ACTIVIDADES
FORMACIÓN DE
USUARIOS
C.E.I.P. de Louro
Diccionarios e enciclopedias
Pensar e coñecerse
Rezar
A natureza Baleiro
Curar,
fabricar
Crear,
divertirse
Ler, falar
Os países e
O pasado
Vivir xuntos
INFANTIL
Obxectivos - Coñecer o espazo da biblioteca como un lugar especial distinto do
resto das dependencias da escola.
- Descubrir que materiais forman parte dunha biblioteca escolar:
libros, CD-ROM, revistas, periódicos, Diccionarios, Enciclopedias,
vídeos...
- Coñecer que actividades se poden levar a cabo nunha biblioteca:
ler, contar contos, ver libros, falar con outros nenos e nenas sobre
estes...
- Inicialos na organización de espazos e materiais da biblioteca.
- Crear a necesidade de consulta por parte dos/as nenos/as.
- Considerar a Biblioteca como un lugar fonte de información.
- Manipular correctamente os materiais.
- Ser conscientes de que a biblioteca é un lugar especial onde deben
respectarse unhas normas básicas: silencio e orden.
- Fomentar o gusto por ver ou ler libros.
Actividades
- Visita á biblioteca escolar como primero contacto.
- Observar e nomear os diferentes materiais que forman parte da
biblioteca.
- Comentar entre todos cousas que se poden facer nunha biblioteca.
- Establecer un horario semanal, fixo, para acudir á biblioteca.
- Conversación: ¿Como buscarías na biblioteca un libro sobre un
tema concreto? Necesidade de organización de espazos e
materiais.
• Explicación: Roda de cores para a CDU (anexo). Entrégaselles
unha a cada neno/a e coloréana. Os de tres anos poden cubrila
con pétalos xa feitos de cartulina pegándoos con velcro.
• Lectura do conto As preguntas de Uxío.
- ¿Cómo son os libros?:
1º curso: Cuberta, contracuberta, portada, lombo e follas.
Manexo de libros:
Dáselles, fotocopiadas, as portadas de 3 libros, e deben rodear
ou pintar o título en cada unha delas.
Segundo sexan capaces pintarán en azul o título e en vermello
o nome do/a autor/a.
Máis adiante e, segundo se vexa, pódese engadir a editorial,
pintándoa en verde.
- Ao principio de cada sesión de Biblioteca, comentar as normas
básicas que hai que respectar: gardar silencio, utilización correcta
dos materiais e deixar todo ordeado. Realización do xogo “O
semáforo” (anexo)
- Narracións de contos: por parte da profesora, con e sen
monicreques, por parte dos alumnos, lecturas equivocadas....
- Contacontos.
- Observar as novidades, suxerencias e os libros que hai expostos
segundo a temática que se estea traballando nese momento.
- Celebración do Día do Libro: realizar diversas actividades.
- O alumnado do último curso de Infantil despois de ler un libro,
cubrirá a ficha do anexo contestando á pregunta de ¿canto me
gustou o libro?: nada de nada, un pouco, moito, un montón,
moitísimo; e despois fará un debuxo que lles faga pensar nese
libro.
A roda das cores
Diccionarios e enciclopedias
Pensar e coñecerse
Rezar
A natureza Baleiro
Curar,
fabricar
Crear,
divertirse
Ler, falar
Os países e
O pasado
Vivir xuntos
Ficha 1: Ficha 1: Ficha 1: Ficha 1: Sabes como coidar un libro?Sabes como coidar un libro?Sabes como coidar un libro?Sabes como coidar un libro?
O outro día, dando un paseo polo patio fíxenme amigo
dun vermiño que prometeu axudarme a explicaros algunhas
cousas moi importantes que hai que facer cando se collen
libros.
Aquí volo presento:
Chámase “Babosín” e tédeslle
que facer moito caso.
El vos axudará a facer un bonito libro que podedes levar
para casa e ensinárllelo a papá, mamá, e… a toda a familia e
amiguetes ou amiguetas.
Pídelle axuda á profe para que cho faga dun xeito
parecido a este, grampando as follas ou poñéndolles unha
cinta:
Eu sei
como coidar
un libro
Pintado por: …………….……………………….
Ola, Ola, son babosín!,
e a partir de agora vou vir
moito pola vosa biblioteca a
facerlle compañía a
Dentiños.
Encántanme os libros e sei
como coidalos. Escoita ben e
tamén ti aprenderás como
facelo.
As mans limpas
manteñen os libros
limpos. Eu sempre
me aseguro de que as
miñas mans estean
limpas antes de tocar
un libro.
Tes que acordarte de lavar ben as túas mans
para que non teñan ni terra nin comida.
Encántame traballar con papel e pinturas de cores
pero nunca pintaría,
pegaría ou dobraría a
páxina dun libro.
Por eso, cando quero
facer de “artista” uso
outro papel, non as
páxinas dun libro.
Se pasas moi rápido as páxinas dun libro
pódense romper.
Que pena!
Cando leo,
paso as páxinas
collendo a puntita
de arriba de cada
folla, con moito, moito coidado.
Sabedes unha cousa?
Ás veces non me dá tempo
a terminar de ler un libro
nun día e entón poño un
marcador na páxina onde
me quedei.
Asi, cando volvo collelo sei
onde quedei e podo seguir
lendo.
Agora quero que recordedes as seguintes regras:
1. Mans limpas manteñen
libros limpos.
2. Nunca escribas, taches,
debuxes ou pegues nada
nun libro.
3. Pasa as páxinas dende a
esquina de arriba de cada folla.
Ficha 2: Ficha 2: Ficha 2: Ficha 2: Sabes como coidar un libro?Sabes como coidar un libro?Sabes como coidar un libro?Sabes como coidar un libro?
Pinta o debuxo que mostra a este vermiño listo para
tocar un libro.
Pinta o libro que foi ben coidado
Pinta como se deben gardar os libros na biblioteca
Ficha 3:Ficha 3:Ficha 3:Ficha 3: Normas da bibliotecaNormas da bibliotecaNormas da bibliotecaNormas da biblioteca
As seguintes viñetas representan diferentes accións
que hai que facer cando imos á biblioteca. Debes ordealas e
pintalas do seguinte xeito:
Pinta de cor vermella a primeira; de cor azul a segunda; verde
a terceira; amarela a cuarta; marrón a quinta e laranxa a
última.
Xogo: “O semáforo”
Destinatarios/as:
Infantil, 1º e 2º ciclos de Primaria
Obxectivos:
- Experimentar a biblioteca como lugar máxico de encontro cos
libros e co resto da comunidade educativa.
- Establecer un primeiro contacto co seu amigo “o libro”, de xeito
lúdico.
- Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe
manter na biblioteca.
- Recoñecer a biblioteca como un lugar onde se pode buscar
información.
Material:
Círculos de cartulina verdes e vermellos (un de cada cor para
cada alumno/a)
Desenvolvemento:
Comezamos cun diálogo sobre como debe ser o comportamento
na biblioteca e como se deben tratar os libros. Aclararemos todas as
dúbidas que xurdan.
Repartimos un círculo de cartulina verde e outro vermello a
cada un dos nenos e nenas e explicamos o seu uso: os verdes para
os comportamentos correctos e os vermellos para os incorrectos.
Insistirase en gardar silencio: só se levantará a cartulina.
Accións de comportamento correcto (positivas = cartulina verde) e
incorrecto (negativas = cartulina vermella).
Díselles, de xeito mesturado, as seguintes frases e deben
levantar o círculo verde ou o vermello segundo crean que se debe
facer o non. Se se considera oportuno se poden comentar as accións.
ACCIÓNS POSITIVAS ACCIÓNS NEGATIVAS
mirar as pastas doblar os libros
ver os debuxos facer raias e debuxos nos
libros
pasar con coidado as follas arrincar unha folla
deixarllo a un amigo recortar un debuxo dun libro
pedirlle a alguén que mo lea quitar o forro
gardalo no seu sitio coller un libro cando estou
comendo
forrar os libros tiralos ao chan
facer un debuxo sobre o libro mollalos
devolver o libro que me prestan meter o bocadillo dentro dun
libro
falar moi baixiño na biblioteca deixar os libros remexidos con outras
cousas
mover con coidado as sillas dar gritos na biblioteca
pedir que alguén coloque o libro pelexarme cun compañeiro/a para
quitarllo
non remexer todos os libros comer na biblioteca.
Duración e temporalización:
30-40 min. 1º trimestre do curso.
Variacións:
Pódese facer co 3º ciclo sen utilizar as cartulinas.
Ficha 4: Ficha 4: Ficha 4: Ficha 4: NNNNormas da bibliotecaormas da bibliotecaormas da bibliotecaormas da biblioteca
Pinta e debuxa unha carita feliz no recadro onde
corresponda un bo comportamento na biblioteca
Ficha Ficha Ficha Ficha 5555:::: Os recursos da bibliotecaOs recursos da bibliotecaOs recursos da bibliotecaOs recursos da biblioteca
Recorta cada un dos recursos que aparecen abaixo
e pégaos no estante da biblioteca que corresponde:
Libros Material audiovisual
Publicacións periódicas
Ficha Ficha Ficha Ficha 6666:::: Os recursos da bibliotecaOs recursos da bibliotecaOs recursos da bibliotecaOs recursos da biblioteca
Recorta cada un dos recursos que aparecen abaixo
e pégaos no estante da biblioteca que corresponde:
Libros Material audiovisual
Publicacións periódicas
nada de nada un pouco moito un montón moitísimo
Ficha Ficha Ficha Ficha 7777:::: A avaliación dun libroA avaliación dun libroA avaliación dun libroA avaliación dun libro
Colorea a zona correspondente
Este libro me gustou...
Fai un debuxo que che faga pensar neste libro
Ficha 8:Ficha 8:Ficha 8:Ficha 8: As partes do libroAs partes do libroAs partes do libroAs partes do libro
Nos libros podemos diferenciar varias partes. Fíxate no
debuxo e saberás os seus nomes.
cuberta
portada
lombo páxinas
contracuberta (parte de atrás)
Pinta e une cunha líña cada parte do libro co debuxo que
corresponde.
cuberta portada contracuberta
ilustración
Ficha Ficha Ficha Ficha 9999:::: As partes do libroAs partes do libroAs partes do libroAs partes do libro
Colorea as diferentes partes do libro:
• de cor vermella a portada do libro
• de cor azul o lombo do libro
• de cor amarela a contracuberta
• de cor verde a cuberta
Ficha 10:Ficha 10:Ficha 10:Ficha 10: Tipos de libTipos de libTipos de libTipos de librosrosrosros
Tes que saber que non todos os libros son iguais nin
nos din as mesmas cousas.
Hai algúns que nos contan historias que non son reais.
Os seus personaxes son inventados, non existen. Son os
textos de ficción e a información que nos dan é ficticia.
Outros nos contan cousas que si son certas, son os
textos de non-ficción, que nos dan unha información real
e neles podemos aprender moitas cousas.
Escoita atentamente o que lle pasou a Uxío.
Las preguntas de Uxío
Uxío tiña seis anos e encantábanlle os golfiños. Pasábase o día
debuxando golfiños: golfiños que nadaban, golfiños que saltaban por
enriba da auga, golfiños que xogaban á pelota... Como os golfiños lle
interesaban tanto, falaba deles continuamente.
Á súa nai, mentras tendía a roupa:
- Mamá, ¿ti sabes cantos anos viven os golfiños? – preguntaba Uxío.
- ¡Ai, fillo! Agora non o sei. Logo, en canto teña un momento,
mirámolo na enciclopedia, a ver se está.
Tamén o intentaba co seu pai que fritía o peixe:
- Papá, ¿como é que os golfiños falan? ¿E como o fan?, ¿coma nós?
–preguntaba Uxío.
- Non, Uxío, coma nós non. É outra linguaxe, con sons. Anda, sal da
cociña que non te salpique o aceite. Despois, en canto teña un
momento, mirámolo no libro de animais que temos, a ver se está.
E Uxío saía da cociña e se sentaba a escribir unha lista de
preguntas sen resposta. Nin o pai nin a nai tiñan un momento para
axudalo a saber que dicían os libros sobre os golfiños.
Uxío tiña unha tía que o quería moito, a tía Rosalía. Cando Uxío
cumpliu sete anos, a tía Rosalía fíxolle un regalo.
- ¡Felicidades, Uxío! –dixo a tía Rosalía–. Tróuxenche un libro de
golfiños.
- ¡Un libro de golfiños! ¡Yuuppii! –exclamou Uxío–. Moitas grazas, tía,
encántame.
E se foi á súa habitación a lelo de cabo a rabo. O libro titulábase
O golfiño Berlín. Era a historia dun golfiño chamado Berlín moi amigo
de un neno; o neno axudábao a atopar á súa nai porque o golfiño se
perdera. Era unha historia moi bonita.
Pero Uxío colleu a súa lista de preguntas sobre os golfiños e
resultou que o libro da tía Rosalía non respondía a ningunha.
- Os libros non serven para nada –pensou–. Non explican as cousas
que me interesan. ¡Que birria!
E, moi enfadado, tirou o libro ao chan. Entón oeuse unha
vocecita que berraba:
- ¡Ai, ai! Ti, rapaz, ¿que te cres?
A voceciña saía do libro. Uxío abreuno; era Berlín que falaba:
- ¡Fixéchesme dano! ¿Que maneira de tratar os libros é esta?
Danáchesme a cuberta. ¡Un pouco máis de respecto ao meu libro, por
favor! É a miña casa, este libro.
- Síntoo, eu non cría que... –intentou excusarse Uxío–.
- Non importa, xa está feito–respondeu o golfiño–. Pero ¿se pode
saber a que vén tanto mal humor? ¿Por que estabas tan enfadado
co meu libro?
- Perdóname; enfadeime porque no teu libro non saen as cousas que
eu quero saber.
- ¡Ah! ¿Así que non te interesou a miña historia?
- Non é eso.
- ¿Non te gustan os debuxos? ¿Parézote feo?
- Non, non –dixo Uxío–, parécesme moi cuquiño. Pero o teu libro non
explica o que eu quero saber dos golfiños.
E leulle a súa lista de preguntas de cabo a rabo. Berlín despois
de escoitalo díxolle:
- Compréndoo. Estas cousas non se explican no meu libro porque non
fai falla. Pero non digas que os libros non serven para nada: o que
pasa é que te equivocaches de libro.
- ¿Que queres dicir?
- Mira, hai libros que explican historias inventadas, como o meu; e
hai outros que explican cousas de verdade: son os que serven para
saber cousas.
- ¿E que libros son estes? ¿Onde están? –preguntou Uxío.
- Mañán, ao saír do colexio, vai á biblioteca. Mira entre os libros que
teñen un adhesivo de cor verde na parte de arriba do lombo; seguro
que alí encontrarás alguén da miña familia que poderá axudarte.
Dille que te mando eu.
Ao día seguinte, Uxío foise á biblioteca. Había libros con
adhesivos de distintas cores: rosa, verde, vermella, marrón, laranxa,
azul, … Uxío púxose a buscar entre os títulos, cando deu coa balea
Lena.
- Veño de parte de Berlín –dixo Uxío.
- ¡Vaia, o meu curmán! ¡lAlégrome! –exclamou Lena moi contenta–.
¿Que fai? ¿Como está?
- Moi ben. Díxome que aquí na biblioteca me axudaríades a atopar
libros que explican as cousas.
- Claro que si. Dime que cousas queres saber.
- Quero sabelo todo dos golfiños.
- ¡Esto é moi sinxelol –dixo Lena–. Fíxate ben nos andeis, teñen
diferentes nomes, números, debuxos,… Tes que buscar o andel
onde haxa un cartel co debuxo dun animal. Se segues fixándote
máis decataraste de que todos os libros que alí están teñen no
lombo o número 59. Alí atoparás os que falan de golfiños.
Uxío empezou a mirar os andeis e a fixarse ben. Decatouse de
que xusto onde estaba había un cartel onde poñía: 59 ANIMAIS.
Todos os libros de aquel andel tiñan escrito no lombo a cifra 59.
¡Serían os libros que dixera Lena!
Non lle custou moito dar con un de golfiños.
- ¡Xa o teño! –pensou.
Sentouse e empezou a mirar: era un libro con debuxos e fotos
que explicaba todas, todas as cousas que Uxío quería saber.
Aquela tarde Uxío pasouna lendo na biblioteca. Cando terminou,
xunto á lista de preguntas tiña outra de respostas.
Ficha 11:Ficha 11:Ficha 11:Ficha 11: Tipos de lTipos de lTipos de lTipos de librosibrosibrosibros
Rodea as portadas dos libros que son de ficción
Ficha 1Ficha 1Ficha 1Ficha 12222:::: Tipos de librosTipos de librosTipos de librosTipos de libros
Pinta as portadas dos libros que son de non-ficción
Top Related