Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 1/15
1
San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 001 – Fax: 982 260 212 www.deputacionlugo.org
PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN DO HOSTING E MANTEMENTO DO SERVIZO DE CORREO ELECTRÓNICO, OS DOMINIOS CORPORATIVOS E WEBS EXTERNAS
ÍNDICE
1 INTRODUCCIÓN E OBXECTO DO CONTRATO .......................................................... 2
2 SITUACIÓN ACTUAL. .............................................................................................. 2
2.1 Dominios corporativos. ............................................................................................................... 2
2.2 Servidores de hosting.................................................................................................................. 4
2.3 Correo electrónico corporativo ................................................................................................... 5
2.4 Hosting de webs .......................................................................................................................... 6
3 OBXECTO E SERVIZOS A REALIZAR .......................................................................... 7
3.1 Servizo de renovación e xestión de dominios ............................................................................. 7
3.2 Servizo de correo electrónico .................................................................................................... 7
3.3 Servizo de hosting e migración das webs externas ..................................................................... 8
3.4 Servizos adicionais ...................................................................................................................... 9
3.5 Servizo de migración e formación ............................................................................................... 9
3.6 Soporte e acordos de nivel de servizo ...................................................................................... 10
4 CONDICIÓNS E OBRIGAS ....................................................................................... 11
4.1 Condicións xerais ...................................................................................................................... 11
4.2 Prazo de execución ................................................................................................................... 13
4.3 Obrigas de documentación e información ................................................................................ 13
4.4 Finalización do contrato. Plan de devolución do servizo .......................................................... 14
5 SEGURIDADE E CONFIDENCIALIDADE .................................................................... 14
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 2/15
2
San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 001 – Fax: 982 260 212 www.deputacionlugo.org
1 INTRODUCCIÓN E OBXECTO DO CONTRATO A Deputación de Lugo conta con un Centro de Proceso de Datos (CPD) sobre o que funciona un
sistema de virtualización que alberga os principais servicios e base de datos informáticas de uso
común por parte de todos os traballadores da Deputación: sistemas de telefonía, xestión de
redes, aplicacións de contabilidade, de nóminas, xestión de persoal, ferramentas de
administración electrónica, etc. O Servizo de Novas Tecnoloxías encargase de administrar esta
infraestrutura e de xestionar moitos dos sistemas e aplicativos que este alberga.
A capacidade de este CPD é limitada, tanto a nivel de memoria e capacidade de procesamento
coma de almacenamento, polo que se amplía esta infraestrutura física de servicios TI con unha
infraestrutura en modo cloud (ou na nube), de tal xeito que outros servizos en lugar de aloxarse
físicamente no CPD da Deputación residen en servidores virtualizados na nube.
O obxecto de este contrato é renovar e ampliar os servizos que se atopan virtualizados na nube,
en concreto o servizo de correo electrónico corporativo da Deputación de Lugo e o hosting de
diferentes portais e aplicacións web que se foron herdando de outros proxectos que se aloxan
fora da infraestrutura física do CPD. O contrato inclúe ademais a renovación dos dominios web
que actualmente están a nome da Deputación, e ofrecer servizos para a súa xestión e
configuración de dns.
2 SITUACIÓN ACTUAL. A continuación pasamos a describir a situación e o alcance actual dos servizos obxecto de este
contrato, detallando os principais servizos a prestar.
2.1 Dominios corporativos.
Actualmente a Deputación de Lugo ten aloxados cun provedor de servizos de hosting a xestión
dos seguintes dominios corporativos:
Dominio Data expiración Observacións (zona DNS)
1 acasadoemigrante.org 09/03/2019 Zona DNS no actual proveedor
2 artesania.org 03/12/2018 Zona DNS no actual proveedor
3 boplugo.com 27/02/2019 Zona DNS no actual proveedor
4 boplugo.es 13/03/2019 Zona DNS no actual proveedor
5 boplugo.info 27/02/2019 Zona DNS no actual proveedor
6 boplugo.org 27/02/2019 Zona DNS no actual proveedor
7 centrad.org 09/02/2019 Zona DNS no actual proveedor
8 centroinnovacionsocial.es 28/09/2018 Zona DNS no actual proveedor
9 delugo.es 02/06/2018 Zona DNS no actual proveedor
10 delugo.org 01/06/2018 Zona DNS no actual proveedor
11 deputacionlugo.com 24/06/2018 Zona DNS no actual proveedor
12 deputacionlugo.gal 23/07/2018 Zona DNS no actual proveedor
13 deputacionlugo.org 23/10/2018 Zona DNS no actual proveedor
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 3/15
3
San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 001 – Fax: 982 260 212 www.deputacionlugo.org
14 diputacionlugo.com 20/01/2019 Zona DNS no actual proveedor
15 diputacionlugo.org 22/12/2018 Zona DNS no actual proveedor
16 fundaciontic.org 24/11/2018 Zona DNS no actual proveedor
17 granjagayosocastro.es 28/09/2018 Zona DNS no actual proveedor
18 inludes.org 29/12/2018 Zona DNS no actual proveedor
19 innova-empresa.es 14/01/2019 Zona DNS no actual proveedor
20 innova-te.es 26/11/2018 Zona DNS no actual proveedor
21 innova-te.org 26/11/2018 Zona DNS no actual proveedor
22 losproductosdelugo.com 22/03/2019 Zona DNS no actual proveedor
23 losproductosdelugo.es 22/03/2019 Zona DNS no actual proveedor
24 losproductosdelugo.org 22/03/2019 Zona DNS no actual proveedor
25 lugo2.es 20/03/2019 Zona DNS no actual proveedor
26 lugo2.org 20/03/2019 DNS autoritativo: ns63.1and1.es, ns64.1and1.es
27 lugomap.es 03/02/2019 Zona DNS no actual proveedor
28 lugomap.org 03/02/2019 Zona DNS no actual proveedor
29 lugoterra.com 03/06/2019 DNS autoritativo: ns.mundo-r.com, ns-cor.net.mundo-r.com
30 lugoterra.es 04/06/2019 DNS autoritativo: ns.mundo-r.com, ns-cor.net.mundo-r.com
31 lugoterra.eu 30/06/2019 DNS autoritativo: ns.mundo-r.com, ns-cor.net.mundo-r.com
32 lugoterra.gal 12/03/2019 DNS autoritativo: ns.mundo-r.com, ns-cor.net.mundo-r.com
33 lugoterra.net 03/06/2019 DNS autoritativo: ns.mundo-r.com, ns-cor.net.mundo-r.com
34 lugoterra.org 03/06/2019 DNS autoritativo: ns.mundo-r.com, ns-cor.net.mundo-r.com
35 museolugo.org 13/02/2019 Zona DNS no actual proveedor
36 museomarsancibrao.org 22/01/2019 Zona DNS no actual proveedor
37 museomazodesantacomba.org 17/02/2019 DNS autoritativo: ns111.ovh.net, dns111.ovh.net
38 museoslugo.org 22/01/2019 Zona DNS no actual proveedor
39 orzamentosparticipativos.org 21/06/2018 Zona DNS no actual proveedor
40 osancareslucenses.com 26/03/2019 Zona DNS no actual proveedor
41 osancareslucenses.es 26/03/2019 Zona DNS no actual proveedor
42 osancareslucenses.net 26/03/2019 Zona DNS no actual proveedor
43 osancareslucenses.org 26/03/2019 Zona DNS no actual proveedor
44 pazodetor.org 22/01/2019 Zona DNS no actual proveedor
45 redemuseisticalugo.org 31/10/2018 Zona DNS no actual proveedor
46 rutasembalses.es 23/11/2018 Zona DNS no actual proveedor
47 salvamentolugo.org 05/06/2019 Zona DNS no actual proveedor
48 sanpaiodenarla.org 22/01/2019 Zona DNS no actual proveedor
49 terrasdomiño.com 28/10/2018 Zona DNS no actual proveedor
50 terrasdomiño.es 28/10/2018 Zona DNS no actual proveedor
51 terrasdomiño.net 29/10/2018 Zona DNS no actual proveedor
Tabla 1. Listaxe de dominios activos
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 4/15
4
San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 001 – Fax: 982 260 212 www.deputacionlugo.org
2.2 Servidores de hosting
Actualmente a infraestrutura de hosting na nube componse por dous (2) servidores virtualizados
sobre servidores físicos modelo HP ProLiant BL460c Gen8 con procesadores Intel(R) Xeon(R) CPU
E5-2640 v2 @ 2.00GHz.
Servidor Windows Servidor Linux
Tipo servidor Dedicado Dedicado
Sistema operativo Sistema operativo Windows Server 2012 64 bit
Sistema operativo LINUX
vCPU 4 4
Memoria RAM 8 GB 36 GB
Almacenamento 1TB 3TB
Caudal: 100 Mbps 100 Mbps
Observacións: O propósito de este servidor é albergar as aplicacións en ASP e as bases de datos MSSQLSERVER2012.
O propósito de este servidor é albergar as aplicacións en PHP, Moodle, Wordpress, HTML e as bases de datos MySQL. O correo electrónico corporativo da Deputación de Lugo tamén se atopa neste servidor.
Tabla 2. Servidores virtualizados para o hosting
Ambos servidores utilizan e ofrecen a plataforma de hosting web Plesk Onyx 17.5.3. para a súa
administración por parte dos técnicos da Deputación de Lugo, tanto para a xestión das contas
de correo electrónico (e a administración das características de este servizo) como para a xestión
dos propios servidores: acceso ás bases de datos, acceso aos ficheiros das aplicacións,
intercambio de documentos, xestión de dominios, etc.
Este hosting ofrece adicionalmente os seguintes servizos:
Servicio antivirus/antispam de correo Firewall perimetral. Backup de datos Monitorización avanzada
A seguinte imaxe mostra o estado actual do servidor Linux:
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 5/15
5
San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 001 – Fax: 982 260 212 www.deputacionlugo.org
A seguinte imaxe mostra o estado actual do servidor windows
2.3 Correo electrónico corporativo
O servizo de correo electrónico está aloxado sobre o servidor virtualizado dedicado con sistema
operativo Linux, utilizando a plataforma hosting web Plesk Onyx 17.5.3 para a xestión tanto do
servidor como do correo electrónico.
Actualmente temos neste servidor de correo:
1001 contas de correo deputacionlugo.org
50 contas de correo centrad.org
20 contas de correo museolugo.org
Servizos de backup, antispam e antivirus, firewall perimetral e monitorización avanzada.
Almacenamento ocupado: 290 GBs aprox.
Almacenamento máximo: 1500 GB.
A xestión do correo, a xestión das diferentes contas, realízase a través da plataforma e por parte
dos técnicos do Servizo de Novas Tecnoloxías.
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 6/15
6
San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 001 – Fax: 982 260 212 www.deputacionlugo.org
2.4 Hosting de webs
Actualmente hai unha serie de páxinas e aplicacións web que non están aloxadas no Centro de
Proceso de Datos (CPD) da Deputación de Lugo e que foron desenvoltas no marco de outros
contratos e por empresas externas. Estas webs están aloxadas en cada un dos dous hosts
virtuais, dependendo da súa arquitectura.
Webs URL Tipo web BBDD Nuevo Servidor
Cooperación cos Concellos (aplicación inscripciones cursos)
http://cooperacion.deputacionlugo.org
ASP MSSQLSERVER2012
WINDOWS
CENTRAD (aplicación inscripciones cursos)
*Sistema de inscripciones a cursos
ASP MSSQLSERVER2012
WINDOWS
Aula de Formación http://formacion.deputacionlugo.org/
Moodle MYSQL LINUX
LugO2 http://ws2.deputacionlugo.org/LugO2/
PHP NO LINUX
Innova-TE 2 http://innovate2.deputacionlugo.org/
WORDPRESS MYSQL LINUX
Rede Museística Provincial http://www.museolugo.org/ ASP MSSQLSERVER2012
WINDOWS
KmO http://km0.deputacionlugo.org/
HTML NO WINDOWS
A Casa do Emigrante http://www.acasadoemigrante.org/
ASP NO WINDOWS
Consorcio de Bombeiros http://www.salvamentolugo.org/
ASP MSSQLSERVER2012
WINDOWS
Fundación TIC http://www.fundaciontic.org/ ASP MSSQLSERVER2012
WINDOWS
SUPLUSA http://suplusa.deputacionlugo.org/
ASP MSSQLSERVER2012
WINDOWS
Dinamízate http://dinamizate.deputacionlugo.org/
WordPress MYSQL LINUX
Inscripciones cursos Diputación http://cursos.deputacionlugo.org/
ASP MSSQLSERVER2012
WINDOWS
Gestión Inscripciones dominios.lugonet.com/deputacionlugo/gestion
ASP MSSQLSERVER2012
WINDOWS
Dossiers Prensa dominios.lugonet.com/deputacionlugo/gestion
ASP MSSQLSERVER2012
WINDOWS
Rutas Embalses http://reservas.rutasembalses.es/
ASP MSSQLSERVER2012
WINDOWS
TicTacLugo http://tictaclugo.es/ http://memoriadixitallugo.es
WORDPRESS MYSQL LINUX
Maiores http://maiores.deputacionlugo.org/
WORDPRESS MYSQL LINUX
Life http://life.deputacionlugo.org/ HTML NO WINDOWS
Tabla 3. Portais e aplicacións web externas
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 7/15
7
San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 001 – Fax: 982 260 212 www.deputacionlugo.org
3 OBXECTO E SERVIZOS A REALIZAR O obxectivo do presente contrato é o de continuar e ampliar os servizos de administración, mantemento, renovación, almacenamento e migración dos dominios, contas de correo e webs que non están ubicados na infraestrutura tecnolóxica da Deputación de Lugo e que se describiron anteriormente no apartado 2.
Para levar a cabo este servizo será preciso desenvolver os seguintes traballos:
3.1 Servizo de renovación e xestión de dominios
O adxudicatario deberá encargarse da renovación dos dominios indicados na Tabla 1. Listaxe de
dominios activos. Ademais o adxudicatario deberá prever a adquisición e ampliación de novos
dominio, permitindo un mínimo total de 60 dominios.
O adxudicatario encargarase da xestión e administración destes dominios, incluíndo non só a
modificación e mantemento dos actuais, senón a creación de novos dominios ou a eliminación
dos existentes.
Os cambios nos dominios deberán ser autorizados exclusivamente polos técnicos do Servizo de
Novas Tecnoloxías da Deputación de Lugo, en particular por aquelas persoas do servizo que se
determinen ao inicio do contrato.
Proporcionarase unha ferramenta para a xestión dos mesmos á que se lles dará acceso e
formación ao persoal técnico do Servizo de Novas Tecnoloxías para que poidan facer unha
xestión directa dos mesmos.
3.2 Servizo de correo electrónico
O adxudicatario deberá encargarse de manter o servizo de correo electrónico corporativo
especificado no apartado 2.3 Correo electrónico corporativo
Para iso o adxudicatario deberá dispor de un servidor onde aloxar este servizo como mínimo das
mesmas características que o servidor actual (ver apartado 2.2 Servidores de hosting e deberá
soportar o número de contas actual, incluíndo a posibilidade dun crecemento das mesmas de
unha media de 50 contas ao ano.
O adxudicatario encargarase da xestión e administración deste servidor e deste servizo de
correo electrónico, incluíndo non só a modificación e mantemento dos actuais, senón a creación
de novas contas ou a eliminación das existentes.
Os cambios neste servidor e no servizo deberán ser autorizados exclusivamente polos técnicos
do Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Lugo, en particular por aquelas persoas do
servizo que se determinen ao inicio do contrato.
Proporcionarase unha ferramenta para a xestión do servizo de correo á que se lles dará acceso
e formación ao persoal técnico do Servizo de Novas Tecnoloxías para que poidan facer unha
xestión directa de dito servizo de correo electrónico.
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 8/15
8
San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 001 – Fax: 982 260 212 www.deputacionlugo.org
O adxudicatario deberá migrar á nova infraestrutura todas as contas actuais e os datos
albergados nas mesmas, de forma que o cambio de cara ao usuario final sexa transparente. A
migración non deberá levar máis de 15 días e o corte de servizo (de habelo) final non poderá
superar as 4 horas.
3.3 Servizo de hosting e migración das webs externas
O adxudicatario deberá encargarse de aloxar, migrar e poñer en produción as webs que
actualmente non están aloxadas nos servidores centrais da Deputación de Lugo e que se detallan
no apartado 2.4 Hosting de webs
Para iso o adxudicatario deberá dispor de polo menos uns servidores coas mesmas
características que os servidores actuais (ver apartado 2.2 Servidores de hosting ), e deberá
ofrecer os mesmos servizos que actualmente existen.
O adxudicatario encargarase da xestión e administración deste servidor, incluíndo a correcta
configuración, actualización, seguridade, etc. En calquera caso o servidor debe ser capaz de
soportar as páxinas e portais web e asegurar o correcto funcionamento dos proxectos que alí se
aloxen.
O adxudicatario encargarase de migrar e poñer en produción as webs indicadas na táboa 2.4 a
este servidor, conservando os contidos, funcionalidade e credenciais das actuais. Nesta
migración inclúese tamén os cambios de configuración e redireccionamento que fosen precisos
para a posta en funcionamento das citadas webs. A migración non deberá superar o mes de
duración (30 días) e a interrupción de servizo de cada portal web (de habelo) non poderá ser
superior a 4 horas.
As licencias de sistema operativo, base de datos e software precisas para por en marcha as
citadas aplicacións correrán ao cargo do adxudicatario (poderanse aproveitar licencias de certos
compoñentes utilizados polas aplicacións ASP: ASPUpload, ASPEMAIL, ASPPDF e ActiveImage
que son propiedade da Deputación).
O servidor deberá dimensionarse de tal xeito que permita a inclusión de novos servizos e webs
sen que afecte ao rendemento dos anteriores.
Os cambios neste servidor e nas citadas webs deberán ser autorizados exclusivamente polos
técnicos do Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Lugo, en particular por aquelas
persoas do servizo que se determinen ao inicio do contrato, podendo solicitar a inclusión de
novos servizos no servidor ou a baixa de servizos existentes.
Proporcionarase unha ferramenta para a xestión dos servidores que permita o acceso e
configuración das bases de datos actuais, o acceso e xestión dos arquivos das aplicacións e a
importación de novos sites con características similares aos anteriormente descritos. O
adxudicatario dará acceso e formación ao persoal técnico do Servizo de Novas Tecnoloxías para
que poidan facer unha xestión directa dos mesmos.
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 9/15
9
San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 001 – Fax: 982 260 212 www.deputacionlugo.org
3.4 Servizos adicionais
Ademais dos servizos que actualmente se están prestando na nube (backup de datos, firewall,
antivirus, antispam, etc), o adxudicatario ofrecerá a maiores os seguintes servizos adicionais en
modo cloud:
Sistema FTP para a recepción de documentos grandes.
O sistema de FTP permitirá a usuarios externos autenticados transferir arquivos de gran
tamaño á Deputación.
O sistema deberá dispor de filtros e sistemas de seguridade que minimicen os riscos e
as ameazas, permitindo configurar regras por tipoloxía de arquivos.
O FTP utilizará protocolo seguro, e poderá configurar os usuarios e os permisos dende
un panel de administración que será xestionado directamente polo persoal técnico do
Servizo de Novas Tecnoloxías. Os usuarios invitados só poderán deixar información no
FTP, non poderán ver o contido das carpetas.
Como mínimo se establece un espazo de FTP total de 100 GB.
Sistema de intercambio de arquivos na nube:
Este sistema debe permitir aos usuarios a ter un espazo de almacenamento de
documentos na nube, e ofrecer a posibilidade de compartir estes documentos con
outros usuarios que este autorice, ou de forma pública a través dun enlace web.
O sistema debe permitir tamén establecer credenciais de acceso a documentos
públicos, de tal forma que só o usuario que teña o enlace e coñeza as credenciais poderá
acceder ao contido.
O sistema estará vinculado a unha conta de correo electrónico, e debe de ser
configurable dende un panel de administración (que será xestionado ou ben
directamente polos técnicos do Servizo de Novas Tecnoloxías ou autorizado por estes).
Dende dito panel se indicará que conta de correo dispón de este espazo para compartir
arquivos e a capacidade de almacenamento.
O sistema deberá dispor de filtros e sistemas de seguridade que minimicen os riscos e
as ameazas, permitindo configurar regras por tipoloxía de arquivos.
Como mínimo se establece un espazo de intercambio de arquivos total de 500 GB, que
se poderá distribuír entre as diferentes contas creadas dende o panel de xestión.
3.5 Servizo de migración e formación
Migración
Correrá a cargo do adxudicatario a migración dos servizos a outros provedores de hosting, así
como calquera outra migración das webs, usuarios, contidos, contas, etc... que fose oportuna
para dar continuidade aos servizos actuais.
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 10/15
10
San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 001 – Fax: 982 260 212 www.deputacionlugo.org
Este proceso de migración deberá ser transparente á Deputación e tratará de minimizar o corte
de servizo, no caso de que este fose imprescindible. En calquera caso, os tempos de migración
e de corte de servizo deberán respectar os límites desta táboa:
Tempo máximo migración Tempo máximo de corte
Dominios e DNS 15 días 2 horas
Correo electrónico 15 días 4 horas
Webs externas 30 días (todas as webs) 4 horas (por web) Tabla 4. Tempo de migración
O adxudicatario garantirá e responsabilizarase de que durante o proceso de migración non se
perda ningunha información nin se eliminen funcionalidades algunhas.
Formación
Para cada servizo ofrecido o adxudicatario encargarase de formar aos técnicos do Servizo de
Novas Tecnoloxías, na súa xestión e mantemento, configurando o acceso e proporcionando as
credenciais oportunas.
3.6 Soporte e acordos de nivel de servizo
Durante a execución de todo o proxecto o adxudicatario deberá dar soporte aos servizos
incluídos no alcance do presente contrato, resolvendo e corrixindo as dúbidas e incidencias que
puidesen ocorrer e tamén realizando unha labor preventiva de mantemento dos sistemas,
aplicacións e infraestruturas que soportan os servizos:
Mantemento preventivo. A empresa adxudicataria deberá realizar, de forma proactiva
e periódica, todas aquelas actuacións que sexan oportunas e que permitan manter os
servizos funcionando correctamente. O obxectivo deste mantemento preventivo ou
proactivo é anticiparse ao erro, tratando de evitar que este ocorra, e polo tanto
reducindo o tempo de inactividade, garantindo o correcto funcionamento dos sistemas.
Mantemento correctivo. Consiste en todas aquelas actuacións que se fagan ante unha
incidencia ou erro e que vaian destinadas a restablecer o correcto funcionamento dos
servizos. Trátase polo tanto de actuacións reactivas; ante un erro ou incidencia
detectado que interrompe ou deteriora a calidade do servizo, débense realizar
actuacións derivadas a corrixir este erro e restablecer o servizo nos niveis de calidade
acordados no menor tempo posible. Para iso establécense os seguintes acordos de nivel
de servizo mínimos:
INCIDENCIAS GRAVES
INCIDENCIAS MEDIAS
INCIDENCIAS LEVES
Tempo máx. de resposta 30 min. 1 h. 2 h.
Tempo máx de resolución 4 h. 8 h 16 h.
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 11/15
11
San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 001 – Fax: 982 260 212 www.deputacionlugo.org
Considéranse:
Incidencias graves. Aquelas que interrompen ou provocan unha parada do
servizo, afectando a un gran número de usuarios ou a sistemas críticos.
Incidencias medias. Aquelas que se ben non interrompen un servizo, si
deterioran a calidade do mesmo ou afectan ao seu rendemento. Tamén se
considerarán incidencias medias cando se interrompa ou pare un servizo, pero
este non sexa crítico ou afecte a un número reducido de usuarios.
Incidencias leves. Aquelas incidencias que poidan afectar a calidade dos
servizos, sen interrupción dos mesmos.
Condicións da prestación do servizo soporte
De carácter xeral o servizo de mantemento deberá cumprir co seguinte:
A cobertura mínima do servizo de soporte será durante a xornada laboral, é dicir de luns
a venres mañá e tarde (de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00), nun modelo 8x5 NBD.
As incidencias serán reportadas polos técnicos do Servizo de Novas Tecnoloxías a través
das canles indicadas na proposta da empresa adxudicataria (mínimo un correo
electrónico ou aplicación web e un teléfono gratuíto), identificando a gravidade da
incidencia e determinando as actuacións a realizar.
Todos os servizos deberán funcionar correctamente durante a duración do contrato,
correndo por conta do adxudicatario o custo do traballo de mantemento que fose
preciso para garantir a calidade do servizo.
Os licitadores deberán cumprir os acordos de nivel de servizo que indiquen na súa
proposta e que en ningún caso deberán superar os indicados nos presentes pregos.
A empresa adxudicataria poderá realizar as intervencións e tarefas de mantemento que
considere oportunas, para iso concretará co servizo de Novas Tecnoloxías as condicións
das mesmas para a súa aprobación.
O adxudicatario deberá informar periodicamente das accións de soporte e mantemento
realizadas.
4 CONDICIÓNS E OBRIGAS
4.1 Condicións xerais
A entidade adxudicataria acordará coa Deputación de Lugo a planificación concreta das
actuacións a realizar no marco do proxecto, e deberá cumprir a normativa en materia de
protección de datos, de acordo coa lexislación vixente.
O adxudicatario asumirá o desenvolvemento íntegro de todas as accións propostas e garantirá o cumprimento dos obxectivos establecidos para cada unha delas.
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 12/15
12
San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 001 – Fax: 982 260 212 www.deputacionlugo.org
Non existirá relación laboral algunha entre os recursos humanos postos a disposición pola
empresa adxudicataria e a Deputación de Lugo, existindo unha cadea de mando clara entre a
empresa adxudicataria e a Deputación.
Correrán por conta do adxudicatario os gastos derivados do custo salarial, desprazamentos,
locomoción e demais gastos do persoal adscrito ao proxecto. Tamén será por conta do
adxudicatario todo o equipamento informático necesario para a prestación dos traballos
obxecto do contrato, así como todas aquelas licencias software que fosen precisas para levalo
a cabo, e a instalación e configuración de toda a infraestrutura tecnolóxica necesaria para a
posta en marcha dos cambios nos sistemas afectados.
A empresa adxudicataria terá que poñer a disposición da Deputación de Lugo os medios
materiais e humanos e o equipamento TIC necesario para realizar o servizo, os traballos e
prestar os servizos obxecto desta contratación. A modo de referencia, estes serían algúns dos
sistemas que deberá ofrecer o adxudicatario:
Equipamento informático do persoal asignado ao servizo.
Ferramenta informática de seguimento dos avances do proxecto.
Ferramenta de xestión de tickets para a apertura dos mesmos por parte dos responsables do proxecto na Deputación de Lugo.
Licenzas de calquera tipo de software necesario para o correcto despregamento e funcionamento dos diferentes portais e sistemas.
Instalación e configuración de toda a infraestrutura tecnolóxica (Sistemas Operativos...) necesaria.
A empresa adxudicataria será a responsable de garantir en todo o momento o cumprimento
da legalidade en cada unha das actuacións a desenvolver así como de verificar o cumprimento
normativa vixente e materia de protección de datos de carácter persoal. Ao comezo do
contrato, coa firma co contrato ou da acta de inicio do mesmo, deberá asinarse tamén un
contrato de encargado de tratamento entre o provedor do servizo e a Deputación de Lugo.
De existir subcontratación, esta deberase axustar ao recollido na Lei de Contratos do Sector
Público e a adxudicataria deberá de notificar á Deputación de Lugo a que provedor se vai
subcontratar, especificando as prestacións obxecto do contrato que se subcontratarán e baixo
que condicións.
As solicitudes recibidas para o exercicio dos dereitos derivados da Normativa Europea de
Protección de Datos por parte dos usuarios, isto é: acceso, rectificación, cancelación,
oposición, supresión ou dereito ao esquecemento, limitación e portabilidade, as atenderá a
Deputación Provincial de Lugo.
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 13/15
13
San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 001 – Fax: 982 260 212 www.deputacionlugo.org
As brechas de seguridade ocorridas nos sistemas de información obxecto do contrato deberán
ser notificadas pola adxudicataria á Deputación de Lugo nun prazo máximo de 24 horas dende
o coñecemento das mesmas, e a vía para notificar as mesmas será mediante o envío dun
correo electrónico ao responsable do contrato na Deputación así como aos seguintes correos
electrónicos: [email protected] e [email protected].
As medidas de seguridade a implantar serán as establecidas no Esquema Nacional de
Seguridade para unha categorización se sistema de nivel medio.
Á finalización do contrato a adxudicataria deberá devolver á Deputación de Lugo os datos
obxecto do contrato e derivados do mesmo.
A empresa adxudicataria será a responsable de garantir en todo o momento o cumprimento
da legalidade en cada unha das actuacións a desenvolver e de ter subscritas as pólizas de
seguros correspondentes (accidentes e responsabilidade civil).
4.2 Prazo de execución
Todos os servizos e traballos incluídos no alcance do presente contrato deberán estar finalizados
e aceptados no prazo máximo de dous (2) anos dende a firma da acta inicio do contrato ou no
seu defecto dende a data de formalización do contrato, con posibilidade de prórroga por un ano
adicional.
Coa finalización e aceptación de todos os traballos asinarase unha acta de recepción onde se
inclúa unha listaxe detallada do equipamento subministrado e un resumo das actuacións
realizadas.
4.3 Obrigas de documentación e información
Ademais da documentación administrativa esixible, os licitadores deberán presentar toda a
documentación técnica relacionada cos servizos realizados ao longo do contrato.
O licitador deberá realizar e entregar informes á finalización do contrato onde se recollan as tarefas desenvolvidas durante o proxecto, así como posibles accións de mellora, reflectindo tamén datos e estatísticas analíticas dos portais obxecto do presente contrato.
Adicionalmente, o contratista elaborará os informes extraordinarios e/ou medidas que solicite a Deputación de Lugo en relación a calquera aspecto do servizo obxecto do presente contrato.
Durante a execución dos traballos obxecto do contrato, o adxudicatario comprométese, en todo momento, a facilitar ás persoas designadas pola Deputación para tales efectos, a información e documentación que estas soliciten para dispor dun pleno coñecemento das circunstancias en que se desenvolven os traballos, así como dos eventuais problemas que poidan formularse e das tecnoloxías, métodos, e ferramentas utilizados para resolvelos.
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 14/15
14
San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 001 – Fax: 982 260 212 www.deputacionlugo.org
Xunto ca factura do contrato farase entrega de toda a documentación xerada, e incluirase unha
memoria detallada na que se describan os traballos realizados incluídos na factura. Esta
memoria debe ser asinada e selada xunto ca factura presentada.
4.4 Finalización do contrato. Plan de devolución do servizo
Á finalización do contrato a adxudicataria deberá devolver á Deputación de Lugo os datos
obxecto do contrato e derivados do mesmo.
Para garantir a correcta transferencia de activos e coñecementos unha vez esgotado o período de contrato, elaborarase un plan de devolución dos servizos, de operación, supervisión e mantemento dos servizos, cuxo custo estará incluído na oferta.
Durante este proceso de transferencia, o adxudicatario comprométese a facilitar toda a axuda necesaria durante este proceso de devolución á Deputación de Lugo, ou a terceiras partes nomeadas por esta, para garantir un correcto traspaso de sistemas e servizos, garantías ou contratos de mantemento existentes ata o momento da terminación do contrato nas mesmas condicións que se pactaron cos provedores.
Así mesmo, o adxudicatario deberá facer entrega á Deputación de Lugo de toda a documentación técnica e funcional xerada durante o proxecto (código fonte e base de datos dos recursos implantados e/ou mantidos, manuais…), así como un inventario da infraestrutura transferida á Deputación coa súa pertinente documentación e todas as credenciais utilizadas para todos os sistemas e contornas desenvoltos.
En calquera caso este proceso non debe ter unha duración superior a UN MES, dende a súa comunicación formal.
5 SEGURIDADE E CONFIDENCIALIDADE
O adxudicatario queda expresamente obrigado a manter absoluta confidencialidade e
reserva sobre calquera dato que puidera coñecer con ocasión do cumprimento do contrato
(especialmente os de carácter persoal), que non poderá copiar ou utilizar con fin distinto ao
que figura no contrato, nin tampouco ceder a outros, nin sequera a efectos de conversación.
O adxudicatario quedará obrigado ao cumprimento da normativa vixente e materia de
protección de datos de carácter persoal.
A tal fin, e conforme á normativa vixente en materia de protección de datos (Regulamento
Europeo de Protección de Datos, RD 1720/2007 e LOPD, Esquema Nacional de Seguridade),
o licitador incluirá na súa oferta memoria descritiva das medidas de seguridade que adoptará
para asegurar a dispoñibilidade, confidencialidade e integridade dos datos manexados e da
documentación facilitada. Así mesmo, deberá incluír na súa oferta a designación da persoa
ou persoas que, sen prexuízo da responsabilidade propia da empresa, estarán autorizadas
para as relacións co equipo directivo a efecto do uso correcto do material e da información a
Código Seguro de Verificación IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Fecha y Hora 16/07/2018 10:47:46
Normativa Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 59/2003, 19 de diciembre, de firma electrónica
Firmado por NICOLAS FARIÑA VEREA
Firmado por DIEGO RODRIGUEZ ALBARDONEDO
Url de verificación https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma-lugo/code/IV6VWOXSJ5M75X4OZVERGFYTOU Página 15/15
15
San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 001 – Fax: 982 260 212 www.deputacionlugo.org
manexar. Achegarase unha descrición do seu perfil profesional, e só poderán ser substituídas
coa conformidade do equipo.
Lugo, 16 de xullo de 2018
Diego Rodríguez Albardonedo Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións
Nicolás Fariña Verea Coordinador da Unidade de TICs e Transparencia
Top Related