02a clima intro

31
Tema 2: A DIVERSIDADE CLIMÁTICA

Transcript of 02a clima intro

Page 1: 02a clima intro

Tema 2:A DIVERSIDADE CLIMÁTICA

Page 2: 02a clima intro

INTRODUCIÓN

Page 3: 02a clima intro

Tempo e cl ima TEMPO ATMOSFÉRICO: termo que designa ás

condicións particulares da atmosfera nun lugar e nun momento determinados (temperatura, humidade, presión, insolación, ventos...)

CLIMA: sucesión habitual de estados atmosféricos nhnha área determinada durante un longo período de tempo; polo tanto, resulta da análise estatística das distintas variables atmosféricas durante un gran número de anos, alomenos 30.

Page 4: 02a clima intro

A atmosfera✗ É unha capa gasosa, duns 800 Kms. de altura, que envolve

a Terra.Está composta por diversos gases. Nitróxeno (75'5% da masa total) e osíxeno (23'2%) son os máis abundantes pero, dende o punto de vista climático, cómpre destacar o papel que xogan o vapor de auga e o dióxido de carbono.

✗ Está formada por diferents capas: troposfera , estratosfera, mesosfera , termosfera e exosfera. A troposfera , capa inferior de espesor variable (9 Km. Sobre os polos, 17 sobre o Ecuador) é o espazo no que se desenvolven os fenómenos meteorolóxicos..

Page 5: 02a clima intro

✗ Desviación producida pola rotación da Terra sobre os fluidos presentes nela. Estes desvíanse cara a dereita no hemisferio N e cara a esquerda no hemisferio S. A súa presenza fai máis complexo o funcionamento dos intercambios de calor entre o ecuador e os polos.

A forza de Coriol is

Page 6: 02a clima intro

A presión atmosférica Dado que O aire pesa, este exerce unha presión sobre os seres vivos e obxectos da

superficie terrestre. A presión atmosférica dun lugar non é máis có peso da columna de aire existente sobre ese lugar.

A unidade utilizada para medir a presión atmosférica é o hectopascal (100 newtons/m2), equivalente a 1 mil ibar (mb)

A presión media a nivel do mar é de 1.013'2 mb. Os valores superiores considéranse alta presión e os inferiores de baixa presión. A presión redúcese coa altura pero non uniformemente xa que a medida que se ascende descende a gravidade. Asimesmo, en principio, a presión redúcese ao aumentar a temperatura xa que ao quencer o aire este se expande, mentres que ao enfríarse este se contrae.

As diferencias de presión entre diferentes zonas da terra causan movementos horizontais de aire entre as áreas de alta e as de baixa presión chamados ventos.

Page 7: 02a clima intro

A circulación xeral atmosférica, 1 A circulación xeral

atmosférica constitúe o mecanismo que a escala planetaria rexe os procesos de compensación térmica, cinética e hidríca entre o ecuador e os polos a través dos movementos das masas de aire. Estes desprazamentos poden explicarse globalmente en base a un esquema tricelular (células de Hadley, células polares e células de Ferrel)

Page 8: 02a clima intro

A circulación xeral atmosférica , 2

✗ ZONAS OU CINTOS DE PRESIÓN ATMOSFÉRICA RELATIVA:

✗ Cinto de baixas presións ecuatoriais ( Zona de Converxencia Intertropica, ZCIT), de carácter eminentemente térmico.

✗ Altas presións subtropicais , de carácter dinámico (movementos de subsidencia atmosférica)

✗ Baixas presións das latitudes medias , de orixe dinámico, derivadas do choque entre masas de aire de características físicas diferentes (fronte polar).

✗ Altas presións polares , de orixe fundamentalmente térmico.

VENTOS:

✗ Alis ios , entre as altas presións subtropicais e as baixas presións ecuatoriais., de compoñente E.

✗ Ventos do oeste (Westerlies), entre as altas presións subtropicais e as baixas presións das latitudes medias.

✗ Ventos polares do E , entre os anticiclóns polares e as depresións das latitudes medias.

O emprazamento da ZCIT cambia ao longo do ano desprazándose cara o trópico no que se produza o solsticio de verán. Este movemento modifica taména posición latitudinaldos demáis cintosde presión

Page 9: 02a clima intro

FACTORES XEOGRÁFICOS:✗ Latitude.✗ Posición..✗ Influxo mariño.✗ Relevo.

FACTORES TERMODIÁMICOS:

Centros de acción.Masas de aire.Frontes.Jet stream

FACTORES DO CLIMA

Page 10: 02a clima intro

FACTORES XEOGRÁFICOS: A latitude✗ A España peninsular sitúase no sector

meridional das latitudes medias ((36O-44o47'N). Por isto, son apreciables oscilacións térmicas ao longo do ano que nos permiten falar de estacións climáticas diferenciadsa (verán, inverno, primavera, outono). Asimesmo, a Península é afectada, agás no verán, polo paso das frontes nubosas asociadas aos ventos do Oeste.

✗ O arquipiélago canario localízase nas latitudes subtropicais (27O38'-29O 24'). Conseguintemente, as oscilacións térmicas e as precipitacións son ben escasas..

Page 11: 02a clima intro

FACTORES XEOGRÁFICOS: A posición

✗ Entre dúas masas continentais: a Península Ibérica sitúase no extremo SW de Eurasia e ao N e W de África, polo que recibe o influxo das masas de aire continentais procedentes de ámbolos dous continentes.

✗ Entre dúas masas mariñas: a Península Ibérica sitúase entre o océano Atlántico e o mar Mediterráneo, posición que facilita o paso de borrascas asociadas á fronte polar e a entradas das perturbacións xeradas sobre o Mediterráneo.

Page 12: 02a clima intro

FACTORES XEOGRÁFICOS: O influxo mariño

A presenza de grandes masas de auga contribúe a suavizar as temperaturas. Isto reflíctese nunha menor amplitude térmica tanto diaria como anual.

As correntes mariñas teñen localmente un significativo influxo sobre certas áreas costeiras: así a corrente cálida do Golfo contribúe a caldear o litoral atlántico e cantábrico peninsular, mentres a corrente fría de Canarias resfresca o arquipiélago.

O influxo oceánico do mar sobre a Península Ibérica esta moi limitado polo seu carácter macizo e a disposición periférica dos relevos montañosos.

Page 13: 02a clima intro

FACTORES XEOGRÁFICOS: O relevo✗ Altitude: a medida que aumenta a altitude

descenden as termperaturas (0'6º/100 m.: gradiente vertical de temperatura).

✗ Orientación: ● Respecto ó Sol: as ladeiras orientadas ao

S (solainas) son máis cálidas e menos humidas que as orientadas ao N (umbrías).

● Respecto aos ventos dominantes: as ladeiras expostas (barlovento) son máis húmidas que as abrigadas del (sotavento)

✗ Disposición: a disposición periférica do relevo peninsular limita o impacto do influxo mariño a unha estreita franxa costeira e aos arquipiélagos..

Page 14: 02a clima intro

FACTORES TERMODINÁMICOS: Centros de acción , 1✗ Denóminamos centros de acción as

áreas de altas (anticiclóns) e baixas presións (depresións ou borrascas). Segundo a súa orixe, podemos cualificarse como:

✗ Dinámicos: o ascenso ou descenso do aire no seu interior prodúcese en todo o espesor da troposfera.

✗ Térmicos: cando a dináimca seral de atmosfera se ve interrompida en superficie por causas térmicas (quencemento ou enfriamento acusado).

Page 15: 02a clima intro

FACTORES TERMODINÁMICOS: Centros de acción , 2

ANTICICLÓNS BORRASCAS ou DEPRESIÓNS

Dinámicos

ANTICICLÓN DAS AZORES, de orixe subtropical e posición variable. Durante o verán ocupa posicións septentrionais e a súa presenza provoca unha significativa redución das precipitacións

DEPRESIÓN DE ISLANDIA, de orixe noratlántico, e asociada a frontes que provocan abundantes precipitacións, sobre todo no N e W peninsular.

ANTICICLÓN ESCANDINAVO, de orixe polar e xerador de masas frías, incide sobre as latitudes peninsulares en inverno.

DEPRESIÓN DE LIGURIA, que ocasiona precipitacións significativas no litoral mediterráneo

Térmicos

ANTICICLON INVERNAL CENTROEUROPEO

DEPRESIÓN ESTIVAL DO NORTE DE ÁFRICA.

ANTICICLON INVERNAL DA PENÍNSULA IBÉRICA.

DEPRESIÓN ESTIVAL DA PENÍNSULA IBÉRICA

Page 16: 02a clima intro

FACTORES TERMODINÁMICOS: Masas de aire , 1

✗ Defínese masa de aire como un volume de aire que ocupa unha gran extensión e que, logo de permanecer por un longo período na súa area orixinaria, adquiriu unhas características de humidade e temperatura homoxéneas.

✗ A medida que as masas de aire se desprazan seguindo as pautas sinaladas pola presión atmosférica, as súas características van mudando, sobre todo nas capas inferiores.

Page 17: 02a clima intro

FACTORES TERMODINÁMICOS: Masas de aire, 2

HUM/LAT Continentais Marítimas

Ártica ÁRTICA MARÍTIMA (Am):-Orixe: Océano Glacial Ártico.-Trazos: moi fría e pouco humida.-Época: inverno, abril.-Efectos: ondas de frío.

Polar POLAR CONTINENTAL (Pc):-Orixe: anticiclón eurosiberiano.-Trazos: moi fría e seca.-Época: inverno.-Efectos: ondas de frío, nevadas

POLAR MARÍTIMA (Pm):-Orixe: Atlántico Norte.-Trazos: fría e húmida.-Época: inverno.-Efectos: tempo inestable, choiva.

Tropical TROPICAL CONTINENTAL (Tc):-Orixe: Norte de África.-Trazos: moi cálida e seca.-Época: verán.-Efectos: ondas de calor en verán, suba das temperaturas o resto do ano

TROPICAL MARÍTIMA (Tm):-Orixe: Atlántico subtropical.-Trazos: calida e húmida.-Epoca: todo o ano..-Efectos: bo tempo en outono-inverno, tempo inestable no verán.

Page 18: 02a clima intro

FACTORES TERMODINÁMICOS:As frontes

✗ Defínese fronte como a liña de separación que se establece cando dúas masas de aire de caracterísitcas físicas (temperatura, humidade) diferentes entran en contacto. A fronte que separa as masas de aire tropicais das masas de aire polares denomínase fronte polar , representado graficamente como unha sucesión de frontes fríos e calidos (familia de borrascas) de dirección E-W.

CLIMATIC

As frontes pódense clasificar en tres grupos: frontes frías, cálidas e ocluídas.-Nas frontes cálidas o aire máis cálido avanza sobre o aire frío que ten diante, movéndose por riba del. -Nas frontes frías, o aire polar avanza e despraza cara arriba ao tropical. Nas frontes cálidas a subida do aire cálido é sobre o frío é moito máis brusca e rápidaca sobre as frotnes cálidas.-Cando a fronte fría alcanza á cálida prodúcese unha fronte ocluída: o aire cálido sepárase do chan e os dous sectores de aire frío fusiónanse.

Page 19: 02a clima intro

FACTORES TERMODINÁMICOS:O jet stream.A tropopausa, a separación entre a troposfera e a estratosfera, non é continúa senón que presenta unhs chanzos, por eles discorren as correntes en chorro (jet streams ) polar e subtropical. O jet stream polar é unha corrente tubular, aplanada e horizontal inducida polo devandito escalón e que, no hemisferio N, se traduce na aceleración en altura dos ventos do W. Ten unha lonxitude de miles de km., unha anchura de varios centos de km. e pode chegar a acadar velocidades de 400 km./h.. Non obstante, tanto a súa velocidade como a súa latitude e configuración cambian ao longo do ano. http://virga.sfsu.edu/crws/jetstream.html

Page 20: 02a clima intro

ElEMENTOS DO CLIMA✗ Presión atmosférica.✗ Ventos.✗ Insolación.✗ Temperatura do aire✗ Humidade atmosférica e precipitacións.✗ Evapotranspiración e aridez.

Page 21: 02a clima intro

ElEMENTOS DO CLIMA: A presión atmosférica

A presión media do aire depende dos factores termodináimicos, o relevo, a latitude e da lonxitude. En España ollamos unha reducción desta de W a E debida a tres factores:

✗ A importancia do Anticiclón das Azores para o W.✗ A progresiva elevación da Meseta de W a E que

produce a elevación das masas de aire.✗ A presenza do Mediterráneo, mar cálido que adoita

favorece a presenza de masas ciclónicas.Ao longo do ano a situación barométrica tamén cambia:

✗ As altas presións predominan no inverno e no verán.✗ As baixas presións son características da primavera e

do outono.Sobre a Meseta adoitan aparecer baixas presións no verán e altas presións no inverno de orixe térmico.

Page 22: 02a clima intro

ElEMENTOS DO CLIMA:Os ventos

✗ Ventos xerais característicos da latitude:✗ Ventos do Oeste que afectan a toda

a Península.✗ Ventos de compoñente E asociados

ás baixas presións mediterráneas, frecuentes no Levante.

✗ Alis ios que afectán ao arquipiélago canario.

✗ Ventos rexionais moi condicionados pola orientación e disposición do relevo, caso do cierzo (Aragón), a tramuntana (Cataluña) ou o levante (Valencia)

✗ Ventos locais , caso das brisas de costa (do mar á costa polo día, da costa ao mar pola noite) e de montaña (do val á montaña polo día, da montaña ao val pola noite).

Page 23: 02a clima intro

ElEMENTOS DO CLIMA:InsolaciónA insolación é a cantidade de radiación solar que incide sobre un lugar nun período de tempo determinado. Depende de:

✗ A latitude.✗ A altitude.✗ A orientación do relevo.✗ A nubosidade.

Page 24: 02a clima intro

ElEMENTOS DO CLIMA: Temperatura do aireA temperatura defínese como o grao de calor que este posúe. Depende de: -A latitude.-A altitude.-A insolación.-A proximidade ao mar.Para analizala debemos ter en conta fundamentalmente tres magnitudes:-a temperatura media anual,-as temperaturas medias mensuais,-e a amplitude térmica anual.

Page 25: 02a clima intro

ElEMENTOS DO CLIMA: Humidade atmosférica , 1A humidade é a cantidade de vapor de auga que conten un volume de aire. Se a medimos por unidade de volume (gr. de vapor/m3 de aire) falamos de humidade absoluta . A porcentaxe entre a humidade absoluta e o punto de saturación desa masa de aire coñécese como humidade relativa . A humidade depende de:

✗ A temperatura.✗ A proximidade a grandes superficies acuáticas..✗ O relevo (efecto foehn)).

A condensación da humidade atmosférica produce:✗ Nubes, produto da condensación do vapor de auga na atmosfera.

Presentan diversas formas (cirros, cúmulos e estratos).✗ Néboas, orixínanse cando a condensación se produce nas capas de aire en

contacto co chan como consecuencia de procesos de advección ou irradiación.

Page 26: 02a clima intro

ElEMENTOS DO CLIMA: Humidade atmosférica, 2: Tipos de nubes

Page 27: 02a clima intro

ElEMENTOS DO CLIMA: Humidade atmosférica

A humídade relativa anual en España é superior ao 60%. Non obstante, en relación a esta variable, podemos distinguir entre:

✗ As áreas costeiras, próximas ao mar e abertas ás adveccións oceánicas superan o 70%, especialmente no norte da Península, con máximos das Rías Baixas.

✗ No interior, illado das adveccións oceánicas e do mar polas cadeas montañosas, a humidade relativa baixa do 65%. Os mínimos sitúanse en areas do S e do E do interior peninsular e no S da illa de Tenerife.

Page 28: 02a clima intro

ElEMENTOS DO CLIMA: Precipitacións , 1As precipitacións varían en función do relevo (altitude, orientación, disposición), das adveccións que se reciban (ventos húmidos do N, NW, E e sw fronte aos ventos secos do s e do NE) e dos centros de presión que afecten (anticiclóns ou depresións). En función da causa que as orixine podemos distinguir tres tipos de precipitacións:

✗ Orográficas, derivadas do ascenso dunha masa de aire cálida e humida contra unha barreira montañosa..

✗ Convectivas: provocadas polo quencemento da superfice terrestre que quence e fai ascender o aire en contacto con ella.

✗ Frontais: provocadas polo contacto entre masas de aire de características físicas diferentes que provoca o ascenso da máis cálida

Page 29: 02a clima intro

ElEMENTOS DO CLIMA: Precipitacións , 2A precipitación media anual en España está arredor dos 650 mm.. As enormes diferencias na súa distribución permien diferenciar tres grandes áreas:-A España chuviosa (Galicia, cornixa cantábrica, Pirineos e algúns enclaves montañosos do interior) que reciben máis de de 800 mm.-A España seca (costa mediterránea e interior peninsular) recibe menos de 600 mm. Dentro dla podemos destacar zonas moi secas ( SE peninsular,áreas dos vales do Douro e Ebro, zonas da Mancha, Canarias) con menos de 400 mm.-Zonas de transición, concéntricas ás anteriores, con precipitacións entre 600 e 800 mm.

Page 30: 02a clima intro

ElEMENTOS DO CLIMA: Evapotranspiración e aridez , 1A evotranspiración consiste na suma de dous procesos:

✗ Un físico, a evaporación , polo que as moléculas de auga do solo e as capas acuáticas pasan do estado líquido ao gaseoso.

✗ Outro biolóxico, a transpiración , polo que as prantas expulsan á atmosfera a auga que xa no aproveitan.

Depende da temperatura, do vento, pero tamén da cantidade de auga dispoñible. Por iso, ao utilizar este termos, debemos diferenciar entre:

✗ Evapotranspiración potencial : equivalente á cantidade auga globalmente perdida en dirección a atmosfera por unha cobertera vexetal constante e suficientemente alimentada de agua.

✗ Evapotranspiración real : suma efectiva da evaporación de auga contida no solo e nas capas de auga máis a da tranpiración das plantas.

Page 31: 02a clima intro

ElEMENTOS DO CLIMA: Evapotraspiración e aridez , 2Á relación entre as precipitacións recibidas por un lugar e a evapotranspiración sufrida recibe o nome de balanzo hídrico . Esta variable, que podemos medir a través dos diversos índices de aridez (Martonne, Gaussen, Lautesach-Maier) ten unha enorme importancia económica, humana e ecolóxica. Dende este punto de vista, podemos dividir o territorio español en:

✗ España húmeda , con superávit hídrico (Galicia, costa cantrábrica, Pireneos, unha reducida área rexión arredor de Gibraltar).

✗ España seca , con déficit hídrico (interior peninsular, litoral mediterráneo) acadando os índices de aridez máis elevados no SE e nas Canarias.