MANUAL SLIDESHARE

5
Grupo de Traballo: O CEIP Coutada Beade dando pasos cara a Escola 2.0. Coordinación: Susana Esmorís Fernández. Slideshare é unha aplicación web que nos permite almacenar arquivos en formatos pdf, ppt e moitos máis. Para poder facelo é necesario rexistrarnos. ENDEREZO: http://www.slideshare.net/login?from_logout=1 1) Rexistrarnos na web. Para facelo, pulsaremos en “Signup”. (E en posteriores accesos entraremos a través de Login” cos datos de usuario e contrasinal que creemos neste primeiro paso). O rexistro non é demasiado complicado; só temos que indicar unha direción de correo (recomendable non usar a da xunta porque nos enviarán bastantes emails de propaganda), o noso nome e a contrasinal. Aceptar términos de uso. E LISTO!!!

description

Manual para realizar unha presentación como a que estás a ver.

Transcript of MANUAL SLIDESHARE

Grupo de Traballo: O CEIP Coutada Beade dando pasos cara a Escola 2.0. Coordinación: Susana Esmorís Fernández.

Slideshare é unha aplicación web que nos permite almacenar arquivos en formatos pdf, ppt e

moitos máis.

Para poder facelo é necesario rexistrarnos.

ENDEREZO: http://www.slideshare.net/login?from_logout=1

1) Rexistrarnos na web.

Para facelo, pulsaremos en “Signup”. (E en posteriores accesos entraremos a través de

“Login” cos datos de usuario e contrasinal que creemos neste primeiro paso).

O rexistro non é demasiado complicado; só temos que indicar unha direción de correo

(recomendable non usar a da xunta porque nos enviarán bastantes emails de propaganda), o

noso nome e a contrasinal. Aceptar términos de uso. E LISTO!!!

Grupo de Traballo: O CEIP Coutada Beade dando pasos cara a Escola 2.0. Coordinación: Susana Esmorís Fernández.

O meu nome de usuario

A miña contrasinal

2) Cómo subir un arquivo a Slideshare

�Sabremos que estamos dentro da aplicación porque nos saluda có noso nome .

Se pulsamos en “My Slideshare”, veremos os nosos arquivos almacenados.

Para subir novos arquivos, pinchamos en “Upload”. Chegamos á pantalla superior.

Grupo de Traballo: O CEIP Coutada Beade dando pasos cara a Escola 2.0. Coordinación: Susana Esmorís Fernández.

Pulsamos en “Browse and select files” para buscar e selecionar arquivos dende o noso PC ou

ben outro dispositivo extraíble (cd, usb) .

Aparece a xanela que na que se amosa o contido do noso PC (igual que cando dende o correo

da Xunta adxuntamos un arquivo). Selecionamos o arquivo. Ollo; só nos aparecerán os

arquivos cuxo formato sexa aceptado por Slideshare: arquivos .ppt, .doc, pdf, etc.

Una vez elixido pulsamos en “Abrir”. Observaremos o avance da carga. (Tarda bastante en

subir pero merece a pena esperar).

Rematada a carga, na ventá que aparece escollemos cómo queremos que sexa o arquivo.

Facemos unha pequena descrición e poñemos etiquetas se o cremos conveniente (sería como

palabras clave de búsqueda)

Indicamos se queremos que poida ser descargado por terceiros e, finalmente pulsamos o

botón “Publish”.

Nesta xanela infórmanno se a carga foi efectuada correctamente pois, cando apareza o rótulo

“Work in progress”, significa que o proceso rematou correctamente.

Aparecerán las etiquetas que temos postas e si se trata dun arquivo público ou ben privado (só

o verían as persoas que convidamos).

Co tempo, e no caso de que sexa visitado, aparecerá tamén o número de visitas.

3)Insertar as miñas publicacións nun sitio web: blogger ou web por exemplo.

Para conseguir o código a insertar a presentación no noso sitio, facemos clic no nombre do

arquivo.

Grupo de Traballo: O CEIP Coutada Beade dando pasos cara a Escola 2.0. Coordinación: Susana Esmorís Fernández.

Na parte esquerda, apareceranos unha miniatura do arquivo e, na parte dereita (entre outras

cousas) veremos o código html para insertar na web ou blog. Normalmente aparece marcado

cunha frecha vermella.

Se facemos clic sobre éste, quedará marcado (cor azul). Una vez marcado o código, copiámolo

“Control+C” ou co botón dereito do rato.

Grupo de Traballo: O CEIP Coutada Beade dando pasos cara a Escola 2.0. Coordinación: Susana Esmorís Fernández.

Co código copiado, imos ao blog ou web.

Pegámolo en modo HTML con “Control+V” ou co botón dereito do rato e, PUBLICAMOS.

*AO REMATAR PREMEMOS SEMPRE EN “LOGOUT” NA PARTE SUPERIOR DEREITA DA PÁXINA.

** Cómo pegar en código html verémolo na próxima sesión de formación o vindeiro

23Febreiro.