Ángela Ruiz Robles

1
III DIA DA CIENCIA EN GALEGO Ángela Ruiz Robles e o avó do libro electrónico Nacida na localidade leonesa de Villamanín en 1895, cursa os seus estudos superiores na Escola de Maxisterio de León. Máis tarde é profesora na Escola de Santa Lucía de Gordón (León) onde foi nomeada mestra directora. En 1918 é destinada á escola de Santa Uxía de Mandiá (Ferrol). Ao longo dos seus anos de docencia nesta parroquia foi unha figura moi querida polos seus veciños pola súa indiscutible dedicación, que ás veces incluía leccións desinteresadas fóra do horario escolar, chegando a solicitar estes “unha distinción oficial polos seus indiscutibles méritos” en 1925. Convértese en xerenta da Escola Nacional de nenas do Hospicio de Ferrol en setembro de 1934. Complementaba este traballo impartindo pasantías a opositores de Aduanas, Correos e Telégrafos e mesmo preparaba o exame de ingreso ás Escolas de Altos Estudos Mercantís. Durante trinta anos é profesora da escola obreira e do Instituto Ibáñez Martín (hoxe CEIP Recimil) de Ferrol. Así mesmo, a través da academia de adultos á que pon por nome ELMACA, prosegue coas pasantías. Muller, inventora e visionaria Contrariamente ao que se pode pensar, Ángela Ruiz non foi a primeira española inventora, mérito que recae en Fermina Orduña, cunha patente rexistrada en 1865 destinada á venda ambulante. Ángela compartía a súa inquietude e capacidade innovadora con parte das súas coetáneas, que comezaban a facerse cada vez máis presentes nas exposicións de tecnoloxía e inventiva. Desta presenza feminina non sempre se facía xusto eco a prensa do momento, debido a que a maioría dos inventos presentados por mulleres cinxíanse ao ámbito doméstico. A súa gran paixón foi sempre a pedagoxía e a didáctica. Detrás dos seus inventos, que anticiparon a revolución que supuxeron as tablets e os libros electrónicos no ámbito da educación, sempre estivo o seu desexo de “participar en que a humanidade aprenda co menor esforzo posible”. A capacidade innovadora de Ángela alcanzou todas as áreas da súa experiencia docente. Deste xeito non sorprende que logo de crear un novo método para a taquigrafía realizara o correspondente deseño da máquina taquimecanográfica. Outra da súas áreas profesionais inspirou en 1944 o Atlas Científico Gramatical, que sistematizaba os coñecementos en gramática, sintaxe, ortografía e fonética. A súa intensa actividade neste eido levouna a ser escollida como xestora delegada da Agrupación Sindical de Inventores Españois (ASIE) en Galicia en 1959. Desde 1973 tamén desempeñou o cargo de xefa provincial da Federación Politécnica Científica da Inventiva Internacional. Morre en Ferrol o 27 de outubro de 1975. Premios e recoñecementos En 1947 ingresa na Orde de Alfonso X coa categoría de Cruz en recoñecemento á súa traxectoria profesional. Como inventora recibiu numerosos premios e mencións en certames de inventiva, feiras e exposicións realizadas en Zaragoza, Xixón, Sevilla, Barcelona, Madrid, Xenebra e Bruxelas. En decembro de 1949 Ángela solicita o rexistro da patente “Un procedimiento mecánico eléctrico y a presión de aire para la lectura de libros” ( ES0190698 A1/16.01.1950). O primeiro prototipo fabricouse no Parque de Artillería de Ferrol. A aparencia era a dun estoxo. O libro, unha vez aberto, tiña dúas partes diferenciadas. Unha estaba destinada ao cálculo e a escritura. A través dun botón a presión conectado a unha serie de abecedarios podían construírse frases, leccións ou temas. Por debaixo dos abecedarios unha área de plástico permitiría escribir, operar ou debuxar. A outra estaba destinada ás materias, que se mostraban a través dunha lámina transparente que permitía o aumento ou graduación en caso necesario. Estaba previsto tamén que esta área contara con luz propia e incluso con son. As principais innovacións eran os botóns a presión e o sistema de bobinas automáticas polas que ían pasando os textos e imaxes das leccións en calquera lingua que se desexara, e que permitían facer pausas a vontade. O peso total do aparato era de 50 gramos, cumprindo cun dos obxectivos da inventora: reducir o vulto e o peso nas carteiras dos estudantes. Segundo Ángela esta enciclopedia mecánica non só non era cara, senón que resultaba “máis económica que calquera das coñecidas”. Consciente da innovación que supuña este precursor do libro electrónico e a pesar de recibir ofertas de firmas estranxeiras, Ángela pasou os últimos anos da súa vida loitando por que España se beneficiara do seu invento. Desgraciadamente nunca chegou a atopar investidores para unha idea moi por diante da súa época. A enciclopedia mecánica nunca foi entendida tal e como ela o soñara: como o xermolo dunha revolución nos procesos educativos. OS NOSOS LEONARDOS Libros mecánicos, Madrid: Burotel, 1970 Taquigrafía Breve mecanografía al tacto. A Coruña: Moret, 1941 Extracto taquigráfico rápido. A Coruña: Moret, 1941 Taquigrafía martiniana abreviada moderna. A Coruña: Moret, 1941 Breves aclaraciones taquigráficas. A Coruña: Moret, 1944 Esquema taquigráfico y mecanográfico. A Coruña: Moret, 1944 Taquigrafía aplicada a la máquina taquimecanográfica. Madrid: Burotel, 1970 Ortografía Ortografía castellana práctica. A Coruña: Moret, 1940 Ortografía castellana rápida. A Coruña: Moret, 1940 El mejor regalo: ortografía. Madrid: Castro, 1946 Ortografía. Madrid: Castro, 1946 Ortografía amena e instructiva. Madrid: Castro, 1946 Gramática Gramática y narraciones históricas. A Coruña: Moret, 1941 Mapa científico gramatical. A Coruña: Moret, 1944 El primer atlas gramatical del idioma español. Ferrol: Elmaca, 1958 El primer mapa y atlas lingüístico gramatical . Madrid: Burotel, 1970 A ENCICLOPEDIA MECÁNICA “Considero que a mecanización se impón na pedagoxía, porque o ensino é a principal base social coa sua irradiación de infinidade de temas sobre a humanidade. Creo que os seres humanos deben investigar con facilidade determinadas materias e estudar co maior rendemento, economía, axuda intelectual e redución do desgaste físico.”

description

Centro de interese III Día da Ciencia en Galego

Transcript of Ángela Ruiz Robles

Page 1: Ángela Ruiz Robles

III DIA DA CIENCIA EN GALEGO

Ángela Ruiz Robles e o avó do libro electrónico

Nacida na localidade leonesa de Villamanín en 1895, cursa os seus estudos superiores na Escola de Maxisterio de

León. Máis tarde é profesora na Escola de Santa Lucía de Gordón (León) onde foi nomeada mestra directora.

En 1918 é destinada á escola de Santa Uxía de Mandiá (Ferrol). Ao longo dos seus anos de docencia nesta parroquia foi unha figura moi querida polos seus veciños pola súa indiscutible dedicación, que ás veces incluía leccións desinteresadas fóra do horario escolar, chegando a solicitar estes “unha distinción oficial polos seus indiscutibles méritos” en 1925. Convértese en xerenta da Escola Nacional de nenas do Hospicio de Ferrol en setembro de 1934. Complementaba este traballo impartindo pasantías a opositores de Aduanas, Correos e Telégrafos e mesmo preparaba o exame de ingreso ás Escolas de Altos Estudos Mercantís. Durante trinta anos é profesora da escola obreira e do Instituto Ibáñez Martín (hoxe CEIP Recimil) de Ferrol. Así mesmo, a través da academia de adultos á que pon por nome ELMACA, prosegue coas pasantías.

Muller, inventora e visionaria

Contrariamente ao que se pode pensar, Ángela Ruiz non foi a primeira española inventora, mérito que recae en Fermina Orduña, cunha patente rexistrada en 1865 destinada á venda ambulante. Ángela compartía a súa inquietude e capacidade innovadora con parte das súas coetáneas, que comezaban a facerse cada vez máis presentes nas exposicións de tecnoloxía e inventiva. Desta presenza feminina non sempre se facía xusto eco a prensa do momento, debido a que a maioría dos inventos presentados por mulleres cinxíanse ao ámbito doméstico. A súa gran paixón foi sempre a pedagoxía e a didáctica. Detrás dos seus inventos, que anticiparon a revolución que supuxeron as tablets e os libros electrónicos no ámbito da educación, sempre estivo o seu desexo de “participar en que a humanidade aprenda co menor esforzo posible”. A capacidade innovadora de Ángela alcanzou todas as áreas da súa experiencia docente. Deste xeito non sorprende que logo de crear un novo método para a taquigrafía realizara o correspondente deseño da máquina taquimecanográfica. Outra da súas áreas profesionais inspirou en 1944 o Atlas Científico Gramatical, que sistematizaba os coñecementos en gramática, sintaxe, ortografía e fonética. A súa intensa actividade neste eido levouna a ser escollida como xestora delegada da Agrupación Sindical de Inventores Españois (ASIE) en Galicia en 1959. Desde 1973 tamén desempeñou o cargo de xefa provincial da Federación Politécnica Científica da Inventiva Internacional. Morre en Ferrol o 27 de outubro de 1975.

Premios e recoñecementos

En 1947 ingresa na Orde de Alfonso X coa categoría de Cruz en recoñecemento á súa traxectoria profesional. Como inventora recibiu numerosos premios e mencións en certames de inventiva, feiras e exposicións realizadas en Zaragoza, Xixón, Sevilla, Barcelona, Madrid, Xenebra e Bruxelas.

En decembro de 1949 Ángela solicita o rexistro da patente “Un procedimiento mecánico

eléctrico y a presión de aire para la lectura de libros” (ES0190698 A1/16.01.1950). O primeiro prototipo fabricouse no Parque de Artillería de Ferrol.

A aparencia era a dun estoxo. O libro, unha vez aberto, tiña dúas partes diferenciadas. Unha

estaba destinada ao cálculo e a escritura. A través dun botón a presión conectado a unha serie de abecedarios podían construírse frases, leccións ou temas. Por debaixo dos abecedarios unha área de plástico permitiría escribir, operar ou debuxar. A outra estaba destinada ás materias, que se mostraban a través dunha lámina transparente que permitía o aumento ou graduación en caso necesario. Estaba previsto tamén que esta área contara con luz propia e incluso con son.

As principais innovacións eran os botóns a presión e o sistema de bobinas automáticas polas

que ían pasando os textos e imaxes das leccións en calquera lingua que se desexara, e que permitían facer pausas a vontade. O peso total do aparato era de 50 gramos, cumprindo cun dos obxectivos da inventora: reducir o vulto e o peso nas carteiras dos estudantes. Segundo Ángela esta enciclopedia mecánica non só non era cara, senón que resultaba “máis económica que calquera das coñecidas”.

Consciente da innovación que supuña este precursor do libro electrónico e a pesar de recibir

ofertas de firmas estranxeiras, Ángela pasou os últimos anos da súa vida loitando por que

España se beneficiara do seu invento. Desgraciadamente nunca chegou a atopar investidores

para unha idea moi por diante da súa época. A enciclopedia mecánica nunca foi entendida tal e

como ela o soñara: como o xermolo dunha revolución nos procesos educativos.

OS

N

OS

OS

L

EO

NA

RD

OS

Libros mecánicos, Madrid: Burotel, 1970

Taquigrafía

Breve mecanografía al tacto. A Coruña: Moret, 1941 Extracto taquigráfico rápido. A Coruña: Moret, 1941 Taquigrafía martiniana abreviada moderna. A Coruña: Moret, 1941 Breves aclaraciones taquigráficas. A Coruña: Moret, 1944 Esquema taquigráfico y mecanográfico. A Coruña: Moret, 1944 Taquigrafía aplicada a la máquina

taquimecanográfica. Madrid: Burotel, 1970

Ortografía

Ortografía castellana práctica. A Coruña: Moret, 1940 Ortografía castellana rápida. A Coruña: Moret, 1940 El mejor regalo: ortografía. Madrid: Castro, 1946 Ortografía. Madrid: Castro, 1946 Ortografía amena e instructiva. Madrid: Castro, 1946 Gramática Gramática y narraciones históricas. A Coruña: Moret, 1941 Mapa científico gramatical. A Coruña: Moret, 1944 El primer atlas gramatical del idioma español. Ferrol: Elmaca, 1958 El primer mapa y atlas lingüístico gramatical.

Madrid: Burotel, 1970

A ENCICLOPEDIA MECÁNICA

“ C o n s i d e r o q u e a mecanización se impón na

pedagoxía, porque o ensino é a principal base

social coa sua irradiación

de infinidade de temas sobre a humanidade. Creo

que os seres humanos deben investigar con

facilidade determinadas

materias e estudar co m a i o r r e n d e m e n t o ,

e c o n o m í a , a x u d a intelectual e redución do

desgaste físico.”