Acacia (Acacia melanoxylon)

Post on 26-Jun-2015

124 views 4 download

Tags:

Transcript of Acacia (Acacia melanoxylon)

acacia(Acacia melanoxylon)

acaciaaustralian blackwood mimosa à bois noir

acácia negra

CLASEAnxiospermasORDEFabalesFAMILIALeguminosas

Árbore de copa densa e ovoide que pode acadar os 30 m de altura. É orixinaria de Australia e Tasmania e foi introducida como especie ornamental procedente de Portugal. Atópase espontánea en moitas zonas da costa, en especial nas Rías Baixas. Pode chegar a converterse nunha praga porque se extende facilmente.

TALO:Toro dereito coa tona gris escura ou castaña con fisuras verticais finas.

FOLLASA acacia ten dous tipos de follas. As verdadeiras son compostas, doblemente pinnadas, de 6 a 12 cm de lonxitude, de cor verde escura aparecen so nos exemplares novos. As follas falsas, peciolos transformados (filodios) de forma oval-lanceolada, duras de lisas, de cor verde-gris, son as comúns nos exemplares adultos.

FLORESEspidas, agrupadas en acios de cabezas esféricas de 1 a 2 cm de diámetro, de cor amarela crara. Despiden un arume característico. Florece entre marzo e abril.

FROITOS Os froitos son legumes aplanadas duns 5 a 10 cm de lonxitude, de cor castaña escura ou verdosa, agrupados en acios. Ao secar abren para deixar sair as sementes, de forma lenticular, de cor negra brillante e rodeadas dun arilo vermello.

CICLO ANUAL-ACACIAFolla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Acacia do Campus da Universidade Santiago. Ten arredor de cen anos, 23 m de altura e 4,40 m de perímetro troncal.

Monte Aloia

Enxido, á beira do Tambre (Outes).

Acacaia longifolia. Árbore ou arbusto de ata 6 m de altura que se pode atopar naturalizada nalgúns puntos das Rías Baixas e nos arredores da Coruña.

USOS:A madeira de acacia é moi dura e apreciada en ebanistería.

ESCOLMA LITERARIA

ACACIAS

¿Cómo chamarvos sen ouronascendo, como nascedes,tan porfiado tesouro?

Seus seixos troca en cristalinverno, para que asomedespolas fiestras do marzal.

Donda canzón amarela,na luz arumado andantee cóxegas na meixela.Farautes do perto estío,pó de mel no ar bolinante(no corazón arrepío).

Eduardo Blanco Amor“Poemas Galegos”

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta