Vazquez pintor

8
Xosé Vázquez Pintor Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados

Transcript of Vazquez pintor

Page 1: Vazquez pintor

Xosé Vázquez Pintor

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Page 2: Vazquez pintor

En ecos solidarios da memoria. Eramos nenos e nenas cos ollos abertos cara ás descubertas do noso imaxinario, que era ricaz (as vacas que non tiñamos eran os carolos do millo; os coches que pasaban de día en tarde ao noso carón, eran as latas baleiras das sardiñas; os cabalos e as égoas eran os barrotes dos casqueiros, que apañabamos nos aserradoiros, coa licencia dos seus donos ). Así era o mundo máis de noso. Os pais viñan de apandar unha guerra inxusta. Perderan familia, amigos, esperanzas. Ollámolos tristes sen sabermos aínda polo que. Eran as carencias de corpo e alma. Esa cor grisalla do tempo que non crarea. E nós soñabamos luces, xogos, ledicias sempre. E fomos adolescentes, xoves, adultos prematuros. Soubemos das luces para varrer as sombras. E fomos indo cara ao mundo do difícil a contramarcha, aprendices resistentes, co cariño dos nosos pais e dos avós que nos contaban o pasado entre metáforas, símbolos, debuxos de palabras que no meu caso foron incendiarias para o futuro. O nosos devanceiros eran narradores das esencias da vida, virtuosos da conversa: a nosa lucería nas noites da lareira, que eu lembro na aldeíña de Quian coma un resolio de por vida. A marca da aldea vai comigo na esperanza sucesiva dos días e das horas máis felices.

Xosé Vázquez Pintor

1. Como lembra Vostede aqueles seus primeiros anos naqueles anos corenta e cincuenta con aquela sociedade antinatural? Marcaron aquelas experiencias o seu futuro pensamento, a súa profesión ou o percorrido existencial?

2. Vostede estivo de contino nos alicerces de diferentes grupos teatrais. Aínda segue a nosa dramaturxia escasa de grupos teatrais? Como xulga a situación do teatro independente? e do teatro oficial? Que necesitarían ambos para se aproximar á súa normalización?

O Teatro é unha das ferramentas que conlevamos nas idades das estirpes, coma unha herdanza benquerida. Quen non ten na familia un ou dez actores que nos interpretan os soños, que recrean persoas, circunstancias, tempos…? Son de seu, de noso, naceron así, listos, falangueiros, ocurrentes, sabidos coma filósofos do remo e do arado, da dorna e do tractor das arestoras. Reparade nesas persoas da nosa casa; algunha haberá que ten as dotes. Rompen de cando en vez o ritmo da tristura, dos aburrimentos, da renuncia…e botan lume de risa a gargalladas, xogan coas palabras, fan malabares coa voz e coa mímica do corpo en alma. Así somos os galegos e galegas: un pobo intérprete mancado polos séculos do silencio e das rotinas, coma unha doma que os devanceiros coidaron e souberon denunciar. O teatro de hoxendía ten esas carencias de non saber no íntimo desta marabilla da xenética. E aproveitar as esencias. E dar lustre ao mundo que nos couta e nos mal interpreta no diario. Na literatura, o Teatro Galego é un fillo pobre, un neto desherdado: ese alguén que pasa e que malvive; o grande ilusionado que vai só. E fixen canto puiden e souben por nos soerguer desta perversión que tanto manca e tolle.

Con David Otero na Solaina de Piloño

O Teatro somos Nós. Estamos no Entroido diferente e popular, en Festa e de convivios. Temos séculos de historia interpretativa. Resucitamos territorios, aldeas e vilas que foran esencias, comedia, drama, diálogo, monólogo, máscaras, música, silencio, canto…Reparade nos calendarios de cada ano. Poden ser centos. Noutros territorios máis ousados dirían que milenios. Orgullecer polo Teatro Galego está nas autoestradas do progreso: é tempo e lume noso, aínda.

Page 3: Vazquez pintor

Por todos. A escrita é divertimento, terapia, aprendizaxes. Un xogo de palabras para recrearmos o noso mundo. “Botar fóra, desabafar”, sermos felices, libertarios, sen couto. Por acaso a poesía sexa a miña mellor amiga. As voces críticas que dan fe literaria dinme que a prosa poética vai sempre comigo. E eu son así feliz con este diagnóstico, moito.

Xosé Vázquez Pintor

3. Vostede tocou practicamente todo tipo de xéneros literarios. Séntese a gusto con todos ou hai algún deles polo que sinta predilección?

4. Vostede pode presumir de ter recibido varios premios ao seu labor literario. Que supoñen estes premios para un escritor coma Vostede? Deberíase incentivar aínda máis o nacemento de novos premios? Que supón para un escritor recibir o “E” de escritor? E que nos pode dicir da experiencia de poder residir dunha rúa co seu propio nome?

Supoñen unha ledicia interior, caladiña. Un colo e un berce para seguir soñando historias, desafíos, terramar, universo…E aí, nese silencio interior, proseguimos moitos e moitas a nosa andaina pola Literatura que nos conmove e que nos honra.

Fonte: La Voz de Galicia

5. Foi Vostede un dos creadores do xornal “A Nosa Terra” tristemente desaparecido hai pouco. Como xulga a continua desaparición de prensa escrita total ou parcialmente en galego? Vai supoñer este feito un forte atranco para a nosa normalización como pobo e para o noso idioma?

Pechar as bocas para o silencio é o pórtico da ruina. Eliminar a esperanza. Deixar de sermos para que os outros sexan. E os outros son o autoodio, o noxo polo que nos corresponde dende que sabemos dar valor e orgullo aos nosos patrimonios singulares, que son moitos. A Nosa Terra era a voz dos porteadores das palabras con ideas para a esperanza. Foino así dende os inicios. Ficou derrubada neste século por mor da infinita miseria dos que non aman. E detrás dela veu a restra das desaparicións que eran innovadoras, frescas, críticas, solidarias. Para min é un pesadelo que non me pode aínda. Estou afoute e aberto a colaborar en toda circunstancia de progreso e apertura, con aquelas ousadías de sermos, de falarmos, de noticiarmos o presente e os futuros coa voz pública, fermosa, da nosa lingua.

Page 4: Vazquez pintor

O traballo de Yanelis é das mellores sorpresas e ledicias que están na miña vida. A mociña que veu de lonxe, polas avenidas do mar das palabras de noso, que son atlánticas, océanos. Ela que non é das nosas estirpes da emigración a Cuba. Ela que soubo e quere ser galega na fala, na escrita, na cátedra universitaria d´A Habana, nos andares e dicires que lle chegaron e souberon a alimento, a patrimonio e riqueza universal pola maxia das descubertas das palabras galegas, que son canto. E outras tantas Elas / Eles que hai e haberá sempre namoradas / os deste encontro. Velaí outra razón de nos enfrontar cos que nos odian, cos despreciativos, cos indiferentes, cos que non queren ser nin saber ren dos patrimonios da memoria, do presente e dos futuros.O fermosísimo achádego universal dos portavoces correspondentes da nosa cultura, usuarios sen couto da nosa lingua. Fronte as cidades e as vilas reaccionarias da Gallaecia desta progresía dos desprezos, as Yanelis dos outros universos que nos atenden e respectan de por vida e obra.

Xosé Vázquez Pintor

6. Que pasa pola mente dun escritor cando ten que vir desde Cuba unha investigadora da súa obra para realizar unha tese doutoral e que no seu país ninguén se interesase? Será que aínda non somos quen de recoñecer o que temos de noso?

7. Vostede puxo nas destras mans de don Paco Lareo unha cerdeira súa que secara e que tantas vivencias lle aportaba para que a inmortalizase. Será esta unha mostra de que soamente a inmortalidade debe permanecer na arte e non facermos como cando a arte pasa a mellor vida a través do esquecemento ou da man do home? Que pensa Vostede cando ver arder bibliotecas, como ocorreu en Irak ou como en poucas horas en Valencia se queiman tantas marabillas artísticas?

A cerdeira de Quian era a miña cerdeira, eramos irmandiños nolos dous. As primeiras flores, os paxaros do sur que repartían comigo as cereixas da mañá cediña…Era grande e xenerosa. Foise indo paseniño. E quixen que Paco Lareo tivese con ela ese cariño que eu non sabería dar para a lembranza. Veu o artista de Piloño, trastorouna cando xa non tiña a vida, e levámola para A Solaina. Alí foi a vida outra e nova: a ben vestida en arte.Cando vou alá, sorrimos, dámonos os ollos, soñamos flores brancas, nolos dous e nolos tres. Unha marabilla de futuros. E neste contexto de respecto e de conservación progresista aparecen as novas que me referides: o lume feito arrasador polas vísceras máis brutas e corruptas do universo que nos é hostil. Os libros sempre serán as vítimas dos emperadores das miserias, ao xeito do lume ou aos xeitos máis ocultos das desaparicións progresivas. Dicir libros para eles é decir os medos máis feroces. Seguen os ataques, arestoras dun xeito máis “civilizado”: o silencio e as pantomimas da noite en días. Valencia ten o seu aquel identitario coas fallas: arte para a luz dos lumes; na brevidade do tempo en espectáculo de estralos, derrota ou caos; circunstancia feliz, coma se tamén en nós e en tantos outros mundos do planeta. Velaí o contraste que pode ser tamén a metáfora da vida.

Na Solaina de Piloño

Page 5: Vazquez pintor

Xosé Vázquez Pintor

8. Vostede tivo que botar man dos seudónimos por simple supervivencia coma moitos autores e autoras ou ben por outras causas?

Os seudónimos useinos para as ocultacións cando eran os concursos literarios. Só en dúas veces agochei tamén a miña identidade nos sobres que gardaban a plica. Eran os medos por aquel malditismo de “os novísimos da poesía galega” (Ed. Akal, Madrid, 1973) que nos arrasou a esperanza en moitos anos. Sobrevivir era unha imposición, cando non había editoriais de vangarda e risco. Mais quero dicir que a miña sorte nos concursos de poesía, teatro e narrativa foi abondosa. Nesa fortuna sobrevivo. E mando dende aquí un cariño especial a Miguel Anxo Fernán Vello, director da “Editorial Espiral Maior” pola súa xenerosidade e compromiso coa miña obra. E non esquenzo a “Edicións Celta”, “Edicións do Cerne/Minor”, “Edicións Fervenza”, a “Sotelo Branco”, a “Everest”, “Laiovento” e a “Xerais”, que foron fitos de honra no compromiso da miña andaina cos soños e as palabras.

Na Solaina de Piloño.

9. Os ensaios antropolóxicos figuran en letras maiúsculas na súa obra. Cre que esta é unha das partes máis esquecidas da nosa cultura especialmente para nós, os máis xoves, que estamos nunha fase bastante pronunciada de ruptura co noso pasado?

10. Nestas entrevistas tamén figuran don Francisco Pillado e don Manuel Lourenzo, que foron uns dos principais revitalizadores da figura e da obra do noso veciño don Manuel Daniel Varela Buxán. Que papel cumpriu Vostede na revitalización deste insigne dramaturgo? Que influxo tivo en Vostede a persoa e a obra de Varela Buxán.

A triloxía “Os vellos oficios” foi unha proposta, fermosa e ousada a un tempo, que me fixera Victor Freixanes. Á volta do tempo editounos Xerais. E estou moi feliz de non me ter derrubado en tanta espera pola edición dos tres volumes que considero de mínimos para outras propostas que sen dúbida serán dos nosos escritores do futuro, se aínda hai lugar e tempo. “Velaí vos queda o orgullo, que ben pode ser difícil”.

Manoel Daniel Varela Buxán, que vive en min dun xeito especial e cariñoso, foi a portavocía de Galiza (así era a súa pronuncia, remarcando a fonética do z) na miña vida de adolescencia e xuventude. Medrei sendo seareiro das palabras de Quian, esa pronuncia, que el tamén levaba cara ao Arnego, o río das troitas e pasatempo: cesto, cana, pucho e Brigo, o seu can que aínda teño na memoria. Era conversador, era amigo, era solidario,era da miña familia de alma e soño. Quixo facer o limiar de “Gándaras”, o meu primeiro libro.Un pai, in irmau, un mestre, un Amigo da Casa de Vila, que é a miña riqueza máis distinta. Foi honra participar nas súas homenaxes, todas serán poucas. Era honrado e xeneroso. Castelao, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Seoane, Laxeiro, Tacholas, Isaac Díaz Pardo…centos. A Terramar de noso a prol da tanta vida.

Page 6: Vazquez pintor

CUESTIONARIO

Nota: non fiei nunca de moitas destas respostas automáticas Poden ser

mentira, pedantería, etcs. Quero que me perdoedes esta teima, que vén de

vello. Van aquelas nas que podo ser menos inxusto.

Page 7: Vazquez pintor

Os bicos da miña

nai cando lle

entreguei o

libro “N

o

corazón mancado”.

Un monumento

salientábel?

Encantoume a autenticidade e a frescura de MAMASUNCIÓN.

Unha película de cine

Visitar a Gallaecia, que vén de lonxe. E descansar en Quian, co seu sorriso.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A democracia; que

segue estando en obras.

Un feito histórico?

A aldea, en luz de día.

Un lugar axeitado para a lectura?

Elas, Eles. Que aman o silencio.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Page 8: Vazquez pintor

As apertas e os

bicos para o

mundo solidario.

Un anceio por realizar?

Pico, o canciño

das benvidas.

Outro entretemento

ademais da literatura?

As alternancias:

A Terra do Medio-

Cangas.

Mundo rural/urbano?

Praia/montaña?

Sermos felices, e

sempre.

Unha utopía?

A Música Clásica. Bebín dela feliz cando tiña as obrigas da alta calidade para acompañar as interpretacións de “Ancoradouro, mimo e pantomima”.

Un tipo de música? Unha canción?