Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as...

28
Manual de VERMICOMPOSTAXE www.sogama.es

Transcript of Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as...

Page 1: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

Manual de VerMicoMpostaxe

www.sogama.es

Page 2: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

Manual editado por SOGAMA y ECOCELTA

Page 3: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

3

ÍNDice

- QUE É A VERMICOMPOSTAXE

- POR QUE FACER A VERMICOMPOSTAXE? VANTAXES FRONTE Á COMPOSTAXE TRADICIONAL

- QUE PODE FACER O VERMICOMPOST POLA TÚA HORTA?

- COMO FACER VERMICOMPOST?

- TIPOS DE SISTEMAS DE VERMICOMPOSTAXE

- POSTA EN MARCHA DO SISTEMA VERTICAL

- MANTEMENTO DO VERMICOMPOSTEIRO

- CAPACIDADE E PRODUTIVIDADE DO SISTEMA

- COLLEITA E APLICACIÓN DO HUMUS DE MIÑOCA

- POR QUE O VERMICOMPOSTEIRO NON FUNCIONA BEN? PREGUNTAS E RESPOSTAS

3

Page 4: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

4

Qué é a VerMicoMpostaxe?

A vermicompostaxe é o proceso de descomposición da materia orgánica a través da miñoca de terra, sendo a especie máis utilizada para este fin a do xénero Eisenia, concretamente a eisenia andrei, toda vez que presenta altas taxas de reprodución e de dixestión.

A vermicompostaxe pode desenvolverse en calquera domicilio ou centro educativo, utilizando os residuos orgánicos procedentes de restos vexetais frescos, froitas e hortalizas que se xeran nas cociñas. As miñocas vermellas, a través dos seus tubos dixestivos, e coa acción combinada de microorga-nismos, transforman a materia orgánica nun produto chamado vermicom-post ou humus de miñoca.

4

Manual de VERMICOMPOSTAXEQué é?

Page 5: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

55

Manual de VERMICOMPOSTAXEA Regra dos 3 R

por qué facerVerMicoMpostaxe?A vermicompostaxe é unha técnica de xestión de residuos orgánicos medioam-bientalmente sostible que se axusta plenamente á regra dos 3 R, isto é, reducir, reutilizar e reciclar.

1

2

3

reducir: a alimentación dun vermicomposteiro con parte da fracción orgá-nica producida nun domicilio supón diminuír en boa medida o lixo xerado na vivenda. Con isto redúcese a cantidade de desperdicios a transportar e xes-tionar posteriormente na correspondente planta de tratamento. Ademais, a xeración dun fertilizante natural evita a dependencia de abonos comerciais orgánicos e químicos, e, xa que logo, o risco de contaminación que entraña a aplicación destes últimos nos solos.

reutilizar: coa vermicompostaxe ponse en valor un produto que doutro xei-to acabaría no cubo do lixo, convertíndoo nun fertilizante de gran calidade para a horta.

reciclar: obtense un recurso a partir do que, a priori, se considera un residuo, posibilitando así a reciclaxe da materia orgánica producida diariamente nos fogares, cuantificada en 1,5 quilogramos.

Page 6: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

66

Manual de VERMICOMPOSTAXEDiferenzas compost/vermicompost: O PROCESO

compost

compost

Vermicompost

Vermicompost

Xestiónase gran cantidade de restos orgánicos.

Hai menor esixencia en canto aos restos orgá-nicos que se poden adicionar ao composteiro.

O mantemento é máis custoso de realizar en canto a loxística se refire.

Debe controlarse que o material alcance as al-tas temperaturas necesarias para a súa correc-ta hixienización.

Proceso máis rápido grazas á miñoca e aos microorganismos asociados.

O material non alcanza altas temperaturas, o propio proceso de dixestión na miñoca asegu-ra a hixienización do produto final.

Favorécese a implicación das persoas no pro-ceso, sendo este máis didáctico e incremen-tando a participación cidadá.

Pódese xestionar unha menor cantidade de restos orgánicos.

A alimentación do vermicomposteiro debe ser selectiva e acorde cos requerimentos das mi-ñocas.

PROS

CONTRAS

Page 7: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

77

Manual de VERMICOMPOSTAXEDiferenzas compost/vermicompost: O PRODUTO

compost VermicompostAs altas temperaturas acadadas desactivan as sementes presentes no material.

Produto de gran calidade agronómica que presenta na súa composición enzimas e mi-croorganismos, ademais doutras característi-cas concedidas polo proceso de dixestión no interior da miñoca.

As enzimas dixestivas da miñoca encárganse da eliminación das sementes presentes no material.

Presenta grandes cantidades de humus, ma-teria orgánica estable, e non hai risco de lixi-viado nos nutrientes que contén.

O vermicompost é máis bioestable e con-tén microorganismos e enzimas ausentes no compost.

PROS

Page 8: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

8

Manual de VERMICOMPOSTAXEEisenia andrei

as obreiras: MiÑoca da terra

Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser este Estado o pioneiro no uso da mesma a nivel in-dustrial, eisenia andrei é a especie máis utilizada para a vermicompos-taxe debido a que, condicionada polo seu ecosistema habitual, está afeita a consumir materia orgánica, posuíndo unha gran tolerancia ás modificacións medioambientais e unha alta taxa de reprodución. Todas estas característi-cas fan que E. andrei sexa un organis-mo resistente, que destaca ademais pola súa alta taxa de xestión, xa que cada individuo é capaz de inxerir dia-riamente o 90% do seu peso e de excretar un 60% do alimento consumido en forma de humus.

As miñocas son animais hermafroditas (ambos sexos), pero non se auto-fecundan, senon que precisan doutro exemplar que aporte os espermato-zoides. Trala cópula, cada exemplar pon ovos (como pequenos limóns) que son amarelo-verdosos nun principio e mudan a alaranxados cando están a piques de eclosionar. Cada ovo pode conter varias miñocas que aumenta expoñencialmente o cultivo cando as condicións son as ideais.

Eisenia andrei

• Hábitat: horizonte orgánico do solo• Temperatura: 10-25ºC• Humidade: 60-85%• Ciclo de vida: 60-90 días• Posta ovos: 100 postas anuais

8

Page 9: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

9

Manual de VERMICOMPOSTAXEO vermicompost na túa horta

Qúé fai o vermicompost pola túa horta?

o vermicompost é un abono natural e ecolóxico que ten un gran valor agronómi-co debido ás propiedades físico-químicas que lle outorga o proceso de dixestión no interior da miñoca. O humus desta, ademais de nutrientes esenciais, posúe ca-racterísticas que o fan único fronte a outros produtos fertilizantes, destacando o contido en acedos húmicos, acedos fúlvicos, a presenza de microorganismos bené-ficos para o solo, enzimas e fitohormonas que favorecen e melloran o crecemento vexetal.

o humus é a materia orgánica na forma máis estable que se pode atopar na na-tureza. Este composto favorece a estru-tura do solo, facendo que este sexa máis esponxoso, que o desenvolvemento ra-dicular do mesmo sexa máis sinxelo e que teña maior capacidade de retención da humidade, facilitando igualmente a súa aireación e a regulación do pH, xa que o estabiliza.

O vermicompost aumenta en 5 ou 6 ve-ces o rendemento que pode chegar a ter un compost común, ademais de favore-cer a resistencia dos cultivos ante pragas e enfermidades.

É especialmente interesante o efecto protector que o humus xera sobre os cultivos aos que se aplica:

• Mellora a sanidade do solo, protexéndoo fronte ao ataque de patóxenos.

• Favorece o desenvolvemento e calidade da planta, xa que a fai máis resistente ante posibles enfermidades.

• Os microorganismos presentes na súa composición estimulan a actividade mico-rriza da zona radicular, coa particularidade de que a diversidade microbiana e a ele-vada carga enzimática aumenta a solubili-dade dos nutrientes do solo, facendo que estean inmediatamente dispoñibles para as plantas.

9

Page 10: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

10

Manual de VERMICOMPOSTAXECómo se fai?

cómo facer vermicompost?

O máis importante é elixir correctamente os materiais que se incorporan ao vermicomposteiro.

Se ben as miñocas son capaces de transformar diferentes formas de mate-ria orgánica en humus, hai que identificar aqueles materiais que lles resul-tan especialmente beneficiosos, xa que determinarán a calidade do humus e as taxas de reprodución obtidas.

Achégase unha táboa na que se especifican os materiais aptos e non aptos para a vermicompostaxe. Dentro dos materiais clasificados como aptos, distinguimos entre os que poden ser aportados en grandes cantidades e aqueles que, dadas as súas características, non resultan óptimos para as miñocas.

o tamaño dos alimentos que introduzamos no vermicomposteiro influirá na velocidade coa que as miñocas realicen o seu traballo. Así, se se que-re ter unha transformación do residuo orgánico máis áxil, recomendamos triturar os materiais, proceso aínda máis necesario no caso de aqueles que sexan “duros” como restos de poda, cartón, etc.

Vixiaremos que a capa onde depositamos os residuos se atope aireada, húmida e cálida para asegurar unha correcta produción de vermicompost.

10

Page 11: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

11

Manual de VERMICOMPOSTAXEDiferenzas compost/vermicompost: O PRODUTO

Materiais a vermicompostar

altas cantidades Baixas cantidades

• Refugallos vexetais de cociña• Restos de froita• Follas e restos de poda• Pousos de café• Esterco

• Plásticos• Vidro e metais• Papel e cartón impresos• Alimentos salados ou avinagrados• Tecidos sintéticos• Aceite• Restos de coníferas• Carne e peixe

• Restos de pan• Serrín, virutas• Cartón, papel e panos sen tinta• Cítricos• Céspede• Cáscaras de ovo

APTOS

NON APTOS

11

Page 12: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

12

Manual de VERMICOMPOSTAXETipos

tipos de sistemas de VerMicoMpostaxe

Existen diferentes tipos de vermicomposteiros no mercado. A selección debe basearse na capacidade de produción de humus que se pretenda ou na dispoñibilidade de materia orgánica a vermicompostar.

Todos os vermicomposteiros deben cumprir unha serie de requisitos que garantan a correcta acción das miñocas de terra.

Os materiais cos que estean construídos deben ser illantes de cara a asegurar unha temperatura constante no seu interior.

Deben ser opacos, xa que as miñocas son fotofóbicas, é dicir, resultan danadas pola luz solar.

1

2

12

Page 13: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

13

Manual de VERMICOMPOSTAXETipos

VerMicoMposteiros DoMésticos: Están concibidos para instalarse en nú-cleos familiares. A súa capacidade de xestión pode chegar ata os 500 gra-mos/día. A súa disposición adoita ser vertical, para ocupar o menor espazo posible. Dispoñen de varios módulos, o que facilita a continuidade do proceso. Mentres se recolle o humus do primeiro módulo, as miñocas actúan no segun-do, procedendo o usuario a alimentar o terceiro módulo.

VerMicoMposteiros coMuNitarios:Ideados para ser instalados en zonas comúns de comunidades, teñen unhas dimensións maiores, polo que poden xestionar máis cantidades de residuos: ata 6 quilos diarios de materia orgánica.

VerMicoMposteiros iNDustriais: os estáticos e continuos permiten a ali-mentación de materia orgánica e reco-llida de humus de forma simultánea.

tipos de sistemas de VerMicoMpostaxe

Atendendo á súa capacidade, podemos clasificalos en tres grandes familias: do-mésticos, comunitarios e industriais.

13

Page 14: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

14

Manual de VERMICOMPOSTAXEO Sistema Vertical

O sistema vertical está composto por un núcleo de miñocas (Vermi-box) e tres caixóns da vermicom-postaxe.

posta en marcha do sistema vertical

o Vermibox

inicio do sistema

O vermibox é un núcleo onde se atopan uns 500 gramos de miño-cas, adultas e no-vas. Contén aproxi-madamente unha poboación de 200 miñocas adultas, listas para consumir 450 gramos diarios de materia orgánica. O número de miñocas irá crecendo en función da dispoñibilidade de ali-mento.

Colócase o vermi-box no fondo dun-ha das caixas da vermicompostaxe. Recomendamos unha inoculación lateral das miñocas ao novo residuo. Débese colocar o material do vermi-box nun dos laterais da caixa e os residuos orgánicos xusto á beira, cubrindo o resto do fondo, tal e como se mostra na imaxe.

14

Page 15: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

15

Manual de VERMICOMPOSTAXEO Sistema Vertical

posta en marcha do sistema vertical

É probable que as miñocas non penetren nos novos residuos por algún composto que non lles guste. Neste caso, é preciso revisar o apartado de alimentación das miñocas deste mesmo manual.

Débese regar un pouco ao principio, cando se engaden os novos residuos orgáni-cos. A humidade ideal é aquela na que, tras apertar un puñado de residuo, éste non gotee.

Debemos revisar o proceso cada dous días ata que as miñocas penetren nos novos restos orgánicos. Cando así sexa, o cultivo estará listo para seguir calquera dos mo-delos de subministración de novos residuos.

15

Page 16: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

16

Manual de VERMICOMPOSTAXEO Sistema Vertical / Modelos

Modelo de subministración continuo

Aquel que se realiza a medida que as miñocas van dixerindo o vello resi-duo.

Diariamente, ou cada semana, aportarase unha nova capa de residuos. Unha capa de 5 centímetros aproximadamente será suficiente, aínda que depende un pouco da taxa de dixestión e da posibilidade de alimentar as miñocas máis asiduamente.

cando a caixa estea a piques de chegar ao seu límite superior, debemos colocar a nova caixa enriba, pero sen a tapa inferior. Nesta nova caixa superior ponse novo residuo para que as miño-cas continúen o seu ascenso.

A subministración de residuos continúa na caixa superior e, unha vez acadados uns 15-20 centímetros de espesor, po-demos retirar a caixa inferior, xa que a inmensa maioría das miñocas subiron á capa superior. Pode darse o caso de que quede algunha miñoca na caixa inferior, pero non é necesario deterse a escolle-las, a non ser que o traspaso non funcio-ne correctamente. De ser así, debemos seleccionalas manualmente.

1

2

Page 17: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

17

Manual de VERMICOMPOSTAXEO Sistema Vertical / Modelos

Modelo de subministración total.

Aquí, o aporte de novo residuo realízase enchendo dunha soa vez a totalidade da caixa xunto coas miñocas. Con este sistema, non temos máis que agardar a que as miñocas dixiran a totalidade da caixa.

Cando a caixa estea dixerida (doado de distinguir pola estrutura do ma-terial), é o momento do traspaso das miñocas a unha nova caixa, que debe situarse debaixo da xa dixerida e chea do novo residuo. o tempo necesario para que as miñocas se traspasen desde a caixa superior á inferior pode variar entre 5 e 10 días. É habitual que o traspaso non sexa total, pero non é necesario escoller as miñocas, a menos que o traspaso non teña lugar.

1

Page 18: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

18

Manual de VERMICOMPOSTAXEMantemento

Mantemento do vermicomposteiro

Hai que ter en conta unha serie de aspectos para conseguir o éxito no noso sistema de vermicompostaxe vertical.

emprazamento das caixas. O ideal é manter as caixas baixo algún tipo de cuberta para evitar que se encharquen de auga de choiva. Ademais, po-den permanecer perfectamente en balcóns pechados, garaxes, trasteiros ou similares, xa que o cheiro desaparece cando as miñocas fan as galerías no interior dos residuos. Tampouco deberían xerar lixiviado algún, a non ser que o rego para manter a humidade sexa excesivo. Se o emprazamento é ao aire libre, faise obrigado contar con algún tipo de tellado que protexa da choiva e ubicar as caixas algo alonxadas do solo(apoiadas nun palet ou similar) para evitar o acceso de auga e que as miñocas fuxan.

temperatura ideal. A temperatura ideal para a vida das miñocas sitúase en torno aos 15º C de media (entre 10 e 25º C). Cando o cultivo está no exterior, os cambios bruscos de temperatura (día-noite) ralentizan todo o proceso e ata poden afectar á viabilidade das miñocas (por baixo dos 4º C e por riba de 30º C). No verán é aconsellable regar as caixas por fóra para diminuír a temperatura. Se o cultivo está situado no interior, a temperatura é menos fluctuante, co que todo o proceso se acelera

pH (acidez ou alcalinidade). En xeral, o pH non adoita ser limitante. Cabe prestar atención cando os restos conteñen algún tipo de vinagre ou aceite. Nese caso, a dose de subministración debe ser menor e vixiar máis a miú-do o cultivo.salinidade. Só con estercos moi puros ou recentes. Debemos deixar que se

Page 19: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

19

Manual de VERMICOMPOSTAXEMantemento

laven un pouco e que transcorra máis tempo antes de aportalos ao cultivo. É preci-so ter especial precaución se aportamos algas mariñas sen desalar, xa que, non só se verá afectada a vida das miñocas, senón tamén o abono final obtido. Este abono salino resulta tóxico e mortal para a vida das plantas.

Mantemento da humidade do cultivo. En xeral, sempre debemos humedecer os novos residuos subministrados ao cultivo, sobre todo para que as miñocas os ato-pen máis atractivos e se mellore así a dixestión. As miñocas senten atracción polos ambientes máis húmidos, co que propiciamos que abandonen o residuo dixerido cara a un novo. Debemos regar por aspersión con pulverizadores. Nunca con rega-deiras, xa que o arrastre da auga é maior e poderemos xerar lixiviados indesexables. A humidade ideal rolda o 60-80%. Domésticamente, “ao apertar un puño, molla a man pero non gotea”.

Novas miñocas e ovos. Se queremos aproveitar ao máximo o rendemento dos ovos, debemos deixar que eclosionen antes de utilizar e abono. Dependendo da especie de miñoca utilizada, o tempo de espera para que todos os ovos eclosio-nen é variable. O máis común é utilizar a miñoca vermella de California (Eisenia andrei) e a miñoca tigre ou rayada (Eisenia foetida), que posúen o mesmo ciclo de vida e son as mellor adaptadas ás condicións climáticas da península. Se manexa-mos estas especies, debemos manter o abono en momento de secado alomenos 1 mes, así daremos tempo a que todos os ovos eclosionen, pero ningunha miñoca viva será adulta aínda e non poderá aparearse. Con este sistema, todos os ovos son aproveitados e o abono estará libre de miñocas. Iso si, será obrigatorio a procura das recentemente nacidas.

Page 20: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

20

Manual de VERMICOMPOSTAXECapacidade do sistema

capacidade e produtividade do sistema

recomendamos a alimentación do sistema vertical da vermicompostaxe cunha cantidade de ata 500 gramos diarios de restos vexetais de cociña. Cada módulo, utilizando esta cantidade de alimentación, encherase nuns 30 días. Trala acción da miñoca no módulo, obteremos uns 9 quilos de humus en cada un.

Page 21: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

21

Manual de VERMICOMPOSTAXE Colleita do humus

colleita do humus de miñoca

colleitaUnha vez traspasadas as miñocas, o ideal é voltear a totalidade do humus de miñoca sobre unha superficie plana para o seu secado e maduración. É conveniente poñer un plástico debaixo para evitar que o abono ensucie o solo ou se perda por infiltración. Durante este tempo (canto máis mellor), o abono diminúe de humidade, pero os microorganismos excretados pola mi-ñoca seguen no seu labor de humificación dos compostos nutritivos para as plantas. Isto coñécese como maduración. Non é aconsellable utilizar o abo-no moi recente, xa que non está aínda maduro e os compostos non serían absorbidos polas raíces e ata poden ser tóxicos debido á súa composición.

O humus de miñoca pode conservarse en sacos plásticos, pero deben estar furados para que os microbios dispoñan de osíxeno. Recomendamos de xei-to doméstico os sacos de rafia (sacos de pensos limpos e baleiros), xa que transpiran moi ben e permiten almacenar grandes volumes.

taMizaDoO tamizado mellora a granulometría e elimina impurezas, como restos que non foron dixeridos. Estes restos poden humedecerse e volver a ser xestio-nados. Tamén aparecerán miñocas que se poden devolver ao cultivo.

O produto final será un abono de coloración escura, non se distinguen restos do material alimentado. É inodoro, non deixa residuos ao tacto e é livián. Na imaxe anterior móstrase un humus de calidade.

Page 22: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

22

Manual de VERMICOMPOSTAXE Aplicación do humus

aplicación do humus de miñoca

As doses de aplicación do vermicompost dependen fundamentalmente do solo que se queira abonar e do obxectivo do abonado, é dicir, se é para plantas adultas, para xerminación de sementes, etc. O vermicompost non só mellora a calidade do solo, senón que inflúe en gran medida na calidade da planta ou froito que se queira conseguir. O humus, a diferenza doutros abonos, non é tóxico por exceso, polo que se pode utilizar puro ou mesturalo coa terra da zona onde se vaia a realizar a aplicación.

O HuMuS PODERíA APliCARSE CON DiFERENTES ObxECTiVOS:

• Abonado de cobertura: consiste en engadir un puñado de ma-terial sobre a superficie dun cultivo xa establecido que está cre-cendo. Aplícase cada certo tempo na planta e serve para aque-les casos nos que se queira suplementar o abono aplicado nun principio.

• Abonado de fonfo: o humus de miñoca caracterízase pola súa alta perdurabilidade no tempo, o que fai que sexa un produ-to idóneo para cultivos de ciclo longo (viñedo, patacas,etc.). O vermicompost contén nutrientes en estado insoluble, polo que non existe problema de perdas por lixiviados. Ademais, presen-ta materia orgánica moi estable que asegura a subministración continuada de nutrientes esenciais para a planta durante todo o ciclo.

1

2

Page 23: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

23

Manual de VERMICOMPOSTAXE Aplicación do humus

• Xerminación das plantas: o pH neutro do humus e a relación equilibrada de carbono e nitróxeno posibilita que este poida po-ñerse en contacto directo coas sementes sen risco de queima-las. Tamén se pode realizar a xerminación cunha mestura 50:50 de humus de miñoca e terra.

• Árbores e frutais: aplícase vermicompost na base do tronco e régase ben para facilitar a transferencia de nutrientes e outros compoñentes desde a parte aérea cara as raíces.

3

4

Dose estándar

• Frutais e viñedos: 1 l por planta

• Exemplares novos (para inicio de cultivos): 2 a 4 l por planta.

• Exemplares adultos (para mantemento de cultivos): 4 a 6 L por planta.

• Céspede: 1,5 l/0,5 m2

• Plantas de maceta e similares: ¼ L (4 veces ao ano).

• Sementeiros: utilizar 30% de humus e turba rubia

• Cultivos hortícolas: ¼ L/m lineal

• Trasplante: ¼ L cada tres plantas

Page 24: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

24

Manual de VERMICOMPOSTAXEPreguntas e respostas

Baixas cantidades

Para a posta en marcha do sistema, o mellor é realizar a alimentación aos poucos para permitir que as miñocas poidan tolerar pau-latinamente todos os residuos sen saturar o vermicomposteiro.

A medida que o sistema se consolide e que a poboación de miñocas se incremente con respecto á inicial, pode aumentarse a can-tidade de residuos orgánicos cos que se alimenta o composteiro. Se se desexa e se quere acelerar o proceso da vermicompos-taxe, é recomendable triturar os restos or-gánicos, xa que así se facilita o seu consumo por parte das miñocas.

Pode haber varias razóns que causen que o vermicomposteiro desprenda mal chei-ro, todas elas orixinadas por problemas no mantemento. Un exceso de humidade ou a sobrealimentación son as causas máis comúns. Polas razóns que sexan, ante un mal cheiro o primeiro que debe de facerse é airear o vermicomposteiro removendo o material do seu interior para así eliminar os procesos anaeróbicos que o xeran.

No caso de que se detecte demasiada hu-midade, é recomendable engadir material seco que permita reducir o exceso de auga (follas, herba, etc.). Se o problema provén dun exceso de alimento engadido, debe pararse o proceso de alimentación alome-nos ata que se vexa que as miñocas están na capa superior do composteiro, sinal de que xa toleran toda a comida engadida.

Como sei cando alimentar o sistema? Por que cheira mal?

por qué o meu composteiro non funciona ben? preguntas e respostas

Page 25: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

25

Manual de VERMICOMPOSTAXEPreguntas e respostas

Esta situación non adoita ser habitual neste tipo de sistemas, pero pode darse en épo-cas moi calurosas como o verán e sobre todo se o vermicomposteiro non está pro-texido da radiación directa (cunha tapa, por exemplo). De darse o caso, pode realizarse o rego do material interno e removerse para homoxeneizalo.

Un truco para saber se a humidade é correc-ta, é coller un puñado do vermicompost, comprobar que estea húmido e estrugalo. Se ao facer esta operación hai unha saída de líquido excesiva, isto significa que se regou demasiado, debendo corrixirse coa adición de material seco. No caso de que o material estea húmido, pero ao apertalo apenas sae líquido, isto significa que se alcanzou o pun-to ideal de humidade.

Ante todo non hai que temer unha posible migración dalgunhas miñocas do vermi-composteiro. Este tipo de organismos só se alimentan de restos en descomposición, polo que non hai risco de que coman raíces, tallos ou froitos de plantas do xardín. Como moito, poderíase consolidar unha poboa-ción no solo da horta, pero isto só conleva vantaxes ao vermicompostar e mellorar a calidade do mesmo.

Doutra banda, cabe sinalar que a nature-za é sabia. As miñocas non escaparán dun vermicomposteiro no que reciban alimento de forma constante, evitando así o risco de gasto de enerxía e contraste de hábitat que conlevaría a migración cara a outras zonas.

O interior está moi seco e cada vez hai menos miñocas

As miñocas pódense escapar? E se chegan aos cultivos da horta?

por qué o meu composteiro non funciona ben? preguntas e respostas

Page 26: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

26

Manual de VERMICOMPOSTAXEPreguntas e respostas

Baixas cantidades

Este tipo de organismos forman parte da bioloxía da compostaxe ea vermicomposta-xe, polo que non entrañan risco algún para o proceso, senón que o melloran.

Aínda así, se resultan molestos, pode redu-cirse a súa presenza coa adición dunha capa vexetal pola parte superior do vermicom-posteiro (follas, ramas, etc.). Deste xeito, evítase o contacto da materia orgánica fres-ca co medio aéreo e redúcese a atracción de moscas ou outros insectos.

Non pasa nada, como moito ralentizaríase a velocidade de crecemento da poboación, que usa esta técnica para autorregular o ali-mento dispoñible no medio que habitan.

Se o usuario fora a ausentarse por uns días de casa e non realizase a alimentación pe-riódica do vermicomposteiro, podería ali-mentalo xenerosamente a modo de método preventivo para manter a mesma actividade do recipiente.

Que podo facer? Se non podo ocuparme do composteiro durante uns días?

por qué o meu composteiro non funciona ben? preguntas e respostas

Page 27: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser
Page 28: Manual de VerMicoMpostaxe Vermicompostaje_Def.pdf · Manual de VERMICOMPOSTAXE Eisenia andrei as obreiras: MiÑoca da terra Coñecida como a miñoca vermella de California, por ser

28

www.sogama.es