Mouros galegos

20

Transcript of Mouros galegos

Page 1: Mouros galegos
Page 2: Mouros galegos

ORIXE MORFOLÓXICO:

mouro

“mor”, pedra

“mor”, morte

O significado morfolóxico está pouco definido, polo

que pasemos ó concepto…

Page 3: Mouros galegos

Todos estabades a pensar que “mouros” ten que ver cos musulmáns, mais non é así.

Se vos digo que forma parte da cultura mitolóxica e castrexa galega, que me dicides?

Pois non son árabes nin musulmáns son os máis primitivos e mitolóxicos habitantes de Galicia…

Page 4: Mouros galegos

Son un pobo máxico, antigos habitantes de Galicia, hoxe agochado baixo terra. Era a Mourindade.

Equivaldrían ós Pictos escoceses, os Fairies ingleses… e un longo etcétera relacionado coas culturas primitivas dun lugar.

Page 5: Mouros galegos

Pictos escoceses

Fairies ingleses

Page 6: Mouros galegos

Son os constructores de…

Eles saberán descifralos!

Petroglifos

Page 7: Mouros galegos

Nunca vos preguntáchedes quenes ou como construíron as mámoas?

Fixéronas así?

Tamén os mouros!

Page 8: Mouros galegos

Como non, os castros, tamén son obra súa!

Page 9: Mouros galegos

Vivían na superficie ata que foron expulsados ó outro mundo baixo terra, deixando os castros descubertos, vivindo debaixo deles daquela…

Page 10: Mouros galegos

Fan vida nocturna.

Viven tamén baixo a auga.

Viven en todo o que non

pareza natural, pero tamén

baixo onde viven os

humanos.

Page 11: Mouros galegos

A pesar da súa calidade de máxicos, fan actividades propias dos humanos, coma calquera das que podamos facer n ós agora mesmo.

Gardan tesouros ós que non lle dan ningún aprecio. Soen ser de ouro. Así xorde a lenda das aldeas máis remotas da Trabe de ouro ou de alcatrán: se atopas a de ouro, faste rico, se é a de alcatrán… acaban desaparecendo os arredores da viga!

Page 12: Mouros galegos

A pesares de ser seres máxicos humanizados teñen trato cos habitantes da superficie, aínda que só cando eles queres, cando lles convén.

O mouro ofrece o seu ouro a cambio dun favor, se o humano desvela o segredo dos mouros, pode morrer. A fin de contas, non son humanos.

Non son fáciles de ver, só se ven se eles queren ou por descoido. Se alguén os ve cando non queren, cégano.

Page 13: Mouros galegos

Non é moi difícil deducir que se se chaman mouros, a súa pel será negra e terrosa. Istodistínguenos das mouras, que pode parecer que son do mesmo orixe, pero non. As mouras son mulleres belísimas e encantadas que viven nas fontes, castros, mámoas, baixo a terra e auga. Teñen cabelos rubios, vermellos máis ca louros. Gardan tesouros; que ofrecen a un mozo a cambio dun bico, mais cando llo pide é unha cobra en lugar dunha moza fermosa, se quere conseguir as riquezas tenllo que dar.

Page 14: Mouros galegos

Mouras

Page 15: Mouros galegos

Viven na Mourindade. É a súa nación encantada hoxe soterrada, agachada baixo a terra e baixo penedos que os mouros saben abrir e pechar por portas que os humanos non ven.

Moitos humanos teñen estado na Mourindade, por azar ou desgraza, uns foron tratados ben outros non.

Page 16: Mouros galegos

Son coñecidos por diversos nomes: xentís, celtas, árabes, romanos, negros, primitivos… Mais os mouros galegos, son mouros. Aínda que tamén se lles pode chamar encantos ou señores. Hai moitas teorías sobre eles, uns cren que son unha imaxe inversa dos labregos, ámimas dos mortos, os primitivos habitantes de Galicia… Moitas. O que si que é certo é que nas pequenas e xa case abandonadas, ou abandonadas, aldeas que están repartidas por toda Galicia, houbo alguén na historia dese poboado que escoitou falar dos mouros e as súas lendas.

Page 17: Mouros galegos

Aínda que fosen seres míticos eran prácticamente humanos. O que facían eles facémolo nós, a súa forma de traballar, de vivir, de subsistir, de alimentarse, os seus tratos e vinganzas… poden aplicarse a feitos de pleno século XXI aínda que a súa existencia non esté demostrada en fontes escritas e fundaméntese en lendas populares. Mais as veces, as lendas populares teñen máis verdade ca conto e imaxinación nos ideias que transmiten.

Page 18: Mouros galegos

Poden ser tamén a lembranza dos deuses destes poboados, substituídos logo polos santos cristiáns; o que explicaría o seu carácter máxico e sobrenatural e a prestancia e riqueza, que ás veces sexan louros, luminosos e outras negros, o negro é a cor dos deuses vencidos, agora nocturnos e agochados baixo a terra. Pero os mouros de agora non semellan deuses senón humanos.

Page 19: Mouros galegos

Está a memoria dos mouros morta na sociedade galega?

Déixovos tamén un vídeo que recolle parte da cultura dos castros e outro que mostra o lado máis mitolóxico da cultura castrexa, relacionado cos mitos dos mouros.

Page 20: Mouros galegos

TRABALLO REALIZADO POR NATALIA PORCA RODRÍGUEZ 2º BAC G

BIBLIOGRAFÍA:

- LIBRO: “ Diccionario dos seres míticos gallegos”- YouTube- La Voz de Galicia