Unha Realidade PlurilingüE
-
Upload
roman-landin -
Category
Documents
-
view
7.631 -
download
7
description
Transcript of Unha Realidade PlurilingüE
Román Cerqueiro Landín (CPI don Aurelio - Cuntis)
“Lingua e sociedade: unha realidade plurilingüe” (introdución)
Materia de Lingua Galega 4º ESO (2007-08)
O MUNDO: UNHA REALIDADE PLURILINGÜE.
A linguaxe é a propiedade máis característica da especie humana. A súa realización por medio de linguas amosa o carácter social dos humanos e a súa diversidade cultural. A diversidade lingüística pódese medir no número de linguas que se falan na terra.
Cantas linguas se falan hoxe no mundo?
Menos de 300 superan o millón de falantes, milleiros delas contan só cuns poucos falantes presionados a cambiar de lingua. En moitas ocasións eses poucos falantes son todos anciáns, co cal non se garante o relevo xeracional.
Calcúlase que hoxe se falan no mundo entre 4.000 e 7.000 linguas diferentes; pero ese número non se pode definir moito máis. A disparidade deste reconto débese aos diferentes criterios empregados para catalogalas.
Que criterios se empregan para contabilizar as linguas do mundo? Non vale contar o número de estados que hai e en base a esa cifra contabilizar as linguas.
Comprobádeo por vós mesmos: a ONU recoñece uns 200 estados independentes; pola contra, hai milleiros de linguas vivas catalogadas.
En resumo, as fronteiras políticas poucas veces nos axudan a debuxar as fronteiras lingüísticas. O normal é que a un Estado lle correspondan varias linguas como podedes ollar no seguinte mapa de Europa.
No continente europeo só hai dous estados monolingües: Islandia e Portugal (co permiso do mirandés). No resto dos estados contabilízanse numerosas linguas, xa territoriais xa vencelladas a grupos étnicos espallados por diferentes países, núcleos de emigrantes…
Máis de 40 millóns de cidadáns da UE falan cada día unha lingua non oficial do Estado en que habitan.
A UE, como institución supranacional, é a organización máis políglota do mundo.
A institución europea aposta polo recoñecemento e polo valor da diversidade lingüística. Porén, iso non se traduce en políticas lingüísticas activas, diversificadas e transversais, xa que estas cuestións dependen de cada Estado membro.
Podemos clasificar as linguas segundo:
- O número de falantes: LINGUAS MAIORITARIAS E LINGUAS MINORITARIAS.
- O estatus legal: LINGUAS OFICIAIS E LINGUAS SEN ESTADO.
- O estatus social: LINGUAS MINORIZADAS.
CAUSAS DE DESAPARICIÓNDUNHA LINGUA:1. Substitución da lingua. 2. Desaparición da lingua:2.1. Desaparición física dos falantes, 2.2. Ruptura da transmisión familiar:
No mapa, número de falantes dalgunhas linguas minorizadas.
As linguas do Estado Español
Territorios de fala galega:- Galiza.- Occidente de Asturies e das provincias de Zamora e León (O Bierzo).- Val das Ellas (Estremadura).* Poderiamos computar, ademais, os núcleos da diáspora galega no mundo.
O galego-portugués no mundo
O galego é unha variante do tronco lingüístico galego-portugués, que conta cuns 200 millóns de habitantes nos cinco continentes.
• Antecedentes:– Estatuto de Autonomía de 1936.
• Marco vixente: – Constitución Española (1978).– Estatuto de Autonomía (1981).– Lei de Normalización Lingüística (1983).
• Novas ferramentas:– Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004)
• No futuro:– Novo Estatuto (proceso interrompido).
MARCO LEGAL DA LINGUA GALEGA
Cartaz Pro-Estatuto de
1936 de Camilo Díaz Baliño
O galego na lexislación española“O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito de usala…”
“As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus estatutos”
Constitución Española, Título Preliminar, Artigo 3º.
Observa a desigualdade xurídica que se desprende das expresións destacadas en amarelo nesta diapositiva e na seguinte.
Estatuto de Autonomía
Título Preliminar. Artigo 5.
1. A lingua propia de Galiza é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais e todos teñen o dereito de os coñecer e os usar.
3. Os poderes públicos de Galiza garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán dos medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
O galego no Estatuto
O galego en Europa: A Carta das Linguas Minoritarias.
Parlamento Europeo de Estrasburgo (1992)
Ratificada polo Estado Español en 2001.
O Eurolang é a oficina da UE para as linguas minorizadas
http://www.as-pg.com/resources/soclinresources/lin-10-carta_europea_das_linguasminoritarias.pdf