TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Para esta última semana lectiva do mes de abril, dende...

13
Temporalización : 2 sesións Semana do 27/04 ao 30/04 de 2020 TAREFAS DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO : 3º de Educación Primaria

Transcript of TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Para esta última semana lectiva do mes de abril, dende...

Page 1: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Para esta última semana lectiva do mes de abril, dende a área de Educación Física propóñense unha serie de actividades orientadas

Temporalización: 2 sesións

Semana do 27/04 ao 30/04 de 2020

TAREFAS DA ÁREA DE

EDUCACIÓN FÍSICA

CURSO: 3º de Educación Primaria

Page 2: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Para esta última semana lectiva do mes de abril, dende a área de Educación Física propóñense unha serie de actividades orientadas

Para esta última semana lectiva do mes de abril, dende a área de Educación Física propóñense

unha serie de actividades orientadas a continuar o traballo dos sentidos, compoñente este do

esquema corporal que estamos a reforzar durante as últimas semanas.

As actividades propostas están pensadas para desenvolverse ao longo das 2 sesións de

Educación Física que teriamos esta semana.

Relación de actividades propostas:

1) Realización dos QUECEMENTOS previos á actividade física que desenvolvemos

en clase.

Coma todas as semanas, insístese na importancia da realización dos quecementos

previos a calquera actividade física que se vaia a desenvolver. Lembrade respetar neles

todas as súas fases, tal e como se explicou xa nas tarefas enviadas a primeira semana e

como sempre facemos ao inicio das clases de Educación Física, adicándolle o tempo

necesario para facelo correctamente:

- Fase de mobilidade articular

- Fase de movemento

- Fase de estiramento

- Fase de intensidade

2) ELABORACIÓN DUN FICHEIRO PERSOAL DE TRABALLO

Como primeira tarefa desta semana propóñovos crear o voso propio FICHEIRO

PERSOAL DE TRABALLO. Este ficheiro vainos servir para archivar as diferentes fichas

que fóstedes facendo as semanas pasadas, así como incorporarlle aquelas outras que

vaiamos realizando de agora en diante.

Para eso, o único que tedes que facer é deseñar e crear unha portada nun folio que

ilustre o voso gusto pola actividade física e na que figuren tamén os vosos datos.

Podedes empregar o estilo que desexedes: debuxo, collage, montaxe de imaxes…

Dádelle renda solta á vosa imaxinación… pero que se note que o ficheiro é de

Educación Física.

Unha vez que teñades a portada preparada, incorporádelle as fichas que realizástedes

as semanas pasadas. Os que aínda non mas enviástedes, lembrade correxilas polas

solucións que deixei na páxina web do colexio.

Page 3: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Para esta última semana lectiva do mes de abril, dende a área de Educación Física propóñense unha serie de actividades orientadas

3) COIDANDO DOS NOSOS SENTIDOS

Se lembrades, a semana pasada rematamos de explicar os aspectos máis básicos dos

cinco sentidos dos que dispoñemos, así como dos órganos nos que se localizan cada un

deles.

Agora, o seguinte paso que vos propoño será o de abordar qué coidados poden ser

recomendables para o correcto estado e funcionamento dos nosos sentidos e os seus

órganos asociados.

Para eso, deberedes ver o video que vos deixo a continuación e no cal, ademais dun

repaso acerca de aspectos básicos dos cinco sentidos, tamén se vos facilitarán algúns

consellos e recomendacións acerca do axeitado coidado dos órganos dos mesmos.

Para cada un dos cinco sentidos confeccionaredes un cartel informativo ditos consellos

e recomendacións. Pensa que serán cinco carteis informativos, polo que non bastará

con anotar simplemente as recomendacións, senón que teredes que deseñar un cartel

que sexa chamativo e que capte a atención:

- Poñédelle un título

- Acompañade o texto dalgún debuxo sobre ese sentido

- Empregade letras de cores e en diferentes tamaños

- Decorade os carteis con cores alegres e chamativos

Como este traballo, para estar ben feito leva o seu tempo, esta semana realizaredes

os carteis de tres sentidos (VISTA, GUSTO E OLFACTO). A semana que ven

remataredes a tarefa cos carteis dos outros dous sentidos que faltan (OÍDO e TACTO).

Divídovos a tarefa en dúas partes para que non traballedes apurados e poidades

dedicarlle así o tempo suficiente para elaborar uns carteis de campionato.

No apartado “Anexo” do final deste documento atoparedes as 3 fichas necesarias,

unha para cada un dos sentidos desta semana. E a información para incluír nos carteis

atoparédela no video. Enlace do video:

https://www.youtube.com/watch?v=mgsF4W2_fYI

A maiores, se algún de vós quere incluír algunha outra recomendación ademais das

que aparecen no video, mellor que mellor!

Page 4: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Para esta última semana lectiva do mes de abril, dende a área de Educación Física propóñense unha serie de actividades orientadas

Por último, unha vez que teñades os carteis confeccionados, incorporádeos ao voso

FICHEIRO PERSOAL DE TRABALLO.

4) XOGANDO COS NOSOS SENTIDOS

Como non todo vai ser traballo escrito, vamos a xogar un pouquiño con nosos

sentidos, non vos parece? Pois alá que vamos:

3.1) “A toupa famenta”:

Para facer este xogo vades precisar a colaboración de alomenos dous familiares vosos,

así como unha pelota que bote e unha venda para os ollos.

Como se xoga?

Como saberedes, as toupas son animais que viven baixo terra e que non se

caracterizan por posuír un gran sentido da vista. Ao contrario, este animal emprega

outros sentidos para poder orientarse, reaccionar aos perigos e buscar o seu alimento.

Neste xogo, vós convertirédesvos en toupeiras, as cales, tentarán de conseguir

alimento para sobrevivir. Ese alimento será a pelota coa que ides a xogar. O voso

obxectivo será o de capturar o balón, é decir, facervos coa vosa comida.

Nembargantes, como sodes toupeiras, non poderedes empregar o sentido da vista,

polo que deberedes vendar os ollos perfectamente… sen trampas!!

Como vos vades a colocar?

Antes de nada, e como facemos sempre, despexaredes o espazo de xogo para evitar

golpes ou accidentes. A continuación, colocarédesvos a catro patas, cos ollos vendados

e intentando agudizar ao máximo o voso oído, xa que ese será o sentido que

empregaredes para facervos co voso alimento (a pelota).

A cada un dos vosos lados, e a unha distancia duns tres metros aproximadamente,

colocaranse os vosos/as axudantes e colaboradores/as. Eles/elas terán a misión de

evitar que consigades a vosa comida. Para eso, en completo silencio, procederán a

pasarse a pelota entre eles, rodándoa e facéndoa botar polo chan. Importante, que o

fagan a unha velocidade baixa.

Vós, moi atentos/as, intentaredes orientarvos polo ruído que a pelota fai ao rodar e ao

botar para capturala. Podedes movervos cara os lados, poñervos de xeonllos,

desprazarvos a 4 patas… pero non está permitido avanzar cara adiante nin cara atrás,

sempre movementos en lateral ou arredor da zona na que esteades colocados/as.

Page 5: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Para esta última semana lectiva do mes de abril, dende a área de Educación Física propóñense unha serie de actividades orientadas

OBSERVACIÓNS:

- Podedes xogar a ver cantas veces atrapas a pelota.

- Podedes xogar a intercambiar o posto coa persoa á que lle capturades a

pelota.

- Podedes xogar introducindo máis dunha pelota.

- Podedes xogar a continuardes de toupeira aínda que atrapedes a pelota,

pero a persoa á que lla capturástedes ten que pasar unha proba:

contarvos un chiste, facer un baile, executar unha proba física…

(ADAPTÁDE O XOGO ÁS VOSAS POSIBILIDADES)

3.2) “Ás do balón”:

Aproveitando que no xogo anterior empregástedes unha pelota e unha venda para os

ollos, vamos a seguir traballando con este material no próximo xogo.

Nesta ocasión, o que realizaredes serán diferentes exercicios co balón pero coa

dificultade engadida de non poder empregar o sentido da vista para a súa execución.

Esto implicará a necesidade de incrementar a CONCENTRACIÓN e facer uso DO RESTO

DE SENTIDOS para conseguir manter o CONTROL da pelota, xa que do contrario o máis

probable é que acabedes perdéndoa.

Para convertirvos nun/nunha auténtico/a “Ás do balón”, deberedes ir superando unha

serie de retos, a cada cal máis difícil. Para pasar dun reto ao seguinte non basta con

facelo unha vez, senón que hai que dominalo un pouco. Preparado/a?

Page 6: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Para esta última semana lectiva do mes de abril, dende a área de Educación Física propóñense unha serie de actividades orientadas

RETO 1 SUXEITA O BALÓN COAS DÚAS MANS, LÁNZAO AO AIRE E RECÓLLEO DE

NOVO COAS DÚAS MANS SEN QUE CAIA AO CHAN.

RETO 2 SUXEITA O BALÓN COA MAN DEREITA, LÁNZAO AO AIRE E RECÓLLEO

COAS DÚAS MANS SEN QUE CHE CAIA AO CHAN.

RETO 3 SUXEITA O BALÓN COA MAN ESQUERDA, LÁNZAO AO AIRE E RECÓLLEO

COAS DÚAS MANS SEN QUE CHE CAIA AO CHAN.

RETO 4 SUXEITA O BALÓN COA MAN DEREITA, LÁNZAO AO AIRE E RECÓLLEO COA

MESMA MAN SEN QUE CHE CAIA AO CHAN.

RETO 5 SUXEITA O BALÓN COA MAN ESQUERDA, LÁNZAO AO AIRE E RECÓLLEO

COA MESMA MAN SEN QUE CAIA AO CHAN.

RETO 6 SUXEITA O BALÓN CUNHA MAN, LÁNZAO AO AIRE E RECÓLLEO COA

OUTRA SEN QUE CHE CAIA AO CHAN. LOGO EFECTÚA O PASE DENDE A

OUTRA MAN DE NOVO CARA A PRIMEIRA.

RETO 7 BOTA O BALÓN COAS DÚAS MANS.

RETO 8 BOTA O BALÓN COA MAN DEREITA.

RETO 9 BOTA O BALÓN COA MAN ESQUERDA.

RETO 10 INTENTA BOTAR O BALÓN CON CALQUERA DAS DÚAS MANS E CAMIÑAR

AO MESMO TEMPO.

É MOI IMPORTANTE que non intentedes facer os exercicios de maneira impulsiva, coa

mesma intensidade ca se estivesedes empregando o sentido da vista e sen

concentrarvos axeitadamente, xa que desta forma o máis probable é que os retos

sexan difíciles de superar.

Pola contra, tentade ir realizando cada reto amodiño, ben concentrados/as, sen

impulsar a pelota con excesiva intensidade, sen darlle demasiada altura ao balón,

empezando pouquiño a pouco para logo, cando sexades capaces de ir dominando

cada reto, intentar facelo con xa máis intensidade, máis forza, máis altura…

Entrenade os retos durante toda a semana e, ao final da mesma, procedede a anotar

na ficha que atoparedes no apartado “Anexo” do final do documento a vosa mellor

marca en cada reto. Esa ficha, incorporádea despois a ovoso FICHEIRO PERSOAL DE

TRABALLO.

3.3) “Catador profesional”:

O seguinte xogo que vos propoño vai dirixido a traballar o sentido do gusto. Para elo,

unha tarde que non teñades moi ocupada, podedes realizar a actividade pois require

dun pouco de calma a súa realización. Ademais, precisaredes a axuda dun maior como

axudante.

En que consiste a actividade?

Page 7: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Para esta última semana lectiva do mes de abril, dende a área de Educación Física propóñense unha serie de actividades orientadas

Cos ollos vendados e sentado/a tranquilamente na cociña, procederedes a ir probando

distintos alimentos que o voso/a axudante vos vaia pasando. O voso cometido será o

de ilos probando e tratando de identificar de qué alimento se trata. Pode valer

calquera tipo de alimento: nocilla, pan, cacahuetes, leite, auga, chocolate, galleta,

yogur, biscoito, comida xa preparada que teñades almacenada, refresco, salsa de

tomate, mostaza, aceite, sal, azucre, anacos de froitas…

A idea é que xoguedes e experimentedes co sentido do gusto.

5) MOVENDO O ESQUELETO

Xa para rematar por esta semana, propóñovos que aprendades o “Baile do Robot”.

Nesta coreografía, ademáis de pasar un rato de diversión, poderedes practicar os

movementos dos diferentes segmentos corporais a través da movilización das distintas

articulacións que fomos estudiando durante as semanas pasadas.

Practicade o baile as veces que precisedes para chegar a facelo como uns

auténticos/as bailaríns.

Agardo os vosos videos para ver se fóstedes quen de reproducir a coreografía.

Enlace do video: https://www.youtube.com/watch?v=B-ulfVFtFBs

6) OUTROS XOGOS OU ACTIVIDADES

Ademais das actividades antes propostas, tamén podedes seguir practicando os xogos

aos que habitalmente xogades no voso tempo de lecer (sempre e cando dispoñades do

espazo suficiente nos vosos fogares); así como participar naqueles outros que se lle

propoñan aos vosos irmáns e/ou irmás dende a área de Educación Física no caso de

que os teñades e estean escolarizados noutros cursos do noso colexio, compartindo

deste modo un tempo de xogo con eles/elas.

Page 8: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Para esta última semana lectiva do mes de abril, dende a área de Educación Física propóñense unha serie de actividades orientadas

Lembrade adaptar sempre o voso xogo ao que sodes capaces de facer se xogades con

irmáns/irmás maiores, así como axustar tamén o voso nivel ao que son capaces de

facer os vosos irmáns/irmás se son máis pequenos/as ca vós.

Correo de contacto: [email protected]

Para calquera outra aclaración, non dubidedes en poñervos en contacto tamén a través de dito

correo.

Un saúdo, moito ánimo para todos/as e ogallá pronto nos volvamos a ver no colexio.

Lémbrase que todas estas tarefas teñen un carácter flexible; podendo ser modificadas,

simplificadas, ampliadas … en función das posibilidades reais coas que cada alumno/a

conte no seu fogar de espazo e materiais.

PARA LEVAR UN SEGUIMENTO DAS ACTIVIDADES, DEBEREDES ENVIAR AO CORREO

DE CONTACTO MOSTRAS DO TRABALLO REALIZADO. VALEN TANTO FOTOS DAS

ACTIVIDADES COMO PEQUENOS VIDEOS DELAS, OU EN ULTIMO CASO, UN TEXTO

EXPLICANDO QUÉ TRABALLO SE FIXO.

Page 9: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Para esta última semana lectiva do mes de abril, dende a área de Educación Física propóñense unha serie de actividades orientadas

ANEXO

Page 10: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Para esta última semana lectiva do mes de abril, dende a área de Educación Física propóñense unha serie de actividades orientadas

FORMATO DO CARTEL:

DESEÑO LIBRE DE CADA

ALUMNO/A

INFORMACIÓN QUE DEBE CONTER:

Coidados do sentido da vista:

- Tocar os ollos só coas mans limpas.

- Non mirar directamente ao sol nin a

luces intensas.

- Non refregar os ollos se entra neles

algún elemento extraño.

- Evitar ver aparellos electrónicos

demasiado cerca.

- (Outros que poida engadir o alumno/a)

Page 11: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Para esta última semana lectiva do mes de abril, dende a área de Educación Física propóñense unha serie de actividades orientadas

FORMATO DO CARTEL:

DESEÑO LIBRE DE CADA

ALUMNO/A

INFORMACIÓN QUE DEBE CONTER:

Coidados do sentido do gusto:

- Non comer alimentos excesivamente

fríos ou quentes.

- Non condimentar en exceso os

alimentos.

- Lavar as mans antes de cada comida.

- Manter os dentes, a lingua e mailas

encías perfectamente limpos,

cepillándoos alomenos 2 veces ao día.

- (Outros que poida engadir o alumno/a)

Page 12: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Para esta última semana lectiva do mes de abril, dende a área de Educación Física propóñense unha serie de actividades orientadas

FORMATO DO CARTEL:

DESEÑO LIBRE DE CADA

ALUMNO/A

INFORMACIÓN QUE DEBE CONTER:

Coidados do sentido do olfacto:

- Non introducir obxectos extraños no

nariz.

- Evitar os cheiros excesivamente

fortes.

- Soar o nariz suavemente con panos

limpos.

- Coidar a alimentación para evitar

gripes ou catarros.

- (Outros que poida engadir o alumno/a)

Page 13: TAREFAS DA Á REA DE EDUCACIÓN FÍSICA · Para esta última semana lectiva do mes de abril, dende a área de Educación Física propóñense unha serie de actividades orientadas

FICHA 1: Marca persoal nos retos

Unha vez que teñades practicado os diferentes retos, intentade acadar a mellor

marca posible en cada un deles. Anotade na columna correspondente o

número de veces que fóstedes capaces de acadar en cada un dos retos.

RETOS

DESCRICIÓN DO EXERCICIO MELLOR

MARCA

RETO 1 SUXEITA O BALÓN COAS DÚAS MANS, LÁNZAO AO AIRE E RECÓLLEO

DE NOVO COAS DÚAS MANS SEN QUE CAIA AO CHAN.

RETO 2 SUXEITA O BALÓN COA MAN DEREITA, LÁNZAO AO AIRE E RECÓLLEO

COAS DÚAS MANS SEN QUE CHE CAIA AO CHAN.

RETO 3 SUXEITA O BALÓN COA MAN ESQUERDA, LÁNZAO AO AIRE E

RECÓLLEO COAS DÚAS MANS SEN QUE CHE CAIA AO CHAN.

RETO 4 SUXEITA O BALÓN COA MAN DEREITA, LÁNZAO AO AIRE E RECÓLLEO

COA MESMA MAN SEN QUE CHE CAIA AO CHAN.

RETO 5 SUXEITA O BALÓN COA MAN ESQUERDA, LÁNZAO AO AIRE E

RECÓLLEO COA MESMA MAN SEN QUE CAIA AO CHAN.

RETO 6 SUXEITA O BALÓN CUNHA MAN, LÁNZAO AO AIRE E RECÓLLEO COA

OUTRA SEN QUE CHE CAIA AO CHAN. LOGO EFECTÚA O PASE DENDE

A OUTRA MAN DE NOVO CARA A PRIMEIRA.

RETO 7 BOTA O BALÓN COAS DÚAS MANS.

RETO 8 BOTA O BALÓN COA MAN DEREITA.

RETO 9 BOTA O BALÓN COA MAN ESQUERDA.

RETO 10 INTENTA BOTAR O BALÓN CON CALQUERA DAS DÚAS MANS E

CAMIÑAR AO MESMO TEMPO.