07c os reinos cristiáns hispánicos

33
OS REINOS CRISTIÁNS HISPÁNICOS Roberto López 2º ESO

description

2º ESO Ciencias Sociais tema 7

Transcript of 07c os reinos cristiáns hispánicos

Page 1: 07c os reinos cristiáns hispánicos

OS REINOS CRISTIÁNS HISPÁNICOS

Roberto López

2º ESO

Page 2: 07c os reinos cristiáns hispánicos

1.OS NÚCLEOS DE RESISTENCIA CRISTIÁ

Os musulmáns non conquistaron as terras do norte da península Ibérica. Alí refuxiáronse moitos visigodos que fuxían dos musulmáns.

Co tempo, neses territorios formáronse distintos núcleos políticos: na Cordilleira Cantábrica xurdiu o reino ástur-leonés e nos Pireneos organizáronse o reino de Pamplona e os condados aragoneses e cataláns.

Page 3: 07c os reinos cristiáns hispánicos

O reino de Asturias xurdiu no século VIII. En 718 don Pelaio foi elixido rei. En 722 loitou cos musulmáns na batalla de Covadonga.

2. OS REINOS E CONDADOS OCCIDENTAIS

Entre a historia e a lenda A figura de don Pelaio está rodeada dunha fama lendaria. Os especialistas dubidan de que se tratara dun membro da familia real, e sitúano como o portaespada de don Rodrigo ou alguén vinculado aos círculos de poder da comarca do Sella. Ante o avance musulmán, nobres e eclesiásticos visigodos buscaron refuxio nos Picos de Europa. Neste lugar produciuse a batalla de Covadonga, na que, segundo as crónicas cristiás, interveu a Virxe María na axuda dos cristiáns. A vitoria cristiá permitiu a Pelaio e aos seus fieis gañar terreo e controlar parte do territorio astur. Os musulmáns referíanse aos rebeldes como “trinta asnos salvaxes”. Pelaio nunca se considerou rei, honor que quedou reservado a Afonso I.

O reino ástur-leonés

Page 4: 07c os reinos cristiáns hispánicos

Contra o ano 800, o reino de Asturias abarcaba desde Galicia ata Álava. En principio, a corte estableceuse en Oviedo.

No século X, o reino estendérase ata o Douro. Por iso, a capital trasladouse a León.

Liña do tempo do reino ástur-leonés

Page 5: 07c os reinos cristiáns hispánicos

En 951 o conde castelán Fernán González comezou a gobernar en Castela de forma independente.

O nacemento de castela

Fernán González , primeiro conde independente de Castela (930-970).

A progresiva decadencia leonesa e o aumento do poder dos condes de Castela fixeron que no ano 1035 Castela se convertera nun reino baixo o mandato de Fernando I.

Fernando I

Page 6: 07c os reinos cristiáns hispánicos

No século VIII a rexión pirenaica formaba parte do imperio carolinxio: era a Marca Hispánica.

3. OS NÚCLEOS PIRENAICOS

No século IX o imperio carolinxio disolveuse e estas rexións independizáronse. Formáronse tres núcleos: Navarra, Aragón e os Condados Cataláns

Page 7: 07c os reinos cristiáns hispánicos

Creación do reino de Navarra

Íñigo Arista fundou o reino de Pamplona, que despois foi chamado reino de Navarra.

O momento de maior esplendor deste reino foi o reinado de Sancho III o Maior (1000-1035).

A súa morte independízase Castela e os Condados Aragoneses.

Page 8: 07c os reinos cristiáns hispánicos

Os condados de Aragón

Na zona aragonesa, o conde Aznar Galindo conseguiu independizarse, pero despois caeu en mans navarras.

En 1035 volveu a ser un reino independente.

Page 9: 07c os reinos cristiáns hispánicos

Os condados cataláns

En 874, Wifredo o Piloso reuniu os condados cataláns e gobernounos con autonomía dos reis francos.

O paso definitivo para a independencia deuse na época de Borrell II, cando este conde se negou a renovar o xuramento ao rei franco e converteu os seus dominios en hereditarios (988).

Page 10: 07c os reinos cristiáns hispánicos

Evolución dos territorios cristiáns nos Pireneos, séculos VIII-XII

Page 11: 07c os reinos cristiáns hispánicos

Durante os séculos IX e X, os reinos cristiáns avanzaron ata o río Douro. O avance baseouse na colonización da terra por grupos de campesiños.

4. O AVANCE DOS REINOS CRISTIÁNS O avance ata o Douro

Page 12: 07c os reinos cristiáns hispánicos

No ano 1031 o Califato dividiuse en reinos de taifas e os cristiáns aproveitaron a debilidade para estenderse cara ao sur. Para evitar ataques pagaban parias

A conquista dos vales do Texo e do Ebro

Nos séculos XI e XII, os reinos cristiáns conquistaron os vales do Texo e do Ebro.

Page 13: 07c os reinos cristiáns hispánicos

Os reis musulmáns intentaron deter os ataques comprometéndose a entregarlles anualmente unha cantidade de ouro e obxectos preciosos: as parias. Cos ingresos das parias, os reinos cristiáns

reforzaron o seu poder militar.

O sistema de parias

Page 14: 07c os reinos cristiáns hispánicos

Rodrigo Díaz de Vivar foi un nobre castelán do século XI, vasalo do Afonso VI de León e Castela. As súas relacións co monarca foron difíciles e alternaron etapas de colaboración con outras de expulsión do reino. Cando estivo desterrado de Castela, Rodrigo creou un grupo de guerreiros que loitaban as súas ordes. Con eles estivo unha tempada ao servizo do rei islámico de Zaragoza e os musulmáns aplicáronlle título de Sidi (señor), do que deriva o sobrenome de Cid. Máis adiante loitou contra os almorábides e a súa gran fazaña foi a conquista do reino islámico de Valencia. A personalidade de Rodrigo impresionou aos casteláns que o converteron no prototipo de heroe guerreiro. Os xograres cantaron as súas fazañas, reflectidas no Cantar de Mío Cid.

O Cid

Page 15: 07c os reinos cristiáns hispánicos

A conquista do val do Guadalquivir, Levante e Baleares

No século XIII, despois da derrota musulmá nas Navas de Tolosa (1212), os reinos cristiáns de Castela e Portugal avanzaron polo val do Guadalquivir, e a Coroa de Aragón expandiuse por Levante e Baleares. As terras dividíronse en grandes señoríos.

A península Ibérica no ano 1200

Page 16: 07c os reinos cristiáns hispánicos

O avance dos reinos cristiáns entre os séculos XI e XV

Page 17: 07c os reinos cristiáns hispánicos

5. A REPOBOACIÓN

A partir do século XI os reis entregáronlles as terras

conquistadas a nobres, a igrexa ou ás ordes militares e

formáronse grandes señoríos. Os campesiños que traballaban

estas terras eran servos.

A expansión cristiá fixo necesario repoboar os novos territorios para fortalecer o seu control

Ata o século XI os reis dividían o territorio en circunscricións, dominadas por unha cidade ou

vila á que se lle outorgaban liberdades e privilexios. (cartas de poboamento). Concédense así

territorios a campesiños libres a cambio de que cultivasen e defendesen as súas terras.

Entre o Douro e o Texo e val do Ebro

Estremadura, A Mancha, Baleares, Valencia, Murcia

e Andalucía

Page 18: 07c os reinos cristiáns hispánicos

As ordes militares Na península Ibérica os cristiáns crearon ordes militares formadas por monxes guerreiros coa función de conquistar e defender os territorios contra os musulmáns. As ordes de Calatrava, Santiago e Alcántara foron as máis poderosas en Castela, e a de Montesa destacou en Aragón.

As cartas de poboamento Eu, Afonso, concedo esta carta a vos, cristiáns mozárabes, aos que saquei (…) do poder dos sarracenos e conducín a terras cristiáns. Compráceme, porque abandonástedes as vosas casas e propiedades e viñéstedes a poboar as miñas terras, concedervos bos foros en toda a miña terra, que sexades libres e francos vos e os vosos fillos, en todo canto podades poboar e traballar nas vilas e termos que eu vos darei. 8…)

Page 19: 07c os reinos cristiáns hispánicos

6. A ORGANIZACIÓN DOS REINOS

Nos reinos cristiáns, o rei tiña a máxima autoridade política e militar.

A guerra era unha practica habitual, polo que nalgúns lugares construíuse unha rede de fortalezas

Castillo de Peñafiel. Peñafiel, Valladolid

Ao principio, os reis non tiñan un exército permanente, senón que os guerreiros se vinculaban ao rei mediante vasalaxe. Estableceuse unha sociedade feudal

Page 20: 07c os reinos cristiáns hispánicos

7. A CONVIVENCIA DAS TRES CULTURAS

Como resultado da conquista, nos reinos cristiáns convivían culturas, relixións e pobos diversos: cristiáns, musulmáns e xudeus.

Como resultado desa convivencia produciuse a influenza dunhas culturas sobre outras e un enriquecemento do patrimonio cultural dos reinos cristiáns.

Moitas das obras culturais dos autores gregos e latinos chegaron a Europa a través de Al-Andalus, xa que foran traducidas ao árabe.

Page 21: 07c os reinos cristiáns hispánicos

Os cristiáns eran o grupo dominante

Os mudéxares eran musulmáns que permanecían en territorio cristián.

As comunidades xudías habitaban en barrios separados, chamados xudarías nas que se encontraba a sinagoga, o seu centro de oración e culto.

Igrexa de Santiago el Arrabal (arte mudéxar), en Toledo

Sinagoga de Santa María la Blanca, en Toledo

Page 22: 07c os reinos cristiáns hispánicos

As peregrinacións Na Idade Media, os principais lugares do cristianismo, as igrexas e mosteiros onde se conservaban reliquias dos santos atraeron a moitos viaxeiros e peregrinos. Os principais centros de peregrinación eran Xerusalén, escenario da paixón e morte de Xesús; Roma sede do papado e do martirio de San Pedro; e , máis tarde Santiago de Compostela, onde a principios do século IX creuse atopar o sepulcro do apóstolo Santiago. Os peregrinos viaxaban sos ou en grupo, atraídos polo espírito relixioso ou pola necesidade de cumprir unha promesa, pero tamén polo desexo de aventura ou polo esperanza de encontrar fortuna. Encontraban aloxamento nos mosteiros e en moitos hospitais e pousadas que ían xurdindo. As peregrinacións favoreceron o desenvolvemento urbano e comercial pola necesidade de dar servizo aos numerosos camiñantes.

Page 23: 07c os reinos cristiáns hispánicos

O apóstolo Santiago foi decapitado en Xerusalén por orde de Herodes Agripa, cara ao ano 44. Iso facía pensar que estaba enterrado en dita cidade. A localización dos seus restos en Santiago de Compostela foi a orixe dunha literatura lendaria que tratou de explicar como chegaran estes a Galicia. Cando os apóstolos se dispersaron para predicar o Evanxelio, Santiago dirixiuse a Hispania, onde se rodeou de discípulos que o acompañaron no seu regreso a Xerusalén. Despois de ser decapitado, os seus discípulos embarcaron o seu corpo no porto de Jaffa, nunha nave. En sete días a nave chegou ás costas galegas e alí, os seus discípulos buscaron un lugar onde enterralo. Lupa, señora do lugar, ofreceulles uns bois para trasladar o cadáver. Estes bois, que en realidade eran touros salvaxes, foron amansados pola sinal da cruz realizada polos discípulos que levaron o cadáver ata o palacio de Lupa a pesar de que ninguén lles ensinara o camiño. Ante isto, Lupa converteuse ao cristianismo e doou o seu pazo para enterrar ao apóstolo. No século IX grazas a visión milagrosa dun lugareño, coñeceuse a existencia do sepulcro esquecido.

Entre o historia e a lenda. O apóstolo Santiago

Page 24: 07c os reinos cristiáns hispánicos
Page 25: 07c os reinos cristiáns hispánicos

Liña do tempo: a Coroa de Castela

En 1230 produciuse a unión definitiva de Castela e León e formouse a Coroa de Castela.

A Coroa de Castela era o reino máis poderoso da Península.

No século XII sufriu a independenza de Portugal

8. A COROA DE CASTELA

Page 26: 07c os reinos cristiáns hispánicos

• Gobernar • Aplicar e cambiar as leis • Impartir xustiza

REI

• Asesorar ao Rei no goberno.

Consello Real

• Órgano supremo de xustiza.

Audiencia

• Subordinadas ao poder do rei.

• Votaban os impostos solicitados polo rei

• Realizaban peticións ao monarca

• Aconsellaban o rei

CORTES

• Administrar a economía do reino.

Facenda

Goberno de Castela

En todos os territorios había as mesmas institucións e unha mesma lei. O rei tiña moito poder e as Cortes non podían lexislar.

Page 27: 07c os reinos cristiáns hispánicos

A economía castelá

A economía baseábase na agricultura e na gandaría, sobre todo de ovellas merinas (Mesta). A artesanía e o comercio desenvolvéronse moito.

Page 28: 07c os reinos cristiáns hispánicos

A crise do final da Idade Media

Malas colleitas Fame e peste

Diminución da poboación Terras de cultivo abandoadas

Menos ingresos para os nobres

Aumentan o aluguer das teras

Revoltas entre campesiños Persecucións a xudeus

Enfrontamentos entre nobres

A situación da coroa mellorou a finais do século XIV

Page 29: 07c os reinos cristiáns hispánicos

Creouse no século XII (ano 1137) coa unión de Aragón e os Condados Cataláns.

Expandiuse menos pola Península ca Castela, pero estendeuse polo Mediterráneo.

9. A COROA DE ARAGÓN

A expansión da Coroa de Aragón polo Mediterráneo

Page 30: 07c os reinos cristiáns hispánicos

Evolución da Coroa de Aragón

Ramón Berenguer IV. Conde de Barcelona entre 1131 e 1162. O seu matrimonio con Petronila supuxo a unión con Aragón.

Xaime I o Conquistador. Rei de Aragón entre 1213 e 1276. Conquistou as illas Baleares e Valencia.

Afonso V o Magnánimo. Rei de Aragón entre 1416 e 1458. Levou a cabo unha notable expansión polo Mediterráneo.

Page 31: 07c os reinos cristiáns hispánicos

O goberno e as institucións

Estaba formada polos condados cataláns e polos reinos de Aragón, Valencia e Mallorca. Cada territorio conservou as súas institucións e costumes propios.

O rei non tiña tanto poder coma o castelán e precisaba a aprobación das Cortes en moitos casos.

Page 32: 07c os reinos cristiáns hispánicos

A maioría da poboación vivía da agricultura.

O comercio desenvolveuse moito. Os mercadores cataláns, valencianos e mallorquíns contaban con delegacións ou consulados en moitas cidades europeas, asiáticas e africanas.

A economía na coroa de Aragón

Page 33: 07c os reinos cristiáns hispánicos

A crise do final da Idade Media

Crise demográfica e económica

Graves problemas en Cataluña

Conflictos sociais importantes -sublevación de campesinos catalans contra nobres -guerra entre os nobres e burgueses ricos.

Graves problemas políticos en Aragón

Perda de influencia de Cataluña a favor de Valencia.