CARACTERÍSTICAS PECULIARES DAS VANGARDAS GALEGAS
► Literatura menos cerebral, non totalmente afastada do sentimentalismo
► Non se produce unha ruptura total coa tradición literaria
► Non hai unha renuncia ao compromiso coa realidade social e cultural do país
► Inexistencia dunha verdadeira escola vangardista galega(poucos autores plenamente vangardistas, un único mani-festo, carencia de revistas estritamente vangardistas...)
REVISTAS
Sen seren plenamentevangardistas,acollen nas súas páxinasa totalidade destas ten-dencias reno-vadoras
ALFARRONSELNÓSA NOSA TERRA
YUNQUECRISTAL
O MANIFESTO: MÁIS ALÁ
Asinado por
Manuel Antonio e
Álvaro Cebreiro,
en 1922
Sen pretensións de suficiencia doutoral, nin de ningún outro xeito semellante, a rebeldía duns mozos galegos fai esta chamada á Mocidade intelectual da nosa Terra.
O xesto
Non nos erguemos do xeito que o fan a maioría dos que noutras terras publican manifestos máis ou menos literarios.Case todos eles tencionan arrecadar adeptos para algún novo ismo que aparece querendo ser a derradeira verba da moderna Estética cando, en verdade, non son máis que unha nova proba de que un esnobismo operetesco invade a Literatura.Nós tencionamos tan só facer unha protesta forte, densa e implacable contra os vellos.
Destinatarios
Singularidade fronte aos outros movementos e crítica destes
Intención principal
Nós
Despois de ter dito que non traernos pretensións doutorais nin doutro xeito semellante, xa non cómpre dicir que estamos moi lonxe de querer impor ningunha concreta lexislación estética. Cansos xa de percorrer camiños vellos e fracasados, temos arrenegado de todos eles; pero non queremos sinalar un camino determinado. A nosa ruta, nos primeiros pasos, quere tan só coñecer por onde non debemos ir: tódolos outros caminos poden ser nosos. A Novidade que enxerguemos é tan só un anedamento, un ceibamento do pasado sen a definición da súa resultanza: isto é arbitrariamente persoal.
A única estratexia común é o rexeitamento do pasado
Non se propón unha nova estéticaOs vellos
Os vellos non son os que escribiron hai moitos anos -eles son os devanceiros. Os vellos son os que escriben hoxe como se vivisen no antonte dos séculos. E a lei de sucesividade que nos fai respetar aos devanceiros, é a mesma que nos ergue e move para enterrar os vellos en vida, baixo a lousa innabil da súa vulgaridade, pola acefalia que supón o desexo de definir co pasado a hora de hoxe
Respecto polos devanceiros
Crítica dos “vellos”
Os devanceiros
Nós non podemos ollar sen carraxe o baixo e noxento ruralismo de Losada. [...] Nin a baldeirez verbalista, importación madrileña de Curros. Non podemos prestar a nosa louvanza á socorrida e ridícula "posse" do falso romantismo, enfermidade de moda naquel tempo, que chegou a deslucir algunha das páxinas verdadeiramente nosas, grandes e persoais de Rosalía. Nin interesarnos polo estreito xeito de Pondal, que tan só puido ser un imperceptible eco da grandiosidade dos rumorosos e da maxestosa paganía bárdica. 0 herdo dos devanceiros redúcese pois a un exemplo de vontade e patriotismo, espido de toda eficacia literaria como non sexa pola reacción que produce o desagrado.
Infravalora-ción dos devanceiros
A fala
Unha fala que non estea pervertida por académicos nin por puristas; que non sufrise os estancamentos de verdugos armados de gramática que a emparedasen nun feixe de regras [...] terá que ser unha fala de inmellorables posibilidades porque o seu estado ceibe permitiralle axeitarse a tódalas navidades[...] E consentirafle o seu indelineamento ser cicelado de xeito que ela sexa un instrumento do artista e non el escravo dela.Pero hai aínda unha razón de orde suprema: a nosa Fala é nosa. Pospola a outra calquera, é unha forma do suicidio.
Reivindica-ción ética do galego
Defensa dunha lingua libre das ataduras da Gramática
DesbotandoArrenegamos de mestres e dos seus consellos. [...]. Arrenegamos da Lei e do Costume. [...]Arrenegamos dos temas obrigados. É vergoñoso falar da escravitude da Terra, mentres non se teña feito todo o que cómpre por anulala. [...]. A literatura paisaxista ó xeito de fotografía iluminada con notas de turista burgués é a maior caloña da nosa paisaxe[...]. Arrenegamos de toda imitanza. A dos vellos en nome da Vida; a dos nosos en nome da Novidade.
IndividualismoConsagramos a individualidade ata o extremo de desexar que a definición de cada un de nós sexa unha verba: o seu propio nome.
Exaltación do individualismo
Contra os modelos literarios
Contra os tópicos da literatura galega
OS AUTORES: MANUEL ANTONIO
Móvese dentro da órbita do CREACIONISMO
► Creado polo poeta chileno Vicente Huidobro ► Semellante ao Ultraísmo, supón, como este, unha
síntese de características variadas doutros movementos ► Procura a expresión poética baseada en imaxes,
liberadas dos seus significados habituais
► O poeta é un ser elixido, capaz de captar a esencia da realidade e reinterpretala desde a súa propia óptica
Algunhas características deste movemento
“O Poeta é un pequeno Deus”Vicente Huidobro
“Crear un poema tomando á vida os seus motivos e transformándoos para darlles unha vida nova e in-dependente. Nada anecdótico nin descritivo. A emo-ción ha de nacer da única virtude creadora. Facer un poema como a natureza fai unha árbore”. V. H.
CARACTERÍSTICAS VANGARDISTAS DA OBRA DE MANUEL ANTONIO
DO CREACIONISMO:Uso das imaxes reinterpretativas da realidade na xénese do poema
“O paquebote esmaltadoque cosía con liñas de fumeáxiles cadros sen marco”
“Soy el viejo marinero que cose los horizontes cortados” V. Huidobro
DO CUBISMO:Disposición tipográfica non convencional dos versos, uso de chaves, división en apartados, uso de brancos...
“Aínda fica só “Ista tardecaviloso tan longa
Xuan” non acaba de pasar”
“a) Hoxe foi o pasamento d´o serán [...]b) Solta en disoantes riolas de barullo [...]c) Un pensamento inconscente [...]d) Avenida de mayo [...]e) O gaiteiro / calado / acarrexaf) Chove n-a cidade [...]”
viventeOllar super
vidente
arrandearAquel d´o acordión
adormentar
DO FUTURISMO:Uso de terminoloxía de tipo técnico e emprego de palabras estranxeiras
INTERTROQUE DE RADIOGRAMAS NEUROPATÍASCHUBASCOS MECANÓGRAFOS CALUGA D´ARCOS ELÉITRICOSGRÚAS ORTODRÓMICAS QUÍMICA/LOGARITMO
NAVY BAR LIED OHNE WORTE GAF-TOPE STOCKCOCK-TAIL LEIT-MOTIV
OBRAS DE MANUEL ANTONIO
Con anacos do meu interior (1920-22)
Foulas (1922-25)
De catro a catro (1926-27; ed.: 1928)
Sempre e mais dispois
Viladomar (1928)
42 poemas soltos
TEMÁTICAS DE DE CATRO A CATRO
C´as suas mans loiras / acenan mil adeuses as estrelasEse intertroque de radiogramas / que reeditaron os faros e as
estrelasA alba intrusa / bateu as catro horas / Era o sino de proa / que
tornaba do MarPero a historia d´o pailebote branco / non-a sabía o pilotoEnvergada n-un mastro d´a Lúa / agarda-nos a meia noite
Fomos ficando sós / o Mar o barco e mais nósAs nosas soedades / veñen de tan lonxe / como as horas d´o reloxeÍbamo-nos fechando / cada un dentro d´a súa alta-marIbas xuntando soedades
O MAR: preferentemente nocturno ou crepuscular e ele-mentos asociados: estrelas, lúa,faros, ronseis, barcos..
A SOIDADE: radical, ontolóxica, eterna
O TEMPO: abundantes refencias ao decorrer do tempo e aos elementos que o miden (reloxos, almanaques...),
A TERRA: como contrapunto do mar; caracterízase pola desilusión, a mono-tonía e a saudade
O minuteiro / (tic-tac) / asumeu o compás d´as travesíasCronometramos o pulso d´as tormentasAtoparemos n-o peirán / as follas evadidas / d´o almanaque d´os
nosos soñosAs nosas soedades / veñen de tan lonxe / como as horas d´o reloxe
...algúen que chora dentro de minpor aquel outro euque se vai n-o veleiro
pra semprecoma un morto
c´o peso eterno de todol-os adeuses
OS AUTORES: ÁLVARO CUNQUEIRO
Nos seus primeiros libros de poesía presenta unha estética moi vinculada ao SURREALISMO,con profusión de imaxes irracionais e un mar-cado gusto pola inspiración onírica
Mar ao norde (1932)
Poemas do si e non (1933)
SOL:Cinco fiestras colgadasda mesma alba rosa:vivas,
intactas,núas,
con arela de mans, coma espellos de mastros.
SOMBRA:Cinco fiestras colgadasda mesma alba turba:quedas,
chás, duras,
sin afáns de presencia,sin afáns de fuxida.
SEMPRE:Cinco fiestras: soio.
Sabían as cerdeiras o segredo dos seus ouvidoscheos do verde puro da acústica das fiestrase os xardíns chamábanse polo nome das pombas quebebían auga nos seus xurdidores.
Ela comezaba a andar.
En cada ollo nascéralle unha transmigración de avelaíñas,e ao marcharse deixaba vocais fortes no seu sitio.
Ela tiña nome de pastor.
MOVEMENTOS PARALELOS ÁS VANGARDAS
NEOTROBADORISMO
É preciso lembrar, con todo, que a inspiración na tradición litera-ria é radicalmente contraria ao espírito das vangardas
Inspirado na recreación da lírica medieval galego- -portuguesa, fundamentalmente nos esquemas for-mais e no inxenuismo da cantiga de amigo, participa (esencialmente en A. Cunqueiro) dunha certa vonta-de expresiva proxima á linguaxe vangardista.
F. BOUZA BREY
É moi tradicional na reprodución dos esquemas da lírica medieval e nas composicións de carácter neopopularista
Nao senlleira (1933)
Seitura (1935)
Naquel biduído dos bidos louzanoso páxaro Sol non pía seus raios,e morre de amor.
Naquel biduído dos lanzales bidoso páxaro Sol non criba seus píose morre de amor.
Non criba seus ritmos, non pousa seus raiose albean de frío os albres delgadose morre de amor.
Non criba seus raios, non tece seus fíose albres e mámoas albean de fríoca poldra que morde no mato cativo.
ÁLVARO CUNQUEIRO
Máis renovador a respecto das temáticas e formas medievais, presenta nas súas obras neotrobadoris-tas, un tratamento das imaxes moi na liña dos move-mentos vangardistas
Cantiga nova que se chama ribeira (1933)
Dona de corpo delgado (1950)
Toda a casa estaba cheade espellos para soñar,ai, amante!
Muiñeira de cen augasdeprendeunos a beilar,ai amante!
Sís e nons de vidros noivosdeixáronlle olleiras finas,ai amante!
Pandeireta de namoros,cantaba canciós albinas,ai amante!
Nos beizos do corvo mouromorréu de beilar soñando,ai amante!
HILOZOÍSMO
Inspirado na tradición paisaxista popular, ca-racterízase por un emprego abundante de ima-xes de natureza irracional. Se ben a temática (rural, mariñeira, paisaxística) e o uso dalgunhas estruturas métricas (como as estrofas de octo-sílabos) entroncan máis coa poesía popular ou costumista, as súas formas expresivas baseadas na concatenación de imaxes encóntranse ás ve-ces moi próximas ao Creacionismo e ao Surrea-lismo
Este movemento é denominado tamén IMAXINISMO
AMADO CARBALLO
Destaca na súa poesía a presentación humanizada da natureza, continuando a liña animista de Norie-ga Varela (de aí a denominación de hilozoísmo). Son de salientar tamén a descrición impresionista da paisaxe, a abundancia de imaxes e o gusto polo cosmopolitismo
O galo (1928)
Proel (1967)
Noite mareira
No ébano xélidodo skating da ría,voltexando ledasesvaraban as luces da vila.
No fío da praiaas dornas durmidas,debruzadas carón da mareanun soño de illas.
Nas ponlas do ventoo trebón pousadoera un monstro de negro plumaxoque agoira os naufraxios.
Unha lúa verdependuraba no mouro silencioun longo sorrisode esquelete vello.