Xestión de residuos
-
Upload
xose-manuel-lopez-fernandez -
Category
Education
-
view
409 -
download
6
Transcript of Xestión de residuos
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
INCINERADORA NO DEZA NONasina contra a incineración
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
cada galeg@ xera 1,2 kg/día
2.790.975 kg/día
que é un residuo?
“todo material que producimos na nosa vida cotiá e do que nos temos que desprender
porque xa perdeu o seu valor ou deixou de ser útil”
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
composición media dos RU en Galicia en 2009 – PXRUG 2010/ 2020
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
XERARQUÍA DE SISTEMAS NO TRATAMENTO DOS RESIDUOS1. prevención e redución2. preparación para a reutilización3. reciclaxe4. valorización enerxética e incineración5. vertedoiro controlado
normativa legaldirectiva europea 2008/98/CElei 10/2008, Galicialei 22/2011, estatal
3 Rsresiduo “cero”
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
catro modelos de xestión de residuos:
1 – SOGAMA: maioritario (79% da poboación e 77% dos residuos) e baseado na incineración nunha única planta (Cerceda) e promovido a nivel autonómico
2, 3 – de ámbito comarcal (Coruña e Consorcio As Mariñas e Mancomunidade Serra do Barbanza) e baseados na xestión da materia orgánica: compostaxe aerobia (Barbanza) ou compostaxe + biometanización (Coruña).
4 – ningún tratamento: concellos que envian os residuos a vertedoiros municipais, con algunha recuperación de certas fraccións (vidro, papel/cartón, envases)
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
LOUSAME
CMC
NOSTIAN
2007
2010
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
modelo da Illa de Arousa, o único concello galego no que se aplicou de forma extensiva a compostaxe caseira.
modelo vertedoiro: formado polos concellos que aínda destinan a súa fracción resto directamente ao vertedoiro sen un tratamento anterior.
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
valorización material
incineración e/ou vertedoiro
kg envases recuperados/hab*
modelo SOGAMA 6,81% 93,19% 3,94
modelo vertedoiro 5,82% 94,18% ---
modelo A Coruña-As Mariñas
58,96% 41,04% 15,50
modelo Barbanza 64,49% 35,51% 58,10
Galicia 16,86% 83,14%
Tabela 1: Resumo dos resultados porcentuais dos diferentes modelos de xestión dos res. urbanos en Galiza. Fonte, borrador do PXRUG 2007-2017, Xunta de Galicia. *Datos de Ecoembes para o ano 2010
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
perxuízos da incineración
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
saudable? a incineración …
- … emite a atmosfera ou filtra ás augas dioxinas, furanos ou metais pesados: substancias moi tóxicas e bioacumulativas que producen malformacións conxénitas, malformacións nos fetos, alteracións inmunolóxicas e hormonais, desordes no comportamento, aumento na incidencia de diabetes, atraso no crecemento e cancro
- a causa destas substancias a incineración é un problema importante (estudo “incineración e saúde” de GREENPEACE)- 33.000 médicos europeos afirman que a incineración é unha tecnoloxía perigosa para a saúde- conclusións do I Simposio sobre Incineración e Saúde (Colexio Oficial de Médicos de Guipuzkoa): "afirmar que non existen riscos adicionais significativos na saúde da poboación cercana a unha incineradora moderna é un slogan que carece de rigor e fundamento científico”.
-POLO TANTO, principio de precaución: os niveis permitidos baixan constantemente en base a estudios de situacións previas
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
a incineración é ruinosa economicamente:
- crea postos de traballo de baixa calidade e cualificación- o custo de cada posto de traballo xerado rondaría o millón de euros- a enerxía xerada pola planta é consumida por ela mesma para quentar os fornos, segundo datos da propia industria- desperdicio dunha enorme fonte de recursos naturais que poderían ser aproveitados a través de outros métodos economicamente máis rendibles como o retorno, a reciclaxe ou a compostaxe- moitos concellos non poden pagar SOGAMA a pesar de que o custo que lles traslada é a metade do que se paga en Europa
as vantaxes da compostaxe – Amigos da Terra: http://tierra.org/spip/ecrire/img_pack/icones/pdf-dist.pngRetorna. Rede para o fomento dos SDDR : http://www.retorna.org/es/
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
xeración de empregos: o estudo “more jobs, less waste,” demostra que outro modelo de xestión podería supor ata 9 veces máis postos de traballo cunha menor inversión e cunha incidencia máis repartida sobre o territorio.
máis postos de traballo, menos residuos: http://tierra.org/spip/IMG/pdf/Mas_puestos_de_trabajo_menos_residuos_castellano-2.pdf
SOGAMA BARBANZA (trata 38.000 tm/ano)
91 persoas 150 persoas
14 empregos/100.000 tn (ratio máis baixa das incineradoras do estado)
438 empregos/100.000 tn
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
beneficio medioambiental?
-… non elimina o lixo: SOGAMA xera cada ano unhas 30.000 tn de cinzas perigosas (30%-40% do volume orixinal), que requiren almacenamento e tratamento en vertedoiros selados
-… emite gases de efecto invernadoiro á atmosfera (SOGAMA é a 6ª principal fonte de cambio climático de Galicia)
- … a concentración na xestión dos residuos xera un enorme tráfico de camións cheos de lixo de un lado a outro do país, contribuíndo de forma determinante ao cambio climático.
- … as terras de cultivo e alimentos producidos nun radio de 10 km (como mínimo) están afectados pola emisión de compostos químicos perigosos.
Manifiesto Personal Sanitario Guipuzcoa
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
opcións de tratamento de Ru e efecto invernadoiro
incrementan as emisións: r. biodegradábeis a vertedoiro (CH4) combustión de fósiles (plásticos) incineración (N2O) transporte (CO2)
diminúen as emisións: reciclaxe ( ACV produción) compostaxe (ACV fertilizantes inorgánicos, turba, ...) valorización enerxética (substitución combustíbeis fósiles) incorporación de carbono refractario ao solo (vertedoiros, compost)
Fonte: DXMA CE. Waste Management Options and Climate Change, Final report, DG Environment, AEA Technology, 2001
CO2
Lixiviados
CH4 / CO2
Escouras, cinzas
VERTEDOIRO INCINERADORA
Residuos biodegradábeis
CO2 CO2Biomasa Fixación
C18H19O9N1
CO2
COMPOSTAXEº Incremento da materia orgánica do solo
Nova fixación
Novabiomasa
Retorno
COMPOSTAXE
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
fracasos-ate a chegada da crise (lixeiro descenso) incremento constante da xeración de residuos (unha media do 4,76% anual) … de manterse a tendencia, en 2020 Galicia produciría case dous millóns de tn/ano-balanzo enerxético negativo-grave problema de contaminación e saúde pública-desincentivación de medidas de redución-resultados de valorización material porcentualmente similar ao modelo de vertedoiro: milleiros de toneladas de materias primas estragadas-SOGAMA supuxo un importante investimento (orzamento orixinal 145 millóns €, finalmente 169, 1999), e suba de impostos nos concellos co obxecto de pagar un tratamento supostamente “recuperador” ou “revalorizador” do lixo. Os concellos pagan máis de 50 €/tonelada de lixo tratada (a metade do prezo europeo e inda así non “chegan”)-INCÚMPRENSE as xerarquías e directrices de xestión de residuos marcadas pola UE: se prima o tratamento finalista en vez do tratamento na orixe dos residuos
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
por que se mantén SOGAMA a pesar destes datos?
ten capital público (Xunta de Galicia, 51%) pero tamén privado (Gas Natural Fenosa, 49%) e ten sido un bo negocio
- obtiña a maior parte dos seus ingresos (55% de 91 millóns de euros en 2007) de cobrar aos concellos por tratar os seus residuos inda que só trata a metade, enviando o resto do lixo directamente a un macrovertedoiro.
- tamén cobra pola enerxía eléctrica xerada, polos envases recuperados, por procesar e queimar fariñas cárnicas ou por queimar residuos farmacéuticos (que en ocasións teñen sido vertidos).
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
outro modelo de xestión dos residuos é posible no que a cidadanía participe de xeito real e efectivo e se apoie verdadeiramente os 3Rs (redución, reutilización e reciclaxe):
- novo esquema de recollida selectiva (“húmido-seco”)- priorizar a redución desde a orixe promovendo a cultura do "Residuo 0", moito máis alá do 10% que figura no plan de residuos para 2020. Prohibindo as bolsas dun so uso e penalizando o sobreenvasado e a xeración de envases perigosos e custosos de reciclar e fomentando que concellos e cidadáns vexan nas súas facturas reflectida unha xestión correcta.- converter a compostaxe no motor principal da redución (materia orgánica é o 50% da bolsa do lixo): a compostaxe comunitaria, domiciliaria e descentralizada é unha das principais bazas para converter os "residuos" en "solo fértil" para as terras e montes galegos.- implantar sistemas de "devolución, depósito e retorno" (SDDR) como noutros países do noso entorno.- desenvolver unha industria do reciclaxe (especialmente vidro, aluminio e cartón) para aproveitar a maior parte da fracción restante e superar o 14% de reciclaxe actual para achegarnos ao 50% en 2020.- establecer un sistema descentralizado de xestión que minimice o absurdo custe enerxético e económico do tráfico de residuos e implante a lóxica da xestión preto de onde o problema se produce.
unha nova cultura da xestión dos residuos que permita velos como recursos, como unha oportunidade para xerar máis de 1200 empregos directos en Galicia, un impulso para a economía galega, unha fonte de fertilidade para a
terra e unha ferramenta de conservación dun medio ambiente san e saudable.
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
lei 1/1988, de iniciativa lexislativa popular ante o Parlamento de Galicia
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
puntos fortes da ILP – iniciativa lexislativa popular
1 – un novo PLANO DE XESTIÓN DE TRATAMENTO DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS
2 – establecemento dunha rede de PLANTAS COMARCAIS DE RECICLAXE E COMPOSTAXE
3 – establecemento dun CANON DE INCINERACIÓN E ELIMINACIÓN DE RESIDUOS
4 – promoción de MODELOS PREFERENTES de xestión dos residuos axeitados á zona que os xera
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
puntos fortes da ILP – iniciativa lexislativa popular
1 – NOVO PLANO DE XESTIÓN DE TRATAMENTO DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS, con novas asignacións orzamentarias e obxectivos que respecte a xerarquía establecida pola UE.
asignacións presupostarias
obxectivos
REDUCIÓN (non inferior ao 15%) e REUTILIZACIÓN & RECICLAXE (non inferiores ao 60%)
. 10% redución na xeración de lixo
. recollida separada bruta con calidade para reutilización e reciclaxe (compostaxe de calidade no caso da fracción orgánica húmida), do 60% de cada unha das fracións de vidro, papel/cartón, plásticos, envases, metálicos e mixtos e materia orgánica. reutilización e reciclaxe efectiva de máis do 50% da fracción orgánica húmida e de máis do 50% do conxunto das restantes fraccións.
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
puntos fortes da ILP – iniciativa lexislativa popular
2 - Rede de PLANTAS COMARCAIS DE RECICLAXE E COMPOSTAXE cun tamaño máximo equivalente a 100.000 hb/equivalentes ou tratamento de 40.000 tn/ano. Por dúas rázóns:
-é convinte comarcalizar a xestión do lixo (maior proximidade e concienciación & necesidades distintas)
-as instalacións canto máis grandes son máis probabilidade teñen de funcionar peor (SOGAMA é un exemplo palmario)
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
puntos fortes da ILP – iniciativa lexislativa popular
3 – CANON DE INCINERACIÓN E ELIMINACIÓN DE RESIDUOS a satisfacer polas entidades xestoras de vertedoiros, incineradoras e outras instalacións de eliminación. Os ingresos serán destinados a financiar parte dos custos das actuacións en prevención, preparación para a reutilización, reciclaxe e compostaxe.
“quen contamina paga”
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
puntos fortes da ILP – iniciativa lexislativa popular
4 – MODELOS PREFERENTES DE XESTIÓN
-implantación de modelos de recollida separada eficientes: recollida porta-a-porta en ámbitos urbanos de menos de 10.000 habitantes e sistemas mixtos de separación húmido-seco universal, illas de dous contedores monomaterial para vidro e papel (opcionalmente, estas illas poderían estar formadas por tres contedores para vidro, papel e envases).
-fomento de prevención e a reutilización e o reciclado de alta calidade mediante sistemas de depósito, devolución e retorno (SDDR) para cando menos os seguintes materiais: envases usados ou residuos de envases usados de vidro, plástico, metal e briks procedentes do consumo doméstico ou de calquera outro usuario final, para dirixilos cara as alternativas de xestión mais axeitadas. -implantación da compostaxe doméstica, como modelo prioritario, nos ámbitos de poboación dispersa, e a compostaxe comunitaria en pequenos núcleos, barrios e espazos urbanos.
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
www.retorna.org/es/
estudio: viabilidad del sistema de retorno de envases en España
el señor del reciclaje: el retorno
XESTIÓN DE RESIDUOSfracaso e solución
INCINERADORA NO DEZA NONILP – iniciativa lexislativa popular
ASINA CONTRA A INCINERACIÓNwww.incineradoradezanon.blogaliza.org
MATERIAIS PROCEDENTES:tino quintelamaría duránmanolo sotomaría lafuenteincineradora non (carballiño)
datos tirados das memorias de sostibilidade de SOGAMA e dos PXRUG