Ángela Ruiz Robles e o avó do libro electrónico - usc.es · desinteresadas fóra do horario...

3
III DIA DA CIENCIA EN GALEGO Ángela Ruiz Robles e o avó do libro electrónico Nacida na localidade leonesa de Villamanín en 1895, cursa os seus estudos superiores na Escola de Maxisterio de León. Máis tarde é profesora na Escola de Santa Lucía de Gordón (León) onde foi nomeada mestra directora. En 1918 é destinada á escola de Santa Uxía de Mandiá (Ferrol). Ao longo dos seus anos de docencia nesta parroquia foi unha figura moi querida polos seus veciños pola súa indiscutible dedicación, que ás veces incluía leccións desinteresadas fóra do horario escolar, chegando a solicitar estes “unha distinción oficial polos seus indiscutibles méritos” en 1925. Convértese en xerenta da Escola Nacional de nenas do Hospicio de Ferrol en setembro de 1934. Complementaba este traballo impartindo pasantías a opositores de Aduanas, Correos e Telégrafos e mesmo preparaba o exame de ingreso ás Escolas de Altos Estudos Mercantís. Durante trinta anos é profesora da escola obreira e do Instituto Ibáñez Martín (hoxe CEIP Recimil) de Ferrol. Así mesmo, a través da academia de adultos á que pon por nome ELMACA, prosegue coas pasantías. Muller, inventora e visionaria Contrariamente ao que se pode pensar, Ángela Ruiz non foi a primeira española inventora, mérito que recae en Fermina Orduña, cunha patente rexistrada en 1865 destinada á venda ambulante. Ángela compartía a súa inquietude e capacidade innovadora con parte das súas coetáneas, que comezaban a facerse cada vez máis presentes nas exposicións de tecnoloxía e inventiva. Desta presenza feminina non sempre se facía xusto eco a prensa do momento, debido a que a maioría dos inventos presentados por mulleres cinxíanse ao ámbito doméstico. A súa gran paixón foi sempre a pedagoxía e a didáctica. Detrás dos seus inventos, que anticiparon a revolución que supuxeron as tablets e os libros electrónicos no ámbito da educación, sempre estivo o seu desexo de “participar en que a humanidade aprenda co menor esforzo posible”. A capacidade innovadora de Ángela alcanzou todas as áreas da súa experiencia docente. Deste xeito non sorprende que logo de crear un novo método para a taquigrafía realizara o correspondente deseño da máquina taquimecanográfica. Outra da súas áreas profesionais inspirou en 1944 o Atlas Científico Gramatical, que sistematizaba os coñecementos en gramática, sintaxe, ortografía e fonética. A súa intensa actividade neste eido levouna a ser escollida como xestora delegada da Agrupación Sindical de Inventores Españois (ASIE) en Galicia en 1959. Desde 1973 tamén desempeñou o cargo de xefa provincial da Federación Politécnica Científica da Inventiva Internacional. Morre en Ferrol o 27 de outubro de 1975. Premios e recoñecementos En 1947 ingresa na Orde de Alfonso X coa categoría de Cruz en recoñecemento á súa traxectoria profesional. Como inventora recibiu numerosos premios e mencións en certames de inventiva, feiras e exposicións realizadas en Zaragoza, Xixón, Sevilla, Barcelona, Madrid, Xenebra e Bruxelas. En decembro de 1949 Ángela solicita o rexistro da patente “Un procedimiento mecánico eléctrico y a presión de aire para la lectura de libros” ( ES0190698 A1/16.01.1950). O primeiro prototipo fabricouse no Parque de Artillería de Ferrol. A aparencia era a dun estoxo. O libro, unha vez aberto, tiña dúas partes diferenciadas. Unha estaba destinada ao cálculo e a escritura. A través dun botón a presión conectado a unha serie de abecedarios podían construírse frases, leccións ou temas. Por debaixo dos abecedarios unha área de plástico permitiría escribir, operar ou debuxar. A outra estaba destinada ás materias, que se mostraban a través dunha lámina transparente que permitía o aumento ou graduación en caso necesario. Estaba previsto tamén que esta área contara con luz propia e incluso con son. As principais innovacións eran os botóns a presión e o sistema de bobinas automáticas polas que ían pasando os textos e imaxes das leccións en calquera lingua que se desexara, e que permitían facer pausas a vontade. O peso total do aparato era de 50 gramos, cumprindo cun dos obxectivos da inventora: reducir o vulto e o peso nas carteiras dos estudantes. Segundo Ángela esta enciclopedia mecánica non só non era cara, senón que resultaba “máis económica que calquera das coñecidas”. Consciente da innovación que supuña este precursor do libro electrónico e a pesar de recibir ofertas de firmas estranxeiras, Ángela pasou os últimos anos da súa vida loitando por que España se beneficiase do seu invento. Desgraciadamente nunca chegou a atopar investidores para unha idea moi por diante da súa época. A enciclopedia mecánica nunca foi entendida tal e como ela o soñara: como o xermolo dunha revolución nos procesos educativos. OS NOSOS LEONARDOS Libros mecánicos, Madrid: Burotel, 1970 Taquigrafía Breve mecanografía al tacto. A Coruña: Moret, 1941 Extracto taquigráfico rápido. A Coruña: Moret, 1941 Taquigrafía martiniana abreviada moderna. A Coruña: Moret, 1941 Breves aclaraciones taquigráficas. A Coruña: Moret, 1944 Esquema taquigráfico y mecanográfico. A Coruña: Moret, 1944 Taquigrafía aplicada a la máquina taquimecanográfica. Madrid: Burotel, 1970 Ortografía Ortografía castellana práctica. A Coruña: Moret, 1940 Ortografía castellana rápida. A Coruña: Moret, 1940 El mejor regalo: ortografía. Madrid: Castro, 1946 Ortografía. Madrid: Castro, 1946 Ortografía amena e instructiva. Madrid: Castro, 1946 Gramática Gramática y narraciones históricas. A Coruña: Moret, 1941 Mapa científico gramatical. A Coruña: Moret, 1944 El primer atlas gramatical del idioma español. Ferrol: Elmaca, 1958 El primer mapa y atlas lingüístico gramatical. Madrid: Burotel, 1970 A ENCICLOPEDIA MECÁNICA “Considero que a mecanización se impón na pedagoxía, porque o ensino é a principal base social coa sua irradiación de infinidade de temas sobre a humanidade. Creo que os seres humanos deben investigar con facilidade determinadas materias e estudar co maior rendemento, economía, axuda intelectual e redución do desgaste físico.”

Transcript of Ángela Ruiz Robles e o avó do libro electrónico - usc.es · desinteresadas fóra do horario...

III DIA DA CIENCIA EN GALEGO

Ángela Ruiz Robles e o avó do libro electrónico

Nacida na localidade leonesa de Villamanín en 1895, cursa os seus estudos superiores na Escola de Maxisterio de

León. Máis tarde é profesora na Escola de Santa Lucía de Gordón (León) onde foi nomeada mestra directora.

En 1918 é destinada á escola de Santa Uxía de Mandiá (Ferrol). Ao longo dos seus anos de docencia nesta parroquia foi unha figura moi querida polos seus veciños pola súa indiscutible dedicación, que ás veces incluía leccións desinteresadas fóra do horario escolar, chegando a solicitar estes “unha distinción oficial polos seus indiscutibles méritos” en 1925. Convértese en xerenta da Escola Nacional de nenas do Hospicio de Ferrol en setembro de 1934. Complementaba este traballo impartindo pasantías a opositores de Aduanas, Correos e Telégrafos e mesmo preparaba o exame de ingreso ás Escolas de Altos Estudos Mercantís. Durante trinta anos é profesora da escola obreira e do Instituto Ibáñez Martín (hoxe CEIP Recimil) de Ferrol. Así mesmo, a través da academia de adultos á que pon por nome ELMACA, prosegue coas pasantías.

Muller, inventora e visionaria

Contrariamente ao que se pode pensar, Ángela Ruiz non foi a primeira española inventora, mérito que recae en Fermina Orduña, cunha patente rexistrada en 1865 destinada á venda ambulante. Ángela compartía a súa inquietude e capacidade innovadora con parte das súas coetáneas, que comezaban a facerse cada vez máis presentes nas exposicións de tecnoloxía e inventiva. Desta presenza feminina non sempre se facía xusto eco a prensa do momento, debido a que a maioría dos inventos presentados por mulleres cinxíanse ao ámbito doméstico. A súa gran paixón foi sempre a pedagoxía e a didáctica. Detrás dos seus inventos, que anticiparon a revolución que supuxeron as tablets e os libros electrónicos no ámbito da educación, sempre estivo o seu desexo de “participar en que a humanidade aprenda co menor esforzo posible”. A capacidade innovadora de Ángela alcanzou todas as áreas da súa experiencia docente. Deste xeito non sorprende que logo de crear un novo método para a taquigrafía realizara o correspondente deseño da máquina taquimecanográfica. Outra da súas áreas profesionais inspirou en 1944 o Atlas Científico Gramatical, que sistematizaba os coñecementos en gramática, sintaxe, ortografía e fonética. A súa intensa actividade neste eido levouna a ser escollida como xestora delegada da Agrupación Sindical de Inventores Españois (ASIE) en Galicia en 1959. Desde 1973 tamén desempeñou o cargo de xefa provincial da Federación Politécnica Científica da Inventiva Internacional. Morre en Ferrol o 27 de outubro de 1975.

Premios e recoñecementos

En 1947 ingresa na Orde de Alfonso X coa categoría de Cruz en recoñecemento á súa traxectoria profesional. Como inventora recibiu numerosos premios e mencións en certames de inventiva, feiras e exposicións realizadas en Zaragoza, Xixón, Sevilla, Barcelona, Madrid, Xenebra e Bruxelas.

En decembro de 1949 Ángela solicita o rexistro da patente “Un procedimiento mecánico

eléctrico y a presión de aire para la lectura de libros” (ES0190698 A1/16.01.1950). O primeiro prototipo fabricouse no Parque de Artillería de Ferrol.

A aparencia era a dun estoxo. O libro, unha vez aberto, tiña dúas partes diferenciadas. Unha

estaba destinada ao cálculo e a escritura. A través dun botón a presión conectado a unha serie de abecedarios podían construírse frases, leccións ou temas. Por debaixo dos abecedarios unha área de plástico permitiría escribir, operar ou debuxar. A outra estaba destinada ás materias, que se mostraban a través dunha lámina transparente que permitía o aumento ou graduación en caso necesario. Estaba previsto tamén que esta área contara con luz propia e incluso con son.

As principais innovacións eran os botóns a presión e o sistema de bobinas automáticas polas

que ían pasando os textos e imaxes das leccións en calquera lingua que se desexara, e que permitían facer pausas a vontade. O peso total do aparato era de 50 gramos, cumprindo cun dos obxectivos da inventora: reducir o vulto e o peso nas carteiras dos estudantes. Segundo Ángela esta enciclopedia mecánica non só non era cara, senón que resultaba “máis económica que calquera das coñecidas”.

Consciente da innovación que supuña este precursor do libro electrónico e a pesar de recibir

ofertas de firmas estranxeiras, Ángela pasou os últimos anos da súa vida loitando por que

España se beneficiase do seu invento. Desgraciadamente nunca chegou a atopar investidores

para unha idea moi por diante da súa época. A enciclopedia mecánica nunca foi entendida tal e

como ela o soñara: como o xermolo dunha revolución nos procesos educativos.

OS

N

OS

OS

L

EO

NA

RD

OS

Libros mecánicos, Madrid: Burotel, 1970

Taquigrafía

Breve mecanografía al tacto. A Coruña: Moret, 1941 Extracto taquigráfico rápido. A Coruña: Moret, 1941 Taquigrafía martiniana abreviada moderna. A Coruña: Moret, 1941 Breves aclaraciones taquigráficas. A Coruña: Moret, 1944 Esquema taquigráfico y mecanográfico. A Coruña: Moret, 1944 Taquigrafía aplicada a la máquina

taquimecanográfica. Madrid: Burotel, 1970

Ortografía

Ortografía castellana práctica. A Coruña: Moret, 1940 Ortografía castellana rápida. A Coruña: Moret, 1940 El mejor regalo: ortografía. Madrid: Castro, 1946 Ortografía. Madrid: Castro, 1946 Ortografía amena e instructiva. Madrid: Castro, 1946 Gramática Gramática y narraciones históricas. A Coruña: Moret, 1941 Mapa científico gramatical. A Coruña: Moret, 1944 El primer atlas gramatical del idioma español. Ferrol: Elmaca, 1958 El primer mapa y atlas lingüístico gramatical.

Madrid: Burotel, 1970

A ENCICLOPEDIA MECÁNICA

“ C o n s i d e r o q u e a mecanización se impón na pedagoxía, porque o ensino é a principal base social coa sua irradiación de infinidade de temas

sobre a humanidade. Creo que os seres humanos deben investigar con facilidade determinadas materias e estudar co m a i o r r e n d e m e n t o ,

e c o n o m í a , a x u d a intelectual e redución do desgaste físico.”

Alexandre Finisterre e o futbolín

POEMARIO Cantos quintos. París, 1946 Cantos esclavos. París, 1948 Cantos rodados. Roma, 1950 18 de julio. México, 1956 Cumbres borrascosas. México, 1956 Café, coña y puro. México, 1956 Rial. México, 1964 ENSAIO Con, sin, sobre, tras la Poesía. México, 1959 TEATRO Del amor y de la muerte (estrea no 1961 en Montecarlo, París e Londres) ESTUDOS Seis danzas catalanas. Barcelona, 1947 Historia de la danza española. París, 1948 LABOR EDITORIAL Poesía de Ecuador. Quito, 1952 Poesía de Guatemala. Londres, 1953 Poesía en México. México, 1957 y 1959 Poesía de Galicia contemporánea. México, 1961 Edición facsímile de Galeuzca (revista publicada na Arxentina por exiliados galegos, vascos e ca-taláns, 1977) Compostela, Revista de Galicia ...

“Ano 37 Guerra Civil Alexandre de Fisterra Inventa o futbolín?”

O s Diplomáticos cántano sen interrogante, pero habería bastante que matizar nesta historia da invención galega do futbolín, que ten o seu aquel,como a existencia enteira deste inventor, editor, poeta, bailarín e moitas outras cousas nado en Fisterra. Porque se algo hai incuestionable é que a súa biografía non ten perda

aínda que algúns dos seus episodios parezan moverse no terreo da lenda, do imaxinario ou do guión cinematográfico se se prefire.

Segundo os documentos e as súas propias verbas, estes son os datos: nado en 1919, Alejandro Campos Ramírez, trasládase con 15 anos a Madrid. Alí comezan as súas vicisitudes xa que, debido á creba do negocio familiar, ten que pagar os estudos corrixindo os traballos dos escolares máis novos. Sobrevive logo como peón de albanel, aprendiz de imprenta e bailarín de claqué na compañía de Celia Gámez. En 1936, coñece ao poeta León Felipe e xuntos editan o quincenal Paso a la juventud, que co estoupido da Guerra Civil, non supera os tres números.

É precisamente no medio da contenda onde se xesta o invento taberneiro. No ano 37, Finisterre patenta o trebello, á vez que outra idea súa: un pasafollas accionado co pé, pensado para unha pianista da que namorara. Lamentablemente, a fin do conflito obrígao a exiliarse cara a Francia, traxecto no que a chuvia e o infortunio deixan inservible o documento que acreditaba a paternidade do xogo.

Mellor sorte correu a outra patente, que lle permitirá máis tarde financiar a viaxe a Quito, onde funda a revista Ecuador 0º, 0´, 0´´. En 1952, trasládase a Guatemala, onde empeza a fabricar futbolíns con notable éxito comercial, e onde –din- probou o invento co mesmísimo Che Guevara. Desa etapa son outros inventos coma o baloncesto de mesa, no que emprega una pelota con aplicacións metálicas que permiten a atracción por magnetismo.

Coincide a súa estadía nese país cun golpe de estado que desencadea novos acontecementos insólitos na súa vida. Logo de ser secuestrado polos golpistas, estes tentan deportalo a España pero consegue fuxir secuestrando o avión cunha bomba ficticia e obrigando os pilotos a desvialo a Panamá. Marcha despois a México, onde se rodea doutros exiliados e se dedica a escribir e editar. Durante a transición retorna a España, convértese en membro da Real Academia Galega e testamenteiro de León Felipe.

En 2007 remata a súa apaixonante historia, da que a invención do futbolín, na que tivo máis ou menos que ver segundo as fontes, é só un pequeno anaco.

A POLÉMICA DO FUTBOLÍN O popular futbolín viu a luz en España durante a Guerra Civil, segundo conta Finisterre, quen logo de resultar ferido, é ingresado nun hospital de Monserrat. Alí os nenos mutilados que ollan para os que xogan ó fútbol con envexa inspíranlle a idea de combinar dúas das súas afeccións: o balompé e o tenis de mesa. Para materializar o proxecto, contacta cun amigo carpinteiro, o vasco Francisco Javier Altuna. Este constrúe a mesa e tornea os bonecos, feitos en madeira de buxo; mentres que para o balón, emprega cortiza aglomerada, a combinación de materiais ideal para xogar, segundo o creador. No entanto, algunhas fontes advirten da existencia de xogos semellantes dende finais do século XIX. A súa orixe parece situarse en

Francia ou Alemaña. En 1923, Harold Searler Thorton obtén en Gran Bretaña a primeira patente.

A diferenza máis destacable co galego é que neles as figuriñas teñen as pernas xuntas. Esta modalidade foi curiosamente a que se

introduciu en Madrid, mentres que no resto do país e en América Latina, triunfou o de Finisterre, que ten as pernas separadas. Hoxe

celébranse torneos arredor de todo o mundo. En 2002, creouse en Francia a Federación Internacional de Futbolín, coa misión de promover

o xogo e regular as competicións internacionais. En Portugal, celébrase dende 2007 un torneo na honra de Alexandre Finisterre.

OS

N

OS

OS

L

EO

NA

RD

OS

III DIA DA CIENCIA EN GALEGO

Dispoñible en: http://www.ecured.cu/index.php/León_Felipe

Dispoñible en: http://www.juegosdesalon.es/blog/historia-del-futbolin/

“Temos sobrados médicos e

avogados, algúns pintores e moitos

literatos e poetas. Os enxeñeiros son moi escasos e educados case todos

en países estranxeiros”

Prototipo da máquina de calcular, actualmente conservada na sede de

IBM como parte da colección de aparatos de cálculo históricos,

comenzada por Thomas J. Watson

nos anos 30 do século pasado.

Obras de Ramón Verea NOVELA La cruz de piedra. Cuba, [ca. 1860] La mujer con dos maridos. Cuba, [ca. 1860] RECOMPILACIÓNS DE ARTIGOS Contra el altar y el trono: artículos varios publicados en El Progreso de 1884-85 . Nova York : Imprenta El Polígloto, 1890 La religión universal. Nova York : Imprenta El Polígloto, 1891

ENSAIO Catecismo librepensador o Cartas a un campesino. [ca. 1890] La razón, la fe y la religión universal. Bos Aires: Maucci Hnos. e Hijos, [ca 1891] En defensa de España. Cuestiones de Cuba y Venezuela. América para los americanos. Guatemala, 1896

A máquina de calcular

Patentada en EEUU en 1878 co número 207.918, a máquina de calcular de Ramón Verea é a primeira que ademais de sumar e restar, multiplica e divide. Ese mesmo ano gañou a medalla de ouro na Exposición Mundial de Inventos celebrada en Matanzas, Cuba.

Baseada na calculadora patentada en 1872 por Edmund D. Barbour, supón un avance significativo: mentres as máquinas anteriores facían as multiplicacións a base de sumas repetidas, a de Verea fai multiplicacións directas, admitindo números de ata 9 cifras no multiplicando, de 6 no multiplicador e de ata 15 no produto.

Non se fabricou nin se explotou comercialmente, pero serviu de base para inventos posteriores, como a Millonaire do suízo Otto Steiger (1892), a primeira calculadora de multiplicación directa con éxito comercial. Foi fabricada en serie entre 1895 e 1935.

O prototipo, enviado á oficina de patentes de EEUU xunto coa solicitude, estaba fabricado en ferro e aceiro; pesaba case 23 kg e medía 35 cm de longo por 30 de ancho e 20 de alto. Actualmente consérvase en Nova York na sede de IBM dentro da súa colección de aparatos de cálculo históricos.

III DIA DA CIENCIA EN GALEGO

OS

N

OS

OS

L

EO

NA

RD

OS

Ramón Verea e a máquina de calcular

Datos biográficos

Nacido en Curantes (A Estrada) en 1833, Ramón Silvestre Verea García pasa gran parte da súa vida en Nova York, a onde chega por primeira vez en 1865, para asentarse alí definitivamente en 1875 despois dunha década en Cuba. Tras unha breve estancia en Guatemala, pasa os últimos anos da súa vida en Bos Aires, onde morre no ano 1899.

As súas actividades principais foron as de escritor, xornalista e editor. Autor de dúas novelas, La Cruz de Piedra e La mujer con dos maridos, dirixirá en Cuba o xornal Progreso e en Nova York El Cronista. Alí posteriormente faise coa propiedade dunha imprenta, El Polígloto, onde realiza traballos por encargo, e funda e dirixe a revista El Progreso, título co que tamén funda un xornal en Bos Aires en 1897.

A elección do título non é casual. Librepensador, progresista, republicano e anticlerical, considera que igrexa e monarquía son atrancos para o desenvolvemento dun país do mesmo xeito que o avance da ciencia e a explotación dos inventos contribúen ao seu desenvolvemento. De todos estes temas tratará nos seus artigos na revista El Progreso, como xa anuncia na súa cabeceira: Mecánica,Inventos, Política, Religión.

Aínda que non se consideraba inventor e o seu interese polo mecánica era un hobby, exerceu como viaxante de maquinaria en Cuba e máis tarde en Nova York, onde establece a Agencia Industrial para la compra de maquinaria y efectos de moderna invención. Tamén inventa un dobrador de xornais, que non pode construír por falta de cartos.