Arribes do Douro

Post on 21-Jan-2018

87 views 1 download

Transcript of Arribes do Douro

OS ARRIBESOS ARRIBESDO DOURODO DOURO

SITUACIÓN: no linde entre Castela-León e Portugal

SUPERFICIEESPAÑA: 106.105 ha (37 concellos das provincias de Zamora e Salamanca)PORTUGAL: 85.150 ha (4 concellos nos distritos de de Bragança e Guarda)

O espazo inclúe os vales encaixados do río Douro e os seus afluentes Águeda, Esla, Huebra, Tormes e Uces.

Confluencia do río Huebra co Douro

O Douro fai de linde entre España e Portugal desde a presa de Castro ata Barca d’Alva, onde se xunta co Águeda.

PROTECCIÓN "Zona de especial Protección para as Aves" (ZEPA) desde 1990.Portugal: Parque Natural do Douro Internacional (maio 1998).España: Parque Natural (abril 2012).

VALORES-Xeolóxico e paisaxístico: 180 km de canóns fluviais, unha das áreas protexidas fronteirizas máis extensas da Unión Europea.-Ampla variedade de ecosistemas con especies representativas do clima mediterráneo e continental.-Importante patrimonio cultural: restos arqueolóxicos, arquitectura popular, igrexas, castelos, pontes, museos, obradoiros de artesanía...

XEOLOXÍAOs arribes son zonas de depresión nunha penichaira, con desniveis nalgúns puntos de ata 400 m. A paisaxe está dominada polas ladeiras escarpadas e rochosas onde dominan o granitos e os neis.Nos ríos, de caudal irregular, abondan as fervenzas, aínda que unha boa parte do ano están sen auga.

HISTORIA XEOLÓXICA

Na Oroxenia Hercínica (hai 600-225 millóns de anos) formáronse os grandes bloques rochosos e nos sucesivos períodos fóronse desgastando ata formar unha penichaira que máis tarde foi cuberta por sedimentos e polo mar. Durante a Oroxenia Alpina (hai 65-55 millóns de anos) tivo lugar un levantamento do leste da península Ibérica que provocou que os ríos se abrisen camiño cara ao Atlántico escavando profundos canóns e aproveitando as fallas do terreo.

Miranda de Douro

Miranda de Douro

CLIMADúas áreas con climas diferentes: nos vales hai un microclima mediterráneo, con temperaturas suaves e protexido dos ventos; na penichaira clima continental.

Fervenza do Cachón no verán

FLORAAs diferencias de altitude e orientación propician a aparición de ecosistemas diferentes cunha gran diversidade de especies.Sobre a penichaira existen dous tipos de formacións forestais: reboleiras e aciñeirais, nos que se mesturan sobreiras, caxigos, xenebreiros...

No mato hai chumbeiras, estevas, piornos, xestas, tomelo...Nos canóns hai escornacabras, érvedos, arces de Montpellier, zumaques, xilbarbeiras, troviscos, salgueiros, freixos, lodoeiros...

Bosque de lodoeiros de Mieza (250 ha) o máis extenso de Europa.

Lodoeiro

Arce de Montpellier

Aciñeira

Caxigo

Xenebreiro

Guillomo (Amelanchier ovalis)

Zumaque (Rus coriaria)

Anagallis arvensis

Cardo

Cardo mariano Centaurea ornata

Chumbeira e xestas

Caravel lusitano (Dianthus lusitanus)

Estalotes (Digitalis thapsi ) Eryngium campestre

Dragón dos Arribes (Antirrhinum lopesianum)

Helichrysum stoechas

Paronychia

Rumes induratus

Thapsia villosa

Tomelo branco (Thymus mastichina)

Uvas de lagarto (Sedum…)

Malva silvestre Papoula

FAUNAMáis de 300 especies de vertebradosMAMÍFEROS: (45 especies): morcegos (14 especies), gato bravo, lontra, fuíña, porco teixo, xabarín, xeneta, coello, ourizo, donicela, leirón careto...AVES: (arredor de 200 especies): cegoña negra, águia perdiceira, águia real, bufo real, choia, voitre branco, voitre leonado, falcón peregrino, xirrio, gralla, corvo, andoriña dos penedos, merlo solitario e numerosas aves de bosque e de ribeira ...

Abellaruco Anduriña

Águia perdiceira

Bufo real

Niño de cegoña negra con crías

Cegoña

Voitre leonado

Escribenta riscada Pimpín

Trigueiro Xílgaro

ANFIBIOS: (11 especies): sapiño comadrón, pintafontes, píntega, estroza...RÉPTILES: (17 especies): lagarto arnau, lagartixa rabilonga, osga, sapoconcho europeo, galápago leproso, cobregón...PEIXES: (20 especies): anguía, barbo común, boga, pardilla, calandino, sarda salmantina... e varias especies introducidas (lucio, carpín, gambusia, black-bass...).INVERTEBRADOS: hai unha gran diversidade de artrópodos, en especial insectos e arañas.

Escaravello Araña

Pyronia bathseba

Lasiommata megera

Trichodes leucopsideus

USOS-Produción de enerxía hidroeléctrica: Aldedávila, Almendra, Castro, Ricobayo, Saucelle e Villalcampo (españolas); Bemposta, Miranda e Picote (portuguesas).-Agricultura: vides, amendoeiras, cerdeiras, oliveiras...-Turismo

Amendoeira

Guindas

PATRIMONIOHai indicios de poboamentos desde o neolítico. O patrimonio histórico é moi rico, froito do paso de diferentes culturas como a celtíbera (castros), a romana (pontes, calzadas, estelas funerarias), visigoda, musulmá e cristiá (ermidas, igrexas, fortificacións...)Hai gran cantidade de elementos de arquitectura popular: viviendas, cortes, chozos, palleiras, adegas, lagares, almazaras, muíños, pombeiros, fontes, cruceiros...Fermoselle e San Felices de los Gallegos están declarados conxunto histórico-artístico.

Chozo de pastores

Chozo de pastores

MIRADOIROSAo longo dos Arribes, nas dúas ribeiras, hai numerosos miradoiros acondicionados desde os que se pode gozar de espectaculares vistas.

Penedo Durao (Freixo de Espada á Cinta-Portugal)

Penedo Durao (Freixo de Espada á Cinta-Portugal)

Miradoiro do Castelo (Vilvestre-Salamanca)

Colagón do Tio Paco (Mieza-Salamanca)

La Code (Mieza-Salamanca)

Pena da Águia (Mieza-Salamanca)

Pena da Águia (Mieza-Salamanca)

A Cruzinha (Lagoaça-Portugal)

Iberdrola (Aldeadávila-Salamanca)

Iberdrola (Aldeadávila-Salamanca)

Miradoiro do Frade (Aldeadávila-Salamanca)

Miradoiro do Frade (Aldeadávila-Salamanca)

Picón de Felipe (Aldeadávila-Salamanca)

Picón de Felipe (Aldeadávila-Salamanca)

Picón de Felipe (Aldeadávila-Salamanca)

Picón de Felipe (Aldeadávila-Salamanca)

Miranda do Douro (Portugal)

PASEOS EN BARCOHai varios puntos desde onde parte rutas guiadas en barco para coñecer as zonas máis interesantes do canón do Douro.

Vilvestre

PROBLEMASIncendios forestais, encoros, contaminación das augas, tendidos eléctricos, especies invasoras...

Adela Leiro Lois, Mon Daporta PadínXuño 2014