Trégola 2012

44
INSTITUTO SANTA IRENE. MAIO 2012. Nº 22 - ALUMN@S 1 - PROFES 2

description

Revista do IES Santa Irene de Vigo

Transcript of Trégola 2012

Page 1: Trégola 2012

INSTITUTO SANTA IRENE. MAIO 2012. Nº 22 - ALUMN@S 1 € - PROFES 2€

Page 2: Trégola 2012
Page 3: Trégola 2012

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

INSTITUTO SANTA IRENE. MAIO 2012. Nº 22 - ALUMN@S 1 € - PROFES 2€

EDITORIAL

Como cada ano nace un novo exemplar de Trégola, cheo de novidades, de artigos de opinión,reflexións sobre o mundo que nosrodea dende o punto de vista da mocidade. Este curso abordaremosos brutais recortes levados a cabo polonovo goberno, e temáticas máis locaisaparte de múltiples opcións para divertirse na nosa cidade. Cobra un importante protagonismo a criseeconómica e a súa repercusión nasnosas vidas como as protestas estudantís, o aniversario do movemento social 15 M, mais iso non nos impedirá escribirsobre outros temas, sen esquecernosdas seccións que atinxen ao noso instituto como a excursión dos alumnos de cuarto da ESO, as fotos dos alumnos de segundo de bacharelato, o entroido, e aínda que botedes de menos algunha sección eliminada achegámosvos unha nova seccióncomo a dos deportistas de elite que estudan no noso instituto.

Trégola

T R É G O L AS O M O S

Andrea García 2º Bach. BAntía González 3º E.S.O. AÁnxela Romero 1º Bach. EClaudia Román 2º Bach. AFanny Pereira 2º Bach. BGuillermo Davila 1º Bach. CIago Albés 1º Bach. CIrene Maldonado 3º E.S.O. AIsidrido Álvarez 3º E.S.O. CMaría Olivares 1º Bach. CRocío Castillo 3º E.S.O. CVictor Fernández 2º E.S.O C

PORTADA:Adriana Arbizu 2º Bach. B

FOTÓGRAFOS:Ángela RomeroBernardino Gándara

COLABORADORES:Aldara Cidrás 2º Bach. EAntía Davila 4º ESO.-BMarta Mendia 4º ESO.-B

COORDINADOR E ASESOR LINGÜÍSTICO:Sindo Fernández

Page 4: Trégola 2012

2T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

Asoberanía nacional dei-xou de selo. Ao menos asoberanía nacional espa-

ñola. Cada venres esperamos contemor as novas reformas anuncia-das polo executivo, que non forancontempladas no seu programaelectoral, e que parecen máis benditadas por instancias superioresda comunidade europea. Así, se -gundo a última enquisa Me tros -copia para El País, a gran maioría(o 73%) rexeita a redución dasprestacións sanitarias, incluíndoos recortes de gasto sanitario (estaporcentaxe inclúe tamén o 58%dos votantes do partido gobernan-te, o PP).

Por primeira vez na historia deEspaña os xubilados e pensionis-tas terán que pagar o 10% docusto das súas medicinas. Isto su -porá segundo palabras de Echániz(presidenta da comunidade deAra gón) o gasto equivalente a“oito euros: catro cafés”, ob -viando un detalle tan insignifican-te como que o café é prescindiblementres que o Prometax (medica-mento receitado para o alzheimer)non o é.

Os cidadáns activos que agorapagaban un equivalente ao 40% doprezo dos medicamentos receita-dos pasarán a pagar un 50%, men-tres que aqueles que ingresen máisde 100.000€ anuais pagarán o60%. Para que fagan unha idea: osoldo medio en 2011 en Españasegundo o INE (Instituto Nacional

de Estatística) é 22.511€. Cren queos asalariados con 100.000€ aoano son os que engrosan as longaslistas de espera?

O próximo un de Xullo entraen vigor unha nova lei conformeaqueles inmigrantes en situaciónirregular non poderán ter unhaasistencia médica gratuíta, aíndaque actualmente algunhas comu-nidades autónomas como a doPaís Vasco se negaron a adoptaresta medida, e as próteses e trans-porte sanitario non urxente deixa-rán de ser totalmente gratuítos(que xa de por si non o son, xa quetodos os españois os pagamos cosnosos impostos, incluídos os inmi-grantes). Pode que pagar unha por-centaxe do custo dunhas muletasnon nos pareza esaxerado, peroaqueles enfermos crónicos queprecisen de transporte (para acudirá diálise, a rehabilitación) teránque buscar outras alternativas,como pedirlle a alguén que o leveou pagar un taxi.

Medidas semellantes a estasforon tomadas anteriormente polaGeneralitat de Cataluña que

Recortes sanitar ios

En comparación

con outros países e

en proporción co PIB

España está no oitavo posto

por detrás de Francia

e Islandia entre outros

Page 5: Trégola 2012

3T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

impuxo o euro por receita a modode repago, convivindo coas novasmedidas agora tomadas polo exe-cutivo.

Este tesoiretazo implicará oaforro dun mínimo de 7.200millóns de euros, pero suporá ungrave atentado contra o estado debenestar social.

Convencéronnos de que estive-mos a vivir por riba das nosas posi-bilidades, e de que deberiamosestar agradecidos polo gran esfor-

zo que o Estado está a facer porproporcionar unha sanidade públi-ca e de calidade.

A sanidade pública de España édas máis baratas e das máis efica-ces. Por só 1.500 euros anuais porpersoa, os españois temos unamplo abano servizos con cober-tura universal. O grao de satisfac-ción dos españois co seu sistemapúblico de saúde é altísimo. Onúmero de persoas en España quedeclara en enquisas que non tenacceso á sanidade está no 0,2%,unha porcentaxe menor á deFrancia, Italia e incluso Alemaña.

O gasto público español non éexcesivo. Contrariamente ao quenos pretenden vender estamoscinco puntos por debaixo damedia europea incluso agora adistancia é menor debido ao altonúmero de parados. Ata o inicioda crise, entre 2001 e 2007, ogasto público español rondaba o38% e agora é do 45,6% fronte ao50,6% da UE.

A sanidade pública e gratuíta éun dereito que os políticos debenfacer prevalecer por riba dos inte-reses financeiros, non é algo que ocidadán deba agradecer, senónalgo que debe reclamar.

Andrea Vilas 2º Bach. B

A ministra Ana Mato

pretende que

os inmigrantes sen papeis

sexan atendidos

polas ONG

O repago non é máis

que un eufemismo

do copago

Gráfico do gasto medio por habitante en sanidade naComunidade Europea

Page 6: Trégola 2012

4T r é g o l a

Este curso que está a piques derematar, se por algo se carac-terizou foi polas numerosas

folgas que se sucederon ao longo detodo o ano. Pero, realmente coñé-cense as razóns principais destas fol-gas? Admitámolo, moitos dos alum-nos e alumnas aproveitaban as folgase manifestacións para durmir, estu-dar ou, simplemente, por non ir aclase. Pero, acaso non hai razónsmáis que de sobra para manifestarse?Ben, empecemos polo principio.Como todos sabemos, no pasadomes de novembro houbo unhas elec-cións que supuxeron un cambio nogoberno. O PSOE, tras case oito anosde goberno, foi desprazado do poderpolo PP. Este cambio supuxo unhaserie de reformas por parte do gober-no, comunmente coñecidas comorecortes. Recortes na sanidade e naeducación son os máis soados. En

qué consisten os recortes na educa-ción, que son os que a nós nos inflú-en e a principal causa das folgaslevadas a cabo este ano. Quizaisunha das principais reformas quemáis nos teñen alarmados a nivel decolexios e institutos, é o aumento dealumnado por clase. Se antes con 31alumnos se tiña a oportunidade defacer dúas clases, agora non. Agorahaberá 35 alumnos en clases debacharelato, 30 en clases da ESO e25 en primaria. Isto suporá un hándi-cap tanto para alumnos como paraprofesores, sobre todo para estesúltimos xa que non é falta enfrontar-se cada día a 35 adolescentes queestán desexando rematar o curso.Ademais, para os profesores, aumen-tarán o número de horas lectivas, oque suporá o despido de moitosdeles e non haberá contratacióndoutros novos, polo que las futuras

xeracións tamén o terán difícil paraatopar traballo incluso no campo dadocencia.

Pero quizais a reforma que máispreocupa é o aumento das taxas parao acceso á universidade. Xa aumen-taran os prezos para o acceso á uni-versidade pero é que agora, ademais,haberá que pagar certa porcentaxepor matricularse nun curso se estásrepetindo, variando esta segundo as

Pedra, papel e . . . TESOIRAS

Recortes na sanidade

e na educación

son os máis soados

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

Page 7: Trégola 2012

veces que repitas, chegando ao 90-100% que haberá que pagar no casode repetir por cuarta vez. Ademais,os alumnos que cheguen do estran-xeiro, concretamente dun país queestea fóra da Unión Europea ou coque non se teña un convenio, teránque pagar o 100% do custo efectivode cada curso no que se matricule.

A situación económica actual émáis que sabido que é bastante pre-ocupante. A cousa está difícil paraatopar un traballo, e máis para aque-las persoas que non teñan estudosuniversitarios, graos e másters. Peroestá claro que a este paso, a educa-ción en lugar de ser un dereito, pasa-rá a ser un privilexio que só algúnspoderán costearse. Pero claro, noncalquera pode permitirse pagar1000 € de matrícula cada ano. Ouxa non só iso, senón aqueles queteñan que acceder a unha universi-dade privada, quizais non poidanpermitirse pagar o necesario pararematar a carreira.

Está claro que de onde non sepode quitar, non se pode quitar. Peroeste, o noso goberno, prefire descon-tar cartos da educación das futurasxeracións do país, as xeracións queterán que vivir nun país complicado,que quitar cartos dalgunhas institu-cións como a Igrexa. Que xa non sónon é recortar na Igrexa, senón que

ademais, se lle dá o que se nos estáquitando na educación e na sanida-de. Pero vaia, digamos que iso xa éoutra historia.

Cludia Román2ºBach.-A

5T r é g o l a

Pero quizais

a reforma que

máis preocupa

é o aumento das taxas

para o acceso

á universidade

A educación

en lugar

de ser un dereito,

pasará a ser

un privilexioe

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

Page 8: Trégola 2012

6

Parece que os cidadáns euro-peos se fartaron das políticasde austeridade impostas até o

de agora polos políticos conservado-res, e a nova palabra que entra novocabulario político é crecemento,obviamente económico, xa non sódos presidentes republicanos. Así éque a axustada vitoria de FrançoisHollande nas eleccións supón uncambio na mentalidade europea,que parece convencer ao electoradofrancés. A súa principal prioridade éa renegociación do tratado fiscaleuropeo incluíndo certos termoscomo os eurobonos e un cambio napolítica do Banco Europeo para queen vez de prestarlle diñeiro aos ban-cos o faga directamente aos Estadosque o precisen unha idea que achanceler alemá Angela Merkelrexeitou rotundamente durante acampaña de Hollande pero coa queagora parece mostrarse máis flexibleao aceptar a posibilidade de políticas

que estimulen o crecemento xa quedeclarou que elaborará unha nova“axenda de crecemento para o cu -mio de Xuño do Consello europeoque reforce o Banco Europeo de In -versións e contemple a utilizacióndos fondos de infraestrutura daUnión Europea de xeito máis flexiblepara axudar ao crecemento europeoen Europa. Pero isto non lle evitou aterrible derrota electoral nas elec-cións rexionais de Renania no nortede Westfalia onde os socialistas, alia-

dos con verdes gañaron, sumandoambos grupos, o 50,4% dos votos. Opropio candidato rexional polo parti-do gobernante achacou esta derrotaás políticas de Angela Merkel.

A esquerda tamén chega conforza ao parlamento grego, sendo ogrupo de esquerda radical Syriza osegundo partido máis votado co16,6% dos votos aínda que quedaensombrecido polo preocupante as -censo do partido neonazi, pero quemostra unha tendencia moi clara nopobo grego: o total rexeitamento das

T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

O x iro europeo

O FMI

xa advertiu

da posible

suspensión de pagos

Eurobonos

e un cambio

na política

do Banco Europeo

Page 9: Trégola 2012

medidas impostas pola comunidadeeuropea tras o rescate económico, eque estaban sumindo á cidadaníanunha fonda recesión social na queservizo tan básicos como a atenciónmédica eran de pago, cobrándose 5€por consulta médica e 500€ por aná-lise nun país no que o salario mediose viu reducido nun 30% nos últimosdous anos. Os resultados electoraisnon permiten a formación de gober-no cun único partido, e aínda que ospartidos gregos por excelencia (e ásordes do FMI) formaran coalición, asuma dos seus escanos sería insufi-ciente. De aí as longas negociaciónsque se están levando a cabo estesdías tentando de formar un gobernosde coalición que parece case imposi-ble, vaticinándose así unhas novaseleccións que deixarían o parlamen-to aínda máis dividido. O FMI xaadvertiu da posible suspensión depagos do rescate internacional se ogoberno grego resultante das nego-ciacións non se compromete a seguiras medidas impostas pola comunida-de europea. Ante esta situación Gre -cia só ten diñeiro suficiente para pa -garlle aos seus empregados o salarioeste mes en caso de que a Eu ro zonasuspenda o rescate.

E mentres toda Europa dá un xirocara o crecemento en España man-tense a agora dubidosa política deausteridade, cos recortes en servizopúblicos e a inxección de liquideznun sistema financeiro necesitado dereformas que ninguén se atreve a co -meter. Senón parece incomprensibleque tras unha semana das declara-cións do Presidente alegando que osistema bancario español estabasaneado, Bankia, un coñecido banconacido da fusión de múltiples caixas,teña que ser nacionalizado, aíndaque tecnicamente só o fora a súamatriz BFA. A nacionalización deBFA (ou Bankia, como vostedes pre-firan) suporá unha inversión de7.000 millóns de euros, cifra quedesgrazadamente coincide co diñei-ro aforrado en gasto sanitario e eneducación (7.200 millóns de euros).Leccións de economía doméstica: denada serve recortar por un lado selogo se malgasta polo outro.

Andrea Vilas

2º Bach. C

7T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

Ensombrecido

polo preocupante ascenso

do partido neonazi

Page 10: Trégola 2012

8

Alumnas/os e profesoras/esdo I.E.S. Santa Irene; per-mitídeme roubarvos uns

minutos das vosas atarefadas vidaspara facer unha pequena críticadesta gran sala de xogos que habi-tamos, este salón do ocio das debi-lidades e costumes máis repugnan-tes, O Cabaré do Vicio.

Hoxe en día, todos vivimos nunmundo cada vez máis desigual einxusto; nunha gran rede de fíosmanipulados polos de sempre (aparte máis opulenta e rastreira danosa sociedade), un mundo no calsaen adiante non sempre os máispreparados nin os máis emprende-dores, se non os máis adiñeirados.

Hoxe en día, a clase obreira par -te o lombo todos os días para gañarun soldo que se ve reducido día adía, sempre en alerta pola lei do mer-cado, xa que actualmente a moitosnos pode botar doadamente á rúa;loitando continuamente para poderasegurar o seu futuro e o dos seusfillos, cando en realidade os quelevan os beneficios son os que xateñen moito máis do que precisan.

Dentro deste panorama tannegro, un dos grupos máis prexudi-cados da nosa sociedade, e entodas as sociedades en xeral aolongo da historia, son as mulleres.

Na actualidade aínda existenalgunhas culturas nas que se o

marido acusa de infidelidade á súadona (aínda que só sexa por celosou un presentimento) é da mullerda cal se dubida, e non da cordurado home. As mulleres que non sonfértiles son repudiadas e marxina-das pola sociedade, xa que ao nonter capacidade para procrear é con-siderado algo vergoñoso no xénerofeminino.

Ata o ano 1931 en España ásmulleres non se lles permitía votar.Todas elas eran denominadas como“A muller de…”, “A nai de…” ou“A filla de…” impedíndolles ovalerse por si mesmas e ter unhaidentidade propia, xa que dependí-an sempre dun varón que tiña aobriga de responsabilizarse delas eda súa conduta. Tras a parénteseque supuxo a II República, o come-zo da Guerra Civil e da ditadura deFran co desandou o andado duranteo período anterior.

Na actualidade no noso país, xaexisten leis que prohiben este tipode comportamentos, pero isto nonquere dicir que se cumpran napráctica.

A Enquisa Anual de EstruturaSalarial publicada no 2009 polo

T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

Dentro deste panorama

tan negro,

un dos grupos

máis prexudicados

da nosa sociedade,

e en todas as sociedades

en xeral

ao longo da historia,

son as mulleres

O cabaré do v ic io

Page 11: Trégola 2012

9T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

INE, desvela que hoxe en día, ohome gaña un 22% máis cá muller.Isto indica que, aínda que xa seincorporou ao mercado de traballo,quédalle bastante camiño que per-correr para eliminar a masculiniza-ción do mundo laboral.

O feito de que a muller se invo-lucre no traballo fóra do fogar su -pón, ademais dun avance; xa que oxénero feminino pode aportar moi-tas cousas, un cambio na forma delevar unha familia e da organiza-ción das tarefas do fogar; cousa quealgúns homes aínda non son quende aceptar.

Xeralmente e por desgraza, é aohome a quen contratan para cargosde responsabilidade aínda que amuller aspirante ao posto esteaigual ou incluso mellor preparada.

A esta situación de desigualda-de contribúen algunhas institucións

con moita influencia. Este sería ocaso de Igrexa Católica, que botaman do seu poder para manipularas mulleres.

Escravízaas a ser “A perfectaama da casa” metendo nas súascabeciñas pensantes dos seus adep-tos, ideoloxías de séculos pasados;fomenta que se convertan en“máquinas incubadoras” conde-nando o uso de métodos anticon-ceptivos, e impide que ocupen car-gos importantes dentro da súa orga-nización relixiosa.

Ademais, para esta instituciónsó existe unha maneira posible devivir a sexualidade de cada un:amando a unha persoa do sexooposto. Xa que segundo afirma, “Ahomosexualidade non é unha preferencia, se non unha enfermi-dade contaxiosa, nalgúns casoscurable”.

Todas estas actitudes e compor-tamentos, débense sobre todo aesa mentalidade machista que nosacompaña a todos dende hai sécu-los. E digo a todos porque non sóos homes teñen a culpa, tamén ateñen en parte as nais que permi-ten que os seus fillo pensen e actú-en dunha forma tan retrógrada.Porque non só consiste en ensinar-lles a que nos queiran e nos res-pecten, se non que tamén debe-mos querernos e respectarnos nósmesmas. De bemos fomentar entretodos unha educación máis iguali-taria, debemos erradicar ese costu-me de asignar personalidades etarefas dependendo do sexo, debe-mos crear un mundo de todas/os epara todas/os, porque niso consistea igualdade e o equilibrio.

Irene MaldonadoMartínez

3ºESO A

Mentalidade machista

que nos acompaña

a todos

dende hai séculos

Page 12: Trégola 2012

Novamente lles propoño unxogo, miren atentamenteo televisor, e conten os

anuncios. Colonias, xoguetes, elec-trodomésticos, deterxentes.. todoaquilo que se pode mercar chega anós a través do que un día foi o tubocatódico e hoxe é unha longa ladaí-ña de compoñentes impronunciá-beis. E agora ben, pensen cantosdeses anuncios publicitarios aprovei-tan tópicos dun sexo ou outro paraesgrimir o seu cometido: vender.

O periódico dixital “Mujeres enRed” abarca este problema de sexis-mo publicitario e axúdannos a reco-ñecelo, dado que moitas veces ninnos decatamos. Anuncios que relacio-nan éxito con beleza, que presentan ocorpo feminino como un espazo cheode imperfeccións e que de be ser corri-xido, roles profesionais de poucoprestixio ou a catalogación das mulle-res como seres impulsivos e capricho-sos son algúns dos exemplos.

Tomemos o aromático mundodas colonias: o anuncio no que unhafamosa actriz se despoxa das súas

luxosas roupas ata rematar espida,provocando a asociación de belezacon éxito, sen esquecernos das inte-resantes vistas que ofrece, volvendoá utilización do corpo femininocomo reclamo. Non esquezamostampouco o anuncio no que unhome é adulado por dúas impoñen-tes mulleres ás que é imposible mi -rarlles aos ollos, e todo grazas a unhafragancia en cuestión, que parece

provocar o mesmo efecto que o celoanimal. E de algo tan fino como acolonia pasamos aos desodorizantes,onde non é preciso mencionar amarca exacta que fai unha brutalapoloxía do machismo para vender-se. A súa concepción publicitaria damuller é definible como o conxuntotodos os tópicos denigrantes que undía unha sociedade ignorante emachista concibiu.

E agora díganme: mantería esteanuncio o sentido se cambiaran ospapeis? Unha muller gozando doacoso (si, porque non ten outronome) dun montón de cachas consobredose de esteroides? Non que-daría moi crible. Como ben destacaa organización Colectivo femeninoTV se un anuncio non tolera ouqueda ridículo co cambio de sexo doseus protagonistas é un anuncio cla-ramente sexista.

A problemática recae en quecando moitos destes anuncios sondenunciados a publicidade gratuítaque se lle fai á marca é inevitable.Das 49 denuncias que houbo depublicidade sexista no 2003 pasousea 409 no último informe de 2011 do

10T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

Publ ic idade sexista

O fomento

de roles anticuados

xa non vende

Page 13: Trégola 2012

Instituto da muller, no que o 95% dasdenunciantes obviamente foronmulleres, e non se equivoquen non éunha cuestión de feminismo, é unhacuestión de dignidade, porque nin-gún home tampouco se sentiríacómodo se o tratasen de estúpido,frívolo, bruto ou como un compen-dio de músculos e sexualidade.

Outro tipo de publicidade é posi-ble, no século XXI os homes non pre-cisan dun graduado para poñer unhalavadora, cociñan, utilizan cosméti-cos, coidan dos fillos ao igual quemulleres, e non como un favor ouunha axuda doméstica, senón por-que é o seu deber nunha parella. Ofomento de roles anticuados lévan-nos á recesión social, e ademais xanon vende.

Senón aí temos o premio deCannes ao mellor anuncio publicita-rio 2009, para a lavadora AristonAqualtis, que nos mergulla nun sim-pático microescosistema afastadodos típicos tópicos que acompañanás tarefas no fogar.

A orixinalidade vende.

Andrea Vilas

2º Bach. B.

11T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

Se un nuncio non acepta

o intercambio de papeis

é un anuncio sexista

O 95% das denunciantes

son mulleres

Outro tipo

de publicidade é posible

no século XXI

Page 14: Trégola 2012

12

Moito máis preto do que nosimaxinamos temos unhagran oferta cultural e lúdi-

ca que nos ofrecen os nosos museos.Os museos, lonxe de seren lugaressoporíferos, onde a arte quedou petri-ficada séculos ou décadas atrás,abandonan o tópico para converterseen lugares dinámicos, activos e suma-mente divertidos.

Aquí darémosvos unha opciónpara percorrer os que nos pareceronos máis interesantes.

MuseO dO Mar

Para que vos situedes o Museo doMar está en primeira liña da costa,situada onde o antigo matadoiro, naavenida da Atlántida e reformadopolo arquitecto vigués César Portela.O museo divídese en dúas grandessalas de exposición, a sala de exposi-cións permanente na que se afondana nosa cultura, e en especial no quefoi o medio de subsistencia galegodurante case toda a nosa historia: a

pesca, e completándose cun bloquecientífico situado no soto do edificio.No outro grande bloque atopamos asala de exposicións temporais, queagora mesmo está ocupada pola ela-borada selección de oitenta e cincofotografías temáticas sobre a costagalega centrándose en Bouzas e Vigodo Arquivo Pacheco feitas entre 1895e 1960, toda unha oportunidade paraver como era a nosa cidade antes dosrecheos e antes da brutal mutilacióndas nosas costas.

O VerbuM

Deseñado tamén por César Por -tela o museo de aire cubista sitúase aescasos metros do Museo do Mar. Oespazo divídese en catro grandescubos, sempre relacionados coa te -mática da comunicación, estes son:Linguaxe e Comunicación, Lite ratura,Ciencias, e Tecnoloxía. Divididoscada un á súa vez en distintos subes-pazos temáticos. Pro xi mamente nasección de Literatura haberá un espa-zo dedicado a Valentín Paz Andrade,

T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

Os museos de v igo modernízanse

Os museos,

lonxe de seren

lugares soporíferos,

onde a arte

quedou petrificada

séculos ou décadas atrás

Toda unha oportunidade

para ver como era

a nosa cidade antes

Page 15: Trégola 2012

con exposicións interactivas que nosachegarán á obra do autor. Ademaisdo edificio en si, o museo conta cunpequeno xardín onde se mostranalgunhas obras escultóricas como aescultura en bronce de Sergio PortelaO Susurro, ademais doutras de dife-rentes autores que se atopan á entra-da do auditorio.

O MuseO dO MarCO

É un museo situado na rúa doPríncipe no que cada certo tempopodemos gozar dunha nova exposi-ción de arte. Desde unha sala cheade globos, a unha sala con mensaxesescritas en cartón incluso, produciu-se o récord Guiness do solo de guita-rra máis longo do mundo (poucomáis de sete horas). Este museonaceu en outubro do ano 2002, xaque anteriormente fora un cárcere,froito dunha asociación do Concellode Vigo, a Deputación de Ponte -vedra, Caixanova e a Xunta de Ga -liza, naceu a fundación Marco. Estemuseo está especializado na artecontemporánea e nas exposiciónsrupturistas e vangardistas ás que pou-cos museos da actualidade lle dedi-can algún espazo.

Actualmente, desde o 9 de febrei-ro ata o 2 de setembro deste anopodemos achegarnos á exposiciónPresenza Aciva. Acción, obxecto epúblico, na que atopamos distintassalas dedicadas a distintas activida-des. Nunha delas podemos atoparunha gaiola e unha lámpada rota,noutra unha pista de tenis e noutra unproxector con distintas diapositivasque proporcionan mensaxes como“Our Day Will Come” (“Chegará onoso día”) ou “A Fight, a Victory”(“Unha guerra, unha vitoria”). É unhaforma divertida de pasar a tarde nacidade de Vigo na que as actividadeslúdicas e, á vez, entretidas paratodos, escasean.

a FundaCión nOVagaliCia banCO

Este museo está situado enPolicarpo Sanz nun edificio dos máisemblemáticos da cidade construído afinais do século XIX, ademais de serun edificio que é utilizado paraoutros ámbitos públicos e privados,coma por exemplo, o auditorio quese pode utilizar para a proxección depelículas, a realización de vídeo con-ferencias e a tradución simultánea aseis linguas distintas.

Nel podemos atopar unha amplaretrospectiva dos nosos pintores gale-gos como Seoane e Castelao, pasan-do por todos os estilos pictóricos ataa arte vangardista como MaruxaMaio ou Leiro autor do coñecidísimoSereo da Porta do Sol.

Claudia Román2º BACH A

Andrea Vilas2º BACH B

13T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

Desde unha sala

chea de globos,

a unha sala

con mensaxes escritas

en cartón incluso,

produciuse o récord Guiness

do solo de guitarra

máis longo do mundo

Page 16: Trégola 2012

14

Comezarei dicindo que este é un artigo de opi-nión, polo que non deberiades enfadarvos, senónfacer unha crítica construtiva do artigo, no caso

de que non comprendades o meu punto de vista.España é un país de costumes, que sempre intentou

moverse ao ton da sociedade europea, pero en canto aobacharelato ou mesmamente na ESO non adquirimos osmesmos sistemas que o resto de Europa. O sistema espa-ñol é claramente cuestionable. Un sistema no que osalumnos fan continuas folgas e protestas, é a causa evi-dente de que hai un claro desacordo por parte da socie-dade con mesmo.

Realmente, paises como Inglaterra (no que o bachare-lato conta con 3 materias) ou Portugal (o cal conta con 5materias a elixir) teñen uns procedementos moito máisasequibles dende o meu punto de vista, xa que seríamoito máis fácil para nós sacar mellores notas con 3materias que co triple.

Outra das cousas que me gustaría salientar é a formana que se fan esa especie de “packs” de 4 asignaturas quese supón que son da especialidade que collerás pero real-mente: un farmacéutico necesita as integrais para calcu-lar canto lle debe devolver ao consumidor? Deberiamoscuestionarnos tamén a existencia dun sistema no que nonpodes escoller totalmente as materias que precisas para acarreira que che gustaría facer. Así, dende o meu punto devista, todas as materias das especialidades deberian seropcionais.

Con relación ás materias opcionais, tamén teño apoderosa necesidade de mencionar qué lles pasou polacabeza ás persoas que decidiron pór 5 materias de letras,no bacharelato de Ciencias. É algo francamente incom-prensible segundo a meu humilde parecer. As persoas que

cursan un bacharelato de Humanidades é comprensibleque teñan estas materias,pero xa que eles non teñenmatemáticas, física ou bioloxía, por que “os de Ciencias”si que debemos ter estas materias?...

Eu atreveriame a dar unha medida de cara a satisfaceras nosas necesidades educativas:unha especializacióndende antes, é dicir, decidir nós mesmos dende un cur-sos anterior, como cuarto, podendo así estar más alivia-dos en canto ao volume de materia se refiere nos vindei-ros cursos.

A todas estas preguntas non lle encontro respota. Nóssomos os vestixios dun sistema educativo anticuado eesquecido á cola de Europa no informe Pisa. Se tanta rele-vancia ten este documento e nós estamos nos limites infe-riores, algo quere dicir...

Estefanía Pereira Pinto 2º Bach. B.

T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

Esta nosa educación . . .

Page 17: Trégola 2012

Cerca dun centenar de pais, nais, persoal e alum-nos do CEIP Altamar formaron unha cadenahumana en torno ao edificio do Museo Liste para

exixir ao Concello a súa reapertura. A institución cerrouas súas portas o 1º de febreiro ante a imposibilidade,

segundo os seus responsables, de “seguir acumulandodébedas” e os problemas co Concello para cerrar a súafinanciación. O Anpa do Altamar destacaba a importan-cia do Liste a nivel educativo e denunciaba que o seupeche supón a perda dunha ferramente didáctica para asescolas. A falta de fondo impídelles seguir traballando e,pese a que o goberno local se comprometeu a entregar-lles uns 40.000 euros dos presupuestos do pasado ano eincluír no documento do 2012 unha partida de 147.000euros, de momento non hai fondos para continuar.

O Alcalde di:“O patronato non recibiu os 6.000 euros estipulados

nin tampouco os 40.000 prometidos, xa que os proxectosdo convenio de ambos aínda non foron aprobados polaxunta do goberno local, o pasado 30 de decembro, forada orde do día”.

Rocío Castillo 3º ESO C

15T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

Peche do L iste

O Anpa do Altamar destacaba

a importancia do Liste a nivel educativo

e denunciaban que o seu peche

supón a perda dunha ferramente didáctica

para as escolas

Page 18: Trégola 2012

16

Todo empezou hai un ano, cando dende un des-contento social que necesitaba ser expresadodunha vez por todas naceu un novo movemento.

Ata o 15 de maio do 2011 existía un pensamento xeralde que a xuventude estaba calada, durmida, de que nonse interesaba polo seu futuro, pero quedou demostradoque non era así, fíxose ver que, por primeira vez dendefacía varios anos, había ganas de loitar, e xente de todasas idades, ideoloxías, crenzas e razas uniuse á causa cre-ando unha protesta global.

O 15M suscitou un debate político que lles custou aosmanifestantes moitas críticas, insultos e faltas de respecto,pero unha vez máis viuse que a unión fai a forza e a pesardas adversidades conseguiron estender os seus ideais aBerlín, Bélxica, Reino Unido, Francia, Islandia, Portugal,Xapón, México, USA, Argentina, Perú, Colombia... etc.

Quizais o 15M non cambiou o sistema, pero si querecolleu ideas para intentar melloralo, para ser máis espe-cíficos unhas 14.700, que se escribiron de forma anóni-

ma e voluntaria polos cidadáns, e que logo se clasificaronen cinco bloques. A día de hoxe esas propostas estánexpostas na páxina web "http://madrid.tomalaplaza.net/2012/04/24/compilacion-final-de-propuestas/" paraque todo o mundo poida consultalas libremente.

Pasado un ano escolleuse o día 12 de Maio para cele-brar o aniversario desta revolución e para protestar polosrecentes recortes levados a cabo polo novo goberno nasmaterias, sobretodo, de sanidade e educación.

O 12M obtivo unha participación multitudinaria anivel nacional e unha certa recollida internacional, porexemplo: reuniu a 11.000 persoas en Vigo, é fálase decifras entre 90.000 e 120.000 para referírmonos só á con-centración de Madrid.

A xente volveu saír as rúas de forma pacífica, e aíndaque a hora legal para rematar a manisfestación madrileñaera as 22:00, algúns indignados puxeron en entredito quefose ético pór horarios a unha revolución e decidiron que-darse alí como símbolo de protesta, ata que ás cinco damadrugada do día seguinte a policía decidiu tomar repre-salias contra as 200 persoas que aínda estaban alí, levan-do a cabo un desaloxo "pacífico" que rematou con 18detidos; noutros lugares como en Barcelona os indigna-dos tiñan permiso incluso para quedar acampados.

Este non é o final do movemento, sen dúbida o 15Msegue vivo, e non se rendirá ante as inxustizas do sistema,continuará a loitar contra os abusos e reivindicará as dig-nidades sociais.

Ángela Romero 1º Bach. E

Iago Albés 1º Bach. C

T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

1 2M

Unha vez máis

viuse que a unión fai a forza

Page 19: Trégola 2012

Seguro que oístes falar do famoso mito maia sobrea fin do mundo en decembro de 2012, unha cren-za que case ninguén traga, pero úsase para facer

bromas como: "Se o mundo vai acabar en decembro, enabril pódese deixar de usar condón?" ou "Se o mundo vaiacabar este ano, para que estudei toda a miña vida?"

Pero que todo o mundo non se alarme xa que este ésó un mito absurdo.

Algunha xente afirma que é verdade polo feito de quea cultura maia fora a máis avanzada en canto a astrono-mía e cando Europa aínda utilizaba eses incómodosnúmeros romanos os maias xa eran capaces de utilizar osnúmeros que hoxe en día se utilizan incluíndo o 0.

A base do mito no é nada máis nin nada menos que ofeito de que o calendario maia acabe no ano 2012. Atafixeron unha produción estadounidense valéndose desemito, "2012", que trata sobre o tema, de ficción claro,pero baseada no mito ou tal vez valéndose del.

Unha das causas máis probables sobre a fin domundo sería a fin da vida do Sol: o sol. Como calquera

estrela ten unha vida útil e limitada e a súa enerxía vaiacabar algún día.

Víctor Fernández2º ESO C

17T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

O m i t o d o 2 0 1 2

No pasado 2011, máis de cincuenta cans morre-ron por envelenamento e case cen foron ingre-sados de urxencia nas clínicas veterinarias de

Vigo.

Este súbito aumento de envelenamento nos cansdomésticos sorprendeu ós veterinarios de zona. Algúnscomezaron a investigar o porqué do acontecido e descu-briron que os cans compartían unha característicacomún: comeran alimentos envelenados con matarratosno chan na avenida de Castelao e arredores.

Os cans, seguindo o seu instinto, coméno e, por con-seguinte envelenánse. Isto provócalles unha grande dorno estómago, pulmóns e no sistema nervioso.

O caso xa está en mans da policía, pero aínda non seencontrou a ningún sospeitoso. Mentres máis cans conti-núan sendo envelenados neste momento, na tranquilacidade de Vigo.

Antía González3º ESO A

E n v e l e n amen to d e c a n sna a v e n i d a d e C a s t e l a o

Page 20: Trégola 2012

18

Outro ano máis chega o díadas Letras Galegas, esteano dedicadas a Valentín

Paz Andrade, escritor pontevedrés doque falaremos a continuación.

Este ano non é un ano calquera,pois hai 50 anos que se instaurou estedía, concretamente en 1963, parahomenaxear os cen anos que pasarandende a publicación da CantaresGallegos de Rosalía de Castro.

Valentín Paz-Andrade naceu o 23de abril de 1898 na parroquia deLérez (Pontevedra) nunha familia bencoñecida da cidade. Iniciouse noxornalismo grazas ao seu tío JuanBautista Andrade, comezou a intere-sarse pola literatura e coñeceu aCastelao, sen embargo, el sempre sedefiniu coma “Un mero xornalista”.

Na súa vida exerceu moitos ofi-cios: xornalista, avogado, economis-ta, empresario, intelectual, político einvestigador histórico.

A partir do 1917 estuda leis enSantiago, e participa activamente nomovemento galeguista. En 1921 des-pois de rematar a carreira marcha águerra de África, unha experienciaque deixou moita pegada na súa

novela. A partir do 1922 dirixiu oxornal Galicia, cun cáracter liberal,indipendente e galeguista. En 1924pasou preso dous meses en Vigo, porenviar e publicar varios artigos criti-cando as industrias pesqueiras. En1926 empeza a exercer como avoga-

do, e dous anos máis tarde publícaseo seu primeiro libro Los puertosnacionales de pesca. Aportación deVigo al estudio del problema.

Nos anos trinta toma parte na ela-boración do anteproxecto do Esta tu tode Galicia e é candidato a deputado.

En 1936 Valentín Paz-Andrade, foidesterrado a Verín e no ano se guinte

T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

V A L E N T Í N P A Z - A N D R A D E D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S - 2 0 1 2

Adquiriu coñecementos

do sector pesqueiro

que deron como resultado

a creación de

Pescanova S.A.

50 An i versar io das l etras ga l egas

Page 21: Trégola 2012

destérrano de novo a Re qui xo da Queixa, logo a CastroCaldelas e A Pobra de Trives, aí coñeceu a Pilar Ro dríguezPrada, coa que casou en 1939.

Durante a década dos corenta de dícase á súa activida-de profesional, pero non abandona o xornalismo.

Nos cincuenta, na súa xira americana, adquirirá coñe-cementos do sector pesqueiro que resultarían transcenden-tais para a nosa terra, como a creación de Pescanova S.A.

No ano 1963 traballou no proxecto de creación doBanco In dus trial de Galicia, un banco netamente galegoorientado ao aforro e ao desenvolvemento do país, perodenegáronlle a autorización.

Todas estas actividades non lle impiden seguir escribin-do en diferentes medios, investigando e interesándosepolos diversos eidos da cultura.

En 1968 sae o seu segundo poemario Sementeira dovento” e no ano 1970 “La marginación en Ga licia. Seis anosdespois participa ac tivamente na renacenza da democraciaen España.

Foi elixido membro da Real Academia da Lingua e dasCiencias, outorgáronlle o Pedrón de Ouro, e a Medalla doMérito Social Marítimo e a Medalla de Castelao, entreoutros moitos recoñecementos.

Despois de loitar varios meses contra unha doenzacardiovascular, finou unha madrugada do 19 de maio de1987. Foi enterrado no panteón familiar do cemiterio deLérez, na súa Pontevedra natal, envolto na bandeira gale-ga, segundo expreso desexo seu.

Anxela Romero1º Bach. E

Guillermo David1º Bach. C

19T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

V A L E N T Í N P A Z - A N D R A D E D Í A D A S L E T R A S G A L E G A S - 2 0 1 2Na matrícula Galiza, sempre túa

que dende a Torre de Hércules ao Miño

un facho acenderá por cada illa,

cando ti volvas polo mare;

de toxo unha fogueira en cada monte;

cando ti volvas polo mare;

dos castros na coroa unha cachela,

cando ti volvas polo mare;

unha loura candea en cada pino,

cando ti volvas polo mare;

o seu cirio de frouma os alciprestes,

cando ti volvas polo mare;

luces de ardora branca en cada mastro,

cando ti volvas polo mare;

un farol mariñeiro en cada dorna,

cando ti volvas polo mare;

veliñas á xanela en cada casa,

cando ti volvas polo mare;

e as pérolas das bágoas derramadas,

cando ti chegues polo mare;

cando ti chegues polo mare

Otorgáronlle o Pedrón de Ouro,

e a Medalla do Mérito Social Marítimo

e a Medalla de Castelao

Iago Albés1º Bach. C

María Olivares1º Bach. C

Page 22: Trégola 2012

20T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

Mirade ben estes rapaces, poden ser as caras de calquera mozo

ou moza de calquera instituto, pero estas son especiais. Son os vosos compañeiros, que se marchan dun instituto que

practicamente fixo deles o que son agora, e aínda que nos marchemos

2º Bacharelato -A

2º Bacharelato -B

2º Bacharelato -C

D e s p e d i d a d a P r om o c i ó n 2 0 0 6 - 2 0 1 22 0 0 6 - 2 0 1 2

Page 23: Trégola 2012

21T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

2º Bacharelato -E

2º Bacharelato -D

2º Bacharelato Adultos

D e s p e d i d a d a P r om o c i ó n 2 0 0 6 - 2 0 1 22 0 0 6 - 2 0 1 2cunha gran mágoa esta pérdese ao pensar todo o que nos agarda, nese valor absurdo que caracteriza ás xeracións ben preparadas. Grazas a todos os profesores por axudarnos a ser quen somos, e unha gran aperta para todos os nosos compañeiros..

Page 24: Trégola 2012

22T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

"SON UN DRAMÁTICO, PERO É QUE A VIDA

NON É MÁIS QUE PURO TEATRO"

Os recordos afloraban sen cesar a medida que me íaacercando ao camposanto. Cantos de nós estariamos alí?Esta vez decateime da morte dun dos meus camaradas depura casualidade, nunha esquela no periódico (chegara aunha etapa da miña vida na que tiña que revisalas todasas semanas para actualizar a axenda de teléfono), peroque sería dos outros? Dende aquela noite, o grupo disol-vérase. Sei que Pardiñas emigrara a México e Verdíamorrera non hai moito dun mal. Pero do resto, nada. Podeser que Manuel se convertese no periodista que sempresoñara ser, que Armando conseguise vivir da súa músicaou que Afonso volvese dos Estados Unidos. Mais eu nontiña noticias deles dende hai alomenos trinta anos. De sero mundo un lugar no que vivir, xamais nos teriamos sepa-rado. Pero non o é. Iso descrubino cedo e dunha formacrúa.

Estabamos nolos doce sentados arredor da enormemesa de carballo no salón da casa dos pais de Verdía.Catro mulleres e oito homes. Eramos ben novos (apenassuperabamos a vintena) e, polo tanto, megalómanos: cria-mos ter o mundo aos nosos pés. Falabamos de literatura,filosofía e música nunha animosa competición parademostrar quen sabía máis (e, nun esperpento, os quemenos sabían eran os que máis falaban). Calmabamos anosa sede con oporto, que nos ofrecía a sensación eféme-ra dun futuro idílico. Para que non se escapase esta esfu-megante euforia, bebiamos máis.

A única que desentoaba no grupo era Amelia, miñaAmelia (canto te quixen secretamente), cunha face pesa-rosa. Cando rematamos outra das botellas, ofreceuse elair buscar un par máis á cociña e acompañeina. Xa lonxe

do barullo que se estaba a formar no piso de arriba, pre-gunteille que Ile pasaba. Reticente ao principio, acaboucontándome que recibira á mañá unha carta dos EstadosUnidos na que Ile notificaban, dende o hospital no queestaba internado seu irmán Afonso, que este tivera unharecidiva da súa enfermidade. Aconsellábanlle viaxar ataalí para poder estar con el; o seu estado non era prome-tedor. Mais non podía permitirse os custos e, nun intentopor reconfortala, díxenlle que a axudaría cos cartos(aínda que a verdade é que non sabía de onde os poderíasacar). Fitoume directamente aos ollos durante uns lon-guísimos e doces segundos, en silencio, e logo ocultou ossabucos que comezaban a brotar cunha aperta que meextasiou. "Será mellor que levemos isto arriba axiña, pare-ce que a xoldra está a amainar e iso non pode ser", dixoela, e saímos da cociña. Chegamos á sala e non se mira-ba moito máis que o fulgor das cabichas fumegantes(vagalumes nefandos). Descorchamos unha das botellasque trouxemos e seguimos a falar. Maruxa e Toño descul-páronsee retiráronse a unha habitación alegando que xaestaban cansos. Despois de que marcharan, e cun irracio-nal medo ao silencio que comezaba a abrirse camiño,puxemos un vinilo de Víctor Jara (non moi alto; aquilonon deixaba de ser mil novecentos setenta e dous) e anoite seguiu para nós.

De súpeto, berros. A voz de napalm de Toño alzousecun "puta" xurafaz, seguido do son dunha labazada e doun corpo caendo ao chan. Levantámonos todos e corre-mos cara aao dormitorio. Toño, co mirar anubrado, feitounha furia, saíu ao mesmo tempo do cuarto buscando aGonzalo. As mulleres foron xunto a Maruxa, cuxa fazulaesquerda semellaba estar en carne viva, e choraba descul-pas. Entón entendín o que pasara. Maruxa confesáralle oseu namorisco con Gonzalo. Eu descubrira a súa relación

S e i s d e d o c e , o u r e c o r d o s s o t e r r a d o s

Primeiro premio de narrativa categoría B (4º ESO e Bacharelato) do certame literario

Letras Galegas 2012 - Santa I rene

Page 25: Trégola 2012

23T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

había case seis meses e, teimoso, intentei convencelos deque aquilo acabaría tendo un final funesto. Que máispodería ter feito? Tamén é certo que había tempo que nonse miraba á doce Maruxa tan leda e que o ollar deGonzalo brillaba con faíscas de xúbilo. Supoño que xanon aguantarían máis o segredo, que os estaría a comerpor dentro, que o alcohol lles fixera pensar que ese era omellor momento para confesar. Toño precipitárase nabusca do amante da súa moza e amigo dende a infancia,que estaba no baño do piso de abaixo. Intentei frealo peroel xa se abalanzara sobre Gonzalo, que porfiou un grito edespois, silencio. Un silencio terrible, intolerable, senlímites. Chegamos abaixo e vimos o corpo de Gonzalo nochan. Tumbado, boca arriba. Dunha brecha sobre a celladereita brotaba sangue bordó.

Estaba no coche, no aparcamento do cemiterio, inten-tando recompoñerme da vertixe dos recordos, cando un

home petou na ventá. Despois dun breve instante, reco-ñecín detrás de todos os anos o sorriso amable deManuel. Saín e deille unha aperta. Quedamos calados,había demasiado por contar e á vez estaba todo dito.

—Imos; creo que tamén viñeron Rosalía, Dolores eLourenzo. Do resto non sei nada.

Chegamos xusto cando estaban metendo o cadaleitono nicho. A miña alma encheuse de baleiro, dunhanegrura existencial que me afogaba ata o tortuoso.Presenciamos os cinco todo o momento en silencio men-tres marmañaba. Reencontro e último adeus de Amelia,miña Amelia, a quen tan covardemente amei.

XurElOS, XOuBAS...

Aldara Cidrás Fuentes

2º Bach E

Page 26: Trégola 2012

24T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

Aquela noite, Valentín, escoitou unha vez máis a dis-cusión dos seus pais, MALDITA CRISE!, maldito goberno!A súa nai comentaba que maná tiña que pagar o reciboda comunidade, e preguntáballe ao seu home de onde íasacar os cartos, –No banco non temos diñeiro, Temos quefacer algo! O seu home facía uns silencios terroríficos,Valentín escoitaba e esperaba unha resposta do seu pai,pero o pai soamente comentou que había que alargar o

pago, non quedaba outra, contestou: –María, temos piso,temos coche, ben, todo a medias co banco, temos dousfilos, pero non temos cartos, somos pobres, agora ímonosdeitar e mañá xa veremos o que facemos.

Valentín, achantado e preocupado pala conversa dosseus pais, pensou que algo había que facer e foi para acama e empezou a maquinar, - mañá levantareime cedo,é sábado, non teño clase, e podo ir pescar.

¡ M a l d i t a c r i s e !

Primeiro premio de narrativa categoría A (1º, 2º 3º ESO ) do certame literario

Page 27: Trégola 2012

25T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

Ao día seguinte Valentín colleu todos os bártulos. Asúa irmá, Castora, despertou, e el díxolle que volvese dur-mir que era moi cedo, e que lle dixese a súa nai que sobreas dúas estaría na casa que non se preocupase.

Valentín foi camiñando ata o peirao, puso dúas canasentre as pedras, unha era para pescar luras, e outra conta-ba con que algunha faneca famenta mordera o anzol.

As horas foron pasando, e algúns homes puxéronse ásúa beira pescando, estaban en silencio, porque aos peixesnon lles podes dar pistas de que os queres pescar, sonchemoi listos! Valentín deuse conta que Femando, o homeque pescaba a súa dereita, era o fontaneiro que un díaviñera á casa a amañarlle a súa nai a lavadora, sabía queestaba no paro, escoitárallo dicir ao seu pai. Reco ñe ceutamén a Xurxo, un rapaz duns vinte anos, que é adestradorde balonmán, que sabía que tampouco traballaba.

Había tamén tres mulleres que coñecia do barrio, vivíannas "casas baratas" e todas elas tiñan fillos, tamén estabanoutros homes que el non coñecía, pero que estaban desali-ñados e con barba de días, era fácil pensar que todos nece-sitaban a pesca para comer ou para sacar uns cartos, pensou-¿Será isto o que Rajoy chama "economía sumergida"?

Entre estes pensamentos deuse conta que era a unha emedia pasada, fixo balance do que pescara, calculou unquilo de luras, seis fanecas e oito piardas; tiña que marchar.

Primeiro pasou polo bar, onde nalgunha ocasión a súanai lles axudaba na cociña. Ali atopou o señor Pepe, e trassaudarse amistosamente, comentoulle moi serio que viñafacer negocios, e ofreceulle a súa pesca, pero antes deaceptar a compra, o señor Pepe preguntoulle se os seuspais seguían no paro, Valentín respostoulle que si, peroque o seu pai facía cholladas.

O bo home mirou a bolsa, sacou as fanecas e as piardaspara unha fonte de aluminio e colleu do bolsillo un billetede 50 euros, (logo entereime que fora moi ben pagado opeixe) e deixou as luras dicindo que mellor as levara paracociñar na casa porque enceboladas estaban moi boas, atúa nai é boa cociñeira, dille que volas prepare, (dicía unhagran verdade, a miña nai é moi boa cociñeira).

Valentín, correu, (xa pasaban das dúas), chegou suan-do, o seu pai aínda non chegara, estaba na casa do seu tíopintándolle o garaxe, a súa nai estaba moi enfadada,empezou a berrarlle, faltaches ao teu partido de balonces-to!, sabes que iso non se fai, que che pasa Valentín? O teuadestrador e compañeiros contaban contigo. Valentínensinoulle a bolsa coas luras e o diñeiro, explicoulle todo,e tamén lle pasou o recado da muller do señor Pepe, que

lle encargara a súa nai unha ducia de madalenas e unhatorta de castañas para celebrar o día seguinte o aniversa-rio do seu neto.

A nai sonriu, e acariñou aquel billete, aínda que polasúa boca seguíalle berrando por non cumprir coas súasobrigas, Valentín pensou que era moi difícil entender osmaiores, sabía que só tiña doce anos, mais ás veces dicí-anlle que tiña que ter prioridades na vida e metas, xa nonsabía se axudar a pagar débedas formaba parte das súasabrigas, ben... non quixo darlle máis voltas, e comezou aaxudarlle a súa nai coas madalenas, porque a muller doseñor Pepe pagáballes moi ben e a súa nai non paraba derepetir que había que estarlle moi agradecidos.

rECOrtES

lois Pérez Ogando

1º ESO B

Page 28: Trégola 2012

26T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

coa carriza

os piñeiros.

Aínda rabuñado

algún cume

nevado.

Descobre o paporrubio

Nosos tons

de ouro

e trillado,

Docemente

os campos

esmeraldinos,

cos alecríns

cuspidos

no monte.

escuma branca e perlada.

Pingando

as cinzas

de prata,

primavera.

Primeiro premio de poesía categoría Bdo certame literario

Noso Pob

Vestidos

no niño, o ceo cuberto

anúncian unha novaMArMElO

Estefanía Pereiro Pinto2º Bach B

Page 29: Trégola 2012

27T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

Primeiro premio de ilustración categoría B (4º ESO e Bacharelato)

COrY

Irene Meréns Vázquez2º Bach B

Page 30: Trégola 2012

28

(Ábrese o telón. Non hai decorado. Luces tenues.Aparece ELA.)

ELA.- (Sincera). Vertixe. Vertixe é o que sinto ao pensar,agora que xa está a piques de rematar a miña aventura noSanta Irene, que pasan tan rápido catro anos coma ler unguion de teatro.

Éme imposible non facer balance do que foi case uncuarto da miña vida entre estes impertérritos muros depedra. Recordo incriblemente ben o meu primeiro díaaquí e non podo evitar sentir melancolía ao imaxinar oúltimo. Penso en todos os profesores que tiven, en todosos meus amigos e compañeiros, en todas as anécdotas,nas voltas que dá a vida. Mais hai algo que aínda meentristece máis e non se me quita da cabeza: é a idea deter que lle dicir adeus ao paraninfo, que vimos mudar, terque lle dicir adeus aos abrasivos focos da escena, ter quelle dicir adeus aos nervios imposibles dos minutos antesde comezar e ao indescritible poder gratificante dosaplausos. Hai cousas que xamais se esquecen, que per-manecen impasibles ao paso do tempo. E Spasmo seráunha delas. O noso grupo conformouse hai xa cinco anoscunha obra para monicreques de Lorca na que emanába-mos dunha saba xigantesca e parece que remata -ironica-mente- xunto coa Vida de Braian, que cruz

A maioría dos máis fermosos recordos que gardo des-tes últimos anos ocorreron entre bastidores, e alí quedaránpara non aburrirvos. Máis que un monólogo intimista pararecordar -aínda que xamais esquecerei- o vivido sobre astáboas, quero animar a todo aquel que estea a escoitar isto

-por certo, grazas- a que o ano que vén se acerque poloparaninfo e se atreva a subir ao escenario. Porque aíndaque o que representamos alí sexa pura farsa, as amizadesque se traban son auténticas. Tanto o reparto actual comoos compañeiros que deixaron o grupo son a miña familiae Bernardino, Araceli e Sindo unha especie de SantísimaTrinidade que ten que se facer fronte todos os anos a todasás nosas hormonas adolescentes que non dan tregua, poloque son merecedores de toda a miña admiración.

Nós, os veteranos, marchamos. Aproveitamos aomáximo a hora e cuarto que tiñamos todos os anos paraevadirvos do que quixerades. Si, para nós péchase otelón, pero afortunadamente o espectáculo debe conti-nuar, e quero pensar que as xeracións futuras revitalizaráneste grupo que un día foi noso -noso, e doutros tantos-. Ogrupo dos pequenos será o grupo dos maiores, e así suce-sivamente. Ou non? Pode ser que algún día esta crisemanstesoiras faga morrer ao teatro coma pasou este inver-no coa calefacción? Non sexades pasivos espectadoresdesta traxedia -non grega- e non permitades que isto oco-rra. Xa o dixo Arthur Miller: o teatro non pode desapare-cer porque é a única arte onde a humanidade se enfron-ta consigo mesma.

Moita merda.(Fai mutis polo foro).

Aldara Cidrás Fuentes

2º Bach E

T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

Que endexamais remate a farándula

Page 31: Trégola 2012

Meu ben querido e para sempre amado, SantaIrene:

Agora que imos deixar de vernos acotío quero facertepartícipe dos meus sentimentos cara a ti.

Lembras cando nos coñecemos? Coas súas vivenciasao lombo pasaba 1980, era setembro, eu tiña trinta anose un embarazo de oito meses e ti, xa eras vetusto e impor-tante. Desde entón ata hoxe, cantas experiencias compar-timos, cantas confidencias che teño feito e canto acougorecibín dos teus muros e do teu contorno!

Axudáchesme a medrar no persoal, coas achegas dealumnos e compañeiros dos que non teño máis que bosrecordos. Tantos anos, tanta xente...

Por lei de vida deixarei este mundo antes ca ti, e dese -xo que entre o granito da túa fachada, nalgún dos teusmomentos de saudade, sintas: Ela foi unha das moitaspersoas que comigo conviviron, que sempre me levou noseu corazón, e á que eu tamén lle gardo un agarimosorecuncho no meu ser.

Ata sempre, Santa Irene.

29T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

Carta de Catusa ao Santa IreneCo motivo da súa xubilación (abril 2012)

Page 32: Trégola 2012

30

Os de 4º soñabamos coa nosa excursión de fin decurso. Catro foron os anos que compartimos e por

fin chegaba o momento de despedírmonos por todo oalto dun dos máis importantes períodos das nosas vidas,e con el dos amigos cos que tantas experiencias vivimos.

Xa non pediamos que nos levasen a Francia ou Italia,pero cando Vicente nos dixo que iamos visitar Galicia eos seus "interesantes" museos, caéusenos o alma aospés. Deseguida tomamos medidas e, grazas a participa-ción da xente, conseguimos que nos levasen a Valencia.

Saímos o dia 26 ás sete da mañá, a viaxe ía ser longa.Dende as ventás do autobús viamos como pouco a poucoo verdor galego desaparecía deixando lugar á paisaxeseca e árida castelanense. Tras seis horas que deron paradurmir, cantar un aniversario feliz, contar chistes e, comanon, coñecer a Tito, o noso magnífico condutor, paramosa xantar ás aforas de Madrid. Sete horas despois, anoite-cía, e xa cansos, divisamos por fin o mar. Un letreiro namontaña, ao máis puro estilo hollywoodense, dábanos abenvida. Chegáramos a Cullera.

Aloxámonos no Hotel Santa Marta, de catro estrelase con vistas ao mar. Deseguida pasóusenos o cansazo ecomezou un bule-bule entre as habitacións, que noncesaría ata o amencer.

Ao día seguinte, tras un café ben cargado, collemoso autobús en dirección Valencia para visitar a Cidadedas Artes e das Ciencias. Primeiro percorremos o museo,

T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

Excursión a Cu l lera

Esta excursión serviunos

para aprender algo máis de cultura,

degustar nova gastronomía,

gozar de diferentes paisaxes e, como non,

vivir novas experiencias

Page 33: Trégola 2012

con exposicións interactivas sobre o universo, o corpohumano e tamén sobre superheroes. Despois asistimos aunha película en 3D de dinosauros submarinos noHemisfèric, que foi impresionante. Pasamos a tarde noOceanográfico, o maior centro mariño de Europa, ondepuidemos observar todo tipo de especies acuáticas ealgunhas aves. Tamén gozamos dun divertido espectácu-lo de golfiños. Ao redor das seis, decidimos ir ao centroda cidade onde puidemos ir de compras e algúns, reen-contrarnos con vellos amigos de Valencia.

O terceiro día fomos a Sagunto...que lugar! Alíobservamos as fermosas vistas dende o castelo. Tivemostempo libre para comprar recordos e visitar a feira.Xantamos nun acolledor restaurante no centro do pobo,onde degustamos unha deliciosa paella valenciana.Pola tarde fixemos unha interesante visita guiada enbarca polo interior das covas de Sant Josep, en Valld'Uixó.

Tras unha noite un pouco axitada, ao día seguintedecidimos relaxarnos en Cullera, xa que a folga xeral do29 de marzo impediunos realizar a visita ao Biopark.Por sorte o tempo acompañábanos e puidemos gozardun fantástico día de praia, onde xogamos ao volei ebañámonos nas augas mediterráneas, que non están tanquentes como din. Tras a cea, celebramos o aniversario

dunhas compañeiras e aproveitamos ao máximo aderradeira noite da nosa excursión.

Á primeira hora do venres colliamos o autobús caraa Vigo.

Esta excursión serviunos para aprender algo máis decultura, degustar nova gastronomía, gozar de diferentespaisaxes e, como non, vivir novas experiencias. Non po -demos deixar de mencionar a Tito, pois moi pouca xenteé capaz de manternos con vida cantando tan mal.Agradecemos tamén a Vicente a súa implicación na viaxedende o primeiro momento e a confianza que depositouen nós, sabendo o difícil que é aguantar a 21 rapaces e21 rapazas en primavera. Tamén a Ana, por ofrecerse noúltimo momento e facer posible a excursión.

Foron uns 5 días xuntos incríbeis que non serían omesmo, sen as noites na praia, sen esas risas, esas ceas,sen as cancións no autobús, sen o "cuadrado no" ou "tani,toni, tana...", sen as timbas de poker, sen o kemphor con-centrado, sen eses bailes improvisados, pero, sobre todo,sen vós rapaces, porque sempre nos quedará Cullera!

Marta Mendía

Antía Davila

4º ESO B

31T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

Page 34: Trégola 2012

32T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

Chega o entroido, e dende hai uns anos celébraseno Santa Irene o concurso de disfraces anual noque alumnos e profesores se reunen fronte a sala

de profesores do primeiro andar, co motivo de premiar asmellores comparsas pola orixinalidade, coreografía, etc.

Este ano ademais de participar os alumnos tamén par-ticiparon algúns profesores coma Celso ou Bernardinoque, vestidos de señoras da limpeza, fixeron varias roldasde preguntas educativas aos alumnos e, os gañadores decada rolda elixía unha das catro caixas sorpresa que con-tiñan agasallos moi…digamos... útiles, coma unha bolado mundo, papel de burbullas, etc.

Os profesores escolleron as comparsas gañadoras dexeito totalmente obxectivo.

Este ano os gañadores foron:• Ludus Luxuxiussimus(que como o seu nome indica a

súa temática estaba basada nos cómics de Astérix eObélix.)

• Picapedras• Azafatas• Roqueiros

Este ano unha persoa preguntoume se ía marchar aocomezar o concurso, e eu respondinlle que non. Por quenon? Preguntarédesvos, pois por unha simple razón: haicousa de 5 anos esta festa non existía no Santa Irene, nonpodías disfrazarte e había clase con normalidade, pero os

alumnos deste instituto finalmente lograron que se poide-se celebrar o entroido. Por este motivo pídovos que nondeixedes que esta tradición desapareza, non vos vaiades,gozade do desfile, e o máis importante, animádevos aparticipar.

María Olivares

Iago Albés

1º Bach C

Entroido 2012

Page 35: Trégola 2012

33T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

Este ano estreouse unha película galega do direc-tor Ignacio Vilar, nado en Petín, Ourense (1951).Este director traballa en cinema é anteriormente

fixo películas tales como Padrolongo (2008) ou Un bos-que de música (2003).

Vilamor é unha película que foi estreada no 2012cuxo rodaxe se fixo en Negueira de Muñiz, nos Ancarese na Fonsagrada.

Antes da estrea da película en Vigo o director e maisos tres protagonistas presentaron o trailer no noso cen-tro,onde nos explicaron as anecdotas, os custes, os pro-cesos de realización , os lugares onde se rodaron, etc.

ARGUMENTO: Está ambientada no ano 1976, despoisdo franquismo, e conta como Breixo,que é un rapazque se prepara para converterse no cura da vila deSeoane, un día atópase cos membros dunha comunahippie que se asentaron nos arredores da aldea.Seducido e embriagado do estilo de vida na comuna,decide colaborar con eles para recuperar as casasabandonadas de Vilamor e así crear un novo estilo devida baseado no traballo da terra e o profundo contac-to coa natureza, pero para Breixo sucedeu algo co queno contaba, namórase de Sonia, unha rapaza da comu-na. El ao non aceptar nin as drogas, nin ser ateo nin oamor libre decide marchar.

Xa convertido nun escritor recoñecido, Breixo re -gresa ao lugar onde viviu os mellores anos da súa vidapara enterrar a un dos seus compañeiros da comuna eatópase de novo con Sonia, coa que volve recordarmomentos pasados.

María Olivares Lemos

1º Bach C

Vi lamor

Webs prefer idas–Rocío Castillo opina que é TuenTi, razón: “O tuen-

ti permítenos aos usurios subir fotos das cousas que fano día día, fotos deles, ata incluso permítenos subir víde-os e que os nosos amigos nos vexan, é chachi!

–Isidro Álvarez opina que é TuMblr, razón: “Por queé un tipo de rede social, que nos permite maioritaria-mente subir fotos, música que nós mesmo fagamos,música dos nosos artistas/cantantes/autores preferidos,en resumo, Tumblr é unha mestura de todo o mellordunha rede social xunta!..”

–Antía González opina que é CuanTO Cabrón,razón: “É unha web que se fixo moi famosa desde que

saíu. Hai moitas viñetas graciosas, o máis coñecidodela son os chamados “Memes” pequenos bonecos,que identifican rostros ou situacións da vida diaria.”

Isidro Álvarez

3º ESO C

Antía González

3º ESO A

Rocío Castillo

3º ESO C

Page 36: Trégola 2012

34T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

badMinTón

alejandro rivadulla 3º ESO

PALMARÉS:– Campión galego de dobres mixtos sub-15– 3º galego en individual sub-15– 3º galego de dobres masculinos sub-17– 3º galego de dobres mixtos sub-15– 3º clasificado en individual e dobres mixtos no nacio-

nal de As Neves– 8º clasificado en individual no nacional de Tordesillas– 5º clasificado en dobres mixtos no nacional de Medina

del CampoActualmente 12º no ranking de individual de España e 6º

no ranking de dobres mixtos

lucía Coello 3º ESOdo CB Rachaplumas

O CB Rachaplumas participaba con tres xogadoresna13ª proba do Circuíto Nacional Sub-15 que se ce -

lebraba na localidade vallisoletana de Tordesillas no queLucía Coello acada o terceiro posto individual.PALMARÉS:No ano 2011 – Subcampioa de dobres mixtos no Circuíto Nacional

sub-15 (A Estrada)– 3º posto en dobres mixtos no Circuíto Nacional GP sub-

15 en Tordesillas– Campioa galega en dobres feminino sub-19 (Club do

Mar, A Coruña)– Ranking 21º de España

PaTinaxe

noelia Moguer arenosa 4º ESO

PALMARÉS: – ANO 2006 (alevín)

Provincial: 3ª clasificadaAutonómico: 3ª clasificadaNacional: 11ª clasificada

– ANO 2008 (infantil)Provincial: 2º clasificadaAutonómico: 1º clasificadaNacional: 5ª clasificada

– ANO 2009(cadete)Provincial: 4ª clasificadaAutonómico: 3ª clasificadaNacional: 12ª clasificada

– ANO 2010(cadete)Provincial: 2ª clasificadaAutonómico: 3ª clasificada

Deportistas de E l i te doSanta Irene

Page 37: Trégola 2012

35T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

Nacional: 16ª clasificadaCopa de Europa: 3ª clasificadaGrupos show galego: 1ª clasificadaGrupos show nac.: 6ª clasificada

– ANO 2011(cadete)Provincial: 3ª clasificadaAutonómico: 1ª clasificadaNacional: 11ª clasificadaGrupos show galego: 2ª clasificadaGrupos show nac.: 6ª clasificadaTrofeo internacional grupos show: 1ª clasificada

– Ano 2012(xuvenil)Provincial: 2ª clasificadaGrupos show galego: 2ª clasificadaGrupos show nacional: 8ª clasificada

laura domínguez Más 1º Bach

Levo indo a campionatos de Es paña desde os 12 anos.No ano (2007) quedei campioa de España. Nas competi-cións internacionais quedei terceira en 3 delas, unha oano pasado en Burdeos (2011). Campioa galega no ano2011.

FúTbOl

Clo garcía 2º Bach

Xogadora da F.P.R. El Olivo da 1ª División de FútbolFeminina desde a temporada (2009-2010) xogando naposición de extremo esquerdo. PALMARÉS:– Xogadora da selección galega sub 18– Ascenso á Primeira División Femi nina na temporada

(2010-2011)– 4 veces convocada coa selección Española sub. 17– Campioa de España na tempada (2007-2008)– Subcampioa de España (2006-2007)– Nomeada para mellor deportista da cidade de Vigo na

sección de fútbol no ano 2008.

lucía Camisón Fuentes 4º ESO

Xogadora del FPR El Olivo (Pri meira DivisiónFeminina)– Selección Galega (fútbol sala) temporada 2009-2010– Selección de Vigo (fútol sala) temporada 2010-2011– Selección Galega fútbol temporadas: 2009-2010, 2010-

2011 e 2011-2012– Selección Española (participando en varios entrena-

mentos) temporadas: 2010-201 e 12011-2012

Trial

Jorge Casales Carrasco 4º ESO

Deport istas de E l i te do Santa Irene

Page 38: Trégola 2012

36T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

Web: www.jorgecasales.com Debutou na competición en abril de 2005 no Cam -

pionato de Asturias Xuvenil.– 2007: Campión Galego de Trial en categoría Cadete– 2008: Campión Copa de España Xuvenil 125 cc– 2009: Campión Galego de Trial en categoría junior e

Campión Copa de España Cadetes 125 cc– 2010: Campión Galego Junior e Campión de Europa

Youth 125cc– 2011: Campión de España Junior e campión de España TR2

xiMnasia

silvia Fernández Merchán 4º ESO

Ximnasia rítmica e ximnasia estéticaPALMARÉS:– 2007: 2ª Clasificada no campionato galego de conxun-

tos ximnasia rítmica categoría alevín.Representación galega no campionato de España deconxuntos x. rítmica en Granada categoría alevín.

– 2008: 2ª Clasificada no campionato galego de conxun-tos x.rítmica categoría infantil.Representación galega no campionato de España deconxuntos x. rítmica en Zaragoza categoría infantil.

– 2009: 2ª Clasificada no campionato de España de xim-nasia estética en Gijón categoría infantil.3ª Clasificada torneo internacional primavera de x.estética en Gijón categoría infantil.

– 2010: 2ª Clasificada no campionato galego de conxun-tos x. rítmica categoría junior.Representación galega no campionato de España deconxuntos x. rítmica en Logroño categoría junior.

– 2011: 3ª Clasificada campionato de España de x. estéti-ca en Sa gun to categoría junior.Representación española no mundial de x. estética enVigo categoría junior.

Marta garcía Martínez 2º Bach

2004-2009 competicións en ximnasia rítmica2009-2012 competicións en ximnasia estéticaDesde 2006 competición a nivel nacionalDesde 2009 competición a nivel mundial

PALMARÉS:– Clasificacións campionatos de España:no 2009 2ª, no

2010 2ª e no 2011 3ª. En 2012 primeia fase 5ª, segun-da fase 2ª

– Copas de España: 3ª nos tres últimos anos– Internacional de primavera 2009, 3ª– Campoinato mundial:

2010 clasificación por países 4ª2011 clasificación por equipos 15ª

HiP HOP

Marcia Vázquez ramírez 2º Bach

ESTUDOS

– 3 anos na AA.VV. Val do Fragoso (baile moderno)3anos.(hip hop )

– 1 ano na Escola de Danza Bruno Moro (hip hop)– 1 verán na escola “Media Punta” (hip hop, contempo-

ráneo, clásico e moderno)–.Masterclass de Jandro (hip hop)– Masterclass de Víctor Ares (Sexy Style & Waaking)

Deport istas de E l ite do Santa Irene

Page 39: Trégola 2012

37T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

– Masterclass de Kanga Valls (Fusión danza urbana emimo) do grupo Kulbik

– Masterclass de Isaac Suárez (Hip hop) do grupo Kulbik– Masterclass de Bly Richards (Hip hop & House) cam -

peón internacional 2011EXPERIENCIA E ACTUACIóNS:– Membro do grupo "Independent Women"e actualmen-

te profesora de Hip hop .– Actuacións nas discotecas Rass (Churruca) e Super

Priveé (Bouzas).– Actuacións fóra de Vigo: Dancerveira e Ponte de Lima.– Competición Funk Lag 2012 León (5º posto)– Competición Promo Fitness Matosinhos 2012 (6º posto)

TaekwOndO

Paula Chinchilla argibay 2º Bach

PALMARÉS:PRATA: Campionato de España, Exhibición Infantil 2009PRATA: Campionato Galego, Técnica Senior 1 2012BRONCE: Campionato Provincial Técnica 2009Ouro: Campionato Provincial Exhibición 2009BRONCE: Campionato Galego Técnica 2009PRATA: Copa Pescanova Técnica 2011Ouro: Campionato Galego Técnica Junior 2011BRONCE: Campionato Europeo Exhibición 2009PRATA: Campionato Internacional de PontevedraBRONCE: Campionato España Exhibición Infantil 2010PRATA: Campionato Galego Exhibición Infantil 2007Ouro: Campionato Cidade de Ourense Técnica 2011BRONCE: Copa Pescanova 2010Ouro: Campionato Provincial Exhibición 2009PRATA: Campionato Galego 2008BRONCE: Campionato Provincial 2008Ouro: Campionato Galego Exhibición Adulto 2011PRATA: Campionato Galego Parellas 1 2012BRONCE: Open Internacional Murcia 2012Ouro: Campionato Internac. de Pontevedra Trio 1 Fem

2010Ouro: Campionato Interna. de Pontevedra Técnica 2010TAEKWONDO: Cinturrón negro 2º DAN

VOleibOlPablo Penedo sienes 4º ESO

PALMARÉS:Empeza a xogar con 7 anos nas filas do Club Vigo Vo lei -

bol. Con 12 anos sendo infantil foi convocado coa seleccióngalega. Con 13 anos proclamouse xunto co seu equipo doque tamén é capitán campión galego por primeira vez, ondefoi nomeado mellor xogador galego, estes dous títulos volveu-nos conseguir un ano máis tarde pero en categoría cadete. Nasúa traxectoria disputou 9 campionatos de España conseguin-do o mellor posto (quinto) da selección galega cadete mascu-lina na súa historia sendo capitán. Tamén participou nunhaconvocatoria coa selección española. En canto ao volei praiaconseguiu un campionato galego sub 15 e dous sub 17 sendotamén campión en ca tegoría sub 19 aos 15 anos. Taméndebutou na superliga con tan só 15 anos.

naTaCión sinCrOnizadasilvia alonso Costas 4º ESO

PALMARÉS:– Practico a natación sincronizada hai 4 anos, os dous últi-

mos anos empecei no Real Club Náutico de Vigo. Entre notodos os días menos venres e domigos,dúas horas ao día.

– O ano pasado( 2011 )competín en base 2 no campio-nato galego de natación sincronizada que foi en Lugo,na competicón de figuras, que é individual, quedei pri-meira de 90 partipantes, o que me combertiu en cam-piona galega de figuras de base 2.

E logo na competición de rutinas é dicir dos bailes, o meuequipo no que participabamos 8 titulares quedamostamén de primeiras

Deport istas de E l ite do Santa Irene

Page 40: Trégola 2012

38T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

Temos preguntado a moitas persoas do centro sobreque series ven habitualmente, algúns decídense por

comedias e outros por "Ame ri canadas" e algunha serie dedebuxos animados pouco censurada:

NO 4º posto "SOUTH PARK"

Unha serie protagonizada por uns pequenos salvaxesque non teñen medo a dicir o que pensan (sexa o quesexa) esta serie conta con 16 temporadas, a serie normal-mente trata sobre a versión máis graciosa e pouco censu-rada que teñen os personaxes do mundo actual.

NO 3º posto "SHIN- CHAN"

Seguro que ao ler o título algún pensou: "¡Anda, o sen-vergoña este!". Aínda que sexas maior seguro que polamañá velo, lector pillo.

Esta serie de debuxos animados como a anterior vaidun neno de 5 anos sen pelos na lingua, que lle fai a vidaimposible a todo aquel que se acerque a Shin-Chan xasexa na súa casa, no parvulario ou na mesma rúa

NO 2º posto "THE WALKING DEAD

(Ao fin unha que non é de debuxos) O que certo profesor chamou "Americanada" non é

nada máis nin nada menos que a serie gañadora do pre-mio globo de ouro á mellor serie dramática, en fin, tratados danos producidos por unha "apocalipse zombie", esobre os sobreviventes a este fenómeno antinatural queintentan escapar das hordas de zombies.

NO 1º posto nada máis e nada menos que : “LA QUE SE AVECINA”

Pouco lle faltou para perder ante The walking dead,nun vecindario pouco común chamado Mirador deMontepinar encontrase o noso protagonista “¡AntonioRecio, maiorista, no limpio pescado eh!” un divertido pei-xeiro que non dubida en confiscarlle o felpudo aos veci-ños, xunto a súa moi relixiosa muller Berta convive cosseus veciños de mala maneira, que están desesperadospor encontrar parella, decatarse de todos os cotilleos econseguir traballo.

Víctor Fernández2º ESO C

Series populares

Page 41: Trégola 2012

Listado dos nominados aos premios EMA 2011, cele-brado en Belfast.MellOr CanCión

– Lady Gaga “Born this way”MellOr aCTuaCión en direCTO

– Katy PerryMellOr arTisTa POP– Justin BieberarTisTa reVelaCión

– Bruno MarsMellOr arTisTa FeMinina

– Lady GagaMellOr arTisTa MasCulinO

– Justin BieberMellOr arTisTa HiP HOP

– EminemMellOr arTisTa rOCk

– Linkin ParkMellOr VideO

– Lady Gaga “Born this way”MellOr banda alTernaTiVa

– 30 Seconds To MarsbesT PusH

– Lady GagaMellOr wOrldwide aCT

– Gañador (Bingbang, banda surcoreana)

Rocío Castillo3º ESO C

39T r é g o l a

I n s t i t u t o S a n t a I r e n ehttp://centros.edu.xunta.es/iessantairene

SudocosGañadores dos EMA 201 1

Isidro Álvarez

Sinxelo

Complicado

Moi complicado

4 8 9

4 9 8

3 7

5 4

2 7 6 3

4 2 5 6

7 5

3 6

7 3 8

6 3 5

5

7 8 6 9 4

9 6 2 3

2 1 9

8 9 1 7

5 3 2

8 5 3

3 6 2 1

2 5 3

8 9

2 9 7 4 5

5 4 1

5 6 3

2 6 4 5 8

3 7 4 8

4 7 2

7 2 5 3 4

Page 42: Trégola 2012

40T r é g o l a

L e t r as G a le g a s 2 0 1 2

Pasatemposencrucillado

solución

Solución Sinxelo Solución complicado Solución moi complicado

127453869469718253853692147596387412271564398348129576684271935915836724732945681

916432578458679321732158694597861243241397856683245917175983462824516739369724185

481625397635897142297413865853241976749586213126739458372954681514368729968172534

1. Labirinto-. Lugar con moitos camiños que se cruzanno que é moi difícil atopar a saída.

2. Orballo-. Chuvia fina e compacta.3. Panxoliña-. Canción popular de tema relixioso, que

se canta polo Nadal.4. Lóstrego-. Liña de luz moi intensa, sinuosa e instan-

tánea, producida polo raio5. Inxectar-. Introducir (un fluído) a presión mediante

un instrumento apropiado6. Tinguir-. Dar a (algo) unha determinada cor distinta

da que tiña, particularmente mediante tintura7. Carqueixa-. Arbusto silvestre con moito ramallo, ras-

treiro, con flores amarelas que florecen polo verán,ao cal se lle atribúen moitas propiedades medicinais

8. Lucense-. Habitante de Lugo.9. Vagalume-. Insecto da orde dos coleópteros, do que

a femia se asemella a un verme por carecer de ás eélitros e por ter o abdome de forma alongada forma-do por aneis que emiten luz na escuridade.

Ánxela Romero1º Bach E

Iago Albés1º Bach C

Page 43: Trégola 2012
Page 44: Trégola 2012