06 os reinos cristiáns hispánicos

35
OS REINOS CRISTIÁNS HISPÁNICOS Roberto López 2º ESO

Transcript of 06 os reinos cristiáns hispánicos

Page 1: 06 os reinos cristiáns hispánicos

OS REINOS CRISTIÁNS HISPÁNICOS

Roberto López

2º ESO

Page 2: 06 os reinos cristiáns hispánicos

1.O NACEMENTO DOS REINOS CRISTIÁNS HISPÁNICOS

Os musulmáns non conquistaron as terras do norte da península Ibérica. Alí refuxiáronse moitos visigodos que fuxían dos musulmáns.

Co tempo, neses territorios formáronse distintos núcleos políticos: na Cordilleira Cantábrica xurdiu o reino ástur-leonés e nos Pireneos organizáronse o reino de Pamplona e os condados aragoneses e cataláns.

Page 3: 06 os reinos cristiáns hispánicos

O reino de Asturias xurdiu no século VIII. En 718 don Pelaio foi elixido rei. En 722 loitou cos musulmáns na batalla de Covadonga.

Entre a historia e a lenda

A figura de don Pelaio está rodeada dunha fama lendaria. Os especialistas dubidan de que se tratara dun membro da familia real, e sitúano como o portaespada de don Rodrigo ou alguén vinculado aos círculos de poder da comarca do Sella.Ante o avance musulmán, nobres e eclesiásticos visigodos buscaron refuxio nos Picos de Europa. Neste lugar produciuse a batalla de Covadonga, na que, segundo as crónicas cristiás, interveu a Virxe María na axuda dos cristiáns. A vitoria cristiá permitiu a Pelaio e aos seus fieis gañar terreo e controlar parte do territorio astur.Os musulmáns referíanse aos rebeldes como “trinta asnos salvaxes”. Pelaio nunca se considerou rei, honor que quedou reservado a Afonso I.

A creación do reino ástur-leonés

Page 4: 06 os reinos cristiáns hispánicos

Contra o ano 800, o reino de Asturias abarcaba desde Galicia ata Álava. En principio, a corte estableceuse en Oviedo.

No século X, o reino estendérase ata o Douro. Por iso, a capital trasladouse a León.

Liña do tempo do reino ástur-leonés

Page 5: 06 os reinos cristiáns hispánicos

No século VIII a rexión pirenaica formaba parte do imperio carolinxio: era a Marca Hispánica.

Da Marca Hispánica aos reinos e condados pirenaicos

No século IX o imperio carolinxio disolveuse e estas rexións independizáronse. Formáronse tres núcleos: Navarra, Aragón e os Condados Cataláns

Page 6: 06 os reinos cristiáns hispánicos

Creación do reino de Navarra

Íñigo Arista fundou o reino de Pamplona, que despois foi chamado reino de Navarra.

O momento de maior esplendor deste reino foi o reinado de Sancho III o Maior (1000-1035).

A súa morte independízase Castela e os Condados Aragoneses.

Page 7: 06 os reinos cristiáns hispánicos

Os condados de Aragón

Na zona aragonesa, o conde Aznar Galindo conseguiu independizarse, pero despois caeu en mans navarras.

En 1035 volveu a ser un reino independente.

Page 8: 06 os reinos cristiáns hispánicos

Os condados cataláns

En 874, Wifredo o Piloso reuniu os condados cataláns e gobernounos con autonomía dos reis francos.

O paso definitivo para a independencia deuse na época de Borrell II, cando este conde se negou a renovar o xuramento ao rei franco e converteu os seus dominios en hereditarios (988).

Page 9: 06 os reinos cristiáns hispánicos

Evolución dos territorios cristiáns nos Pireneos, séculos VIII-XII

Page 10: 06 os reinos cristiáns hispánicos

En 951 o conde castelán Fernán González comezou a gobernar en Castela de forma independente, aínda que segue a ser vasalo dos reis de León.

O condado de Castela

Fernán González , primeiro conde independente de Castela (930-970).

2. DO REINO DE LEÓN Á COROA DE CASTELA

No século X, o reino de León viviu un período de crise. Loitas internas Incursións musulmás

Castela que sofre continuos ataques musulmáns fortifica moito o seu territorio.

Page 11: 06 os reinos cristiáns hispánicos

A progresiva decadencia leonesa e o aumento do poder dos condes de Castela fixeron que no ano 1035 Castela se convertera nun reino baixo o mandato de Fernando I.

O reino de Castela sofre unha perda territorial coa independencia de Portugal en 1142

Fernando I

A creación do reino de Castela

Page 12: 06 os reinos cristiáns hispánicos

Liña do tempo: a Coroa de Castela

Castela e León separáronse e uníronse varias veces

En 1230 produciuse a unión definitiva de Castela e León e formouse a Coroa de Castela baixo o reinado de Fernando III

A Coroa de Castela era o reino máis poderoso da Península.

A formación da Coroa de Castela

Page 13: 06 os reinos cristiáns hispánicos

3. A EVOLUCIÓN DOS REINOS PIRENAICOS

O reino de Navarra O momento de maior esplendor deste reino foi o reinado de

Sancho III o Maior (1000-1035).

O reino de Navarra é a potencia cristiá peninsular máis importante no século XI

A súa morte fragméntase entre os seus fillos en: Navarra, Castela, Arágón e os condados de Sobrarbe e Ribagorza.

Formación da Coroa de Aragón En 1137 co contrato de matrimonio de Petronila (de Aragón)

e Ramón Berenguer IV (conde de Barcelona) nacía a Coroa de Aragón.

Page 14: 06 os reinos cristiáns hispánicos

Durante os séculos IX e X, os reinos cristiáns avanzaron ata o río Douro. O avance baseouse na colonización da terra por grupos de campesiños.

4. RECONQUISTA E REPOBOACIÓNO avance dos reinos cristiáns A expansión dos reinos cristiáns cara ao sur coñécese como

reconquista.

O avance ata o río Douro

Page 15: 06 os reinos cristiáns hispánicos

No ano 1031 o Califato dividiuse en reinos de taifas e os cristiáns aproveitaron a debilidade para estenderse cara ao sur. Para evitar ataques pagaban parias

Nos séculos XI e XII, os reinos cristiáns conquistaron os vales do Texo e do Ebro.

A conquista dos vales do Texo e do Ebro

Page 16: 06 os reinos cristiáns hispánicos

Os reis musulmáns intentaron deter os ataques comprometéndose a entregarlles anualmente unha cantidade de ouro e obxectos preciosos: as parias.

Cos ingresos das parias, os reinos cristiáns reforzaron o seu poder militar.

O sistema de parias

Page 17: 06 os reinos cristiáns hispánicos

No século XIII, despois da derrota musulmá nas Navas de Tolosa (1212), os reinos cristiáns de Castela e Portugal avanzaron polo val do Guadalquivir, e a Coroa de Aragón expandiuse por Levante e Baleares. As terras dividíronse en grandes señoríos.

A península Ibérica no ano 1200

A conquista do val do Guadalquivir, Levante e Baleares

Page 18: 06 os reinos cristiáns hispánicos

O avance dos reinos cristiáns entre os séculos XI e XV

Page 19: 06 os reinos cristiáns hispánicos

A repoboación

A partir do século XI os reis entregáronlles as terras

conquistadas a nobres, a igrexa ou ás ordes militares e

formáronse grandes señoríos. Os campesiños que traballaban

estas terras eran servos.

A expansión cristiá fixo necesario repoboar os novos territorios para fortalecer o seu control

Ata o século XI os reis dividían o territorio en circunscricións, dominadas por unha cidade ou

vila á que se lle outorgaban liberdades e privilexios. (cartas de poboamento). Concédense así

territorios a campesiños libres a cambio de que cultivasen e defendesen as súas terras.

Ata o século XI os reis dividían o territorio en circunscricións, dominadas por unha cidade ou

vila á que se lle outorgaban liberdades e privilexios. (cartas de poboamento). Concédense así

territorios a campesiños libres a cambio de que cultivasen e defendesen as súas terras.

Entre o Douro e o Texo e val do Ebro

Entre o Douro e o Texo e val do Ebro

Estremadura, A Mancha, Baleares, Valencia, Murcia

e Andalucía

Estremadura, A Mancha, Baleares, Valencia, Murcia

e Andalucía

Page 20: 06 os reinos cristiáns hispánicos

As ordes militaresNa península Ibérica os cristiáns crearon ordes militares formadas por monxes guerreiros coa función de conquistar e defender os territorios contra os musulmáns. As ordes de Calatrava, Santiago e Alcántara foron as máis poderosas en Castela, e a de Montesa destacou en Aragón.

As cartas de poboamento

Eu, Afonso, concedo esta carta a vos, cristiáns mozárabes, aos que saquei (…) do poder dos sarracenos e conducín a terras cristiáns. Compráceme, porque abandonástedes as vosas casas e propiedades e viñéstedes a poboar as miñas terras, concedervos bos foros en toda a miña terra, que sexades libres e francos vos e os vosos fillos, en todo canto podades poboar e traballar nas vilas e termos que eu vos darei. 8…)

Page 21: 06 os reinos cristiáns hispánicos

A organización dos territorios cristiáns

Nos reinos cristiáns, o rei tiña a máxima autoridade política e militar.

A guerra era unha practica habitual, polo que nalgúns lugares construíuse unha rede de fortalezas

Castillo de Peñafiel. Peñafiel, Valladolid

Ao principio, os reis non tiñan un exército permanente, senón que os guerreiros se vinculaban ao rei mediante vasalaxe. Estableceuse unha sociedade feudal

Page 22: 06 os reinos cristiáns hispánicos

• Gobernar• Aplicar e cambiar as leis• Impartir xustiza

• Gobernar• Aplicar e cambiar as leis• Impartir xustiza

REIREI

• Asesorar ao Rei no goberno.

• Asesorar ao Rei no goberno.

Consello Real Consello Real

• Órgano supremo de xustiza.

• Órgano supremo de xustiza.

AudienciaAudiencia

• Subordinadas ao poder do rei.

• Votaban os impostos solicitados polo rei

• Realizaban peticións ao monarca

• Aconsellaban o rei

• Subordinadas ao poder do rei.

• Votaban os impostos solicitados polo rei

• Realizaban peticións ao monarca

• Aconsellaban o rei

CORTESCORTES

• Administrar a economía do reino.

• Administrar a economía do reino.

FacendaFacenda

O goberno do reino

En todos os territorios había as mesmas institucións e unha mesma lei. O rei tiña moito poder e as Cortes non podían lexislar.

5. A COROA DE CASTELA

Page 23: 06 os reinos cristiáns hispánicos

A economía castelá

A economía baseábase na agricultura e na gandaría, sobre todo de ovellas merinas.

Os rabaños eran transhumantes: cañadas

En 1273, o rei Afonso X recoñeceu o Honrado Concejo de la Mesta

A artesanía e o comercio desenvolvéronse moito.

Page 24: 06 os reinos cristiáns hispánicos

TOLEDO: A CONVIVENCIA DAS TRES CULTURAS

Como resultado da conquista, nos reinos cristiáns convivían culturas, relixións e pobos diversos: cristiáns, musulmáns e xudeus.

Como resultado desa convivencia produciuse a influenza dunhas culturas sobre outras e un enriquecemento do patrimonio cultural dos reinos cristiáns.

Moitas das obras culturais dos autores gregos e latinos chegaron a Europa a través de Al-Andalus, xa que foran traducidas ao árabe.

Page 25: 06 os reinos cristiáns hispánicos

Os cristiáns eran o grupo dominante Os mudéxares eran musulmáns que permanecían en territorio

cristián. As comunidades xudías habitaban en barrios separados,

chamados xudarías nas que se encontraba a sinagoga, o seu centro de oración e culto.

Igrexa de Santiago el Arrabal (arte mudéxar), en Toledo

Sinagoga de Santa María la Blanca, en Toledo

Page 26: 06 os reinos cristiáns hispánicos

Estaba formada polos condados cataláns e polos reinos de Aragón, Valencia e Mallorca. Cada territorio conservou as súas institucións e costumes propios.

O rei non tiña tanto poder coma o castelán e precisaba a aprobación das Cortes en moitos casos.

6. A COROA DE ARAGÓN: as institucións

Page 27: 06 os reinos cristiáns hispánicos

Expandiuse menos pola Península ca Castela, pero estendeuse polo Mediterráneo.

A expansión da Coroa de Aragón polo Mediterráneo

A expansión polo Mediterráneo

Page 28: 06 os reinos cristiáns hispánicos

A maioría da poboación vivía da agricultura. O comercio desenvolveuse moito. Os mercadores cataláns,

valencianos e mallorquíns contaban con delegacións ou consulados en moitas cidades europeas, asiáticas e africanas.

A economía na coroa de Aragón

Page 29: 06 os reinos cristiáns hispánicos

A crise do século XIV na Coroa de Castela

Malas colleitasFame e peste

Diminución da poboaciónTerras de cultivo abandoadas

Menos ingresos para os nobres

Aumentan o aluguer das teras

Revoltas entre campesiñosPersecucións a xudeus

Enfrontamentos entre nobres

A situación da coroa mellorou a finais do século XIV

7. O FINAL DA IDADE MEDIA NOS REINOS HISPÁNICOS

Page 30: 06 os reinos cristiáns hispánicos

A crise do século XIV na Coroa de Aragón

Crise demográfica e económica

Graves problemas en Cataluña

Conflictos sociais importantes-sublevación de campesinos catalans contra nobres-guerra entre os nobres e burgueses ricos.

Graves problemas políticos en Aragón

Perda de influencia de Cataluña a favor de Valencia.

Page 31: 06 os reinos cristiáns hispánicos

Arte mudexar

O nome provén das cuadrillas de albaneis musulmáns que constuíron diferentes igrexas cristiáns

Caracterízase polo uso do barro cocido.

Podemos falar de románico mudéxar e gótico mudéxar.

As principais mostras encóntranse en León, Toledo e Teruel. Os edificios aragoneses están máis decorados que os casteláns

Page 32: 06 os reinos cristiáns hispánicos

Rodrigo Díaz de Vivar foi un nobre castelán do século XI, vasalo do Afonso VI de León e Castela. As súas relacións co monarca foron difíciles e alternaron etapas de colaboración con outras de expulsión do reino. Cando estivo desterrado de Castela, Rodrigo creou un grupo de guerreiros que loitaban as súas ordes. Con eles estivo unha tempada ao servizo do rei islámico de Zaragoza e os musulmáns aplicáronlle título de Sidi (señor), do que deriva o sobrenome de Cid.Máis adiante loitou contra os almorábides e a súa gran fazaña foi a conquista do reino islámico de Valencia.A personalidade de Rodrigo impresionou aos casteláns que o converteron no prototipo de heroe guerreiro. Os xograres cantaron as súas fazañas, reflectidas no Cantar de Mío Cid.

O Cid

Page 33: 06 os reinos cristiáns hispánicos

As peregrinacións

Na Idade Media, os principais lugares do cristianismo, as igrexas e mosteiros onde se conservaban reliquias dos santos atraeron a moitos viaxeiros e peregrinos. Os principais centros de peregrinación eran Xerusalén, escenario da paixón e morte de Xesús; Roma sede do papado e do martirio de San Pedro; e , máis tarde Santiago de Compostela, onde a principios do século IX creuse atopar o sepulcro do apóstolo Santiago.

Os peregrinos viaxaban sos ou en grupo, atraídos polo espírito relixioso ou pola necesidade de cumprir unha promesa, pero tamén polo desexo de aventura ou polo esperanza de encontrar fortuna. Encontraban aloxamento nos mosteiros e en moitos hospitais e pousadas que ían xurdindo. As peregrinacións favoreceron o desenvolvemento urbano e comercial pola necesidade de dar servizo aos numerosos camiñantes.

Page 34: 06 os reinos cristiáns hispánicos

O apóstolo Santiago foi decapitado en Xerusalén por orde de Herodes Agripa, cara ao ano 44. Iso facía pensar que estaba enterrado en dita cidade. A localización dos seus restos en Santiago de Compostela foi a orixe dunha literatura lendaria que tratou de explicar como chegaran estes a Galicia.

Cando os apóstolos se dispersaron para predicar o Evanxelio, Santiago dirixiuse a Hispania, onde se rodeou de discípulos que o acompañaron no seu regreso a Xerusalén.

Despois de ser decapitado, os seus discípulos embarcaron o seu corpo no porto de Jaffa, nunha nave. En sete días a nave chegou ás costas galegas e alí, os seus discípulos buscaron un lugar onde enterralo. Lupa, señora do lugar, ofreceulles uns bois para trasladar o cadáver. Estes bois, que en realidade eran touros salvaxes, foron amansados pola sinal da cruz realizada polos discípulos que levaron o cadáver ata o palacio de Lupa a pesar de que ninguén lles ensinara o camiño. Ante isto, Lupa converteuse ao cristianismo e doou o seu pazo para enterrar ao apóstolo. No século IX grazas a visión milagrosa dun lugareño, coñeceuse a existencia do sepulcro esquecido.

Entre o historia e a lenda. O apóstolo Santiago

Page 35: 06 os reinos cristiáns hispánicos