TEMA 2 CIENCIAS SOCIAIS : OS CONTINENTES
E OS OCÉANOS
OS CONTINENTES
Os continentes son grandes extensións de terra separadas polos océanos e compostas
por distintos países.
Cantos continentes hai?
Son seis: América, Europa, África, Asia, Oceanía e
Antártida.
América
É o 2º continente máis grande.Conta con máis de
1200 millóns de habitantes. Atópase dividida en tres subcontinentes :
Norteamérica, composta por Canadá, Estados
Unidos e México, xunto coas dependencias de
Bermudas, Clipperton( frente a México), Groenlandia , San Pedro e Miquelón(
arquipélago de Chiloé, Chile) Centroamérica, integrada polos países de Belice, Costa Rica, El Salvador,
Guatemala, Honduras, Nicaragua e Panamá Sudamérica, formada por Argentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador,
Guyana, Paraguay, Perú, Surinam, Uruguay e Venezuela
Europa
Coñecida popularmente como o vello continente, Europa é o segundo continente máis pequeno en
extensión e o continente máis poboado despois de Asia, América e África .
África
É o terceiro continente máis grande do mundo, con 1.000 millóns de habitantes.
Asia
Asia é o continente máis grande do mundo, tanto en
extensión como en poboación.(cunha extensión de 44,5 millóns de metros cadrados e tamén o máis poboado, con máis de 4.000 millóns de habitantes)
Oceanía
Oceanía con pouco máis de 34 millóns de habitantes, é
un continente insular da Terra .Está formado por Australia, Nova Zelanda, Melanesia, Micronesia e Polinesia.
Antártida
Aínda que a nivel xeográfico é considerado un
continente, moitos estudosos non o teñen en conta como tal debido a que apenas ten entre 1.000 e 4.000
habitantes.
Actividades interactivas: Continentes e océanos.
http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/mmundi1e.html
OS OCÉANOS
Os océanos concentran cerca do 97% do total de toda a auga do planeta .
Hai cinco océanos: Pacífico , Atlántico, Índico, Glacial
Ártico e Glacial Antártico.
océano Pacífico
É o océano máis grande da Terra, a súa extensión supera a superficie total de terra
firme.
Ten máis illas que todolos demais océanos xuntos: 25.000 illas.
O océano Atlántico
Está situado entre América, Europa e África, é o segundo máis grande do mundo.Exténdese
desde o Glacial Ártico, no norte, ata o Glacial Antártico, no sur. Ë o máis rico en peixe.
Océano Índico
Está arrodeado en tres dos seus lados polos continentes de África, Asia e Oceanía.
Está localizado nunha zona de converxencia entre as placas tectónicas da Antártica, Africana,
Indiana, Euroasiática e das Filipinas. Esa característica desencadea fenómenos como tsunamis
e actividades volcánicas, afectando a milleiros de habitantes de países próximos ao Índico.
O océano Glacial Ártico
É o máis pequeño e o menos profundo de tódolos océanos. Está arrodeado case completamente por América do Norte, Europa e Siberia
O océano Glacial Antártico.
O océano Antártico rodea completamente á Antártida, e xunto co Ártico son os únicos en arrodear o mundo de forma completa.
Os icebergs antárticos poden posuir dimensións imponentes, constituindo un perigo para a navegación. A temperatura do mar varía de +10 °C a −2 °C.
O pingüín emperador, o maior do mundo, só vive na Antártida. Conta tamén cun santuario de baleas no que se prohíbe a caza destes animais protexidos
CURIOSIDADES:
Sabes cal é o país máis grande do mundo?
No noso planeta hai 194 nacións, millóns de habitantes, distintos idiomas e culturas
que convirten á terra nun lugar marabilloso que vale a pena percorrer.
O país máis grande do mundo é Rusia, con 17.075.200 km2, ocupando dous
continentes: Europa e Asia. A súa capital é Moscú. Trátase do noveno país máis poboado do mundo.
Sabes cal é o país máis pequeno do mundo?
O país máis pequeno do mundo é El Vaticano. É o estado independiente con menor
extensión do planeta, contando con apenas 0,44 kilómetros cadrados.
Sabes cal é o lago máis grande do mundo?
O lago máis grande do mundo é o mar
Caspio, un lago de auga salgada cuias dimensións son tan enormes que exténdense
entre Europa e Asia. Trátase dun lago e non dun mar como algúns pensan, aínda que certamente está cheo de auga salgada e non de
auga doce como a maior parte destes depósitos naturais.
Sabes cal é o río máis grande do mundo?
En 2007 unha expedición de científicos decretou que o Amazonas era o máis longo.
Este río nace en Perú, cruza Colombia e desemboca en
Brasil, no Océano Atlántico.
Asimesmo, o Amazonas sempre considerouse como o río máis caudaloso do mundo .
Destaca o curso serpenteante do Amazonas a través da selva do mesmo nome, así como a riqueza da súa flora e
fauna. Por exemplo, son máis de 3.000 as especies de peixes que habitan no seu cauce.
Cal é a cidade máis grande e poboada do mundo?
A cidade máis grande do mundo é Tokio, a
capital de Xapón. Trátase dunha megacidade
SABÍAS QUE …? O interior dos océanos está surcado por correntes a modo de xigantescos ríos. Unha das
máis importantes é a Corriente do Golfo, que discurre polo océano Atlántico a uns
2.400 metros de profundidade e acada, nalgúns puntos, unha anchura de 540
kilómetros.
A corrente do Golfo é unha corrente oceánica que desplaza unha grande masa de auga
cálida procedente do golfo de México e que se dirixe ao Atlántico Norte.
A circulación desta corrente asegura a Europa un clima cálido. Tamén determina , en
boa parte, a flora e a fauna mariña dos lugares polos que pasa (por exemplo, os
artrópodos e cefalópodos ( como o polbo ) abondan máis nas costas de Galicia que nas
do País Vasco, onde a súa influencia é menor.
Se non fose pola Corrente do Golfo, estariamos mortos de frio. No se podería vivir en
Escandinavia.
Baixo as augas mariñas atópase a maior montaña do mundo. Trátase do volcán
Mauna Kea, en Hawai que mide 10.203 metros desde a súa base ata o cume, aínda
que só 4.213 metros emerxen do mar.
Aínda que o monte Everest é considerado o punto máis alto do mundo, o Mauna Kea é
incluso máis alto, pois este nace baixo a auga e máis da metade atópase escondida debaixo do
mar.
Outro dos récords submariños é posuir a maior cordilleira montañosa do planeta.
Está sumerxida no Atlántico e ocupa uns 16.000 kilómetros, desde Islandia ata o
Antártico.
REPRESENTACIÓN DA TERRA: PLANOS , MAPAS, PLANISFERIOS E GLOBO
TERRESTRE
O GLOBO TERRÁQUEO E OS MAPAS A Terra é unha esfera achatada polos polos.
A mellor maneira de representala é un globo terráqueo.
Para reproducir con detalle algunhas partes da Terra, os cartógrafos (Persoa que se dedica profesionalmente á
realización de cartas xeográficas)idearon
os mapas.
Os mapas son representacións planas de toda a superficie da Terra ou dunha
parte dela.
O mapa que representa toda a superficie terrestre chámase
planisferio ou mapamundi.
Os planos son debuxos nos que se representa
una localidade, una rúa, un cuarto,… a
tamaño reducido
A escala indícanos a proporción que existe
entre a dimensión
dun territorio na realidade e a dimensión que
ocupa no mapa.
A escala pode indicarse de dúas formas
distintas:
Escala numérica:
1/100 quere dicir que 1 cm no mapa equivale
a 100 cm na realidade
Escala gráfica:
Exprésase mediante unha recta dividida en
segmentos iguais.
Numérica gráfica
TIPOS DE MAPAS
En función da información que contén un mapa distínguense tres tipos de mapas: Os mapas físicos: presentan o relevo e as augas dun territorio. Os mapas políticos :mostran as fronteiras entre os territorios. Sinalan estados,
provincias, municipios, localidades. Os mapas temáticos: proporcionan información sobre un aspecto ou tema
concreto: agricultura, poboación, clima, historia, turismo,
MAPAS E PLANOS http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/proyectos2003/apoyo_cm/
paisa/contenidos/mapas0.html
PUNTOS CARDINAIS
Os puntos cardinais son as catro direccións
derivadas do movemento de rotación
terrestre .
Coñécense tamén como as catro direccións ou puntos principais do compás, que son:
Norte : símbolo N, é o punto cardinal que ven orientado pola Estrela Polar. A orientación determinada polo norte tamén se chama ártico, boreal ou
setentrional.
Sur: O sur é un punto cardinal que vén orientado pola oposición á Estrela Polar.
A orientación determinada polo sur tamén se chama antártico, austral ou meridional.
Leste: símbolo L ou E, tamén chamado Oriente, Nacente ou Levante
Oeste: é o punto cardinal polo cal se pon o Sol. O seu símbolo é W ou O, e
recibe tamén os nomes de poñente, occidente ou ocaso.
ROSA DOS VENTOS
Top Related