a que as

nenas queiran ser modelos,

pero si considero que

deberían empezar con xente

profesional cando teñan a

idade adecuada, en torno

aos 16 ou 17 anos.

Existe unha Lei para a

protección do menor, así

como asistentes sociais que

velan pola infancia dos

nenos e nenas. A cuestión é

por que non se intervén no

caso de nenas tan pequenas

que traballan (porque ao fin e

ao cabo, o de modelo é un

traballo). Hai pais que por

moito menos perden a

custodia dos fillos... ◘

Carmen Buceta / Boiro

Hoxe en día os gobernos de

cada autonomía anímanche

por tódolos medios para que

emprendas un negocio.

Dinche que tes bonificacións

por contratar ao primeiro

traballador, por contratar a

unha persoa nova, ou a

alguén que leve moito tempo

desempregado.

Pero imos ao conto: de que

che serven tantas axudas

para montar un negocio, se

despois todas as

bonificacións desaparecen

con impostos abusivos? E un

deles é o imposto sobre as

terrazas.

SI, SI, as terrazas, leron

ben. Os políticos din que hai

que consumir para que a

economía mellore.

Agora díganme: que familia

se pode permitir o luxo de

saír cos seus fillos e sentar

as taxas das terrazas nun

60%, xa que a xente

animaríase a saír máis. Os

concellos poderían seguir

recadando dunha forma máis

xusta, por outra banda, de

implantarse un sistema por

categorías. Non vexo moi

lícito, que digamos, que un

mini-bar deba paga-las

mesmas taxas que unha

cafetería de cen metros

cadrados. Tampouco terían

que tributar o mesmo un

negocio con cinco mesas na

terraza que outro con 20,

posto que o beneficio que

van ter un e outro

empresario non é

comparable.

Empresarios e gobernantes

deberían sentarse a

negociar, e chegar a un

consenso que, á longa,

resultará beneficioso para

todos. ◘

nunha terraza tódolos fins de

semana? No meu caso é

impensable, posto que os

prezos por consumición son

moi elevados, máis aínda

coa chegada do verán.

Un quinto de cervexa custa

hoxe en día 1,30 euros,

mentres que un zume ou

unha Coca-Cola chegan ata

o 1,50 €. En total, unha

familia de catro membros

gasta case 6 euros nunha

simple consumición. Xa non

falamos de repetir a xogada

nun segundo bar. Señores,

no nos queda outra que

quedar na casa xogando á

videoconsola –quen teña a

sorte de tela-, mirando a

televisión, ou ben hibernar

coma os osos para non

gastar.

Unha solución que

reactivaría o consumo sería

que os concellos rebaixaran

Algunhas das polémicas imaxes que ilustraron a reportaxe de Vogue Paris evidencian posturas

demasiado „adultas‟, roupa e xoias carísimas e maquillaxes moi estridentes.

Page 7: Mulleres Boiro Xullo 2012

María Fernández / Boiro

Durante a miña infancia,

malia que non había moitos

medios económicos, a xente

saía adiante dedicándose ao

tema rural. Traballábase,

ademais, para subsistir, para

traer de comer para a casa.

No meu caso, recordo ao

meu pai traballando de

mariñeiro, e cando viña para

casa co peixe miña nai o

cambiaba por patacas,

legumes, ovos e moitas

outras cousas.

Deste xeito, a xente ía

saíndo adiante, e non había

tantas dores de cabeza

pensando na falta de cartos.

A cultura do troco, grazas á

cal subsistiron os nosos pais

e nais, avós e avoas,

perdeuse totalmente. Hoxe

en día, se non tes traballo nin

cartos, mellor non saias da

casa. Porque para mercar

unha simple barra de pan, os

cartos son a única opción.

Hoxe en día hai que

buscarse a vida onde se

poida. Por este motivo, moita

xente busca traballo en

pobos que ata ben pouco

ficaban practicamente

abandonados. Parece que

non recordamos que ata hai

poucos anos, familias

enteiras marchaban dos

pobos para a cidade, e

deixaban as casas

abandonadas.

Volta ás raíces

Agora a situación é ben

distinta, porque en moitas

ocasións inténtanse vender

estas antigas casas, para

que a xente as poida

restaurar. Resulta moi triste

pensar que en máis dunha

ocasión, buscando unha

casa para alugar, algúns dos

donos dicíanme que a

vivenda non estaba nas

condicións adecuadas para

vivir. Tras décadas e

décadas de abandono, a

única solución agora é

atoparse con algunha familia

disposta a investir os seus

cartos para restaurar estas

casas. Casas con moita

historia, pero tamén con

moito traballo por facer.

Agora, os alcaldes de zonas

despoboadas de España

están intentando atraer a

familias con fillos pequenos,

para poder revitalizar os

pobos, manter as escolas ou

crear emprego. Véndense

antigas casas ou fincas a

prezos bastante

competitivos, pero tamén

penso que para as familias

que non poidan comprar,

poderíase adaptar algunha

casa para o aluguer.

O gran problema deste plan

idílico son, precisamente, os

anos que nos tocou vivir.

Moitas persoas, malia que

quixeran facelo, non

dispoñen dos cartos

necesarios para instalarse

nun pobo, por moita axuda

que se lles proporcione. Con

tantas familias que están a

quedar na rúa, despois de

anos pagando as súas

hipotecas... quen se atreverá

outra vez a realizar un

investimento semellante? ◘

Carmen Buceta / Boiro

Non chego a entender por que unha persoa,

sexa home ou muller, e estando coas súas

facultades físicas e psicolóxicas en bo estado,

e só polo feito de estar xubilado/a, non pode

continuar co traballo na súa empresa.

Por favor, déixenlle traballar a quen lle apetece.

Todo son vantaxes, posto que as arcas públicas

poderán recadar máis impostos, ou incluso

recortarlle un tanto por cento da pensión ata que

se xubilen na súa totalidade.

Por outra banda, o noso ex presidente da

nación, José Luís Rodríguez Zapatero, cobra un

soldo vitalicio de 80.000 euros, máis un soldo de

70.000 por ser conselleiro de estado.

Ata hai ben pouco, os cargos públicos podían

compatibilizar ámbalas dúas rendas.

Afortunadamente, durante este mes de xullo

modificouse a Lei para que os nosos

representantes teñan que escoller entre unha ou

outra fonte de ingresos.

Con todo, 80.000 euros de pensión vitalicia é

unha cantidade máis que esaxerada. Por favor,

un pouco equilibrio nas xubilacións. Todos

somos da nación. ◘

Page 8: Mulleres Boiro Xullo 2012

Loli Gª Tarela / Boiro

As amazonas exemplifican,

como ningunha outra figura

da antigüidade, á muller libre.

Conformaban unha

comunidade de mulleres

guerreiras que repudiaban o

matrimonio, posto que

implicaba un sometemento

da muller ao varón.

Negábanse a que o home

lles proporcionara un sentido

ás súas vidas e aspiraban a

participar na vida pública só

polos seus propios méritos.

Soamente unha vez ao ano

as amazonas tiñan contacto

con homes, para poder

quedar embarazadas e

garantir así a continuidade

do seu pobo. Unicamente as

nenas podían quedar con

súas nais, mentres que os

nenos eran sacrificados ou

devoltos aos pais.

Etimoloxicamente a palabra

amazona provén da unión do

prefixo privativo a- e o

substantivo mazos, que en

grego significa peito, de

xeito que a tradución literal

de amazona sería „sen peito‟.

De feito, cando aínda eran

nenas, mutilaban o peito

dereito –cortábano ou

queimábano– para poder

tensar mellor o arco e arroxar

as lanzas sen ningún tipo de

limitación física. Ademais,

crían que coa amputación

toda a forza e volume

desviábase ao ombro e ao

brazo dereitos.

As principais ocupacións

desta tribo eran a caza,

montar a cabalo e a guerra,

actividades tradicionalmente

desempeñadas por homes. A

amazona era unha perfecta

arqueira de guerra, pero

tamén denominaba o uso da

lanza e a hacha. O uniforme

da guerreira completábase

cun escudo partido cunha

forma semellante a unha

media lúa, denominado pelta,

e un casco. Na iconografía

artística –na que, por certo,

sempre foron representadas

cos dous peitos– primeiro

A tribo das amazonas é concibida sempre baixo o halo mitolóxico da Grecia antiga. A súa participación na guerra de Troia, contra Aquiles, así como as súas lendarias disputas con Teseo, forman xa parte do imaxinario colectivo. Pero estas guerreiras, prototipo da sociedade matriarcal, non pertencen unicamente ao reino da fantasía. Recentes achádegos arqueolóxicos sinalan que no país helénico, e mesmo en América do Sur, existiron comunidades rexidas só por estas mulleres loitadoras, independentes e disciplinadas para a guerra.

Cadro Partida das amazonas, unha obra de Claude Deruet (1620)

Page 9: Mulleres Boiro Xullo 2012

tomouse como modelo a

imaxe de Atenea, divindade

protectora de Atenas, pero

tamén deusa da guerra.

Posteriormente, tomouse a

imaxe de Artemisa (ou

Ártemis), deusa da caza, do

parto, da natureza, dos

animais salvaxes e da lúa;

representada cun vestido

fino. Tamén se chegou a

adoptar a imaxe persa, con

pantalóns axustados e un

sombreiro alto denominado

cidaris. Con todo, quizais a

representación máis fiel sexa

a que se achega á figura de

Artemisa, posto que as

amazonas profesaron o seu

culto a esta divindade.

Mitoloxía

Dacordo coa maior parte das

lendas nas que aparecen, as

amazonas viviron en guerra

constante con Grecia.

Participaron ao lado dos

troianos, o rei Príamo e os

príncipes Paris e Héctor, na

mítica guerra desatada pola

beleza de Helena. Esta

posición enfrontounos con

Aquiles, o mítico heroe que

dirixiu aos mirmidóns no

bando grego. Nunha das

batallas, a raíña das

amazonas, Pentesilea,

enfrontouse a el. A contenda

foi moi equilibrada, ata que

Pentesilea caeu ao chan.

Algunhas versións relatan

que Aquiles namorouse dela

pola valentía coa que loitou.

Outras, aseguran que a raíña

foi asasinada polo heroe

grego.

Teseo, o lendario rei de

Atenas e vencedor do

Minotauro, tamén se

namorou dunha amazona,

Hipólita. Raptouna e tivo un

fillo con ela, ao que

chamaron Hipólito. Como

vinganza ao secuestro, as

amazonas iniciaron unha

guerra con Atenas. Chegaron

a invadir a península de Ática

e someteron ao asedio a

Atenas, pero finalmente foron

derrotadas polos homes de

Teseo.

Realidade

Recentes achádegos

arqueolóxicos suxiren que o

mito das amazonas ten unha

base real. Os investigadores

desta teoría suxiren que a

figura empregada na

mitoloxía grega podería estar

“inspirada por guerreiras

reais”. De feito, incluso o

lendario „País das

Amazonas‟ podería ter sido

real. Situábase, segundo as

probas obtidas, na zona

denominada polos escritores

gregos clásicos como

Escitia. Trátase dunha

rexión ao norte do mar

Negro, entre os Cárpatos e o

río Don, e que se identifica

na actualidade con Moldavia,

Ucraína e o sudoeste de

Rusia. Os escitas,

recoñecidos xinetes e

arqueiros, tamén se

instalaron na península de

Asia Menor, a actual Turquía,

na marxe sur do mar Negro.

A arqueóloga rusa Vera

Kovalevskaya sinala que

cando os homes escitas

estaban fóra loitando ou

cazando, as mulleres tiveron

que aprender a defenderse a

si mesmas, a coidar do

gando e dos pastos. Durante

a era na que os escitas

avanzaron cara ao leste,

chegaron ata as montañas

de Turkestán, en Asia

Central. Foi unha expedición

que durou vinteoito longos

anos, nos que todos os

homes estiveran fóra, en

campaña. Nese tempo as

mulleres non só aprenderon

a defenderse. Tamén tiñan

como misión garantir a

continuidade do pobo, razón

pola que probablemente na

mitoloxía grega se sinala que

as amazonas debían

emparellarse unha vez ao

ano cos veciños.

A medida que se estendía o

coñecemento da xeografía,

os viaxeiros helénicos

volvían contando historias de

tribos gobernadas por

mulleres que asumían as

obrigas que nos demais

lugares eran consideradas

exclusivas dos homes. As

mulleres, algo incrible por

aquel entón, tiñan

asegurados os dereitos de

nobreza e herdanza, así

coma un control supremo en

tódolos asuntos que

concernían á aldea. Destes

relatos puido xurdir a crenza

nas amazonas coma unha

nación de mulleres

guerreiras, gobernada

unicamente por elas.

As amazonas americanas

Na década 1540, o

navegante Francisco de

Orellana (c.1511-1546)

embarcouse nunha

expedición que o converteu

no protagonista da primeira

navegación completa do río

Amazonas. Con dous barcos

baixo o seu mando, o San

Pedro e o Victoria, Orellana

enfrontouse a diferentes

tribos nativas ao longo da

travesía. Tras descubrir o 23

de maio de 1542 a triple

desembocadura do río

Purús, ao que chamaron

Trinidad, e tras localizar

outros afluentes, coma o río

Negro, o Madeira e o

Tapajós, o explorador

chegou por fin á lendaria

terra das amazonas: o reino

das Pedras Verdes. Foron

Page 10: Mulleres Boiro Xullo 2012

estas mulleres intrigantes as

que lle deron o nome a este

curso, coñecido desde entón

coma o río Grande das

Amazonas.

Os indíxenas chamábanas

Icamiabas, que significa

„mulleres sen marido‟.

Contan os indios que estas

guerreiras tiñan a pel branca

e os seus longos cabelos

recollidos en trenzas.

Protagonizaron un

enfrontamento coa escuadra

hispánica, á beira do río

Nhamunda (na fronteira das

actuais provincias brasileiras

de Pará e Amazonas). Os

españois foron sorprendidos

polo ataque de numerosas

combatentes que ían núas,

levando soamente arcos e

frechas. A armada foi

derrotada por estas mulleres,

e os tripulantes tiveron que

baterse rapidamente en

retirada. O dominico frei

Gaspar de Carvajal (1504-

1584), tripulante na

expedición, relatou a

aventura coas amazonas na

súa obra fundamental

Relación del nuevo

descubrimiento del famoso

río Grande de las

Amazonas.

No camiño de volta, os

españois atoparon un

indíxena que lles relatou a

historia das guerreiras. O

nativo sinalou que había

alomenos unhas setenta

tribos de Icamiabas só

naquela zona. As súas

aldeas estaban

interconectadas, de maneira

que se alguén pretendía

percorrer algún dos

numerosos camiños, debía

pagar un peaxe. A líder das

Icamiabas era unha muller

virxe, pero o resto das

mulleres da tribo, ao igual

que as súas homólogas

gregas, debían protexe-la

estirpe. Por este motivo,

unha vez ao ano celebraban

un festival en honor á Lúa,

na que mantiñan relacións

cos indios das tribos dos

arredores (coñecidos coma

Guacaris) para manter

relacións con eles. Se do

froito desta relación nacía un

neno entregábanllo aos

Guacaris, pero se nacía nena

quedaban con ela e

ensinábanlle as súas artes. ◘

Jessica Hermo / Boiro

Amazona preparándose para a batalla, estatua creada por Pierre-

Eugène-Emile Hébert en 1882 / Fotografía: Creative Commons

Page 11: Mulleres Boiro Xullo 2012

Os primeiros Xogos

Olímpicos da historia

tiveron lugar na antiga

Grecia, no ano 770 A.C.,

para honrar aos deuses. A

maioría das competicións

deportivas eran realizadas

por homes, pero as mulleres

tamén tiñan o seu espazo.

Participaban nos xogos en

honor á deusa Hera,

protectora do matrimonio e

das mulleres casadas. Estes

eran os únicos xogos nos

que podían participar as

mulleres, xa que os demais

quedábanlles vedados.

As primeiras mulleres que

participaron nuns Xogos

Olimpicos modernos, foron

as francesas Filleaul Brohy e

Marie Ohnier, que

competiron no deporte de

croquet nas Olimpíadas de

París de 1900. Dos 1066

deportistas que concorreron

a estes Xogos, tan só sete

eran mulleres, unha

representación que a penas

chega ao 0,66%.

Con todo, nestas Olimpíadas

de 1900, a británica Charlotte

Cooper pasaría á historia

como a primeira muller que

gañou un campionato

individual de tenis.

As mulleres tamén

participaron nos Xogos

Olímpicos de Londres de

1908 e nos de California

1932. Pero non foi ata as

Olimpíadas de Amsterdam

de 1928, cando as mulleres

viron medrar a súa

participación. Con preto de

300 participantes, a

representación feminina

rozaba por primeira vez o

10%. Foi precisamente

nestes Xogos de Amsterdam

cando as mulleres puideron

competir, por vez primeira,

no deporte rei: o atletismo.

Nos Xogos de Montreal de

1976, as mulleres acadaran

un 20% da representación.

Doce anos despois, nas

Olimpíadas de Seúl 1988,

un de cada catro deportistas

participantes era muller.

Un cambio de rumbo

Coa chegada do novo

milenio, os Xogos de Sidney

2000 marcaron un punto

crucial para a igualdade

entre os deportistas e as

deportistas que participaban

nas olimpíadas. En Pekín

2008, o 40,7% das

deportistas eran mulleres,

dato que evidencia aínda

certa desigualdade, malia

supoñer un grande avance

nas cotas de representación

feminina.

Con todo, esta edición de

Londres 2012 será

recordada pola participación

de mulleres representando a

países que ata agora non

apostaran polo deporte

feminino. De feito, todas e

cada unha das 205 nacións

participantes tiñan alomenos

a unha muller no seu equipo.

Un rotundo triunfo, tendo en

conta que ata hai ben pouco

algúns países prohibían o

acceso da muller ao deporte.

Moitas destas mulleres foron

abandeiradas na cerimonia

de apertura dos Xogos,

celebrada o 27 de xullo.

Como dato anecdótico, as

deportistas españolas

acadaron mellores resultados

que os seus compañeiros

homes, con 11 medallas

fronte ás 6 que recibiu o

deporte masculino. Por se

fora pouco, dous dos tres

ouros conseguidos en

Londres 2012, teñen nome

de muller. Os tempos están

cambiando, pero as mulleres

xa van un paso por diante. ◘

Cartel promocional dos Xogos

Olímpicos de París 1900

Charlotte Cooper, a primeira

campiona de tenis da historia

Page 12: Mulleres Boiro Xullo 2012

Loli Gª Tarela / Boiro

Cando se fala de deportes

todo o mundo pensa

automaticamente no fútbol,

chamado por moitos o

„deporte rei‟. Nesta reportaxe

analizaremos moitos

deportes e describiremos a

alucinante traxectoria de

moitos deportistas, pero non

haberá unha soa palabra

sobre fútbol, nin sobre as

cantidades astronómicas que

cobran as estrelas da Liga

BBVA. Hoxe, as

protagonistas son as

mulleres galegas, campionas

de España e do mundo en

múltiples disciplinas e,

nalgúns casos, figuras a

destacar nos Xogos

Olímpicos de Londres 2012.

Ana Peleteiro

A gran promesa do deporte

no Barbanza é campiona do

mundo junior de triple salto.

Vive no municipio de Ribeira,

malia que entrena na Pobra

do Caramiñal, con Abelardo

Moure. Desde o ano 2010,

Peleteiro leva obtendo moi

bos resultados: campiona de

España cadete en pista

cuberta, en salto de lonxitude

e triple salto (2010),

campiona de España xuvenil,

en pista cuberta e ao aire

libre, en triple salto (2011),

medalla de bronce no

Campionato Mundial Xuvenil,

en triple salto (2011), e

medalla de ouro no Festival

Olímpico da Xuventude

(2011) na mesma disciplina.

Un palmarés impresionante,

pero que aínda había de

mellorar no Campionato do

Mundo Junior de Barcelona

2012, celebrado o pasado

mes de xuño. Competía na

súa categoría estrela, o triple

salto. Ao segundo intento xa

acadara un honroso 13.96m.

Pero á terceira tentativa

chegou a estratosférica

marca que, ademais de

proporcionarlle o ouro,

batería tódolos récords:

14.17m. O canguro do

Barbanza –como se empeza

a coñecer a Peleteiro

nalgúns foros de Internet–

fixo récord de Europa

xuvenil, récord de España

xuvenil e terceira marca

española de tódolos tempos.

Non puido estar nas

Olimpíadas de Londres 2012,

posto que conseguiu a marca

fóra do prazo estipulado.

Pero, seguramente, nos

Xogos de Río 2016, esta

coruñesa dará moito que

falar. Á fin e ao cabo, tan só

ten 16 anos e unha

prometedora carreira por

diante

Tamara Echegoyen &

Sofia Toro

Estas dúas galegas

chegaron a Londres, viron...

e venceron. Xunto coa

asturiana Ángela Pumariega

acadaron a medalla de ouro

en vela, na categoría Match

Race, metal que conseguiron

tras unha final apaixonante

contra as australianas. A

traxectoria das tres regatistas

é exemplar. Mentres outros

equipos entrenan en

Santander, elas traballaron

arreo en Vilagarcía de

Arousa, cun prototipo

adaptado. Son campionas de

Europa (2011) e bicampionas

de España en Match Race.

Unha categoría que,

tristemente, vai desaparecer.

Tamara Echegoyen naceu

en Ourense no ano 1984, e

comezou regateando na ría

de Arousa xa desde nena.

Non sen esforzo, leva desde

os oito anos preparando o

salto olímpico. Encárgase da

caña da embarcación, é dicir,

é a encargada de leva-lo

rumbo.

Echegoyen leva detrás unha

traxectoria moi dura: non

conseguiu clasificarse para

os xogos de Pekín 2008 e no

ano 2009, cando acaba de

formar unha nova tripulación,

non tiña nin barco. A pesares

disto, nunca desistiu no seu

empeño, e tras coroarse

campiona de Europa e

bicampiona de España, por

fin conseguiu tan ansiado

Ana Peleteiro, malia que non conseguiu entrar en Londres 2012, é a

gran promesa do atletismo español. / Fotografía: Foroatletismo

Page 13: Mulleres Boiro Xullo 2012

metal olímpico. As palabras

da campiona tras triunfar en

Londres mostran o seu

espírito combativo: “Eu son a

proba de que os soños fanse

realidade”.

Sofia Toro naceu na

Coruña en 1990, e empezou

na vela por tradición familiar.

Con oito anos xa apuntaba

maneiras, pero non sería ata

o ano 2008 cando comezou

a loitar polo soño olímpico. O

seu irmán maior púxoa en

contacto con Echegoyen, con

quen comezou a entrenar

duramente en Vilagarcía de

Arousa. Conseguiron

completar a tripulación coa

asturiana Ángela Pumariega,

quen tras aceptar formar

equipo coas dúas galegas,

trasladou a súa residencia a

Vilagarcía. Sofía Toro

controla a maior neste

equipo gañador, coñecido

cariñosamente coma o

Chiquitas Team.

Vanessa Veiga

Tras obte-lo bronce no

Campionato de España, na

categoría de 10.000m, esta

galega conseguiu chegar a

ser a campiona nacional. Un

palmarés digno de ter en

conta, máis aínda, sabendo

que esta galega ten 32 anos

e tres fillos. Estivo

preparándose para a

competición olímpica,

celebrada o 5 de agosto, na

cidade de Toledo. Veiga non

conseguiu podio, pero iso é o

que menos importa. Esta

atleta exemplar demostrou

que ser nai non che impide

cumprir os teus soños, xa

que o dela era chegar ás

Olimpíadas.

Beatriz Gómez

Esta pontevedresa chegou

aos Xogos Olímpicos de

Londres con tan só 17 anos.

E pese á súa xuventude,

conseguiu deixar moi boas

sensacións, tanto na súa

participación a nivel

individual (16ª nos 200m

estilos) coma por equipos.

De feito, na competición por

equipos case conseguiu

facerlle sombra a unha serea

consagrada como Mireia

Belmonte (dúas pratas en

Londres 2012).

Nadou de forma

extraordinaria os 200 metros

estilos no Campionato de

España, rebaixando nun

segundo a súa marca

persoal e conseguindo

meterse de forma folgada

nos Xogos Olímpicos.

Ademais de obter a medalla

de prata nacional, a súa

marca de 2.12.26 sitúaa no

décimo posto do rexistro

mundial do ano.

Iria Grandal

A ferrolana compite na

categoría de tiro con arco, un

deporte que esixe grandes

doses de concentración,

destreza visual e moito

pulso. Grandal asegurou a

súa participación nas

Olimpíadas tras vencer na

final do torneo de

clasificación desputado en

Ámsterdam, onde tamén

tiveron lugar os europeos.

Teresa Portela

A piragüista de Cangas foi

campiona de España na

modalidade de K1, en 200

metros. A palista galega

levaba meses esperando

este triunfo, despois de que a

Federación Española lle

comunicara que debería

xogarse a praza para os

Xogos Olímpicos nesta

competición. A súa

participación en Londres foi

máis que exemplar: tras

coroarse a primeira da súa

serie e pasar sen problemas

as semifinais, acadou un

meritorio cuarto posto. Con

todo, quedarán marcadas na

nosa memoria as

desconsoladas bágoas de

Portela tras quedarse ás

portas do podio.

Todas estas mulleres son un

exemplo de superioridade,

pero tamén un signo do

cambio dos tempos. Ata hai

unhas décadas era

impensable ver tantas

mulleres galegas, ou incluso

a nivel España, triunfando

nestas disciplinas deportivas.

As cousas mudaron para ben

desde aquela Olimpíada de

París de 1900, na que só

había sete mulleres na

competición. ◘

Á esquerda, Echegoyen, Toro e Pumariega, a tres regatistas que

conseguiron o outro en Londres. Á dereita, a nadadora Beatriz Gómez.

Page 14: Mulleres Boiro Xullo 2012

Mulleres Boiro / Boiro

Infancia

MULLERES BOIRO: Realmente os nenos son uns

pequenos dictadores, como se fai ver ultimamente

nos reality shows (Supernanny, Hermano Mayor)?

BEATRIZ DEUS: Realmente hai moitos que si actúan

baixo este estereotipo de „pequenos dictadores‟, e cada

vez hai máis. Pero tamén é moita culpa dos pais, e eu

como nai tamén me inclúo. Porque os pais moitas

veces queremos darlle demasiado aos nenos, máis do

que ten o veciño, máis do que ten o seu curmán... O

problema é que cando queremos cortalo, ao mellor xa

chegamos demasiado lonxe e non podemos dar xa

marcha atrás. Algúns pais o cortan como poden, pero

outros, cando intentan paliar o problema, teñen que

pedir axuda profesional.

Moitos pais enfocan o problema con frases como „este

neno é un rebelde‟, „o neno contéstame‟. Trátase dun

círculo vicioso: se o pai tira da corda para un lado e o

fillo/a para o outro, non chegarán a ningunha parte. En

realidade, hai que asumir a parte de culpa e intentar

cambiar todos un pouco. Ás veces trátase simplemente

de saber escoitar, e ver que quere o teu fillo ou a túa

filla que ti cambies. Como pais, esiximos aos nenos

que cumpran unha serie de normas. Pero ao mellor

eles tamén nos esixen unha serie de cousas que nós

non vemos. A nivel profesional, vexo que algúns pais

se sorprenden cando é o turno de palabra dos fillos,

porque reciben outro punto de vista do que non se

decataran antes.

MB: Que se pode facer entón para evitar este tipo

de conflitos?

BD: Primeiro hai que poñer límites, porque os fillos/as,

desde que nacen ata que son eles pais, sempre

intentarán ir un paso adiante.

Por outra banda, tamén debemos ensinarlles que as

cousas se negocian. Teñen que aprender a consensuar

as cousas, a comunicar. Como nai ou pai, non podo

impoñer a miña vontade porque si: debo intentar

chegar a un consenso. Hai casos moi claros, como por

exemplo á hora de escoller unha actividade

extraescolar. Debemos darlle opcións ao neno/a, non

impoñerlle o que nos gustaría nós que fixese. Pero

coma con todo, é máis doado ver este plantexamento

na teoría que na práctica.

MB: Como deberían actuar os pais separados ou

divorciados? Porque é frecuente que haxa certa

competencia polo cariño do fillo/a...

BD: Os pais separados son un mundo aparte. Hai

separacións nas que os pais nin se falan, outros que o

levan ben, outros que están á competencia… O ideal é

que, para que o neno ou nena non sufra as

consecuencias da separación, os pais, aínda que logo

non se leven ben, establezan un acordo en todo o

relacionado co tema da educación dos fillos.. Por

exemplo, se a norma é que o neno/a debe estar ás 10

da noite na casa, debe ser igual nas dúas casas,

independentemente de que un día, co consenso dos

pais, se decida que o neno/a pode estar un pouquiño

máis na rúa.

Hai determinadas situación que deberían ser comúns.

Iso é a teoría, é o bonito. Pero normalmente utilízanse

os fillos como moeda de cambio.

Adolescencia

MB: Como se pode atallar o fenómeno do botellón,

sobre todo en menores?

BD: É un tema que se plantexa moitas veces.

Considero que a educación cidadá é necesaria para

concienciar aos rapaces, máis que romper co botellón.

Hai que ensinarlle aos máis novos que non hai que

beber alcohol para divertirse. Que por saír e beber

auga toda a noite non es menos persoa.

Beatriz Deus é psicóloga e Concelleira de Servizos

Sociais, Muller e Terceira Idade. Esta profesional

descúbrenos como cambiou a súa vida despois

dun ano traballando para o Concello de Boiro.

Combinar carreira privada e pública non sempre é

doado pero, para a nosa invitada, vale a pena.

Á esquerda, Beatriz Deus, coa coordinadora de Mulleres

Boiro, Sara Outeiral. / Fotografía: Loli Gª Tarela

Page 15: Mulleres Boiro Xullo 2012

En casos de rapaces moi novos, precisamente educar

é a clave. Hai que ensinarlles aos rapaces que hai

determinadas idades para determinadas cousas.

As políticas funcionan sobre todo, pola experiencia

profesional que eu teño, sempre se intenta achegarse

máis aos coordinadores dos institutos, porque están

máis tempo cos rapaces, os coñecen máis...

MB: Como se pode actuar cun fillo/a que xa é maior

de idade, pero que aínda non respecta a opinión

dos pais? É posible un cambio de actitude a esa

idade?

BD: Con 18-20 todos nos cremos os reis do mundo, os

que máis sabemos. Ata os 23-24 é a idade da loucura,

da experimentación. Tamén nos custa ver, coa

perspectiva que nos da o tempo e as experiencias

vividas, os nosos vinte anos. Por este motivo, ás veces

cústanos poñernos no lugar dos fillos.

Os pais tamén debemos reflexionar, posto que ás

veces impoñémonos un pouco. Ao mellor deberíamos

probar outras técnicas. Por exemplo, a psicoloxía

inversa, que consiste en dicir o contrario do que

pretendemos dicir. Se nos lle damos ao fillo/a unha

resposta que non é a esperada, este quede un pouco

„descolocado‟. Desta maneira, obrigámoslle a facer un

exercicio de reflexión. Sei, con todo, que resulta máis

fácil dicilo que levalo á práctica.

Con todo, cada caso é un mundo, e o traballo dun

psicólogo vai en torno a profundizar no caso, a facer

preguntas incómodas, meter o dedo na llaga.

Como funciona Servizos Sociais

MB: Vemos moita presenza feminina en sectores

coma Servizos Sociais, non só en cargos públicos

ou na asistencia psicolóxica, senón tamén en

labores como a asistencia a domicilio. Ten isto que

ver cunha educación baseada nos tradicionais

roles de xénero, no que a muller sempre é,

necesariamente, a coidadora?

BD: Á hora de axuda a domicilio a maioría son

mulleres. Hai algún que outro traballador social, pero

moi poucos. E si, vén todo pola educación tradicional

nos roles de xénero. Sempre foi a muller a encargada

dos fillos, a casa e as persoas maiores. Froito do noso

bagaxe, e da propia historia, as mulleres aprendemos a

subdividirnos, a ser multitarefa.

Esa mesma mentalidade fai, por exemplo, que custe

máis meter aos homes no tema de voluntariado, malia

que hai moitos rapaces que traballan realmente ben. A

xente aínda é reacia a que un home lle coide ou lle

limpe, e isto tamén ten que ver cos roles tradicionais.

MB: Como cambiaron os procedementos ante a

sospeita dun maltrato ou dun abuso a un menor?

BD: É certo que o procedemento cambiou. Antes,

Servizos Sociais podía retirar a custodia dos nenos

como medida preventiva, pero agora é Menores quen

leva ese procedemento. O único que podemos facer

desde este departamento é informar e tramitar a

denuncia directamente a Menores. Se se trata dun

caso importante, faise un informe urxente, pero unha

vez nós informamos, o caso lévao outro departamento.

MB: E cando hai unha denuncia falsa, como se

verifica?

BD: Ao igual que comentabamos antes, iso tense que

verificar no departamento de Menores. Considero que

ante a dubida é mellor denunciar. Se sae un „non‟,

quedamos co „non‟, pero non se pode vivir coa sospeita

de que algo pasa e non comprobalo.

MB: Que se fai cunha persoa maior que non se

pode valer por si mesma, pero que non quere ir a

vivir cun fillo/a?

BD: En principio, cando se coñece un caso, a

traballadora social vai facer unha visita para verificar

que esa persoa se vale por si mesma. Se a persoa é

independente, é dicir, pode moverse e pensa por si

mesma, dínselle as posibilidades que hai, coma por

exemplo solicitar a axuda de dependencia á Xunta. Nós

só tramitamos a axuda, pero quen a concede é a Xunta

de Galicia.

Se vemos que non atende a razón, damos o parte a

Fiscalía. A Fiscalía é a que pide á Xunta que veña

alguén a facer a valoración a casa, independentemente

de que a persoa queira ou non. Pero para chegar a A entrevista tivo lugar o derradeiro día do obradoiro

Mulleres Boiro, o 31 de xullo. / Fotografía: Loli Gª Tarela

Page 16: Mulleres Boiro Xullo 2012

esta situación, nós temos que estudar o caso e valorar

se é necesario que interveña a Xunta. Non é un

procedemento que se tome habitualmente.

MB: Resulta difícil compaxinar o traballo no sector

público e no ámbito privado? Entran en conflicto

algunha vez as dúas facetas?

BD: Non é doado compaxinar ámbalas dúas

actividades, pero malia que poida resultar esgotador,

considéroo apaixonante. Alégrome de ter tomado a

decisión de ser Concelleira. De feito, pensei moito en

entrar no equipo de goberno, porque sabía que esixiría

moito traballo e tempo. Ademais, non abandonaría o

meu traballo de psicóloga por nada do mundo.

Penso que as dúas actividades non entran en conflicto,

pero si é certo que como política me teño que inhibir un

pouco. Por exemplo, se alguén vén ao Concello a

solicitar unha axuda ou a realizar unha queixa debo ser

politicamente correcta e dar tódolos pasos

correspondentes, e tragarme un pouco a miña vea de

psicóloga.

Pero en moitos casos estar no Concello axúdame,

dame perspectiva para tratar certos casos, aprendes

sobre como funciona a Lei de Dependencia, as axudas

dispoñibles, como a RISGA (Renda de Integración

Social de Galicia), etc. O máis duro é quedar coas

ganas de facer algunha cousa por falta de presuposto.

O proxecto MULLERES BOIRO

MB: Como valora o proxecto Mulleres Boiro? Agora

que toca á súa fin, hai algún contido que

publicamos que lle gustaría destacar?

BD: Encantoume a montaxe da portada do número

catro, e as receitas tamén están moi ben. Pero se hai

algo que me sorprendeu foi o número dous, centrado

na sexualidade. Foi un tema moi bonito, moi bo, moi

ben tratado e sorprendeume, non me esperaba algo

así. Comenteino na Comisión de Goberno, na que

presumín das boas reporteiras que temos en Mulleres

Boiro.

MB: Pode haber unha continuación de Mulleres

Boiro no futuro?

BD: Estamos moi orgullosos deste proxecto,

consideramos que foi un éxito, e a nosa intención é que

o ano que vén haxa un Mulleres Boiro 2. Non depende

de nós, senón de que a Deputación da Coruña nos

conceda a subvención. En particular, eu estou

encantada e dáme moita pena que este proxecto

remate. ◘

As participantes do obradoiro opinan sobre estes cinco meses de traballo:

“Coñecín a compañeiras que, pouco a pouco, convertéronse en amigas, sen importar a idade de cada unha.

Ademais, grazas a este curso aprendín a andar soa no ordenador. Dou grazas por esta oportunidade.” María

Fernández

“Ao principio do curso asistía casi obrigada polas circunstancias. Pero así como foi pasando o tempo, fun máis

animada. Gustáronme a maioría dos artigos publicados, en especial a análise de Loli sobre o ‘Manual de la buena

esposa’. Con todo, gustaríame que houbera máis crítica na revista.” Carmen Buceta

“Este foi un curso moi bonito e diferente. Gustaríame que máis xente se apuntara, porque o pasas moi ben e

incluso podes chegar a ter unha amizade moi boa con outras persoas. É unha pena que xa termine.” Mónica Núñez

“A miña experiencia neste curso de revista dixital Mulleres Boiro foi moi boa. Desde as compañeiras que coñecín

ata a profesora. Espero seguir tendo despois disto unha boa relación e non perde-lo contacto. Gustoume moito a

entrevista coa sexóloga Olga Núñez, na que fomos capaces de facer preguntas que pensabamos que non seríamos

capaces, e incluso a rirnos da nosa propia ignorancia sobre algunhas cousas. Paseino ben, aprendín moito e

recoméndollo á xente para que teña unha experiencia diferente” Loli Gª Tarela

“Para min, Mulleres Boiro non soamente foi unha simple revista. Foi un símbolo e un recordatorio. Un recordatorio

do longo camiño que as nosas antepasadas realizaron no nome dos dereitos das mulleres, e un símbolo dun futuro

que, Deus mediante, será incluso máis xusto para todos.” Jessica Hermo

Page 17: Mulleres Boiro Xullo 2012

Certame de relatos curtos ‘A muller máis importante da miña vida’

Finalista: María Viturro

Gallardo

Juana naceu no ano

1920. É a segunda de

seis irmáns: Julia, Juana,

Manuel, Virtudes, José e

Francisco.

Desde moi nova tivo que

traballar moito, porque se

criou na casa de súas tías

e dos seus avós, xa que

seus pais non tiñan cartos

e eran moitos irmáns.

Pero os días festivos ía a

comer con eles. O resto

dos irmáns criáronse con

seus pais, ela non.

A miña bisavoa, cando

era pequena, tiña o pelo

castaño e longo, era

gordiña, e tiña os ollos

marróns. Ela vestía un

vestido ou unha saia, ás

veces levaba unhas

zapatillas e outras ía

descalza. Tiña moi bo

corazón e era moi boa

con todos, pero

humildemente pobre.

A miña bisavoa tiña que

camiñar todos os días 4

ou 5 km para ir á escola

desde Sampaio ata

Escarabote, só os

primeiros anos da

infancia, porque logo

había que ir traballar.

Cando tiña 14 anos a súa

nai morreu de tifos.

Quedou soa e moi, moi

triste, xa non tiña a persoa

que máis quería.

Casou con 22 anos. Foi

vivir a casa do meu bisavó

Francisco e seguiu

traballando moito. Foi

plantar pinos ao monte,

máis eucaliptos, coidaba

aos animais: vacas,

tenreiros, porcos, coellos,

galilñas…etc; traballou o

campo botando millo,

centeo, patacas, trigo,

avea, cebolas, etc.

A vida dela era difícil.

Levantábase cando o galo

cantaba e tiña que dar de

comer aos animais, muxir

as vacas e ir vender o

leite á Pobra, casa por

casa. Cando chegaba de

volta a casa tiña que ir

traballar as leiras, ao

mediodía volver e facer a

comida. Cociñaba de

todo: lentellas, fabas,

cocido, patacas con

carne, peixe (xoubas,

xoubiñas, salmón,

pescada...), etc. E todo o

facía na lareira cunha ola,

pota, cazo, etc. E a xente

traballaba moito como ela:

labrar as leiras, pescar…

Cando era verán ían con

outras mulleres comprar

sardiñas ao Son. Traíanas

nunhas cestas na cabeza

e salgábanas nunha

tisana para ter para comer

todo o ano. Despois

desalgábanas e asábanas

na lareira, para comelas

con pan de millo e

cachelos.

Todos eles eran das

aldeas de San Paio e

Montañó. Aldeas que

naquelas épocas non

tiñan nin auga nin luz, as

casas tiñan o chan de

terra e as condicións

hixiénicas e de saúde

estaban ao mínimo. Tiñan

que ir buscar auga á fonte

en caldeiros e senllas, ou

mesmo lavar a roupa nos

lavadoiros públicos.

Dáme pena ver como a

bisavoa fala da Guerra

Civil. Aínda que era unha

adolescente, a súa

cabeza xa estaba afeita a

poñer coma un adulto.

Mortes, fame, medo, … a

España da senrazón; ela

comenta que ata se

mataban entre veciños. A

sorte é a nosa, nós si que

lle temos que dar as

Cando a miña bisavoa tiña 14 anos, a súa nai morreu de tifos. Quedou soa e moi, moi triste.

Casou con 22 anos co meu bisavó, Francisco. Ela traballaba moito: ía plantar pinos e eucaliptos ao monte, coidaba dos animais, ía ás leiras...

Dáme pena ver como a miña bisavoa fala da Guerra Civil. Nós si que temos que darlle grazas á vida, porque todo nos vén dado.

Page 18: Mulleres Boiro Xullo 2012

Certame de relatos curtos ‘A muller máis importante da miña vida’

grazas á vida, porque

todo nos vén dado.

Agora, segundo a miña

querida bisavoa, non

veñen bos tempos. Tocan

as vacas fracas e haise

que apertar o peto, pero

de seguro que non coma

antes.

Moitas veces penso que

eles eran máis felices ca

nós, que o temos todo. A

miña bisavoa di que

antes, ao non haber

cartos, trocábanse as

cousas sen pagar, porque

eran outras épocas e

había menos cartos.

Ela sempre di que despois

de casar a súa vida era

máis tranquila, porque o

seu marido lle axudaba.

Tivo catro fillos:

Francisco, Juan, José e

Carmen, que é a miña

avoa. Ela é a máis nova

dos catro irmáns. O maior

lévalle 14 anos e o menor,

11.

Cando a miña avoa

naceu, os meus bisavós

quedaron moi contentos,

porque xa tiñan tres

homes e querían unha

nena.

Con 14 anos os fillos

marcharon para navegar,

e miña avoa desde moi

pequena axudáballe á

miña bisavoa Juana nas

tarefas domésticas:

lavaba a roupa, facía as

camas, ía á herba para os

animais... Así a miña

bisavoa quedaba libre

para ir ás leiras.

Conta tamén a miña

bisavoa que a miña avoa

Carmen, con 8 e 9 anos,

viña vender o leite a

Escarabote cunha leiteira

na cabeza, e dime que

era máis grande a leiteira

ca ela. Leváballe unha

hora baixar e outra subir.

Despois a miña avoa ía

para a escola, que era en

Montaña.

Cóntame miña bisavoa

Juana, que cando tiña os

fillos maiores era moi feliz,

porque xa non tiña que

traballar tanto. Tamén me

conta que aínda que

había moito traballo,

cando se poñían as

patacas axudábanse os

veciños uns aos outros.

Tamén se axudaban

cando se mallaba o

centeo e o trigo. Despois

facían unha comida e

unha cea, como se fora

unha festa. Ata tocaban

as pandeiretas e

bailábase.

Tamén cando se mataban

os porcos facíanse os

rixóns (anacos de carne

de porco feitos en graxa),

e invitábase a moita xente

para cear. Ao terminar

facíase festa, bailábase,

cantábase... pasábano

moi ben.

Cando eu nacín miña

miña bisavoa tiña 81

anos, e agora ten 91. Eu

xa non coñecín ao meu

bisavó, porque morreu un

ano antes de eu nacer.

Agora a miña bisavoa vive

coa miña avoa en

Escarabote.

Eu pásoo moi ben coa

miña bisavoa, porque me

conta moitos contos e

historias de antes.

Acórdase de todo e

gústame moito escoitala.◘

Segundo a miña querida bisavoa, agora veñen as vacas fracas e haise que apertar o peto, pero de seguro que non coma antes.

Cando a miña avoa Carmen naceu, os meus bisavós quedaron moi contentos, porque xa tiñan tres homes e querían unha nena.

Eu xa non coñecín ao meu bisavó, porque morreu un ano antes de eu nacer. Agora a miña bisavoa vive coa miña avoa en Escarabote.

Page 19: Mulleres Boiro Xullo 2012

Certame de relatos curtos ‘A muller máis importante da miña vida’

Finalista: Laura Segade

Fungueiriño

Desde moi pequena,

cando os meus pais

traballaban, houbo unha

señora moi simpática e

doce que me arroupou.

Era, e segue sendo, unha

muller traballadora: limpa

a casa, vai ao

supermercado, cóidame a

min e máis aos meus

irmáns (Sabela que tan só

ten 3 anos e Álex, de 13),

e mira polo seu marido,

que ten unha perna mal. E

de entre todo iso sempre

encontra tempo para ver

as súas novelas, que é

unha das cousas que

máis lle gusta facer.

Ten uns cabelos louros

como o ouro e un ollos

marróns clariños, non é

nin moi gorda nin moi

delgada. Agora é baixiña,

pero cando era máis nova

atopábase máis fermosa e

alta. Ten un carácter

amable e simpático, case

sempre está sorrindo.

Mira moito polos demais e

tamén é moi cariñosa coa

súa familia e cos seus

amigos. Si é necesario

sempre podes contar con

ela para que che bote

unha man, por exemplo,

cando meu irmán e eu

temos algunha dúbida cos

deberes ela está disposta

a aclarárnola, aínda que

non sempre atopemos a

solución.

Cando estou con ela fai

que me sinta unha rapaza

feliz; de pequena

arrolábame e cantábame

nanas (nun berce que ela

mesma me comprara).

Aínda recordo ben que

estaba feito de madeira e

tiña sabas brancas e un

edredón rosa, onde tiña

escrito o meu nome.

Creo que non está de

máis dicir que esta señora

da que tanto levo falado é

a miña avoa, que se

chama María Isabel. Ten

cerca de sesenta anos e

segue sendo tan amable

como o primeiro día no

que empecei a falar con

ela e me decatei do boa

que era.

Miña avoa ten dúas fillas:

miña nai Maribel e a súa

irmá Patricia (ámbalas

dúas están casadas).

Cando estaba

embarazada de miña nai

traballou ata os oito

meses de embarazo, algo

que agora é impensable,

por iso tamén digo que a

miña avoa é moi valente.

Por cousas como esas a

admiro tanto, estou

segura de que si hoxe en

día estivera eu no seu

lugar non tería o suficiente

valor de facer o mesmo ca

ela. O parto segundo miña

avoa conta, foi moi fácil,

porque foi por cesárea e

non se acorda de nada,

so llo recorda unha

cicatriz que lle deixou no

estómago.

Despois do embarazo non

pensedes que a vida lle

foi máis fácil, senón todo

o contrario, xa que tivo

que coidar de miña nai ela

soa, xa que o meu avó

(do que nunca vos falei)

atopábase traballando no

mar.

Unha das anécdotas que

sempre conta miña avoa

que pasou durante a vida

de miña nai é esta: cando

Maribel cumpriu os 4

anos, miña avoa levouna

á casa dunha veciña que

vivía tres casas máis

arriba. Ao lado da casa

había un pasamán e

Maribel empezou a xogar

nel e caeu abaixo. Do

pasamán ao chan había

unha distancia de quince

metros, e se non chega a

ser por unha muller que

se atopaba por alí abaixo,

Maribel non estaría hoxe

aquí. Logo foi ao hospital

a facer unha radiografía e

despois dunha longa

espera dixéronlle que tiña

un pé roto. Dentro do que

cabe todo quedara nun

susto, xa que miña nai tan

só tivo que estar tres

meses con escaiola e moi

A miña avoa María Isabel segue sendo tan amable como o primeiro día no que empecei a falar con ela e me decatei do boa que era

Page 20: Mulleres Boiro Xullo 2012

Certame de relatos curtos ‘A muller máis importante da miña vida’

pronto puido volver a

camiñar con normalidade.

Este foi un dos moitos

sustos que levou por

culpa da revoltosa da

miña nai, e que conseguiu

ir superando ela soa

pouco a pouco, e coa

axuda do meu avó cando

volvía a terra despois de

meses no mar.

Dous anos despois,

nacería miña tía Patricia,

un pouco máis tranquila

que Maribel. Por aqueles

tempos miña avoa non

traballaba, xa que viu que

a vida durante o

embarazo de miña nai xa

lle fora o suficiente dura e

non quixo volver a vivir o

mesmo. Ademais, agora

contaba coa axuda do seu

home, que decidiu deixar

de traballar ao ver que

Isabel non daba feito para

coidar das dúas fillas ela

soa, que aínda que poida

parecer fácil para ela non

o era; e as rapazas tamén

botaban en falta a figura

do pai.

As dúas irmáns levábanse

ben, aínda que coma

tódolos irmáns tiñan os

seus roces. No seu

carácter non se parecían

en nada, pero se as

mirabas a simple vista

ninguén podía negar que

fosen irmáns: eran como

dúas gotas de auga!

Os problemas que miña

avoa tivo con Patricia

foron máis leves que os

de Maribel, xa que non

era tan traste e non lle

daba tantos sustos. Miña

tía, xa desde moi pequena

(con 8 anos), sentíase mal

con ela mesma, víase fea

por culpa de que os

rapaces na escola se

metían con ela.

E falando disto, xa que

vos contei unha anécdota

da miña nai tamén vos

contarei outra da miña tía:

foi na súa primeira

comuñón cando xusto lle

caeu un dente, e é de

supoñer que cada vez que

lle mandaban sorrir nunha

foto ela evitábao a toda

costa, aínda que

nalgunhas non puido

evitar que se lle vira. Isto

supuxo para Patricia crer

que nas fotos saía fea.

Agora que xa ten trinta

anos segue

desgustándose ao velas,

aínda que recorda

aqueles tempos con máis

alegría que antes,

botando algunha que

outra risa ao ve-las fotos

do álbum.

Co tempo, os problemas

de Patricia foron

desaparecendo grazas á

insistencia de meus avós.

As irmás ían levando

mellor o día a día e a

relación de miña avoa co

meu avó conseguiu

consolidarse.

Ela, como muller

traballadora que era,

dedicábase a facer as

labores da casa. Miraba

das rapazas, ía mercar as

cousas necesarias para

toda a semana e cosía a

roupa de todos (xa que

tamén había que mirar

pola economía do fogar).

Era meu avó o que,

mentres tanto, facía

pequenos amaños nas

casas dos veciños para

traer cartos á casa, por

moi poucos que foran, xa

que todo era necesario

para comprar roupa para

as fillas, útiles para a casa

ou alimentos.

Ademais disto, tamén era

moi ordenada, xa que non

había un día que non

deixara unha cama sen

facer antes de saír da

casa, e tiña manías como

Dous anos despois naceu miña tía Patricia. As dúas irmáns levábanse ben, aínda que no carácter non se parecían en nada. Pero a simple vista ninguén podía negar que fosen irmás: eran coma dúas gotas de auga!

Cando a miña nai, Maribel, era pequena, xogando nun pasamán caeu duns 15 metros de altura. Doulle un bo susto á miña avoa, malia que só rompera un pé.

Page 21: Mulleres Boiro Xullo 2012

Certame de relatos curtos ‘A muller máis importante da miña vida’

as de non permitir que

ninguén se sentara á

mesa para comer sen

antes lava-las mans. Miña

nai sempre recorda os

enfados da avoa cada vez

que se lle esqueceu facer

algunha destas cousas.

Hoxe en día, o seu

carácter segue sendo

máis ou menos igual,

aínda que é un pouco

máis rosmona. A súa vida

é moito máis sinxela, xa

que as súas fillas xa están

casadas, aínda que segue

tendo a similitude de que

en vez de coidar delas

agora coida de nós, dos

seus netos (debido a que

nosos pais traballan e non

tódolos días poden estar

pendentes de nós). Outra

diferenza é que ademais

agora ten dúas bocas

máis que alimentar e

coidar (Linda e Deisy),

dous fermosos cans que

nos mercaron a nós

cando éramos pequenos.

Só sae da casa dúas

veces á semana: os

martes para ir ó mercado

e os sábados para ir á

praza, que lle encanta,

aínda que… os domingos,

para facer un descanso,

sempre vai co meu avó

dar un paseo por Boiro e

tomar algo contra a

noitiña. Isto é algo que lle

relaxa moito e que

consegue facerlle saír un

pouco da rutina da

semana. Outro dos seus

pasatempos é ver

telenovelas co meu avó e

comigo, mentres me

ensina a coser e a

ganchillar como a ela lle

ensinaron. Dela aprendín,

ademais de que nesta

vida hai que traballar

moito para conseguir o

que queres, a ter

paciencia, xa que ó

principio a min custábame

moito aprender os pasos

do ganchillo (non o vía

nada fácil), e ela a pesar

de todo nunca se rendeu

e seguiu aí día a día

comigo.

É unha tradición, ademais

dun gran traballo para

miña avoa (pero que fai

con moito agarimo e

ilusión), preparar tódolos

domingos un xantar para

toda a familia. Así,

reunímonos na casa dos

meus avós, meus pais,

meus irmáns, meus tíos,

etc. Miña avoa pasa toda

a mañá cociñando,

mentres que nós

normalmente compramos

algunha sobremesa para

quitarlle de riba a miña

avoa o ter que ir

compralas. Case sempre

comemos tarde, porque a

máis dun sempre se lle

pegan as sabas. A pesar

de todo, é raro o día no

que non conseguimos

pasalo estupendamente,

xa que despois da comida

facemos todos xuntos

xogos familiares.

Mesturados con algún que

outro chiste de meu avó,

sempre facemos dos

domingos un día especial,

un dos meus favoritos. Sei

que miña avoa acaba moi

cansada ó remate do día,

pero tamén sei que non

os cambiaría por nada do

mundo. A pesar do

esforzo que lle damos

meus irmáns e eu sei que

nos quere moito.

Con todo isto, quero

dicirvos que calquera

persoa que o propoña

pode conseguir o que

queira a pesar das

dificultades e do esforzo

que conleve, xa que o

mérito que se leva ó final

é moito mellor que tódolos

problemas que se viviron

durante o camiño. Este é

o caso da miña avoa, que

a pesares de todo o que

vos contei, agora

podemos dicir felices que

somos unha familia moi

unida e que estamos moi

orgullosos diso. ◘

Sempre facemos dos domingos un día especial. Sei que miña avoa acaba cansada ó remate do día, pero tamén sei que non os cambiaría por nada do mundo.

Page 22: Mulleres Boiro Xullo 2012
Page 23: Mulleres Boiro Xullo 2012
Page 24: Mulleres Boiro Xullo 2012

V Certame Literario Ramón Martínez López

Gañador Categoría H Poesía: Pedro Campos Gª

Calíope!

seguirás morrendo de pé coa Odisea nas mans,

recitando a Ilíada cun ton sarcástico,

case Perfecto,

mentres o ridículo pasa a formar parte do espectáculo.

E a moda, caricatura de todo espectador.

(Non son dúas caras...

É esta violencia televisiva, e sempre as mesmas noticias; esta realidade noxenta e chea de mal... felicidade finita.

TODO mentira, todo obrigas, todo leis normas e tradicións... un día traizoarannos, esa será a verdadeira odisea...

INEXPLICABLE, quén ten o poder? ás

quén ten o poder? pregúntome. veces

O poder é unha arma infinita... absurdas.

convértenos en máquinas!

espectadores e caricaturas

...un público modernizado

que atraca a man armada.

Connais-tu, comme moi, la douleur savoureuse

CHARLES BAUDELAIRE

O game over pasou a formar parte da rutina

ISMAEL RAMOS

(-:-)

...É un punto de mira)

Page 25: Mulleres Boiro Xullo 2012

V Certame Literario Ramón Martínez López

Naturalmente

teño un lugar no que me gusta estar...

Sempre son eu se non estás.

Adoro esta soidade infernal e chea de mal,

ver coma me reduzo a ósos,

escoitando flores rir...

Hai bichos...

moitos bichos,

a miña compaña cando non estás,

danme biquiños que morden e esfolan...

No meu ollo de sangue,

petella un Corvo;

como me gusta...

saber que está a gozar.

un + enriba de cada un...

ese é o poder;

as mans que manexan

o anaco de madeira...

do que penduran fíos invisíbeis,

que asoballan esa liberdade.

Calíope!

seguirás morrendo de pé...

pero sen saber ben por que. ◘

Page 26: Mulleres Boiro Xullo 2012

V Certame Literario Ramón Martínez López

Gañadora Categoría C

Relatos: Paula Vidal Gª

O sol incomodábame nos

ollos, pero as fotos ó sol

saían mellor.

O parque aquela tarde de

martes, estaba moi

baleiro. Había algúns

nenos xogando, pero nós

estabamos a uns cen

metros de distancia.

A miña cámara

profesional estaba no

chan co temporizador

posto, a tres metros de

Miriam, Lara, Marta, Paula

e eu. Estabamos

sentadas nun banco de

madeira entre dous

grandes carballos. Era un

banco para tres persoas,

entón eu tiña enriba a

Miriam, e Lara a Marta,

deixando a Paula soa.

Pasaron cinco segundos,

ata que o “piiiii”, indicando

que a cámara sacara a

foto, soou.

-Home, grazas por

marxinarme! – gritou

Paula, medio en broma,

medio en serio.

-Se sabes que che

queremos, muller. – dixen

sorrindo.

-Claro que o sei, Laura –

agora xa non se sentía

enfado na súa voz.

Eu fun a primeira en

levantarse. Collín a miña

cámara e deille ó botón

onde podes ver as fotos.

A foto saíra fermosa, o sol

estaba nunha esquina,

como un pequeno flash,

saímos sorrindo, todas

sairamos moi ben. Pero á

beira de Paula, podíase

ver un home vestido de

negro. O misterioso home

estaba coa cabeza baixa

e coa capucha posta. Non

se distinguía o seu rostro,

pero parecía un home

adulto. Non lembraba velo

pasar.

-Paula, ao sacar a foto,

vistes un home ao teu

carón? – preguntei.

-Eu? Non...

-E vós?

-Non. – responderon

todas ao unísono.

Non importaba. Puxen de

novo a cámara onde

estaba e volvinlle a dar ao

temporizador.

A foto foi máis ou menos

igual á outra. Mellor dito,

era igual que a outra,

cunha soa diferenza.

Nesta ocasión, o home

coa capa estaba ao meu

lado, listo para me tocar.

Un arrepío percorreu o

meu corpo. Tiña que estar

soñando... non, non o

estaba. Unha cámara

oculta?

-Laura, Laura! – Aínda

non había resposta, a

miña mente estaba só na

imaxe.

Todas se puxeron de pé e

observaron o que eu, con

cara de ver unha

pantasma (e tal vez o

fora), estaba vendo.

-Esta foto é de agora? –

Estaba claro que si o era.

-Si – dixen, cun fío de voz.

Rapidamente, sen

explicación, saquei tres

fotos en calquera lugar:

nunha saían algúns nenos

xogando no parque,

detrás de nós. Noutra,

dúas árbores, e a terceira

saíra borrosa. Como non,

en todas estaba o

misterioso home. Na

primeira, a piques de

coller a pelota coa que os

nenos estaban a xogar.

Na segunda, estaba

apoiado nunha árbore, e

coa terceira... o meu

corazón batía máis rápido

que nunca. Entre o fondo

do ceo borroso, azul con

franzas brancas, podíase

ver claramente o seu

rostro. Os seus ollos eran

negros, na súa totalidade,

non tiña branco. Estaba

rindo. Entre a boca os

seus dentes eran

indistinguibles, o interior

era como unha caverna,

igual que a roupa e os

ollos. Pola contra, a súa

pel estaba moi pálida,

case branca.

As cinco miramos arredor,

buscando o home. Pero

non vimos nada. Despois

diso, non trocamos moitas

palabras, ninguén sabía o

Page 27: Mulleres Boiro Xullo 2012

V Certame Literario Ramón Martínez López

que dicir. Só dixemos un

simple adeus, moi breve,

e corremos para as nosas

casas.

Cheguei a casa, díxenlle

un “ola” rápido á miña nai

e fun para o meu cuarto.

Sabía que aínda

conservaba a miña

cámara vella. Nos

caixóns, tal vez...

Ajá! Aquí estaba. Collín a

miña cámara, que estaba

empoeirada. Apertei o

botón de acendido e

agardei uns segundos, ata

que a luz se iluminase.

Rapidamente enfoquei un

recuncho do meu cuarto.

Quizais só fora un efecto

da cámara. Quizais sexa

só a miña imaxinación. Si,

claro que non era real.

Pero que digo! Só me

estou enganando a min

mesma.

Apertei o botón onde se

saca a foto e mirei para o

resultado rapidamente.

Permanecín cos ollos

cerrados ata que a

cámara me mostrase a

imaxe, gardando a case

inexistente esperanza de

que todo isto non fora

real. A miña cama estaba

en primeiro plano. E

encima da miña cama

estaba el, o de sempre.

Móstrase sorrindo,

mirando ao obxectivo.

Nesta ocasión, dos meus

ollos saíron pequenas

pingas de auga,

deslizándose lentamente

polas miñas meixelas.

Precisaba durmir. Quizais

fora o sono o que facía

que a miña mente non

funcionase como debería

facelo. Si, o meu

subconsciente estábame

a xogar unha mala

pasada.

Fun para a cama. O feito

de que un misterioso

home puidera estar aquí,

ao meu lado, deume un

calafrío. Non podía pensar

niso, tiña que durmir.

Tentei deixar a mente en

branco, sen moito éxito,

ata que adormecín.

Espertei de súpeto. Que

hora saíra? Aínda non

soara a alarma. Pulsei o

botón que iluminaba a

hora. As 6:44. Puf...

quedábanme só 16

minutos para espertar.

Acendín a luz, iría á

cociña a buscar un vaso

de auga. A luz

incomodábame nos ollos,

pero despois duns

segundos conseguín

abrilos. Abrilos como

pratos. As paredes eran

negras. As sabas eran

negras. O meu pixama

branco de corazóns rosas

era negro. Todo era

negro. Levanteime e fun

ao cuarto da miña nai, co

corazón a cen por hora.

Ela non estaba naquela

sala negra. Fun para a

cociña. Alí si que había

alguén, o home das miñas

fotografías. Estaba

sentado nunha cadeira,

bebendo café. Mirou para

min, deixando o vaso do

café na mesa, e dixo

sorrindo:

-Bos días, Laura.

Durmiches ben? Como

vés, non fai falla que me

convides.

Fiquei en silencio, con

máis medo do que nunca

tivera. Ao ver que non

dicía nada, o estraño ser

engadiu:

-Sabes? As pantasmas

non levan grandes sabas

brancas, como a xente

pensa. Non nos

dedicamos a asustar á

xente. Non podemos

aparecernos ante os

seres humanos de

calquera maneira.

O meu rostro mostraba un

terror aínda maior.

Mencionou a palabra

pantasma?

-Non te preocupes, non

che vou facer nada. Sinto

o da foto, eu non quería

asustarvos. Só quería

facerche pasar unha

proba, e creo que es

perfecta para a misión.

-M-mi-misión?-

pregunteille con medo da

súa resposta.

-Oh, descúlpame! O meu

nome é Xavier. Un pracer

coñecerche – entón

levantouse e deume a

Page 28: Mulleres Boiro Xullo 2012

V Certame Literario Ramón Martínez López

man. Estaba conxelada –

Quero que me fagas un

favor. Pero antes diso,

explícoche o da proba: eu

quería alguén que

puidese calar, por moi

grave que sexa o que

tivera que dicir. Non ir

onda os seus pais ou

inclusive, ata a policía,

buscando axuda. Sobre

as túas amigas, non te

preocupes, xa me

encarguei delas.- Parou

de falar e tomou un grolo

de café, pero vendo a

miña cara de terror, a

piques de chorar, dixo –

Eu non fixen nada, quero

dicir... non lles fixen nada

malo. Simplemente lles

borrei os recordos que

tiñan de min.

A miña cabeza daba

voltas. Era todo moi raro.

-En canto á misión,

comezarei desde o

principio. Cando o sangue

aínda corría polas miñas

veas, fun un famoso

fotógrafo de investigación.

Foi hai cinco anos. Estaba

nunha misión moi

importante. Tiña que

fotografar a uns grandes

traficantes coas mans na

masa. Conseguino, pero

cometín un pequeno erro:

víronme. Pensei que non

chegaran a verme a cara,

era case imposible porque

tiña a capucha posta, pero

fixérono. Cheguei a casa

e baixei as fotos no

ordenador, no meu

estudo, a poucos

quilómetros da miña casa.

Escondín o portátil, como

sempre facía. Estaba listo

para ser ensinado ó xefe,

pero cando cheguei a

casa fun secuestrado. Fun

torturado e forzado a

dicirlle onde estaban as

fotos. Non llo quixen dicir.

Non sei por que, pensei

que me ían rescatar os

meus compañeiros, que

sairía vivo daquel lugar.

Pero non foi así. A súa

intención era torturarme,

ata que confesara, pero o

coitelo que usaban para

ameazarme, situado no

pescozo, escorregou e

cortou a miña xugular.

Morrín desangrado. – A

súa voz era melancólica.

-E que podo facer? – No

único que pensaba era en

saír de alí.

Entón entregoume unha

carta, unha pequena nota,

unha dirección e unha

chave. As bolboretas no

meu estómago

reproducíronse e

multiplicáronse.

-O que quero que fagas é

ir ó meu estudo. Na

pequena nota tes a

dirección. Xa tes a chave.

Desde a entrada conta

doce azulexos, levanta

ese mesmo e atoparás o

meu portátil. O contrasinal

tamén está no papel. Vai

á carpeta “investigación

narcotráfico” e conecta o

ordenador á impresora

que verás no interior do

armario. Envía as fotos,

xunto coa carta, á policía,

pero non poñas o

remitente. – ao ver que

non respondía, engadiu –

Sei que isto pode ser

perigoso. Eu entendo que

non queiras, pero se non

fas iso non poderei estar

en paz. Levo moito tempo

buscando a alguén que

poida axudarme. Sabes?

O meu corpo aínda está

enterrado no lugar onde

eles me enterraron. Estou

desaparecido, non

asasinado. Os que me

mataron aínda están na

rúa, como se non fixeran

nada. Eu quero que o

paguen de forma xusta.

Podo asustalos, podo

matalos. Pero iso sería

inxusto.

Houbo unha pequena

pausa. Eu non podía

asimilar a situación. Na

miña mente había un

millón de pensamentos.

Ata que falou de novo:

-Adeus.

Piiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii.

Por primeira vez

alegreime de que soara o

son que máis odio. Mirei

para o reloxo e apaguei a

alarma, xa eran as 7:00.

Que soño máis raro!

Maldito subconsciente.

Espera, que era o que tiña

na man? Saquei a man

das sabas e mirei o que

tiña. Era unha carta, unha

nota e unha chave.

Page 29: Mulleres Boiro Xullo 2012

V Certame Literario Ramón Martínez López

Levánteime rapidamente

e mirei as imaxes da miña

cámara. Ollei as fotos.

Non todo foi un soño. En

realidade, nada foi un

soño.

Xa pasou máis dunha

semana. Unha semana

sen durmir. Unha semana

sentíndome asexada

polas noites. Unha

semana durmíndome na

clase e aturando as

broncas da miña nai. Xa

non podo esperar máis.

O día despois do meu

soño, preparei o sobre.

Non pensaba enviala,

pero dadas as

circunstancias, teño que

facelo.

Neste exacto momento,

estou na pequena casa do

enderezo que o home me

deu. É lonxe de todo. Nos

seus arredores hai só

algunhas fábricas, pero

parecen abandonadas,

como esta casa.

A chave encaixa

perfectamente na

pechadura. No interior, hai

só unha pequena sala

cunha mesa e un armario.

Os azulexos son grises.

Conto doce e detéñome

cando acabo. Nótase que

é esa porque ten unha

esquina partida, para

poder levantala. Xa vexo

o portátil. Agora miro onde

está a impresora. Aquí

está. Só teño que liga-la ó

ordenador. Enchúfoo e

introduzo o contrasinal:

MPMLMQN2010. Como

podería recordar todo

isto? Ollo para todas as

carpetas e... Ajá! Doulle a

imprimir rapidamente as

fotos, e rapidamente saen

polo burato. Mostran tres

homes descargando

bolsas de plástico dun

buque. Sen observar

moito, métoas no sobre

coa carta que Xavier me

deu. Carta que nunca me

atrevín a ler.

Coloquei todo no lugar no

que estaba e funme

rápido daquel lugar

escuro. Non quería estar

aquí máis dun segundo.

Corro e vou para a caixa

de Correos.

Chego e introduzo a carta

para a policía sen

remitente no buraco da

caixa amarela. Podo

descansar en paz.

Puxen o meu pixama e

metinme na cama. A

pesar de que fixera o que

el me mandara, déitome

pensando que

seguramente vou pasar

outra noite sen durmir.

Piiiiiiiiiiiiiiiiiii.

A alarma soa. Acendo a

luz e desactivo a alarma,

con sono. Espera, sono?

Ben! Podo finalmente

durmir en paz.

Levántome moi feliz e vou

ata a cociña para o

almorzo. O meu pai está

aí co xornal sobre a mesa.

Na primeira páxina ollo

para o titular:

UN ANÓNIMO LOGRA

DESMANTELAR UNHA

REDE DE

NARCOTRÁFICO E

IMPUTALOS NUN

ASASINATO ◘

No Suplemento Literario Mulleres Boiro publicaremos os dez relatos finalistas no certame A muller máis importante da miña vida. Tamén recolleremos os textos gañadores do V Certame Ramón Martínez López, incluídas algunhas pezas aínda non publicadas en Mulleres Boiro.

Page 30: Mulleres Boiro Xullo 2012

Quen se resiste a repetir un prato de suculentas ameixas á mariñeira? / Fotografías: Blogger.com

Inés España / Boiro

Ingredientes:

1 kg de ameixas

1 cebola grande

3 dentes de allo

1 vaso de viño branco

2 culleradas de fariña

Pimentón doce

Sal

Aceite de oliva

Elaboración:

1. Nunha ola cun pouco de aceite de oliva poñemos a pochar a cebola e o allo a lume medio.

2. Botamos as ameixas limpas na ola.

3. Nun recipiente botamos o viño, as dúas culleradas de fariña, o sal e un pouco de pimentón doce. O mesturamos ben sen que queden grumos.

4. A continuación engadimos as ameixas, que tiñamos na ola coas cebolas e o allo pochados, á mestura de viño, fariña, sal e pimentón. Removemos ben.

5. Deixamos que se cozan, corrixindo de sal de vez en cando e tendo coidado de non remexer demasiado, para que as ameixas non se separen da cuncha.

6. Cando estean listas, deixamos repousar un anaco antes de servir.◘

Desta vez traémosvos dúas receitas tipicamente galegas. Por unha banda, unhas

saborosas ameixas á mariñeira, prato típico para calquera celebración que se prece. E

de postre, unha torta de Santiago. Xa non fará falla ir de turismo a Compostela para

poder disfrutar desta delicia Xacobea.

Page 31: Mulleres Boiro Xullo 2012

O típico debuxo da cruz de Santiago conséguese

espolvoreando azucre glasé sobre unha plantilla / Fotografía:

Cocina Española Clarín

Elaboración:

1. Untamos o molde con manteiga e fariña.

2. Separamos as claras das xemas.

3. Mesturamos as claras co azucre e as montamos a punto de neve.

4. Mesturamos a fariña coa manteiga e o vaso de auga.

5. Engadimos as améndoas e a raiadura de limón.

6. Por último, engadimos as claras montadas a punto de neve.

7. Introducimos no forno a 180º. Compróbase cun palillo a cocción, ata que este saia limpo (momento no que a torta estará lista).

8. Deixamos que repouse un pouco e espolvoreamos con azucre glasé. Se tes unha plantilla con debuxo quedará máis bonito.◘

Inés España / Boiro

Ingredientes:

400 gr de fariña

500 gr de améndoas moídas

500 grs. de azucre

250 gr. de manteiga

Raiadura de limón

Azucre glasé

1 vaso de auga

Page 32: Mulleres Boiro Xullo 2012

Mulleres valentes e enérxicas pronunciaron estas frases, que non pretendían senón destacar o

papel secundario ao que se viron relegadas as súas coetáneas, e loitar porque as súas

sucesoras, algún día, non coñeceran nunca máis o significado da palabra sexismo.

Jessica Hermo – Sara Outeiral / Boiro

Page 33: Mulleres Boiro Xullo 2012
Page 34: Mulleres Boiro Xullo 2012
Page 35: Mulleres Boiro Xullo 2012

Fotografías: Concello de Boiro

Page 36: Mulleres Boiro Xullo 2012

Concello de Boiro

Plaza de Galicia s/n

15930 Boiro (A Coruña)

www.boiro.org