Diana coton

Post on 27-Jun-2015

542 views 2 download

Transcript of Diana coton

Diana Cotón naceu en Arzúa, o 27 de Xaneiro de 1995. Ten 19 anos, ainda que xa comezou a súa traxectoria no triatlón cando estudaba ESO no IES de Arzúa.

Na actualidade posúe moitospremios no seu palmarés, entre os que destaca o campionato de España cando só tiña 16 anos.

Estudou no noso centro durante asúa infancia, o CEIP de Arzúa.Aquí xa era unha das nosas mellores xogadoras en minibasquet.

Aquí fixo moi bos amigos!!! Nos cales tamén se inclúen os mestres que tiveron a sorte de coñecela.

Todo comezou cando no IES de Arzúa se apuntou a unha proba de duatlón, animada polo seu mestre de Educación Física.

Fíxoo tan ben que a Federación Galega de Triatlón se fixou nela, e convocouna para participar na seguinte fase, onde quedou moi ben clasificada!!

Paralelamente, tamén pertencía ao equipo de fútbol sala de Arzúa.

A súa primeira competición foi en Pontevedra, onde quedou nos primeiros postos.

Ese mesmo ano foi o campionato de España, que se desenvolveu en Almería no ano 2010. E xa quedou no posto 16 dos 50 partipantes que había.

Comezou pisando forte!!

Por iso se converteu rapidamente nunha gran promesa arzuana de triatlón!!

Os seus triunfos, son resultado do seu gran esforzo...

Como corre esta

rapaza!!

Vaia Crack!!

Na actualidade, está entrenando e estudando no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Alí os luns, mércores e venres teñen tres horas diarias de clase; dúas horas de entreno; e despois, outras dúas horas de clase. E pola tarde, volven a entrenar.

Os martes e os xoves, hai sete horas de clase pola mañá e, pola tarde, os entrenos.

Asique, fixádevos, se queredes ser grandes

atletas tedes que estudar e entrenar moito!!

E a súa HISTORIA…

...non acaba máis que de comezar.

Este fin de semana marcha para participar nos campionatos de España. E... desexámoslle moita sorte!!