Ferramentas da prehistoria
-
Upload
maribeliglesias64 -
Category
Education
-
view
80 -
download
3
description
Transcript of Ferramentas da prehistoria
FERRAMENTAS DA PREHISTORIA
O PALEOLÍTICO
PALEOLÍTICO INFERIOR
CHOPPING TOOLS
Primeiros utensilios coñecidos tallados polos seres humanos. Feitos a partir de cantos rodados (rolling stones) que recollían á beira dos ríos. Chopping ven do inglés cortar en anacos.
INVESTIGA:Que é un núcleo?,que é unha lasca?,como se tallaba?
http://es.wikipedia.org/wiki/Paleol%C3%ADtico#Tecnolog.C3.ADa
BIFACES ACHELENSES
Aínda son do Paleolítico inferior pero supoñen unha mellora, é unha especie de machada (pero servía para moitas cousas) que ten dúas caras cortantes, de aí o seu nome
Queres saber máis?
“A navalla suixada prehistoria”En:http://www.atapuerca.org/Bifaz.pdf
PALEOLÍTICO MEDIORAEDEIRA
Xa non é un núcleo o que se traballa, senón unha lasca que consegueun bordo máis cortante. As raedeiras servían para curtir as peles
PALEOLÍTICO SUPERIORTECNOLOXÍA DO HOME MODERNO
Utensilios máis pequenos pero moi eficaces, para cortar, perforar (foto esq.) puntas de lanza (centro)… tamén empezan a usar outros materiais á parte da pedra como os osos de animais: imaxe dereita, azagaias
A REVOLUCIÓN NEOLÍTICA
Cerámica neolítica atopada en Vilamarín,
Ourense
Fusaiolas oucontrapesos para fiar
A INVENCIÓN DA METALÚRXIA:COBRE, BRONCE, FERRO
Molde en arxila atopado no Castro de Viladonga
Machado de cobre
IDADE DE COBRE III MILENIO AC.
Machado de tope cun só anel.
IDADE DE BRONCE (II milenio ac.)
Este tipo de machados levaban acoplado un mango en L na parte posterior, que se ataba con cordas no anel ou aneis.
Depósito de Samieira: 156 machados de bronce atopados en Samieira, Poio, na ría de Pontevedra
Na nova metalurxia non só se traballa o cobre ou o bronce para facer armas e utensilios senón tamén o ouro para xoias e adornos, especialmente en Galicia onde era abondoso. Na foto o casco de Leiro, atopado nunha praia de Rianxo e conservado no Museo Arqueolóxico Castelo de S. Antón da Coruña.
IDADE DE FERRO I MILENIO AC.
“Espada de antenas” atopada en Guadalaxara, ss. V-IV ac aprox., consérvase no Museo ArqueolóxicoNacional
Dereita: Torques de Burela, Cultura Castrexass III-II ac, pesa 1.812 gr.Atopado por un labregono Castro de Burela
Dereitos de autor
Ferramentas da Prehistoria. Maribel Iglesias Baldonedo, con licenza:
Dentro do curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel Iglesias e Manuel Busto. Baixo licenzaCreative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Créditos e autoría:Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con licenza CC-BY-NC-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan, acolléndose ao dereito de cita segundo a lexislación vixente, imaxes e recursos diversos de diferentes páxinas Web, e lígase -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios recursos, que manteñen integramente. Outras licenzas:Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.