O UNIVERSO
O UNIVERSO Formado por galaxias moi separadas entre
si. O espazo entre elas está baleiro.
AS GALAXIAS Son agrupacións de estrelas (cúmulos
estelares) e nubes de gas e po (nebulosas).
Nebulosa do Cangrexo Pléiades (Cúmulo estelar)
GALAXIAS As galaxias asócianse
formando os cúmulos de galaxias.
A Vía Láctea é a nosa galaxia, e forma parte do cúmulo de Virgo.
No seu interior hai moitos sistemas planetarios, formados por planetas e satélites. O noso é o Sistema Solar.
ESTRELAS Son esferas de gases e po a altas temperaturas
que irradian luz e calor. As estrelas non son eternas senón que nacen,
evolucionan e morren. Clasifícanse segundo a temperatura na súa
superficie.
ORIXE DO UNIVERSO Hai millóns de galaxias no Universo e
afástanse de nós a velocidades enormes, polo que o Universo se esta expandindo.
O Universo comezou a formarse fai uns 13.700 millóns de anos de acordo á Teoría do big-bang, chamada tamén Gran Explosión.
Despois do Big Bang formáronse grandes nubes de materia e aos poucos as partículas foron atraídas pola gravidade e formaron conxuntos máis grandes.
MODELOS PLANETARIOS
Modelo xeocéntrico: 1.- A Terra é esférica e atópase inmóbil no centro do universo.2.- As estrelas están fixas nunha inmensa esfera moi afastada que vira ao redor da Terra.3.- O Sol, a Lúa e os planetas viran ao redor da Terra seguindo traxectorias circulares.
MODELOS PLANETARIOS Modelo heliocéntrico:
Proposto por Nicolás Copérnico. 1.- O Sol está inmóbil no centro do sistema. 2.- A Lúa vira ao redor da Terra que vira sobre si mesma e ao redor do Sol, do mesmo xeito que os demais planetas a diferentes distancias e velocidades.
SISTEMA SOLAR Formado hai 4.500 millóns de anos. Sistema planetario formado polo Sol e os
astros que xiran o seu redor.
O SOL Inmensa esfera de gases
incandescentes, principalmente hidróxeno e helio.
A súa masa é 334.000 veces a da Terra.
Está a 150.000.000 km da Terra.
Xira sobre si mesmo en 25 días.
A temperatura do núcleo é de 15 ou 20 millóns de graos e a máis fría (fotosfera) 6.000ºC.
PLANETAS Un Planeta é un astro sen luz propia. Vira ao redor dunha estrela. Limpou a súa órbita de refugos da nebulosa
primixenia. Os planetas do Sistema Solar diferéncianse
en dous grupos: 1.- PLANETAS INTERIORES. Máis pequenos e sólidos: Mercurio, Venus, Terra, Marte. 2.- PLANETAS EXTERIORES. Máis grandes e gasosos: Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno.
MERCURIO É o planeta máis
pequeno e o máis próximo ao sol.
Non posúe satélites. Non posúe atmosfera. Con temperaturas
extremas: -180°C a 420° C.
VENUS Non ten satélites. Atmosfera de
dióxido de carbono. Temperatura de
465°C. Xira en sentido
contrario ó resto dos planetas.
TERRA Posúe un satélite: a
Lúa. Atmosfera de
nitróxeno e osíxeno. A presenza dunha
hidrosfera permite a vida.
Temperatura media 15°C.
MARTE Dous satélites: Deimos e
Fobos. Atmosfera escasa de
dióxido de carbono. Temperatura baixa: -
55°C. Cor vermello pola
presenza de ferro oxidado.
XÚPITER Formado
basicamente por hidróxeno e helio.
É o planeta máis grande do Sistema Solar.
Ten 63 satélites coñecidos: Ío, Ganímedes, Calisto, Europa.
SATURNO Posúe un sistema de
aneis formado por po e rochas.
Ten 61 satélites: Titán.
Atmosfera de hidróxeno.
URANO Posúe un sistema de
aneis de cor azul. É o planeta co eixe
de rotación máis inclinado.
Ten 27 satélites. Atmosfera de
hidróxeno, helio e metano.
NEPTUNO Ten 14 satélites. Presenta os ventos
máis fortes de todo o Sistema Solar.
Atmosfera con hidróxeno, metano e helio que lle da a cor azulada.
PLANETAS ANANOS Orbitan ó redor do Sol. Teñen forma esférica. Non teñen capacidade para limpar as súas
órbitas de pequenos corpos. Son cinco.
CORPOS PEQUENOS ASTEROIDES: corpos
rochosos Cinto de asteroides:
entre a órbita de Marte e Xúpiter.
Cinto de Kuiper: máis alá da órbita de Neptuno.
CORPOS PEQUENOS COMETAS
Fragmentos de rocha e xeo mesturados situados máis alá da órbita de Plutón, Nube de Oort.
Cando se aproximan o Sol os gases expándense e adquiren cola.
SATÉLITES Corpos rochosos que
xiran ó redor dun planeta ou dun planeta anano.
TAMAÑOS E DISTANCIAS NO UNIVERSO
Para medir as distancias no universo empregamos: Unidade astronómica (UA): distancia media da
Terra ó Sol, 150 millóns de quilómetros. Ano-luz: distancia que percorre a luz nun ano,
9,5 billons de quilómetros.
A TERRA• Intenso campo
magnético.• Atmosfera de nitróxeno,
osíxeno e dióxido de carbono.
• Temperatura media de 15°C.
• Auga en forma sólida, líquida e gasosa que forma o ciclo da auga.
• Un satélite grande, a Lúa.• Intensa actividade
volcánica.• Existencia de seres vivos.
COMPOÑENTES DA TERRA A Terra está formada por:
A xeosfera é a parte rochosa e metálica do planeta.
A atmosfera é unha capa gasosa que envolve a Terra.
A hidrosfera é unha capa formada pola auga salgada dos océanos e a auga doce da superficie e do subsolo.
A biosfera, constituída polos seres vivos que habitan esta planeta.
OS MOVEMENTOS DA TERRA Eixe de rotación: línea
imaxinaria que pasa polos polos xeográficos.
Plano ecuatorial: plano imaxinario perpendicular ao eixe de rotación que corta á Terra en dúas metades iguais.
Plano da eclíptica: plano que corta ao Sol pola metade e que contén o movemento da Terra
Eixe de rotación
Sentido da rotación
Plano da eclíptica
MOVEMENTOS DA TERRA: ROTACIÓN A Terra xira cara ao
leste. O xiro tarda 24 h. O seu eixe está
inclinado 23,5°. A duración do día e
da noite varía debido á inclinación do eixe de rotación.
MOVEMENTOS DA TERRA: TRANSLACIÓN É o desprazamento da
Terra ó redor do Sol. O percorrido chámase órbita.
Órbita practicamente circular situada no plano da eclíptica.
Describe unha órbita cada 365 días e 6 horas.
AS ESTACIÓNS O movemento de translación xunto coa inclinación do
eixo de xiro da Terra ten dúas consecuencias: a sucesión das estacións e a variación das horas de luz diarias ao longo do ano.
AS ESTACIÓNS EQUINOCCIOS
O día e a noite teñen a mesma duración.
Outono: Paso de verán a outono cara o 22 de setembro.
Primavera: Paso de inverno a primavera cara o 21 de marzo.
AS ESTACIÓNS SOLSTICIOS
A duración do día e da noite acadan a máxima diferenza.
Inverno: paso de outono a inverno cara o 22 de decembro.
Verán: paso de primavera a verán cara o 21 de xuño.
DISTRIBUCIÓN DOS RAIOS SOLARES No verán
Os raios do sol chegan máis perpendiculares.
A zona asollada quéntase máis.
Hai máis horas de insolación.
DISTRIBUCIÓN DOS RAIOS SOLARES No inverno
Os raios do sol inciden de forma inclinada.
A zona asollada quéntase menos.
Hai menos horas de insolación.
PERCORRIDO APARENTE O movemento do Sol é
regular, percorre o mesmo arco no ceo.
A medida que pasan os días vaise atrasando ou adiantando a saída (orto) e posta de Sol (ocaso).
O Sol non sempre sae e ponse polo mesmo lugar. Avanza cara a un lado ao longo de seis meses e retrocede nos seis meses restantes.
A LÚA O seu movemento de
rotación e de translación duran o mesmo, 28 días.
Como a Lúa non ten atmosfera, os raios solares inciden directamente sobre ela, alcanzando temperaturas extremas entre a noite (-173°C) e o día (107°C).
O movemento de translación da lugar a eclipses.
A súa atracción gravitacional produce as mareas.
MOVEMENTOS DA LÚA Os movementos de
rotación e translación duran 28 días polo que sempre vemos a mesma cara.
O seu desprazamento é contrario ás agullas do reloxo.
FASES DA LÚA A secuencia das distintas formas da Lúa coñécese
como fases da Lúa: lúa nova, lúa chea, cuarto crecente e cuarto minguante.
Cuarto minguante
Cuarto crecente
Lúa nova
Lúa chea
Terra
ECLIPSES Ocultación, parcial ou total, dun astro por outro. Deben estar os astros aliñados. A Terra, o Sol e a Lúa poden dar dous tipos:
Eclipse de Sol: A Lúa está entre o Sol e A Terra Eclipse de Lúa: A Terra está entre O Sol e a Lúa.
ECLIPSES
MAREAS A Lúa exerce unha gran atracción sobre a
Terra porque está moi próxima a ela. Esta atracción obsérvase sobre todo no mar,
pois a Lúa atrae a masa de auga e esta elévase creando as mareas.
Cando os tres astros (a Terra, a Lúa e o Sol) están aliñados, a forza de atracción do Sol súmase á da Lúa, e prodúcese unha marea forte (marea viva).
Cando os tres astros forman un ángulo recto prodúcese unha marea máis débil: é a marea morta.
MAREAS
Top Related