PRIMEIROS PASOS
Ao longo deste proxecto
dos piratas descubrimos
illas volcánicas e entón
quixemos saber como é
que funcionan os volcáns.
Así foi como nos puxemos
a investigar.
Construir un volcán
Decidimos que queriamosconstruír o noso propio naclase e puxémonos mans á obra.
Buscamos a información que precisabamos en libros e en internet.
E a verdade é que eran impresionantes todas aquelas imaxes.
Qué necesitamos
O primeiro foi decidir os
materiais que usariamos.
Nós pensamos que para
facer un volcán que non
pesase demasiado e fose
ben grande o mellor era
usar papel de xornal
reciclado.
Moooitas bolas!
Fixemos mooooooitas
bolas de papel coas que lle
demos forma á montaña
que rodearía ao volcán
Colocamos o volcán
Logo cubrímolo con máis
follas de papel, esta vez
estiradas e deixando un
burato no medio onde
colocamos un recipiente de
plástico.
Todos a pintar
Por último unha boa man
de pintura e….. Ala! a
deixalo secar!
A estructura dun volcán
Mentres agardabamos
fomos facendo os nosos
debuxos que representan a
estructura dun volcán.
Para aclararnos ben sobre
cómo é que funcionan os
volcáns de verdade.
Elementos para o
experimentoBuscamos cales son os elementos que precisamos para que erupcione e escribimos unha lista. Se o queredes repetir na casa ao lado tedes o que necesitades.
E a forma de mesturalos seguro que vola contan os vosospequerrechos. Só tedes que preguntar.
Precisamos:
- ½ vaso de bicarbonato, sódico.
- 1/2 vaso de auga.
-½ vaso de vinagre.
- Un chorro de xabrón líquido.
- Un chorro de colorante.
Probar a ver qué pasa
Unha vez seco fomos
experimentando ata que
conseguimos facer que
entrase en erupción.
Tedes un video que recolle
os mellores momentos.
Tamén no noso blog
Compartindo o que
aprendemos
Tanto nos gustou o
experimento que cando llo
contamos aos nenos
maiores da escola, tamén
quixeron saber cómo era
aquilo da erupción do
volcán e a nós
encantounos ensinárllelo.
Estas son algunhas fotos
máis do proceso
Repetimos o experimento
para todos e dende logo
que foi todo un éxito.
E finalmente volveu a
erupcionar de novo o noso
fantástico volcán.
Top Related