Teatro colon (programa febreiro 2013)
-
Upload
conecta-coruna -
Category
Entertainment & Humor
-
view
213 -
download
0
description
Transcript of Teatro colon (programa febreiro 2013)
(PROGRAMA FEBREIRO 2013)
EL Mago de Oz
Pese ás similitudes coa
historia orixinal, nunca
houbo un Mago de Oz coma
este. Dorothy ten unha voz
doce e melodiosa, pero
gústalle a música moderna.
A bruxa do Oeste, algo
neurótica e frustrada, non
pon ningún pelo de punta; e
o León, vestido á moda dos
sesenta, magnetiza o sorriso
do público coa súa forma de
falar e moverse.
A parte da elaborada
construción dos personaxes,
unha das claves da obra é o
ton do guión. Mentres que a
historia non perde o rumbo
orixinal, permitímonos dar un
paseo polo presente, polos
elementos da nosa vida
cotiá, que o espectador máis adulto nunca deixará de recoñecer, e cos que o
neno se sentirá identificado. Un espectáculo enxeñoso, fresco, divertido e
atrevido.
BABEL
Dúas mulleres enganan aos seus maridos á mesma hora na que eles lle están
enganando. Matrimonios a punto de naufragar nos que todos senten que
precisan algo distingo pero non é doado admitir a derrota, admitir que o amor
rematou.
BABEL é un traballo absorbente sobre a confianza e a traizón, o amor, o
desexo e a culpa.
Unhas vidas que quedarán espidas e uns segredos que se desvelarán cando o
detective Leo Torres trate de pescudar porque unha muller decidiu subir ao
coche dun descoñecido en plena noite e nunha carreteira secundaria.
Nove complexos personaxes para catro grandes actores. Un universo de vidas que se
cruzan. Unha BABEL de historias.
AMIGOS HASTA LA MUERTE
Amigos hasta la Muerte é unha comedia que se ri da amizade e do amor. Dous
ingredientes que todos queremos nas nosas vidas. Pero que, como todo o
mundo sabe, cando se mesturan estoupan.
Nacho (Fele Martínez), Ángel (Javier Veiga) e María (Marta Hazas) son tres
amigos de toda a vida, tres amigos inseparables... ou tal vez non. Unha
comedia na que vemos a tres amigos que o pasan moi mal, e canto peor o
pasan eles máis ri o público.
ORQUESTA GAOS
A Orquesta Gaos nace en abril de 2009 formada por músicos de toda Galicia,
na súa maioría estudantes e profesores dos principais conservatorios galegos.
A súa presentación tivo lugar o 14 de xullo de 2009 no Teatro Colón-Caixa
Galicia da Coruña baixo a dirección de Fernando L. Briones, director titular da
formación.
En apenas tres anos colaboraron coa orquestra máis de 250 músicos galegos
en 25 programas diferentes, a través de 40 concertos nos principais auditorios
e salas de concerto de Galicia. Participaron como solistas 15 músicos galegos
cunha gran traxectoria artística, algúns dos cales xa posúen unha dilatada
carreira.
Na súa cuarta tempada a Orquesta Gaos continuará acompañando a solistas
galegos como o guitarrista Mateo Arnáiz, o trompista David Fernández ou o
contrabaixista Antonio.
A Orquesta Gaos escolleu para este concerto un programa caracterizado polas
diferentes visións que compositores tan diferentes como Bizet (Francia),
Rimsky-Korsakov (Rusia) e Rodrigo (España) tiveron da nosa música.
UNA NOCHE CON GABINO (DIEZ AÑOS DESPUES)
Un actor que quere
montar o seu
espectáculo e non atopa
o fío condutor. Pide
consello e non recibe
respostas que lle quiten
as dúbidas... dúbidas
provocadas non só pola
busca dese bendito fío
condutor que non
aparece, senón tamén
pola súa necesidade de
comunicar.
En clave de humor e
mirando á xente aos
ollos, Gabino paséanos
da man de innumerables
personaxes, algúns moi
coñecidos polo público,
que forman parte desa
fauna humana que lle foi
influíndo ao longo da súa
vida... personaxes que
aborda cunha ductilidade e unha tenrura que sorprende e rouba gargalladas
unha e outra vez...
Una noche con Gabino (diez años después) é un espectáculo feito para pasar
un momento agradable en compañía dun actor que chega directa e
sinceramente a todo tipo de público entre risas, música, cancións, soños e
realidades coas que dunha ou outra maneira nos poderemos sentir
identificados.
GALIZIEN AMERIKA LINI
Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de
gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis.
Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando
a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo
da arte popular de Galicia, procedente da tradición do pobo, continuada polo
pobo e para o pobo. Por isto leva desde 1992 apostando pola dignificación da
nosa cultura levando a escena o folclore tradicional, pretendendo demostrar
que o folclore tradicional pode competir como espectáculo con calquera outro.
Con Galician Amerikan Linie Xacarandaina pretende achegar ao público un
fenómeno importantísimo na nosa historia contemporánea máis recente: A
Emigración.
EL SORTEO DE CÁSINA
Dous escravos queren casarse cunha escrava da mesma casa; un actúa por
delegación do pai, o outro do fillo. Botan a sortes quen casará con ela e sae o
vello ganando, pero é despois vítima dun engano. No lugar da moza dáselle un
escravo pícaro, que os deixa maltreitos aos dous, ao amo e ao capataz. Cásina
resulta ser cidadá libre, e o mozo cásase con ela.
En novembro de 2008 un grupo de estudantes do instituto de ensinanza
secundaria Ramón Menéndez Pidal (Zalatea) deciden formar un grupo de
teatro. En xuño de 2010 fórmase a Asociación Cultural Noite Bohemia
vinculada a este mesmo instituto co obxectivo de promover e divulgar o teatro
escolar e a cultural entre os máis mozos.
Esta compañía de teatro afeccionado conta xa con numerosas montaxes no
seu historial e con recoñecementos como o primeiro premio no VI Concurso de
Teatro Nacional Grecolatino (Segóbriga) ou o premio Buero Vallejo organizado
pola Fundación Coca-Cola. A intención da compañía é a de centrarse no
Teatro Grecolatino e no Século de Ouro, con montaxes de traxedias e
comedias nesta liña.
ILUSTRES IGNORANTES
Ilustres Ignorantes é un debate a varias bandas entregado a iluminar as máis
diversas ramas do coñecemento.
Javier Coronas, Javier Cansado e Pepe Colubi (os CCC da metafísica de andar
por casa) coa inestimable axuda dalgún amigo notable, engánchanse en
discusións delirantes, perturbadas, sorprendentes e moi divertidas sobre todo
tipo de temas: curiosos (inventos, natureza, soños), metafísicos (amor, morte,
futuro), culturais (cine, viaxes, superheroes) ou sexuais.
ROSA LÓPEZ
Dentro da súa xira 2013, especialmente pensada para teatros, ROSA LÓPEZ
ofrécenos un concerto moi especial con un percorrido polas cancións máis
destacadas da súa carreira musical desde o seu triunfo na primeira edición de
‘Operación Triunfo’, o seu importante paso polo festival de Eurovisión ‘Europe’s
Living Celebration’.
Presentará tamén varias cancións do seu recente traballo discográfico Rosa
López, número 1 en descargas dixitais ás poucas horas de poñerse á venta e
éxito de ventas, actualmente camiño a converterse en Disco de Ouro.
En concerto e en directo cancións da súa traxectoria musical e dos seus éxitos
discográficos, e outros éxitos internacionais, grandes temas, grandes clásicos
xa da música pop. ROSA preséntase acompañada polos seus músicos
habituais. Un emocionante concerto en directo que o 23 de febreiro chega ao
Teatro Colón.
MARTÍN CAMIÑA
Corcheas, semifusas e ilusións
Unha obra máxica a través da música en directo, composta cos acordes da
baralla de Martín Camiña.
Unha das mellores bandas do momento, a Muras Triofunk, vese na obriga de
compartir escenario cun ilusionista melómano.El desexa tocar, pero a súa
calidade musical está á mesma altura que os orzamentos para a cultura, co
que só lle queda continuar cos seus números de maxia.O grupo e a súa
mánager, farán todo o posible para non admitir semellante inquilino, xa que a
ruína do conxunto estaría garantida.
Maxia coas partituras, a auga, os micrófonos, os instrumentos, a luz, os
pensamentos, o son, as cartas, a froita do catering ou as cordas ...e non só as
da guitarra, afinarán esta peza máxica e musical.
Espectáculo para escoitar, ver e asombrarse, creado en ‘clave de fa’: fabuloso,
fascinante e fantástico.
IFIXENIA EN ÁULIDE
Compañía Noite Bohemia
Agamenón debe sacrificar á súa
filla Ifixenia para que o
continxente aqueo congregado
en Áulide poida partir cara Troia.
Mándaa chamar, baixo a presión
de Menelao, baixo pretexto da
súa voda con Aquiles (da que
este nada sabe). Despois,
Agamenón, arrepentido, anula a
orde, pero Menelao detén ao
segundo mensaxeiro. Ifixenia
chega coa súa nai Clitemnestra.
Alí coñece os verdadeiros
motivos da convocatoria;
Menelao arrepíntese da súa
intromisión e propón abandonar
a expedición, pero é en vano:
Agamenón nese intre teme a ira
do exército se anula a
expedición. Aquiles, do que o
honor está en dúbida tras decatarse de todo, apoia ás mulleres até o punto de
propoñer a súa propia norte. Nese momento Ifixenia, unha Ifixenia distinta da
nena que suplicaba versos antes pola súa vida, toma resolta o camiño da norte
despois de entoar un canto na honra de Artemis.