BÁDMINTON
O CAMPO DE XOGO DE BÁDMINTON.
OBXECTIVO DO BÁDMINTON
O obxectivo do bádminton é conseguir golpear o volante ca raqueta por encima da rede
para que caia no campo contrario e non caia no meu campo.
MODALIDADE DE INDIVIDUAIS. SAQUE E DEVOLUCIÓN.CAMBIO DE LADO
En individuais o xogador que saca fáino desde o cadro de
saque da dereita e sirve a zona de saque da dereita da parte
do outro lado da rede.
Tanto o que saca como o que recibe colocaranse nos seus
respectivos campos dereitos cando o que executa o saque,
non teña ningún punto ou teña un número par de puntos nese
xogo.
Colocaranse nos seus respectivos campos esquerdos cando o
que saque teña un número impar de puntos nese xogo.
Gáñanse os puntos cando un xogador non devolve o volante ou o
golpea enviándoo fora da pista.
MODALIDADE DE DOBRES: SAQUE E DEVOLUCIÓN
CAMBIO DE LADO
Sácase e recíbese desde os cadros de saque dereito e
esquerdo con puntuación par e impar igual que en individuais.
Despois de devolver o saque, calquera xogador do lado do
recibidor e calquera xogador do lado do sacador poden
alternativamente devolver o volante. Só se pode golpear unha
vez por parella.
TEMA. - DEPORTES CON RAQUETAS:BÁDMINTON E PÁDEL
2
ORDE DO SAQUE DEVOLUCIÓN EN DOBRES.
1. do servidor inicial que
comezou o xogo do cadro de
saque dereito.
2. ao compañero do receptor
inicial.
3. ao compañeiro do primeiro
servidor.
4. ao xogador que primeiro
recibiu.
ao servidor inicial e así.
SETS E PUNTUACIÓN
O partido consta de 3 sets e adxudícase ao xogador que gañe en dous deles, sen
necesidade de disputarse o terceiro si xa se acadaron os dous primeiros.
O lado que ten dereito a sacar chámase lado de saque e o lado oposto chámase lado
receptor.
O lado que primeiro gañe 21 puntos gañará o SET.
O lado que consiga punto directo sumará un punto o seu marcador.
Se no tanteo se empata a 20, o lado que consiga dous puntos consecutivos gañará o SET.
Se no tanteo se empata a 29, o lado que consiga o punto 30 gañará o SET.
O lado que gañe o SET sacará primeiro no seguinte .
Cambio de lado nos sets.
Os xogadores deben cambiar de lado:
-ó final do primeiro set. -antes de comenzar o terceiro set, se existise. -no terceiro
set, ou nun partido dun set, cando un dos lados chegue a 11 puntos.
RESUMINDO: O partido consta de 3 sets.
O lado que primeiro gañe 21 puntos gañará o SET con 2 ptos de ventaxa.
Con empata a 29, o lado que consiga o punto 30 gaña.
Sácase e recíbese dende os cadros de saque dereito e esquerdo con
puntuación par e impar respectivamente.
O lado que consiga un pto sumará un punto a su marcador. Un dos lados
gaña o punto, cando o oponente comete unha “falta” ou o volante deixa de
estar en xogo.
porque toca la superficie de la pista contraria
3
ERROS NO SAQUE. FALTAS DE SAQUE.
No momento de golpear o volante, o
mango da raqueta debe apuntar cara
abaixo.
A empuñadura da raqueta do que saca
estará no momento do golpe co volante
por encima da cabeza da raqueta.
Parte dos pes tanto do sacador coma do
recibidor teñen que estar en contacto
co chan.
A raqueta do que realiza o servicio no
momento do impacto, o igual co volante,
deberá atoparse por debaixo da cintura.
O servidor e o receptor deben estar
colocados nos seus respectivos cadros
de saque sen tocar as líñas destos
cadros.
4
Se o recibidor fai unha falta ou o volante deixa de estar en xogo debido a que toca a
pista de xogo do recibidor, o servidor gaña un punto. A continuación o servidor sacará
novamente desde o outro lado do saque.
Se o servidor fai unha falta ou o volante deixa de estar en xogo porque toca a pista de
xogo do servidor, o recibidor gaña o punto. O servidor perderá o dereito a continuar
co saque e o recibidor pasará a ser o servidor.
TAMÉN É FALTA
5
XESTOS TÉCNICOS
POSICIÓN BÁSICA
SERVICIO LONGO traxectoria alta ata a liña de fondo, obriga o contrario a desprazarse do
centro do campo
SERVICIO CORTO O volante debe pasar rozando a rede e caer xusto na liña de saque.
O CLEAR golpe por encima da cabeza realízase desde o fondo da pista propia e o volante vai
a caer no fondo da pista do adversario
6
O LOB OU GLOBO executado por debaixo da cintura para desprazar o contrario o fondo da
pista.
AS DEIXADAS hai dous tipos : unha desde o fondo da pista e outro cerca da rede.
O SMASH OU REMATE Execútase por encima da cabeza.
POSICIÓN NO CAMPO
SISTEMA EN PARALELO SISTEMA ADIANTE-ATRÁS
7
PÁDEL. O CAMPO DE XOGO DE PÁDEL.
A pista de xogo é un rectángulo de
10 metros de ancho por 20 metros
de largo dividido na sua metade por
unha rede.
A rede ten unha lonxitude de 10
metros e unha altura de 0,88
metros no centro.
A PUNTUACIÓN
Na práctica, o pádel é moi similar ao tenis.
Cando unha parella gaña o primeiro punto contará 15.
Ao gañar o segundo punto contaranse 30.
Ao gañar o terceiro punto contaranse 40
Co cuarto punto gañado cantarase XOGO.
Se ambas parellas gañaron tres puntos, a puntuación recibe o
nome de "iguais".
O tanto seguinte denominase "ventaxa" en favor do gañador e
se o mesmo volve a gañalo adxudícase o xogo.
A parella que primeiro gañe 6 xogos, sempre cun mínimo de 2 de
ventaxa, anotarase o set.
En caso de empate a 5 xogos deberanse xogar dous máis,
ata gañar por 7-5, pero se hai empate a 6 xogos, gañará aquel
que consiga dous de diferenza ou, aplicarase o "tiebreak" ou
desempate.
As parellas cambiarán de lado cando a suma dos xogos de cada
set sexa número impar.
Os partidos poderán ser ao mellor de 3 ou 5 sets.
8
COMEZO DO XOGO
Posición dos xogadores
O saque
Debe efectuarse da seguinte maneira:
O servidor deberá estar cos pes detrás da líña de saque,
entre a liña central de saque e a parede lateral. Lanzará a
pelota por encima da rede cara o cadro situado no outro
campo, en liña diagonal, facendo que bote en dito cadro ou
sobre unha das liñas que o delimitan.
O servidor queda obligado a non tocar cos pes a
liña de saque nin invadir a zona que estaría delimitada
pola continuación da liña central.
No momento do saque, o xogador deberá golpear a
pelota a altura ou por debaixo da cintura, e ter ao menos
un pe en contacto co chan.
FALTA DE SAQUE
A pelota bota fora da área de
servicio do restador
Logo de servida a pelota
golpea o seu compañeiro.
Logo de servida e pasada
a rede, a pelota bota no
campo contrario e toca a
malla metálica que
delimita o campo antes
do segundo bote.
9
CÁNDO SE PERDE O PUNTO ?:
Una parella perderá o punto:
Se un xogador da parella, a sua raqueta ou algo que leve consigo toca algunha parte da rede,
ou o terreno da parte do campo contrario, incluida a malla metálica, mentras a pelota esté
en xogo.
Se a pelota bota por segunda vez no seu campo antes de ser devolta.
Se devolve a pelota de volea antes de que ésta sobrepasase a rede.
Se un xogador devolve a pelota de tal forma que da directamente nas paredes do campo
contrario ou na malla metálica.
Cando a pelota sexa impulsada por un xogador, bote e saia dos límites superiores da pista
XESTOS TÉCNICOS
GOLPE DE DEREITA
GOLPE DE REVÉS
REMATE
SAQUE
10
DEPORTES DE RAQUETA, CONSECUENCIAS DA ASIMETRÍA.
Os deportes de raqueta presentan potenciais riscos para a espalda porque existen frecuentes
posturas de rotación e flexión da columna vertebral. Ademais, tenden a desenvolver máis a
musculatura dun lado ca doutro, o que pode xerar unha asimetría prexudicial para a espalda.
Recoméndase:
Realizar exercicios para desenvolver a musculatura da columna vertebral, para compensar a
tendencia ao desequilibrio muscular que xenera este deporte.
É importante facer estiramentos da
musculatura fortalecida (a do lado de golpeo)
e fortalecer o lado máis débil.
ESTIRAMENTOS RECOMENDADOS NOS DEPORTES CON RAQUETAS
dorsal deltoides tríceps
cuádriceps pectoral xemelgos
Top Related