Traemos a vida á escola
Transcript of Traemos a vida á escola
TRAEMOS A VIDA Á ESCOLA
Despois de visitar o muíño de Calaza, despois de coñecer o “burro” sentimos a necesidade de
buscar nas nosas casas aqueles aparellos, que hoxe en día xa quedaron obsoletos e que moitas veces nos resultan xa descoñecidos, incluso non
sabemos xa o seu nome.
Así os rapaces de quinto e sexto nos fomos de “caza” fotográfica… parte das nosas adquisicións
se atopan nas diapositivas que seguen.
IERGA: Utensilio usado polos zoqueiros para facer o baciado
das zocas.
Primeira radio de Churio, darredor da que se xuntaban todos os veciños para escoitar as noticias e os programas fundamentalmente musicais polas
noitiñas.
Pote con gramalleira.
A GRAMALLEIRA ven sendo a cadea da que pendura o
pote.
Non conseguimos saber o nome deste artiluxio en galego. En castelán sería
aguamanil.
Consta dunha estructura de metal na que descansa unha PUNCHERA na que se verte
a auga procedente dunha XERRA para o aseo de cara e mans polas mañás.
A PUNCHERA ten un
orificio con tapón para desfacerse da auga sucia que cae nun CALDEIRO.
Antiga CALDEIRA
Antiga CALCULADORA
que ningún de nós recoñecimos como tal, salvo a
persoa que aportou a
imaxe.
GALLETOS para uns GUELLOS para outros, esta imaxe dounos moito xogo. A maioría pensábamos que eran usados para meter e remexer a leña no forno, pero estos eran máis pequenos e tiñan un uso moito máis singular. Usábano os mozos cando ían mocear para apoiarse polos camiños ou incluso para defenderse dalgunha alimaña que lles poidera aparecer.
Reflexionamos como dende a antigüidade a hoxe, a vida do ser humano combiou moito,
grazas a aparición progresiva de diferentes ferramentas que pouco a pouco
melloraron a vida das persoas.
Metidos nestas reflexións, surdeu a aparición do mellor “mecanismo” para a protección da vida e como non sabíamos onde encadralo encaixámolo neste pps.
Estamos a falar dun abelleiro que se instalou na casa dun veciño de Churío. Nestas imaxes podemos observar o abelleiro en pleno traballo, os panais
cando un apicultor veu recoller as abellas, e as crías que se vían nos
panais. Tamén aprendimos a importancia das abellas para
supervivencia das especies, tanto vexetais como minerais.
E como na primavera a vida é un contino estalido, un neno de sexto atopou entre unhas táboas da súa
casa un niño abandoado, tivo a delicadeza de traelo á escola e compartimos a experiencia con todos os nenos de infantil e de
primaria.
Como sabemos, «o que non se coñece non se ama», e como nós amamos o noso terruño, e a nosa xente, o mellor que
podemos facer é buscar o coñecemento do que nos pertence. Todos estes vestixios do pasado e tamén os sucesos do día a día,
sonnos revelados polos nosos maiores e nós debemos facer de correa de transmisión e
de gardiáns destes tesouros que nos conforman como sociedade cunhas
características determinadas.