Viveiro Xardín Compostela
-
Upload
seoane-nieto -
Category
Documents
-
view
250 -
download
4
description
Transcript of Viveiro Xardín Compostela
Viveiro Xardín Compostela
► Alumno : Gonzalo Seoane Nieto
ÍNDICE
1- Situación
2- Propiedade
3- Historia
4- Tipo de viveiro
5- Dimensións
6- Catálogo de especies a producir
7- Esquema de produción
8- Instalacións necesarias e automatismos
9- Sistemas de rega
10- Sistemas de abonado
11- Comercialización
12- Comercialización de plantas
13- Empregados / as
1- SITUACIÓN
- O viveiro Xardín Compostela atópase na provincia de A Coruña.
Consta de dúas instalacións, unha onde produción a planta e outra onde
comercializan e venden ó público.
- Os viveiros onde producen a planta atópase no concello de Boqueixón,
na parroquia de Lestedo, e concretamente no lugar de Lestedo. Chégase a el pola
estrada N-525 Santiago - Ourense.
- Os viveiros onde venden as plantas atópase no concello de Santiago de
Compostela, na parroquia de Villestro, e concretamente no lugar de Roxos. Para
poder chegar a el iremos pola estrada AC – 543 Santiago – Noia.
2- PROPIEDADE
- É unha sociedade limitada ( S.L. ) de propiedade familiar, xa que os
socios compoñentes de sociedade son un matrimonio e o seu fillo. É de carácter
privado.
3- HISTORIA
- A historia do viveiro remóntase 19 anos atrás cando se instalaron na
comarca de Santiago. Dende aquela levan traballando nas mesmas instalación
que ata o momento. Antigamente xa se dedicaban a esta actividade na zona de
Vilagarcía de Arousa ( Pontevedra ), de onde son naturais.
- Na actualidade aínda manteñen as instalacións de Vilagarcía de Arousa en
propiedade pero non a teñen preparada para darlle uso nin como viveiro de produción
nin de venda.
4- TIPO DE VIVEIRO
- O viveiro dedícase basicamente a produción de planta de tempada. Sen
embargo de cara a venda ó público, aparte de vender esta planta de tempada que
eles producen tamén venden outras plantas e árbores ( como son as árbores de
sombra, forestais,… ) que compran a outros viveiros.
5- DIMENSIÓNS
- O recinto total das instalacións de Roxos ronda os 7000 m² mentres
que as instalacións de Lestedo son 2800 m², repartidos en 5 invernadoiros de 70
metros de largo por 8 metros de ancho cada un.
6- CATÁLOGO DE ESPECIES A PRODUCIR
-Hebe
- Pensamento
- Petunia
- Santolina
- Primula
- Viola
- Xeraneo
7- ESQUEMA DE PRODUCIÓN
- Exportan dende os Países Baixos e Bélxica. As plantas proceden de
miniplantel. Exceptuando algunha planta como as petunias, na que utilizan unha
mestura de fibra de coco con turba rubia, para o resto soen utilizar so substrato
universal puro ( 51893 ).
Tipos de bandexas dos Paises Baixos
- Usan abonos de liberación lenta ( osmocote ), que o mesturan co substrato
nunha proporción de 3 kilos de abono por m³ de terra. Unha vez se ten o
substrato preparado comeza o proceso de pasalas a macetas. Este proceso
realízano segundo o número de plantas do miniplantel e que a continuación
queda referenciado:
Miniplantel Macetas 72 buracos 15 - 16 centímetros
128 buracos 13 - 14 centímetros
264 buracos 10 - 11 centímetros
- Cando xa está toda a planta en maceta, xa queda lista para a súa
posterior venda ó público.
- Para conservar a planta en bo estado, aparte de que estean colocadas nos
lugares axeitados e a temperaturas óptimas, non soen utilizar demasiados
tratamentos. Non é costume que utilicen ananizantes pero si cando chega a
época estival utilizan un funxicida ( Robral ) contra a botritis e usan insecticidas
sobre todo para as orugas.
8- INSTALACIÓNS NECESARIAS E AUTOMATISMOS
- Nas instalacións de Lestedo, onde producen plantas os invernadoiros
están cubertos por plástico e nos laterais por unhas mallas que evitan a entrada
de insectos dende o exterior. Ás plantas como os xeranios colócanselle unhas
mantas por enriba de elas para que poidan manter a temperatura que necesitan e
non lles afecte o frío.
Manta témica para manter a temperatura dos xeraneos
- Tamén ten unha área de traballo para a preparación do enmacetado da
planta.
- En Roxos son invernadoiros tamén cubertos, con zonas acristaladas en
algúns laterais e mallas antiinsectos. Posue unha estructura con ventilación
cenital . Tamén contan con:
- Unha pequena oficina.
- Un aparcamento.
- Un almacén (abonos, sustratos, envases, etc.).
- Unha área de traballo.
Almacén ( Roxos )
9- SISTEMAS DE REGA
- Nas instalacións de Roxos utilizan o rego por aspersión mediante
microaspersores aéreos. Sen embargo nas instalacións de Lestedo usan difusores
aéreos. En ambos casos recurren ó rego manual mediante unha mangueira.
Microaspersor aereo
10- SISTEMAS DE ABONADO
- O proceso de abonado faise mesturando a terra e o abono de liberación
lenta ( osmocote ). Utilizan polo xeral abono de liberación lenta de 3-4 meses, 5-
6 meses e 8-9 meses. Como xa indicara no apartado do esquema de produción
faise a mestura nunha proporción de 3 kilos de abono por m³ de terra.
11- COMERCIALIZACIÓN
- Como xa dixen, as instalacións onde comercializan ó público é en
Roxos. Manteñen unha clientela fixa, o por menor, pero anos atrás tamén
comercializaban o por maior para a empresas de xardinería, etc. Aínda hoxe en
día en momentos puntuais comercializan a algunha empresa de xardinería ou ó
concello.
12- COMERCIALIZACIÓN DE PLANTAS
- A gran maioría das plantas véndenas en maceta.
Macetas para as plantas Plantas nas macetas
13- EMPREGADOS/AS
- No viveiro traballan catro persoas das cales tres son da mesma familia e
socios do viveiro. Trátase de Delia, o seu home, o seu fillo José Manuel Barcala
e outra empregada. Divídense polo xeral dous para as instalacións de Lestedo e
os outros dous para as instalacións de Roxos.
Con José Manuel o día da visita ó viveiro de Roxos
A empregada que non forma parte da familia leva moitos anos traballando
con eles. Teñen a experiencia de tantos anos de dedicación ás plantas e o mundo
do viveiro.