Vikingos. 5º B
-
Upload
ceipcoiron -
Category
Education
-
view
142 -
download
7
Transcript of Vikingos. 5º B
OS VIKINGOS
Tedy ten un pai que é un “científico loco”. Estos
días estivo fabricando unha máquina do tempo e
cando terminou, quixo probala e, ao encendela
aparecen uns vikingos que o raptan.
E Tedy, que viña a buscalo para comer, veu que
non estaba, pero que o portal do tempo estaba
aberto. Comprendeu o que pasara, os vikingos
raptárano!
Como Tedy é moi aventureira dicide entrar. Cando entra e
observa todo arredor, cae na conta de que está na illa de
Cortegada e na era dos vikingos.
Depois de percorrer e de facer unha exploración rápida, ve
ao lexos un pobo e decide ir ata alí. O pobo non era moi
grande e as xentes parecen boas persoas. Falando con uns
e con outros, coñece a Marcos , un mozo alto, delgado e
moreno que tería un catorce anos. A Tedy aquel rapaz
parécelle simpático. Fanse amigos e Tedy cóntalle o que
pasou.
Marcos acompaña a Tedy ata illa, dan un paseo e levan
unha sorpresa moi grande, porque ven un barco vikingo.
Achéganse ao barco e escoitan falar aos navegantes.
Dicían que tiñan unha persoa presa no campamento de
terra.
-Vamos Tedy! Temos que buscar ese campamento, a ver
si esa persoa presa e alguén coñecido –dixo Marcos.
- E non correremos perigro. Eu nunca vin uns homes
coma estes. Non me dan boa espiña!
-Non teñas medo. Esa persoa pode necesitar axuda!
-Bueno, vamos –dixo Tedy.
Buscaron por todas partes e non era nada fácil, porque
había moito bosque, pero deron co campamento.
Fóronse acercando pouco a pouco e cada vez estaban
máis nerviosos. Marcos agarrou a Tedy pola man e do
medo sudáballe un pouco a súa, pero seguíronse
acercando.
-Ese é meu pai!
-Calaaaa, que nos poden escoitar! –dixo Marcos.
-Sí, é meu pai e está atrapado nunha gaiola feita
de ponlas de loureiro.
-Fala baixiño, como nos vexan vannos a engaiolar
tamén a nós.
Aqueles homes estraños estaban mirando ao pai
de Tedy con moita atención. Mirábanlle a roupa, o
rostro, os zapatos… Todo!
De repente a Tedy ocurreuselle unha idea, podían
distraelos con unha lanterna que ela sempre
levaba a todas partes. Se a tiraban, distraerían aos
vikingos, xa que eles intentarían curiosear. E así se
levou a cabo.
Os vikingos sentiron un ruído, miraron para o chan
e colleron aquel aparello que nunca viran. Fixeron
un corro moi apiñado e case se pelexaban por
coller aquela lanterna.
Tedy e Marcos, aproveitando o desconcerto,
soltaron a Dofensmirz, que era como se chamaba o
pai da rapaza, e cando se dispoñían a marchar, os
vikingos déronse conta de que levaban ao ser
estraño como eles lle decían. E así empezou unha
persecución.
-Vamos, corre! –dixo Tedy.
-Case non podo andar, porque a gaiola era moi
pequena e adormecéronseme as pernas. –dixo o
pai de Tedy.
-Lévote nas miñas costas. Sube rápido que temos
que apurar. –dixo Marcos.
-Aí veñen detrás de nós! –avisoulles Tedy.
A persecución non foi moi longa. Marcos, Tedy e o
seu pai non tiveron máis remedio que agacharse
detrás duns arbustos, porque estaban moi cansos.
Os vikingos eran tan inocentes que pasaron por
diante deles, pero non se decataran da súa
presenza.
Tiveron que esperar á noite para sair daquel lugar
por medo a ser de novo descubertos, pero lograron
saír ata o pobo.
Fora unha aventura moi arriscada. Tedy tívose que
despedir de Marcos, e volver ao século 23, onde as
cousas eran moi diferentes, xa que non había
vikingos.
Pero Tedy moito se equivocara. Sí que había
vikingos. Deixara o portal do tempo abeeeeerto! E
os vikingos invadiran a Terra! Estaban por todas
partes! Había un mundo deles, parecía unha Praga.
Os nosos amigos xa viviran demasiadas aventuras
e agora o problema era cousa do goberno ou do
presidente.
FIN